Bodegas Terrasgauda, S. A.

A nosa pequena Historia

Desde a revolución vitivinícola que xurdiu en Galicia a raíz da constitución en 1980 da D.O. Rías Baixas, José María Fonseca, actual presidente, comeza a ver as cousas claras no mundo do viño, e desde o seu posto na Administración xestiona e apoia o desenvolvemento de cursos de vitivinicultura e enoloxía, ademais de toda unha serie de colaboracións relacionadas coa arte de facer viños.

Xa desde a iniciativa privada e coa fundación de Viñedos do Rosal, S.A. e de Adegas das Eiras, S.A., concretouse a intención e a ilusión dos Socios fundadores por faceren fincapé no que eran os viños do Rosal. A filosofía da adega era que o Albariño, sendo como é unha variedade nobilísima, podería dar maior dimensión unida a outras cepas, sempre autóctonas, que lle achegasen novos matices e que lle desen aos viños do Rosal unha categoría maior da que xa tiñan de por si.

No ano 1990 fúndase a adega e elabóranse, coa uva dos socios viticultores da zona, 37.000 botellas de Terras Gauda'90, a primeira colleita, ao tempo que se poñen en marcha as plantacións propias, sempre coa idea fixa de salvagardar a identidade do viño do Rosal.

No ano 1991, unha vez concretada a aposta da adega pola singularidade, elabórase a primeira colleita do noso varietal Albariño, Abadía de San Campio.

Co transcurso do tempo, as dúas Sociedades iniciais fúndense nunha soa que, dado o prestixio e o recoñecemento acadado pola primeira das súas marcas, adopta o nome de Bodegas Terras Gauda, S.A.

Dentro da nosa inquedanza pola investigación e a experimentación, nos anos 1992 e 1993 realizamos con not´bel éxito probas de elaboración de cava polo método champagnoise que, aínda que non chegou a se comercializar, deu luz sobre as posibilidades futuras deste tipo de elaborados.

Tamén con fins experimentais, e logo de termos seleccionado os diferentes clons de Albariño atopados, reservamos unha parcela onde estudiamos o seu comportamento vexetativo para posteriormente microvinificar o froito de cada un deles.

Desde o ano 1996, interrompido na vendima do 98 polas dificultades desta, e tentando recuperar a tradición dos viños xenerosos de Galicia, vimos elaborando, a pequena escala de momento, o TOSTADO TERRAS GAUDA.

Cultivamos unha plantación experimental de tintos coas variedades nobres galegas, varias das españolas e algunhas das for´neas, na inquedanza de investigar sobre un tinto politivarietal.

 

Inicio | Seguinte