
Buque insignia da adega, é unha clara demostración dos beneficios
dunha sabia mestura de variedades.
Está elaborado a partir dos mostos
lágrima das cepeiras nobres autóctonas do Val do ROSAL,
situado na beira galega do Río Miño, moi preto xa da súa
desembocadura por terras da Guarda, fronte ao veciño Portugal,
e dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.
A sua acusada personalidade é o resultado de combinar
os mostos da sonada cepeira ALBARIÑO (70% aproximadamente) cos
das senlleiras LOUREIRA e CAIÑO BRANCO nas proporción máis
axeitadas.
Para o Terras Gauda 2007, vendimado a partir do 20 de setembro, seleccionamos a uva Albariño das parcelas de Eiras-Bostelo, o viñedo de menor altura, con alta humidade, orientación sur e máis cálido, proporcionándonos un albariño moi concentrado, de menor acidez e bo corpo.
O Loureiro, vendimado a finais de setembro, procede de viñas en altitude, ofrecéndonos frescura, alta intensidade floral e suavidade na boca.
A uva Caiño, vendimada entre o 3 e o 5 de outubro, cultívase na mesma zona que o albariño, coas condición de humidade e temperaturas idóneas para extraer ao máximo todo o seu potencial gustativo.
En conxunto resulta un viño cun interesante e complexo percorrido aromático, onde se conxugan os recendos de froitas brancas, de óso e pel de laranxa coas frescas notas balsámicas, apoiadas en sutís recordos floraris e minerais.
Destaca pola súa entrada amábel en boca, avanzando cara a unha agradábel e larpeira untuosidade acompañada de fresca e viva acidez, para rematar nun final de boca carnoso, longo e cremoso.
Temperatura de servicio recomendada: 10º ~ 12ºC.
Este viño non se presenta a concursos.