Bodegas Terrasgauda, S. A.

R E C E I T A S

Se ten elaborado calquera tipo de prato con algún dos nosos viños, gustaríanos contar coa súa receita nesta sección, para o que lle rogamos que a envíe á nosa dirección de correo electrónico terrasgauda@terrasgauda.com.



Paté de foie de pato ó Terras Gauda (Chef Rivera)

Ingredientes:
1 kg. de manteiga
1 kg. de fígado de pato
1 cebola mediana
3 dentes de allo
8 ovos
1 vaso de viño Terras Gauda
1 copa de brandi
150 gr. de uvas pasas
400 gr. de touciño en rebandas
Sal, pementa, pirixel, tomiño

Elaboración: nunha licuadora mestúranse fígado e ovos, botando un a un, e váiselle incorporando a manteiga previamente clarificada (para eliminarlle o soro) e fría. As vísceras haberán estar ben limpas de nervios.
Nunha tarteira faise unha reducción do viño e o brandi, ós que se terá engadido a cebola, o pirixel e o tomiño, e seguidamente xúntase e mestúrase coa pasta. Condiméntase ó gusto persoal e engádenselle as uvas, previamente maceradas, durante unhas horas, no citado viño Terras Gauda.
Recóbrese un molde con rebandas moi finas de touciño para protexer a pasta da calor do forno. Vértese a pasta no molde e enfórnase durante 3 horas, coidando de que a temperatura non chegue ós 100º. Logo déixase arrefriar, en cámara fría, e 24 horas despois sérvese.


Abanicos de peixes con aromas de Terras Gauda (chef Chus Castro)

Ingredientes (para 4 persoas):
300 gr. de rabada (peixe sapo, rape)
300 gr. de mero
300 gr. de pescada
300 gr. de rodaballo
4 vieiras
4 lagostinos pelados
1 cebola
1 pemento verde
1 tomate maduro
Sal, fariña, aceite de oliva
2 dl. de fumet de peixe
1 dl. de Terras Gauda

Elaboración: Racionamos cada peixe en catro partes, enfariñámolo e fritímolo, un pouco, en aceite de oliva. Retiramos o peixe e, no mesmo aceite, fritimos a cebola e o pemento picado, moi fino, con moi pouco lume.
Incorporamos o tomate pelado, desprovisto de pebidas e moi picado, ó rustrido de cebola e deixámolo uns minutos.
Incorporamos de novo o peixe e agora tamén o marisco, regámolo co Terras Gauda e deixámolo ferver un minuto con moito lume.
Botamos o sal e o fumet de peixe, e deixamos que ferva dous ou tres minutos máis, ata que reduza e engorde a salsa ou mollo. Acompañamos o prato cunhas patacas fervidas.


Cazoliñas de cigalas ó vino Terras Gauda (chef Pitila y Sacha)

Ingredientes (para 4 persoas): 22 patacas
4 chalotas
1 cebola
1 porro
16 cigalas
2 copas de viño Terras Gauda
Aceite, sal, loureiro, pirixel e fariña

Elaboración: Poñemos a cocer as cigalas en auga con sal gordo e mais a folla de loureiro durante catro minutos. Sacamos as cigalas gardando o caldo da cocción para engadirlle as patacas cortadas en finas láminas e deixalas ó lume durante uns seis minutos.
Mentres, nun pouco aceite fritimos a cebola, o porro (pouco) e a chalota, todo cortado moi finamente. A este rustrido agregámoslle as cabezas das cigalas ben esmagadas nun morteiro cun pouco caldo da cocción, espesándoo máis tarde coa fariña. Así, engadiremos as colas das cigalas limpas, ademais do viño, dándolle a todo un golpe de lume.
Para servir, colocaremos no fondo das cazoliñas as patacas coas cigalas e a salsa encima, ademais de salferir cun pouco pirixel.


Vieiras ó albariño

Ingredientes (para 4 persoas):
8 vieiras grandes
2 dl. de aceite de Oliva
4 dentes de allo
1 cebola
100 gr. de xamón
1 copa de vino Abadia San Campio
2 limóns
2 follas de loureiro, pirixel, pan relado e sal gordo.

Elaboración: Vértese o aceite nunha tixola. Unha vez quente incorpórase o allo picado, así como a cebola e o xamón, tamén picados. Rústrese lentamente e incorpórase a copa de viño, ata que a salsa estea ben fundida. Nunha prata colócanse as vieiras na súa cuncha, asentadas en sal gordo. Agrégase sobre elas o zume dos limóns e cóbrense coa salsa resultante do rustrido. Salfírense con pan relado.

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web