![]()
E OS SEUS VIÑEDOS
Dispoñemos da máis moderna tecnoloxía e equipamento, e o noso proceso de elaboración resúmese como sigue:
Cando acadan o punto óptimo de maduración, as distintas variedades vendímanse, manualmente e por separado, transportándose á adega en caixas con non máis de 20 kg de capacidade, evitando a rotura prematura dos grans de uva.
Xa na adega, o proceso de transformación comeza co apretado-despalillado, operación mediante a cal os acios de uva son esmagados suavemente, ao tempo que se extrae o cangallo para evitar que o viño adquira un sabor herbáceo.
A continuación a vendima condúcese por unha canalización cara aos maceradores, onde, a unha temperatura entre 8 e 10 grados centígrados, o mosto permanece en contacto cos follellos durante un tempo determinado, co obxecto de extraer os delicados aromas da variedade e os compoñentes que han definir a estructura dos viños.
Seguidamente, as prensas pneumáticas de membrana, que traballan a baixa presión, extraen paseniño o mosto que despois da retirada da lama estática, fermenta a temperatura controlada de 16ºC até se transformar en viño.
Non utilizamos levaduras foráneas, dispomos do noso propio lévedo patentado que procede dos nosos viñedos.
Determinamos cada ano o "coupage", a mestura idónea dos viños das diferentes variedades vinificadas, co fin de responder nos viños de cada nova colleita ao perfil das anadas anteriores.
Despois do "coupage", os viños son estabilizados en frío, filtrados amicrobicamente e por fin embotellados en atmosfera inerte no momento axeitado.
Co noso bagazo elaboramos augardente branca, de herbas e licor café.
No a no 2000 obtivemos a Certificación de Calidade segundo a norma ISO 9001:2000, para as actividades de cultivo e recolleita de viñedo propio, elaboración e comercialización dos nosos viños e aguardentes.