ENOTURISMO

MÁIS INFORMACIÓN

Visitar Terras Gauda

Visita diaria (de outubro a xuño)

Faremos un percorrido a pé polos viñedos seguido dunha visita á Adega.

A saída realízase desde a Enotenda da Adega, de luns a sábado ás 17:30h., e domingos/festivos ás 12:30h. A duración aproximada é de 45 minutos.

A visita finaliza na Enotenda da Adega, na que se degustan TerrasGauda e Abadía de San Campio. Existen diferentes opcións para degustar calquera dos nosos viños.

Recomendamos a reserva de praza, mais non é imprescindible. Poderase solicitar mediante formulario web ata 48 horas antes da visita. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico.

Por limitación do número de prazas, recoméndase encarecidamente que se presenten 15 minutos antes do inicio da visita. Se 5 minutos antes do inicio da mesma non se atopan no punto de encontro, as súas prazas quedarán liberadas.

Prezo da visita: 3€ por persoa (IVE incluído), que se descontarán de cada compra na Enotenda por importe mínimo de 10€ (IVE incluído).

Visita diaria (xullo, agosto e setembro)

Faremos un percorrido en microbús polos viñedos seguido dunha visita á Adega.

A saída realízase desde a Enotenda da Adega, de luns a venres ás 12:00 e as 18:00h., sábados ás 12:00 e as 19:00h. e domingos/festivos ás 12:30h. A duración aproximada é de 1 hora.

A visita finaliza na Enotenda da Adega, na que se degustan TerrasGauda e Abadía de San Campio. Existen diferentes opcións para degustar calquera dos nosos viños.

Recomendamos a reserva de praza, mais non é imprescindible. Poderase solicitar mediante formulario web ata 48 horas antes da visita. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico.

Por limitación do número de prazas, recoméndase encarecidamente que se presenten 15 minutos antes do inicio da visita. Se 5 minutos antes do inicio da mesma non se atopan no punto de encontro, as súas prazas quedarán liberadas.

O prezo da visita é de 5€ por persoa (IVE incluído), que se descontarán de cada compra na Enotenda por importe mínimo de 10€ (IVE incluído).

Visita personalizada

Faremos un percorrido a pé polos viñedos seguido dunha visita á Adega, que finaliza na Destilería da Adega, na que se degustan TerrasGauda e Abadía de San Campio. A duración aproximada é de 1 hora. Ao finalizar a visita, entrégase un obsequio conmemorativo para cada un dos asistentes.

Para concertar unha visita a medida é imprescindible cubrir o formulario web ata 48 horas antes da visita. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico. O horario axustarase á solicitude do grupo e á dispoñibilidade da Adega. Pódese escoller o idioma da visita entre castelán, galego ou inglés. O número mínimo de participantes é de 10 e o máximo de 25.

O prezo é de 7€ por persoa (IVE incluído). Existen diferentes opcións para degustar calquera outro dos nosos viños ou engadir un aperitivo.

Plan romántico

Deixádevos namorar polos viñedos de Terras Gauda. Nesta visita, poderedes gozar dun romántico percorrido polos nosos viñedos en 4x4, visita ao interior da adega e degustación dos nosos viños Terras Gauda e Abadía de San Campio. Inclúe tamén o obsequio dun sacarrollas oficial da adega. E para terminar de facer da vosa visita algo realmente inesquecible, obsequiarémosvos cun bono de masaxe para parella en cabina dobre no Talaso Atlántico****.

O horario establecido para estas visitas é de luns a domingo ás 11:30. Calquera outro horario, baixo consulta. A duración aproximada é de 1 hora e media. Para concertar esta visita é imprescindible cubrir o formulario web ata 48 horas antes da visita. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico. Pódese escoller o idioma da visita entre castelán, galego ou inglés. O número mínimo de participantes é de 2 e o máximo de 6.

O prezo desta Visita Romántica é de 30€ por persoa (IVE incluído).

Se ademais desexades complementar a vosa visita con aloxamento, restauración e/ou actividades, podedes acceder á ligazón Paquetes Enoturísticos Terras Gauda.

Plan entre amigos

Apuntádevos a gozar dunha xornada diferente en Terras Gauda, na que a diversión e os bos momentos están asegurados. Nesta visita, poderedes gozar dun romántico percorrido polos nosos viñedos en 4x4/microbús, visita ao interior da adega e degustación dos nosos viños Terras Gauda e Abadía de San Campio. E para terminar de facer da vosa visita algo realmente inesquecible, obsequiarémosvos cunha botella de Terras Gauda personalizada para cada un de vós e o sacarrollas oficial da adega.

O horario establecido para estas visitas é de luns a domingo ás 11:30. Calquera outro horario, baixo consulta. A duración aproximada é de 1 hora e media. Para concertar esta visita é imprescindible cubrir o formulario web ata 48 horas antes da visita. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico. Pódese escoller o idioma da visita entre castelán, galego ou inglés. O número mínimo de participantes é de 3 e o máximo de 18.

As tarifas destas visitas varían dependendo do número de amigos que formedes o grupo:

Grupos ata 6 persoas: 25€/pax (IVE incluído).

Grupos de 7 a 12 persoas: 21€/pax (IVE incluído).

Grupos de 13 a 18 persoas: 18€/pax (IVE incluído).

Se ademais desexades complementar a vosa visita con aloxamento, restauración e/ou actividades, podedes acceder á ligazón Paquetes Enoturísticos Terras Gauda.

Plan familiar

Se queres visitar Terras Gauda cos máis pequenos da casa e que eles tamén poidan coñecer e aprender das tradicións vitivinícolas, desenvolvendo esta experiencia especial consistente nunha visita en familia ao interior da adega e un obradoiro no que, de xeito lúdico, traballaredes xuntos utilizando elementos do mundo do viño como materia creativa para que experimenten, ademais de levar un recordo para toda a vida feito coas súas propias mans. Este obradoiro está concibido para nenos ata 12 anos.

A visita inclúe a degustación dos nosos viños Terras Gauda e Abadía de San Campio para os adultos e mosto para os nenos. Ademais, obsequiarémosvos cun sacarrollas oficial da adega por adulto ou parella e un cuadríptico de Terras Gauda con pasatempos e lapis de cores para cada neno.

O horario establecido para estas visitas é de luns a domingo ás 11:30. Calquera outro horario, baixo consulta. A duración aproximada é de 1 hora e media. Para concertar esta visita é imprescindible cubrir o formulario web ata 48 horas antes da visita. Unha vez recibida a súa solicitude, poñerémonos en contacto para confirmala a través de correo electrónico. Pódese escoller o idioma da visita entre castelán, galego ou inglés. O número mínimo de participantes é de 2 e o máximo de 10, dos cales ata 6 poderán ser menores de idade.

O prezo desta Visita Familiar é de 15€ por adulto (IVE incluído). Os nenos non pagan.

Se ademais desexades complementar a vosa visita con aloxamento, restauración e/ou actividades, podedes acceder á ligazón Paquetes Enoturísticos Terras Gauda.

Información adicional

Todas as visitas van acompañadas da nosa guía e poderán realizarse en galego, castelán e inglés.

As prazas son limitadas.

Prégase máxima puntualidade para o correcto funcionamento das actividades.

Os menores de idade non pagan e deben ir acompañados por un adulto.

Non está permitido o acceso con animais, agás se se trata de cans guía.

As nosas instalacións (Adega e Enotenda) son accesibles para persoas con mobilidade reducida, e para elas tamén temos reservadas 2 prazas de aparcadoiro.

A capacidade do aparcadoiro é para 25 coches na Enotenda e 25 coches na Adega. Ademais, o aparcadoiro conta con capacidade suficiente para microbuses e autobuses de ata 50 prazas, ata un máximo de 3 autobuses.

Paquetes Enoturísticos Terras Gauda

En Terras Gauda deseñamos unha serie de paquetes enoturísticos nos que o desfrute dos nosos viños se adereza coa paisaxe e a mellor gastronomía e hospedaxes da zona.

Se desexades complementar a vosa visita con aloxamento, restauración e/ou actividades na zona, facendo da vosa estancia unha completa experiencia Terras Gauda, premede no seguinte enlace:

Plan familiar
Plan romántico
Plan entre amigos

Para información e reservas contacte con nós: enoturismo@terrasgauda.com

Formulario de reserva

O seu formulario está a ser enviado

Por favor, espere.

O seu formulario foi enviado con éxito, vostede recibirá un e-mail de verificación.

O feito de efectuar esta solicitude de visita non implica a confirmación da mesma. Nas próximas 24 horas enviarémoslle un e-mail confirmando que a súa reserva se efectuou correctamente.

Moitas grazas.