Bodegas Terrasgauda, S. A.
Novas
Xullo 2007
Medio: INFORME SUR
País: Argentina
Data: 2707/07
Terras Gauda reúne personalidades no 6º Concurso Francisco Mantecón en Madrid
España.- Bodegas TERRAS GAUDA reuniu no Hotel Ritz en Madrid numerosas personalidades do mundo da cultura, a empresa e a diplomacia na presentación do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 54.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades dos cinco continentes.
Fernando Ónega conduciu o acto, ao que asistiron a agregada cultural da embaixada de Xapón, Fumiyo Tusuda, e Carolina Tieu de Chávarri como representantes da diplomacia.
No tocante ao mundo xornalístico déronse cita directores de medios de comunicación nacionais e xornalistas de renome como Fernando Jáuregui, Charo Oñate, María Jesús Gil de Antuñano e Josemi Rodríguez-Sieiro, entre outros. Tamén acudiron correspondentes de prensa estranxeira de Xapón, China, México, Italia, Francia, Alemaña e Portugal, entre outros países.
A este evento acudiron tamén personaxes do mundo artístico, como a actriz Ana Chávarri.
Como membro do xurado, Manuel Estrada, presidente da Asociación de Deseñadores de Madrid, interveu no acto, no que o presidente de Bodegas TERRAS GAUDA, José María Fonseca Moretón, fixo un repaso da traxectoria do concurso.
A repercusión internacional da que goza o premio ficou demostrada o ano pasado, no que se recibiron máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo. O profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka, Takahiro Shima, resultou gañador entre carteis procedentes de países como Australia, China, Cuba, Emiratos Árabes, Reino de Bahrein, Macedonia, Líbano, Israel, Lituania, Montenegro ou Singapur.
Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 9.000 euros en metálico entre os carteis premiados. Ademais, o gañador converterase na imaxe da adega do vindeiro ano, un escaparate para o artista nos importantes mercados internacionais nos que está presente a empresa. O prazo para presentar as obras remata o vindeiro 30 de setembro.
Medio: THE TIMES & THE SUNDAY TIMES OF MALTA
País: Malta
Data:24/07/07
Francisco Mantecón Award
Spanish winery Terras Gauda invites more than 54,000 designers to take part in the sixth Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition.
Previous editions of this competition have attracted a total of 3,720 entries from five continents.
The Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition is the only event of its kind to be organised by the wine industry, and invites more than 54,000 graphic designers, schools and universities.
Manuel Estrada, a leading professional with a long-standing and highly successful career in the fields of graphic design and publishing, is a member of the panel of judges for this year's edition. Judges for previous editions included top designers such as Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné and Isidro Ferrer.
Last year's edition attracted more than 1,400 entries by artists from 62 countries worldwide. The winner was Takahiro Shima, a Japanese lecturer in Design at the University of Osaka. His poster was selected among entries from countries such as the USA, Australia, China, Cuba, United Arab Emirates, Lebanon, Argentina and Brazil.
A 9,000e prize will be distributed between the winner and two runners-up. In addition, the winning poster will become the winery's image for the coming year in major international markets in Europe, Asia and America (US, Canada, Mexico, Argentina, Colombia and Panama).
Bodegas Terras Gauda owns around 160 hectares of vineyards in Galicia (Spain) and last year commercialised over 1.4 million bottles of the three wines it produces: Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra and Abadía De San Campio.
For more information visit www.franciscomantecon.com or www.terrasgauda.com.
Premio Francisco Mantecón
A adega española Terras Gauda convida máis de 54.000 deseñadores a participar no sexto Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.
En anteriores edicións deste certame rexistrouse un total de 3.720 inscricións dos cinco continentes.
O Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón é o único da súa clase que organiza o sector vinícola, e convida máis de 54.000 deseñadores gráficos, escolas e universidades.
Manuel Estrada, un destacado profesional cunha longa e recoñecida carreira nos eidos do deseño gráfico e a edición, é membro do xurado na edición deste ano. Prestixiosos deseñadores como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer foron xurados en anteriores edicións.
Máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na pasada edición, na que resultou gañador o xaponés Takahiro Shima, profesor de Deseño da Universidade de Osaka. O seu cartel foi elixido entre obras de países como Estados Unidos, Australia, China, Cuba, Emiratos Árabes Unidos, Líbano, Arxentina e Brasil.
Distribuirase un premio de 9.000 € entre o gañador e os dous accésits. Así mesmo, o cartel publicitario gañador representará durante o vindeiro ano a imaxe das adegas nos grandes mercados internacionais de Europa, Asia e América (Estados Unidos, Canadá, México, Arxentina, Colombia e Panamá).
Bodegas Terras Gauda posúe arredor de 160 hectáreas de viñedos en Galiza (España) e o pasado ano comercializou máis de 1,4 millóns de botellas dos tres viños que produce: Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio..
Para máis información consúltese www.franciscomantecon.com ou www.terrasgauda.com.
Medio: DESIGN SINGAPORE
País: Singapur
Data: 20/07/07
Visual Communications
Francisco Mantecón Intenational Advertising Poster Design Competition
Organised by: Bodegas Terras Gauda, S.A.
The Board of Directors of Bodegas Terras Gauda, S.A., has unanimously agreed to set up an annual Advertising Poster Design Competition as a tribute to the artist who was not only solely responsible for the design of the corporate image, but also been a friend, efficient collaborator and partner since the creation of the Company. The winning original will form the basis for the Company's advertising campaign for a one year period.
This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation.
Original copies of entries, which must be unpublished, are to be submitted or mailed (by recorded delivery if the participant so wishes) to the offices of Bodegas Terras Gauda offices in O Rosal (Galicia, Spain). All entries must be submitted in two formats:
- Recorded on a CD or diskette (in PC-readable format)
- Printed and affixed to light card, suitably protected, with a size 50x70 cm.
Any form of photographic, painting or computerised techniques, etc may be used. Under exceptional circumstances originals created using painting techniques (oil, watercolours, guasch, pastels, etc) may be accepted without a computerised format.
Each participant is allowed to present a maximum of two entries.
Participant may base their entries on the theme of their choice, although ideally they will reflect corporate issues of the organising company, principally relating to its white wines of the Albariño variety Terras Gauda and Abadía de San Campio wines. Credit will be given for creativity and the incorporation of the Company's logo into the design …
Comunicacións visuais
Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón
Organizado por: Bodegas Terras Gauda, S.A.
Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publiciaria da entidade convocante durante ese ano.
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.
Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.
Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.
O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario …
Medio: THE ART INSTITUTE OF CALIFORNIA
País: USA
Data: 19/07/07
The Sixth Edition of the Francisco Mantecón Poster Design Prize International Advertising Competition
Deadline
All those works postmarked prior to 6 p.m. on 30 September will be accepted
Concept
"The Board of Directors of Bodegas Terras Gauda, S.A., has unanimously agreed to set up an annual Advertising Poster Design Competition as a tribute to the artist who was not only solely responsible for the design of the corporate image, but also been a friend, efficient collaborator and partner since the creation of the Company. The winning original will form the basis for the Company's advertising campaign for a one year period".
Open to
This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation.
Entry Requirement
Please go to website for all entry requirements including packaging and mailing: www.franciscomantecon.com
Theme
Participant may base their entries on the theme of their choice, although ideally they will reflect corporate issues of the organizing company, principally relating to its white wines of the Albariño variety Terras Gauda and Abadía de San Campio wines. Credit will be given for creativity and the incorporation of the Company's logo into the design.
Images & Logos
If requested, Bodegas Terras Gauda will provide the designers with a vectored copy of the logo that may be applied to the works, as well as images of their products. These will be available at the following web www.terrasgauda.com and Images and Logo
Prizes
One first prize and two runners up prizes will be awarded. Details of the prize money are given bellow:
SIX THOUSAND (6,000) euros for the winning poster
ONE THOUSAND FIVE HUNDRED (1,500) euros for each of the two runners up …
Sexta Edición del Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón
Data tope
Aceptaranse todas as obras seladas antes das 18:00 do 30 de setembro.
Concepto
"O Consello de Administración de Bodegas Terras Gauda, S.A., decidiu por unanimidade estabelecer un Concurso de Cartelismo Publicitario anual como homenaxe ao artista que foi non só o único responsábel do deseño da imaxe corporativa, senón tamén un amigo, eficiente colaborador e socio desde a creación da empresa. O orixinal gañador constituirá a base da campaña publicitaria da empresa durante un período dun ano".
Participantes
Este concurso está aberto a calquera persoa física ou xurídica, suxeito só ás restricións impostas pola lexislación vixente.
Requisitos da inscrición
Todos os requisitos, incluídos a presentación e o envío postal, figuran na páxina web: www.franciscomantecon.com.
Tema
Os participantes poden basear as súas obras no tema que elixan, aínda que de xeito idóneo reflectirán aspectos corporativos da empresa organizadora, en especial aqueles relacionados cos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Avaliarase positivamente a creatividade neste senso e a inserción do anagrama da empresa.
Imaxes e logotipos
Bodegas Terras Gauda poñerá ao dispor de todos os deseñadores que así o soliciten o anagrama da empresa en sistema vectorizado, co fin de que estes o poidan aplicar nas súas obras, así como imaxes dos seus produtos. Estarán dispoñíbeis na seguinte páxina web: www.terrasgauda.com e Imaxes e logotipos.
Premios
Concederanse un primeiro premio e dous accésits. A contía dos premios é a seguinte:
SEIS MIL (6.000) euros para o cartel gañador e
MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos accésits.
Medio: BDG
País: Alemana
Data: 19/07/07
Salud! - 6. Internationales Wettbewerb für Werbeplakate Francisco Mantecón
Wein, Werbeplakat, Francisco Mantecón - das sind die entscheidenen Stichworte für den jährlichen Wettbewerb, den die spanische Weinkellerei Terras Gauda in diesem Jahr zum 6. Mal in Folge ausgeschrieben hat. Warum diese Stichworte? Wein - klar, soll beworben werden; Werbeplakat - auch klar, ist gesucht; Francisco Mantecón - der Namensgeber des Wettbewerbs. Es ist dies der Name des Künstlers, "welcher der ausschließliche Designer des Images des Unternehmens war, Freund, erfolgreicher Mitarbeiter und Mitglied der Firma seit deren Anfängen", so die wunderbaren lyrischen Ausführungen zum Hintergrund der Ausschreibung.
Einsendeschluss ist der 30. September 2007. Die Teilnahmebedingungen finden Sie unter www.franciscomantecon.com
Saúde! - 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón
Viño, carteis publicitarios, Francisco Mantecón: estas son as palabras chave do concurso anual que as adegas españolas Terras Gauda convocan por sexto ano consecutivo. Por que estas palabras chave? Viño, está claro que é o que se ten que promocionar; carteis publicitarios, tamén está claro porque é o que se busca; Francisco Mantecón, é o nome do concurso. Este é o nome do artista, "que foi o deseñador exclusivo da imaxe da empresa, un amigo, un traballador eficaz e socio da empresa desde os seus comezos". A realización de marabillosas obras de arte é o obxectivo da convocatoria.
A data tope para os envíos é o 30 de setembro de 2007. As bases do concurso poden consultarse no seguinte sitio web: www.franciscomantecon.com.
Medio: ARTE DINÁMICO
País: Colombia
Data: 16/07/07
6º CONCURSO INTERNACIONAL DE DESEÑO DE CARTELISMO PUBLICITARIO "FRANCISCO MANTECÓN"
Organiza Bodegas TERRAS GAUDA
Data límite recepción de obras: 30 de setembro de 2007
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente..
OBRAS
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
- Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
- Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido de tamaño 50x70 cm.
Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser admitidos sen soporte informático.
Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.
O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.
Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos …
Medio: ART CONCOURS
País: Francia
Data: 2/07/07
6ème Concours International d´Affiches Publicitaires Francisco Mantecón
Description
Les originaux, qui devront être inédits, pourront être réalisés suivant n'importe quelle technique de peinture, photographie, informatique, etc.Ils seront présentés sur deux types de support:
Gravés sur un CD ou une disquette (lisible sous format PC)
Imprimés et collés sur un carton plume dûment protégé format du support 50x70 cm.
Exceptionnellement, les originaux réalisés selon des techniques de peinture (huile, aquarelle, gouache, pastel, etc.) pourront être admis sans support informatique.
Chaque participant pourra présenter un maximum de deux ouvrages.
Le thème sera libre et reflètera de préférence des aspects corporatifs de l'organisme organisateur, notamment, ceux relatifs à ses vins blancs de la varieté Albariño Terras Gauda et Abadía de San Campio. On évaluera positivement la créativité dans ce sens et l'insertion de l'anagramme de la société.
Bodegas Terras Gauda mettra à la disposition de tous les dessinateurs qui le demanderont l'anagramme de la société en système vectorisé en vue de l'appliquer dans les ouvrages, ainsi que des images de ses produits. Ils seront disponibles sur www.terrasgauda.com.
Détails
Date limite 30 de septembre 2007
Conditions de participation Ouvert à tous.
Frais inscription aucun
Prix 6.000 euros pour le premier prix. 1.500 euros pour chacun des deux suivant.
Obligatoire Les ouvrages primés et tous leurs droits seront acquis en propriété par Bodegas Terras Gauda, S.A., tous droits réservés pour la reproduction des ouvrages finalistes.
Contact
Adresse Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, Espagne. +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200 Fax +0034 986 621 084 comunicacion@terrasgauda.com
6º Concurso Internacional de Anuncios Publicitarios Francisco Mantecón
Descrición
Os orixinais, que deberán ser inéditos, poderán realizarse utilizando calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. Deberanse presentar en dous tipos de soporte:
Gravados nun CD ou nun disquete (lexíbel en formato para PC)
Impresos e pegados nun cartón lixeiro debidamente protexido, nun soporte de 50x70 cm.
Con carácter excepcional, os orixinais que se realicen utilizando técnicas pictóricas (óleo, acuarela, augada, pastel, etc.) poderán admitirse sen estar nun soporte informático.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras
O tema será libre e reflectirá preferentemente aspectos corporativos do organismo organizador, en especial aqueles relacionados cos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Avaliarase positivamente a creatividade neste senso e a inserción do anagrama da empresa.
Bodegas Terras Gauda poñerá ao dispor de todos os deseñadores que así o soliciten o anagrama da empresa en sistema vectorizado, co fin de que estes o poidan aplicar nas súas obras, así como imaxes dos seus produtos. Estarán dispoñíbeis no sitio web www.terrasgauda.com.
Detalles
Data límite: 30 de setembro de 2007
Condicións de participación: aberto a todos.
Gastos de inscrición: ningún.
Premios: 6.000 euros para o primeiro premio. 1.500 euros para cada un dos dous seguintes postos.
Obrigatorio: as obras premiadas e todos os seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A., tendo todos os dereitos reservados para a reprodución das obras finalistas.
Forma de contacto
Enderezo: Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, España. Teléfonos: +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200 – Fax: +0034 986 621 084 – Correo electrónico: comunicacion@terrasgauda.com.
Medio: LA RAZÓN
Sección: Salud (Saúde)
Data: 22/07/07
TERRAS GAUDA presenta o 6º Concurso de Cartelismo
Bodegas Terras Gauda reuniu no Hotel Ritz en Madrid numerosas personalidades do mundo da cultura, a empresa e a diplomacia na presentación do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. De esquerda a dereita, José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda, Fernando Ónega, Alberto Luchini e o deseñador Manuel Estrada.
Medio: LA VERDAD DE MURCIA
Sección: Vivir
Data: 21/07/07
DESEÑO
Convocatoria do premio Francisco Mantecón
Bodegas Terras Gauda convoca a participar a todos os artistas gráficos, escolas e estudios de deseño e universidades de Murcia no VI Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. 54.000 artistas de todo o mundo están convocados.
Medio: NUEVA ALCARRIA
Sección: Cultura
Data: 20/07/07
Convocado un certame de Cartelismo Publicitario
Bodegas Terras Gauda repartirá 9.000 euros en metálico nos galardón que hai nas bases
Bodegas Terras Gauda convocou o 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, único premio destas características organizado polo sector vitivinícola.
O deseñador Manuel Estrada, recoñecido profesional que conta cunha importante traxectoria no eido do deseño gráfico e editorial e un premio LAUS, forma parte do xurado do 6º Concurso Francisco Mantecón, ao que están convocados 54.000 artistas de todo o mundo.
Máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na pasada edición, na que resultou gañador o xaponés Takahiro Shima, profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka. O Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón é xa un referente entre a comunidade creativa internacional avalado pola elevada participación de artistas gráficos nas 5 primeiras edicións, nas que se recibiron 3.720 carteis de 66 países diferentes.
Bodegas Terras Gauda repartirá 9.000 euros en metálico en premios. Ademais, o cartel gañador converterase na imaxe do ano vindeiro, un escaparate para o artista nos importantes mercados internacionais nos que está presente a empresa. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.
Medio: DIARIO DE IBIZA
Sección: Pitiuses
Data: 18/07/07
Cartelismo
Bodegas Terras Gauda convoca os deseñadores gráficos de Balears a participar no Sexto Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, único premio destas características organizado polo sector vitivinícola. O deseñador Manuel Estrada forma parte do xurado no certame deste ano, ao que están convocados 54.000 artistas. O ano pasado presentáronse máis de 1.400 obras procedentes de 62 países. O xaponés Takahiro Shima foi o gañador da pasada edición.
Medio: EL CORREO DE ANDALUCÍA
Sección: Sevilla
Data: 18/07/07
Convocatorias
Deseño gráfico
Bodegas TERRAS GAUDA convoca os deseñadores gráficos andaluces a participar na edición máis internacional do premio Francisco Mantecón. Trátase do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na pasada edición, na que resultou gañador o xaponés Takahiro Shima. Este concurso é xa un referente entre a comunidade creativa internacional, avalado pola elevada participación de artistas gráficos nas cinco primeiras edicións. Tamén a repercusión mediática internacional contribuíu á súa gran proxección. Numerosos medios impresos e páxinas web de toda Europa, Estados Unidos e India fixéronse eco do concurso. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.
> Bodegas Terras Gauda, S. A. Ctra. Tui – A Guarda, km. 46
Medio: HERALDO DE ARAGÓN
Sección: Gente (Xente)
Data: 17/07/07
Concurso de deseño de bodegas Terras Gauda
Bodegas Terras Gauda convida a todos os artistas gráficos, estudios e escolas de deseño e universidades de Aragón a participar no 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Ao concurso están convocados 54.000 artistas de todo o mundo. A adega repartirá 9.000 euros en metálico en premios. Ademais, o cartel gañador converterase na imaxe da adega en 2008. O prazo de presentación remata o 30 de setembro. Máis información no departamento de Comunicación da adega.
Medio: LAS PROVINCIAS DE VALENCIA
Sección: Cultura
Data: 15/07/07
Concurso de Cartelismo
Bodegas Terras Gauda desenvolve unha grande actividade cultural relacionada co mundo do viño e froito diso é o seu prestixioso concurso internacional de cartelismo publicitario, do que xa se convocou para este ano a súa sexta edición.
O concurso leva o nome de Francisco Mantecón, artista que deseñou a imaxe corporativa da empresa, e está dotado cun primeiro premio de 6.000 euros e dous accésits de 1.500. O cartel gañador convértese, ademais, na imaxe da adega para o ano vindeiro, no que representa para o artista agraciado un fenomenal escaparate de lanzamento en toda España e en máis de 30 países aos que exporta Terras Gauda.
Na edición do ano pasado presentáronse máis de 1.400 obras de 62 países e gañou o xaponés Takahiro Shima. Para a actual convocatoria estanse a enviar as bases a 54.000 destinos de 164 países, entre deseñadores e artistas coñecidos, estudios de deseño e universidades.
Medio: ANDALUCÍA 24 HORAS
Sección: Cultura
Data: 13/07/07
Terras Gauda reúne personalidades da vida cultural, empresarial e diplomática
Bodegas Terras Gauda reuniu no Hotel Ritz en Madrid numerosas personalidades do mundo da cultura, a empresa e a diplomacia na presentación do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 54.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades dos cinco continentes.
Fernando Ónega conduciu o acto, ao que asistiron a agregada cultural da embaixada de Xapón, Fumiyo Tusuda, e Carolina Tieu de Chávarri como representantes da diplomacia.
No tocante ao mundo xornalístico déronse cita directores de medios de comunicación nacionais e xornalistas de renome como Fernando Jáuregui, Charo Oñate, María Jesús Gil de Antuñano e Josemi Rodríguez-Sieiro, entre outros. Tamén acudiron correspondentes de prensa estranxeira de Xapón, China, México, Italia, Francia, Alemaña e Portugal, entre outros países.
A este evento acudiron tamén personaxes do mundo artístico, como a actriz Ana Chávarri.
Como membro do xurado, Manuel Estrada, presidente da Asociación de Deseñadores de Madrid, interveu no acto, no que o presidente de Bodegas TERRAS GAUDA, José María Fonseca Moretón, fixo un repaso da traxectoria do concurso.
A repercusión internacional da que goza o premio ficou demostrada o ano pasado, no que se recibiron máis de 1.400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo. O profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka, Takahiro Shima, resultou gañador entre carteis procedentes de países como Australia, China, Cuba, Emiratos Árabes, Reino de Bahrein, Macedonia, Líbano, Israel, Lituania, Montenegro ou Singapur.
Bodegas Terras Gauda repartirá 9.000 euros en metálico entre os carteis premiados. Ademais, o cartel gañador converterase na imaxe da adega do vindeiro ano, un escaparate para o artista nos importantes mercados internacionais nos que está presente a empresa. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.
Xuño 2007
Medio: IMPRESSE ECONOMÍA
País: Italia
Data: 19/06/07
Ecco il VI Premio Internazionale Francisco Mantecón
La cantina spagnola Terras Gauda invita piè di 2.500 designer italiani a partecipare all´edizione 2007. Nella precedente 3.720 cartelloni pubblicitari da cinque continenti
Manuel Estrada è il designer di riferimento della giuria, dopo la partecipazione nelle precedenti edizioni di Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer nelle quali, in totale, sono stati ricevuti 3.720 cartelloni pubblicitari provenienti dai cinque continenti.
La cantina spagnola TERRAS GAUDA presenta il 6º Concorso Internazionale di Cartellonistica Pubblicitaria Francisco Mantecón, unico premio con queste caratteristiche organizzato per il settore vitivinicolo e che richiama più di 54.000 artisti grafici, scuole e università dei cinque continenti. Di questi, più di 2.500, sono provenienti dall´Italia.
Manuel Estrada, affermato professionista, vanta un´importante carriera nel campo del disegno grafico ed editoriale, fa parte della giuria del 6º Concorso Francisco Mantecón, che in edizioni precedenti ha vantato la partecipazione di altri illustri esponenti del designer come Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer.
Più di 1.400 opere di artisti di 62 paesi di tutto il mondo sono state presentate nella precedente edizione, il cui vincitore è stato il giapponese Takahiro Shima, professore di Disegno della Università di Osaka. La sua opera è stata scelta tra le tante provenienti da Italia, Germania, Svizzera, Italia, Stati Uniti, Australia, Cina, Cuba, Emirati Arabi, Libano, Argentina o Brasile.
La cantina spagnola TERRAS GAUDA dividerà 9.000 euro in contanti tra il primo premio e le due menzioni. Inoltre, il cartellone pubblicitario vincitore rappresenterà, il prossimo anno, l´immagine della cantina nei grandi mercati internazionali in cui è presente in America, Asia e Europa (Italia, Francia, Svizzera, Olanda, Finlandia, Regno Unito, Norvegia e Belgio, tra gli altri).
La cantina TERRAS GAUDA dispone di 160 ettari di vigneto in Galizia (Spagna) e lo scorso anno ha commercializzato più di 1,4 milioni di bottiglie dei tre vini che produce: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETICHETTA NERA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.
Chega o VI Premio Internacional Francisco Mantecón
As adegas españolas Terras Gauda convidan máis de 2500 deseñadores italianos a participar na súa edición de 2007. En anteriores edicións, presentáronse máis de 3720 carteis publicitarios dos cinco continentes
Manuel Estrada é o deseñador de referencia do xurado, despois de que en anteriores edicións tivesen participado Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer, durante as cales se recibiron 3720 carteis publicitarios procedentes dos cinco continentes.
As adegas españolas TERRAS GAUDA presentan o 6º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, único premio destas características organizado polo sector vitivinícola e que apela a máis de 54000 artistas gráficos, escolas e universidades dos cinco continentes. Destes máis de 2500 proceden de Italia.
Manuel Estrada, profesional de renome, fai gala dunha importante carreira no eido do deseño gráfico e editorial e forma parte do xurado do 6º Concurso Francisco Mantecón, que en edicións anteriores tivo a honra de contar coa participación doutros ilustres expoñentes do deseño, como por exemplo Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer.
Máis de 1400 obras de artistas de 62 países de todo o mundo presentáronse na anterior edición, cuxo vencedor foi o xaponés Takahiro Shima, profesor de Deseño da Universidade de Osaka. A súa obra foi elixida entre outras moitas procedentes de Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Australia, China, Cuba, os Emiratos Árabes, Líbano, Arxentina ou Brasil.
As adegas españolas TERRAS GAUDA repartirán 9000 euros en efectivo entre o primeiro premio e as dúas mencións. Así mesmo, o cartel publicitario gañador representará durante o vindeiro ano a imaxe das adegas nos grandes mercados internacionais nos que están presentes, como por exemplo, en América, Asia e Europa (Italia, Francia, Suíza, Holanda, Finlandia, Reino Unido, Noruega e Bélxica, entre outros).
As adegas TERRAS GAUDA dispoñen de 160 hectáreas de viñedos en Galicia (España) e o pasado ano comercializaron máis de 1,4 millóns de botellas dos tres viños que producen: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.
Maio 2007
Medio: ABC
Sección:Galicia
Data: 11/05/07
Terras Gauda conquista outros nove mercados internacionais
SANTIAGO. Bodegas Terras Gauda logrou unha cifra de negocio de 7,6 millóns de euros o pasado exercicio, 600.000 máis que no anterior. Os beneficios despois de impostos incrementáronse un 5,51 por cento respecto ao 2005, acadando os 900.000 euros. Estes resultados económicos coinciden coa súa expansión nacional e internacional. No 2006, a adega do Rosal conquistou outros nove mercados internacionais (Suecia, Finlandia, Taiwán, Corea, Macau, Canadá, Arxentina, Colombia e Panamá), co que xa está presente en 30 mercados do exterior.
Así mesmo, asinou novos acordos de distribución global con Xapón e Irlanda e experimentou un importante incremento das súas vendas en Porto Rico (200%), Holanda (153%), Alemaña (48%) e Reino Unido (42%). A adega consolidouse nos seus principais mercados no exterior: Estados Unidos, Noruega, Suíza, Reino Unido e México. Canto ao mercado nacional, supón o 30 por cento do total das vendas, cun crecemento do 18% respecto ao 2005. Este incremento acadou o 25 por cento nos seus mercados máis significativos: Madrid, Cataluña e Asturias.
Á vangarda
Así mesmo, Terras Gauda conseguiu o pasado exercicio importantes avances en materia de investigación. Na actualidade, a adega atópase inmersa en tres proxectos de I+D+I: selección clonal de uva Albariño, desenvolvido en colaboración co CSIC, e do que xa se obtiveron uns interesantes resultados; selección e illamento de lévedos ecotípicos, e recentemente abriu novas liñas de investigación cun estudo de maceración.
A adega do Rosal tamén conseguiu o recoñecemento internacional dos seus viños no 2006. O Terras Gauda logrou a puntuación máis alta para un viño branco español na prestixiosa revista Wine Spectactor, e foi elixido como un dos dez mostos preferidos pola televisión estadounidense NBC, sendo o único viño español seleccionado.
Canto a Bodegas Pittacum (D.O. O Bierzo), que pertence á adega desde o 2002, continúa coa mesma liña de resultados positivos. No 2006, incrementou o seu volume de vendas un 175 por cento, mentres que as exportacións tamén aumentaron de xeito significativo, acadando o 25 por cento do total das vendas.
A adega introduciuse con éxito en Finlandia, Taiwán, Holanda, Suíza, Canadá, México e Porto Rico, e acadou novos acordos de distribución global para Alemaña e Estados Unidos, co que xa está presente en 20 mercados internacionais.
Desde o 2006 o Pittacum Barrica e o Aurea comercialízanse en estabelecementos de gran prestixio de Suíza, México ou Alemaña. No caso do primeiro foi elixido como o mellor viño do Bierzo pola revista Vino Magazine de Bélxica.
Medio: El Correo Gallego
Sección: Economía
Data:9/05/07
Bodegas Terras Gauda sumou nove mercados á súa expansión en 200
Viño » O beneficio despois de impostos creceu o pasado ano un 5,5%, acadando os 900.000 euros
A expansión internacional de Bodegas Terras Gauda sumou o pasado exercicio de 2006 outros nove mercados de Asia, América e Europa, co que a empresa vinícola do Rosal acada os 30 países no exterior, ao que hai que engadir a sinatura de novos acordos de distribución global con Xapón e Irlanda. O forte incremento das súas vendas en Porto Rico (200%), Holanda (153%) e Alemaña (48%) elevaron a súa cifra de negocio en 600.000 euros, pechando o ano en 7,6 millóns. Os beneficios despois de impostos medraron un 5,51%, até os 900.000 euros.
Durante 2006, a adega consolidou o seu potencial en Estados Unidos, Noruega, Suíza, Reino Unido e México, que supoñen os seus principais mercados internacionais, e as súas vendas en España eleváronse un 18%.
Así mesmo, a empresa vinícola acadou durante o pasado exercicio "importantes avances" en materia de investigación, segundo sinala a firma. Bodegas Terras Gauda atópase inmersa en tres proxectos de I+D+I referentes á selección das uvas, traballando xa en novas liñas de investigación.
Medio: Diario de Pontevedra
Sección: Economía & Mar
Data: 9/05/07
Terras Gauda facturou 7,6 millóns de euros no pasado exercicio
En 2006 a adega do Rosal introduciu por primeira vez os seus viños en nove países de América, Asia e Europa
Bodegas Terras Gauda logrou unha cifra de negocio de 7,6 millóns de euros o pasado exercicio, 600.000 máis que no anterior. Os beneficios despois de impostos incrementáronse un 5,51 por cento respecto ao 2005. Acadou os 900.000 euros. Estes resultados económicos coinciden coa súa expansión nacional e internacional. En 2006, a adega do Rosal conquistou outros nove mercados internacionais (Suecia, Finlandia, Taiwán, Corea, Macau, Canadá, Arxentina, Colombia e Panamá). Está presente en 30 mercados do exterior. Bodegas Terras Gauda tamén asinou novos acordos de distribución global con Xapón e Irlanda e experimentou un importante incremento das súas vendas en Porto Rico (200 por cento), Holanda (153 por cento), Alemaña (48 por cento), Holanda (153 por cento) e Reino Unido (42 por cento).
A adega, que comercializa Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio, consolidouse nos seus principais mercados no exterior: Estados Unidos, Noruega, Suíza, Reino Unido e México.
Canto ao mercado nacional, supón o 30 por cento do total das vendas, cun crecemento do 18 por cento respecto ao 2005. Este incremento acadou o 25 por cento nos seus mercados máis significativos: Madrid, Cataluña e Asturias.
Así mesmo, Bodegas Terras Gauda conseguiu o pasado exercicio importantes avances en materia de investigación.
Medio: La Voz de Galicia
Sección: Economía
Data: 9/05/07
Sector Vitivinícola
Bodegas Terras Gauda continúa a súa expansión internacional ao entrar nunha decena de mercados
Bodegas Terras Gauda fixo unha forte aposta pola expansión durante o 2006 e conseguiu introducir os seus rías baixas nunha decena de novos mercados. Suecia, Finlandia, Taiwán, Corea, Macau, Canadá, Arxentina, Colombia e Panamá son algúns dos países nos que xa se poden atopar os albariños desta compañía galega.
Segundo afirman os responsábeis da empresa, durante o pasado exercicio asináronse novos acordos de distribución dos seus viños en países como Xapón e Irlanda. Ao mesmo tempo, a adega conseguiu un importante incremento das vendas dos seus mostos en Porto Rico, os Países Baixos, Alemaña e o Reino Unido, e consolidáronse en Estados Unidos, Noruega, Suíza e México. A facturación tamén aumentou no mercado nacional, onde a firma deu vendido un 18% máis que durante o exercicio anterior.
Por outra banda, a compañía galega lembra que varios dos seus viños obtiveron importantes galardóns. O Terras Gauda, por exemplo, logrou a puntuación máis alta na prestixiosa revista americana Wine Spectator e foi elixido como un dos dez mostos preferidos pola televisión estadounidense NBC.
Medio: El Nuevo Diario (República Dominicana)
Sección: Economía
Data: 8/05/07
Adega española "Terras Gauda" continúa expansión internacional coa entrada en 9 mercados de América, Asia e Europa
A adega acadou no 2006 unha cifra de negocio de 7,6 millóns de euros aumentando un 18% as súas vendas no mercado nacional e internacional e sendo Estados Unidos, México, Noruega, Suíza e Reino Unido os seus principais mercados no exterior
LA adega española TERRAS GAUDA logrou unha cifra de negocio de 7,6 millóns de euros o pasado exercicio, 600.000 máis ca no anterior. Os beneficios despois de impostos incrementáronse un 5,51% respecto ao 2005, acadando os 900.000 €. Estes resultados económicos coinciden coa súa expansión nacional e internacional. No 2006, a adega do Rosal conquistou outros nove mercados internacionais (Arxentina, Colombia, Panamá, Canadá, Suecia, Finlandia, Taiwán, Corea e Macau), co que xa está presente en 30 mercados do exterior.
Bodegas TERRAS GAUDA tamén asinou novos acordos de distribución global con Xapón e Irlanda e experimentou un importante incremento das súas vendas en Porto Rico (200%), Holanda (153%), Alemaña (48%) e Reino Unido (42%). A adega, que comercializa TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO, consolidouse nos seus principais mercados no exterior: Estados Unidos, México, Noruega, Suíza e Reino Unido.
Canto ao mercado nacional, supón o 30% do total das vendas, cun crecemento do 18% respecto ao 2005. Este incremento acadou o 25% nos seus mercados máis significativos: Madrid, Cataluña e Asturias.
Así mesmo, Bodegas TERRAS GAUDA conseguiu o pasado exercicio importantes avances en materia de investigación. Na actualidade, a adega atópase inmersa en tres proxectos de I+D+I: selección clonal de uva Albariño, desenvolvido en colaboración co CSIC e do que xa se obtiveron uns interesantes resultados; selección e illamento de lévedos ecotípicos, e recentemente abriu novas liñas de investigación cun estudo de maceración.
A adega do Rosal tamén conseguiu o recoñecemento internacional dos seus viños no 2006. O TERRAS GAUDA logrou a puntuación máis alta para un viño branco español na prestixiosa revista Wine Spectactor, e foi elixido como un dos dez mostos preferidos pola televisión estadounidense NBC, sendo o único viño español seleccionado.
Canto a Bodegas PITTACUM (D.O. O Bierzo), que pertence a Bodegas TERRAS GAUDA desde o 2002, continúa coa mesma liña de resultados positivos. No 2006, incrementou o seu volume de vendas un 175%, mentres que as exportacións tamén aumentaron de xeito significativo, acadando o 25% do total das vendas. A adega introduciuse con éxito en México, Porto Rico, Canadá, Finlandia, Taiwán, Holanda e Suíza, e acadou novos acordos de distribución global para Alemaña e Estados Unidos, co que xa está presente en 20 mercados internacionais.
Desde o 2006 o PITTACUM BARRICA e o PITTACUM AUREA comercialízanse en estabelecementos de gran prestixio de Suíza, México ou Alemaña, e o PITTACUM Barrica foi elixido como o mellor viño do Bierzo pola Vino Magazine de Bélxica.
Medio: Toronto Life (Canadá)
Data: 7/05/07
Lawrason On Wine
Private Order Break Out
Wine of the Week
Bodegas Terras Gauda O Rodal, Rías Baixas, Spain ($26,91 points, www.tewinecaches.com)
Gorgeous aromatic, fleshy, lively and spicy white made on Spain´s northwest coast in Galicia, primarily from the local albarino grape (70%) with 20% loureira and 10% caino. Youth is so important with this style of wine that can sink into soupiness as it ages. This is as bright as they come, bursting with star anise, pineapple and grapefruit.
Lawrason On Wine
Dispárase o volume dos pedidos privados
Viño da semana
Bodegas Terras Gauda 2006 O Rosal, Rías Baixas, España ($26, 91 puntos, www.thewinecoaches.com)
Un magnífico branco aromático, carnoso, alegre e saboroso, feito en Galiza, na costa noroeste de España, principalmente a partir da uva albariño local (70%), cun 20% loureira e un 10% caíño. A xuventude é tan importante neste estilo de viño que pode afundirse nun carácter sopeiro a medida que avellenta. É dos máis brillantes, cun estoupido de anís estrelado, ananás e pomelo.
Medio: Sunday Tribune
Data: 6/05/07
Pick of the bunch
The O Rosal is less full-bodied than the other three wines, but I enjoyed it so much at a tasting earlier this week that I wanted to fit it in. The wine is made partly from Albariño, but also the less familiar Loureira and Caiño Branco, a variety I had not come across before.
Terras Gauda Rías Baixas O Rosal, Spain 2006
Description Excellent razorsharp crisp wine, with a concentrated centre palate of minerals and canned pears, finishing dry and zesty.
Available from €19.99 from Le Caveau, Kilkenny: O'Driscolls, Ballinlough; The Wine Centre, Kilkenny: Redmonds, Ranelaght:Daly's, Boyle:Cellars, Naas Rd: Devenys, Dundrum
Drink with A large plate of boiled prawms with a garlic mayonnaise.
14/20
A elección do grupo
O do Rosal é menos intenso ca os outros tres viños, pero gocei tanto nunha degustación a principios desta semana que quixen metelo. O viño está feito en parte de Albariño, e tamén das menos coñecidas Loureira e Caíño Branco, unha variedade que non atopara antes.
Terras Gauda Rías Baixas O Rosal, España 2006
Descrición Excelente viño fresco e moi afiado, cun padal central concentrado de minerais e peras en conserva, cun final seco e brioso.
Á venda por 19,99 € en Le Caveau, Kilkenny: O'Driscolls, Ballinlough; The Wine Centre, Kilkenny: Redmonds, Ranelaght:Daly's, Boyle:Cellars, Naas Rd: Devenys, Dundrum
Bébase acompañado dun gran prato de gambas fervidas con maionesa de allo.
14/20
Medio:Revista Personae (México)
Data: Maio 2007
Viños recomendábeis
Terras Gauda, en Portugal, Ouro e Prata para Abadía de San Campio 2006 e Pittacum Barrica 2004
Outra suxestión de premiados
A adega española Terras Gauda tamén acadou dous novos premios internacionais no Wine Masters Challenge 2007 de Estoril (Portugal): Medalla de Ouro para Abadía de San Campio 2006 e Medalla de Prata para Pittacum Barrica 2004 (D.O. O Bierzo)
Os viños de Bodegas Terras Gauda competiron con prestixiosos mostos de Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá e Líbano. Segue a sumar premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 recentemente recibiu o titulo Wine of the Year, outorgado pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores, a mesma que incluíu o seu monovarietal de Albariño na lista dos cen mellores viños do mundo, situándoo no posto número 12 da clasificación.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita 2005, ademais doutras, catro medallas de ouro no Challenge International du Vin 2006, no Bordeos do teólogo Michel de Montaigne, do escritor e xurista Charles-Louis de Secondat, Barón de Montesquieu, o gran señor viñateiro e do Nobel de Literatura François Mauriac, os tres estreitamente vinculados á tradición vitivinicultora bordelesa.
Pittacum Barrica 2004, do Bierzo de Terras Gauda, suma a este premio o recente recoñecemento das Seleccións Mundiais de Canadá.
Medio: Irish Examiner
Data: Maio 2007
wineselection
To match a wine to your menu you've got to look at what´s setting the tone. Here, the quite delicate flavours of globe artichoke are deliciously dressed with little more than herbs, fruit and goat's cheese. So try to find an elegant and subtle white wine - certainly with some firm acidity, but not too overwhelming. Look no further than pretty much any albariño such as the Abadia San Campio (see wines of the week on page 24). Or try its stablemate, O Rosal Terras Gauda Rías Baixas 2006 (€19-21) at Deveneys, Dundrum; Cllars Wine Warehouse, Naas Road or o'Driscoll's, Ballinlough, Cork.
Blake Creedon
Selección de viño
Para que un viño encaixe no teu menú debes fixarte no que marca o ton. Neste caso, os gustos delicados de alcachofa prepáranse de xeito delicioso con pouco máis ca herbas, froita e queixo de cabra. Intenta logo atopar un viño branco elegante e sutil, cunha firme acidez, por suposto, mais non demasiado pesada. Non busques máis que calquera albariño, como o Abadía San Campio (consulta os viños da semana na páxina 24). Ou proba o seu compañeiro, O Rosal Terras Gauda Rías Baixas 2006 (€ 19-21) en Deveneys, Dundrum; Cllars Wine Warehouse, Naas Road ou O'Driscoll's, Ballinlough, Cork.
Blake Creedon
Medio: Irish Examiner
Data: Maio 2007
BlakeCreedon
grapevine
Put quality wines at the top of your list
CLASSIC DRINKS, one of the more recently-established wine importing and distributing firms in Ireland, brought part of their portfolio on the road recently, touching down for tastings in various centres around the country.
It was a great oportunity for restaurateurs and retailers to catch up woth the developing range – see today´s wines of the week on the right. And here´s a little more background to some of their other wines.
(2) Abadía San Campio Albariño Rías Baixas 2006 (€15-17). When mere bite isn't enough, it's time to move on to coastal Galicia's fabulous Albariño style. This one's fresh and bright with peach and tangerine zest complemented by lovely middleweight complexity.
(4) Pittacum Barrica Bierzo 2004 (€16-17). This is what happens when the people behind the albariño above work further inland in Bierzo with the underrated mencía grape: it's a beatifully-perfumed savoury red with a sybte tart tang to it. One of my favourite wines.
BlakeCreedon
La parra
Pon viños de calidade ao principio da túa lista
CLASSIC DRINKS, unha das empresas importadoras e distribuidoras de viño estabelecidas máis recentemente en Irlanda, deu hai pouco unha volta polo país, ofrecendo degustacións en diversos centros.
Para restauradores e vendedores polo miúdo, supuxo unha grande oportunidade de se pór ao día coas novidades, consulta os viños da semana de hoxe á dereita. E velaquí ofrecemos algo máis de información sobre algúns dos seus outros viños.
(2) Abadía San Campio Albariño Rías Baixas 2006 (15-17 €). Cando unha mera dentada xa non abonda, é hora de pasar ao fabuloso estilo Albariño da Galiza costeira. Este é fresco e brillante, cun sabor a pexego e mandarina, complementado por unha encantadora complexidade de peso medio.
(4) Pittacum Barrica O Bierzo 2004 (16-17 €). Isto é o que acontece cando a xente que hai detrás do albariño traballa máis no interior, no Bierzo, coa uva mencía, non debidamente apreciada: é un tinto saboroso marabillosamente perfumado, cun sutil sabor acedo. Un dos meus viños preferidos.
Abril 2007
Medio: El Vocero (Porto Rico)
Seccion: Noticias
Data: 11/04/07
Gañadores o branco Terras Gauda e o tinto Pittacum
Abadía de San Campio 2006 obtivo a Medalla de Ouro no Wine Masters Challenge de Estoril (Portugal), concurso no que outro viño de Bodegas TERRAS GAUDA, o Pittacum Barrica 2004 (D.O. El Bierzo), conseguiu a Medalla de Prata.
Os viños de Bodegas TERRAS GAUDA competiron neste certame con prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano.
Bodegas TERRAS GAUDA continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 posúe o título “Wine of the year” outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores. Esta prestixiosa asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas TERRAS GAUDA na lista dos 100 mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número 12 na táboa.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita do 2005, entre outras distincións, 4 Medallas de Ouro no Challenge International du Vin 2006 (Bordeos), III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, 6º Concurso Internacional de Viños "La Mujer Elige" (Arxentina) e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Medio: Correo del Caroní (Venezuela)
Sección: Empresarial
Data: 2/04/07
A adega española Terras Gauda recibe dous novos premios internacionais
Abadía de San Campio 2006 e Pittacum Barrica 2004, da adega española Terras Gauda, recibiron cadansúa medalla no Wine Masters Challenge 2007 de Portugal
Abadía de San Campio 2006 obtivo a medalla de ouro no Wine Masters Challenge de Estoril (Portugal), concurso no que outro viño de Bodegas Terras Gauda, o Pittacum Barrica 2004 (D.O. El Bierzo), conseguiu a medalla de prata.
Os viños de Bodegas Terras Gauda competiron neste certame con prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano.
Bodegas Terras Gauda continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 posúe o título “Wine of the year” outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores. Esta prestixiosa asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas Terras Gauda na lista dos 100 mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número 12 na táboa.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita do 2005, entre outras distincións, 4 medallas de ouro no Challenge International du Vin 2006 (Bordeos), III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, 6º Concurso Internacional de Viños “La mujer elige” (Arxentina) e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Pola súa banda, o Pittacum Barrica 2004, da adega do Bierzo de Terras Gauda, suma este premio ao recoñecemento obtido recentemente nas Seleccións Mundiais de Canadá.
Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 1/04/07
Terras Gauda colleita outros dous premios internacionais
Abadía de San Campio 2006 obtivo a Medalla de Ouro no Wine Master Challenge de Estoril (Portugal), concurso no que outro viño de Bodegas Terras Gauda, o Pittacum Barrica 2004 (D.O. Bierzo), conseguiu a Medalla de Prata. Os viños de Bodegas Terras Gauda competiron neste certame con prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano.
Bodegas Terras Gauda continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 posúe o título Wine of the Year outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores. Esta prestixiosa asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas Terras Gauda na lista dos cen mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número doce na táboa.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita de 2005, entre outras distincións, catro medallas de ouro no Challenge International du Vin 2006 de Bordeos, III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, VI Concurso Internacional de Viños “La mujer elige” de Arxentina e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Pola súa banda, o Pittacum Barrica 2004, da adega do Bierzo de Terras Gauda, suma este premio ao recoñecemento obtido recentemente nas Seleccións Mundiais de Canadá.
Medio: El Correo Gallego
Sección: Sociedade
Data: 1/04/07
Dous novos premios internacionais para Bodegas Terras Gauda
VIÑOS> Abadía de San Campio 2006 e Pittacum Barrica 2004 reciben cadansúa medalla, de ouro e prata, en Portugal
Abadía de San Campio 2006, de Bodegas Terras Gauda, e Pittacum Barrica 2004, da súa adega do Bierzo, recibiron respectivamente as medallas de ouro e prata no certame Wine Master Challenge 2007 de Portugal.
Bodegas Terras Gauda continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Así, Abadía de San Campio 2006 posúe o título Wine of the Year outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores.
Esta asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas Terras Gauda na lista dos cen mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número doce na táboa. Prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano participaron no certame Wine Master Challenge 2007 de Portugal.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita de 2005, entre outras distincións, catro medallas de ouro no Challenge International du Vin 2006 de Bordeos, III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, VI Concurso Internacional de Viños “La mujer elige” de Arxentina e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Á vista este albariño amósase cristalino, cunha intensa cor amarela alimoada. Destaca o seu nariz complexo e sedutor, marcado por intensos aromas cítricos (mandarina, pomelo), ecos de piña madura con apoio de frescas lembranzas balsámicas.
Canto a Pittacum Barrica 2004, suma o premio logrado en Estoril ao recoñecemento obtido nas Seleccións Mundiais de Canadá.
Medio: La Región
Sección: Economía
Data: 1/04/07
Os viños de Terras Gauda, premiados en Portugal
Bodegas Terras Gauda conseguiu dous premios internacionais cos seus viños Abadía de San Campio e Pittacum Barrica. O primeiro dos mostos logrou a Medalla de Ouro no Wine Master Challenge de Estoril (Portugal), certame no que Pittacum Barrica 2004 (D.O. Bierzo) se fixo coa Medalla de Prata. O viño premiado co máximo galardón en Estoril tamén posúe outros premios internacionais, como o de “Viño do ano” outorgado pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores.
Marzo 2007
Medio: La Jornada (Nicaragua)
Sección: Empresas
Data: 30/03/2007
A adega española Terras Gauda recibe dous novos premios internacionais
Abadía de San Campio 2006 e Pittacum Barrica 2004, da adega española Terras Gauda, recibiron cadansúa medalla no Wine Masters Challenge 2007 de Portugal
Abadía de San Campio 2006 obtivo a medalla de ouro no Wine Masters Challenge de Estoril (Portugal), concurso no que outro viño de Bodegas Terras Gauda, o Pittacum Barrica 2004 (D.O. El Bierzo), conseguiu a medalla de prata.
Os viños de Bodegas Terras Gauda competiron neste certame con prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano.
Bodegas Terras Gauda continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 posúe o título “Wine of the year” outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores. Esta prestixiosa asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas Terras Gauda na lista dos 100 mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número 12 na táboa.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita do 2005, entre outras distincións, 4 medallas de ouro no Challenge International du Vin 2006 (Bordeos), III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, 6º Concurso Internacional de Viños “La mujer elige” (Arxentina) e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Pola súa banda, o Pittacum Barrica 2004, da adega do Bierzo de Terras Gauda, suma este premio ao recoñecemento obtido recentemente nas Seleccións Mundiais de Canadá.
Medio: Faro de Vigo
Sección: Sociedade e Cultura
Data: 30/03/07
Vino
Terras Gauda obtén outros dous premios internacionais
Abadía de San Campio 2006, de Bodegas Terras Gauda, e Pittacum Barrica 2004, da súa adega do Bierzo, recibiron respectivamente as medallas de ouro e prata no certame Wine Master Challenge 2007 de Portugal. Estes premios súmanse a outros obtidos por distintos viños de Bodegas Terras Gauda noutros certames internacionais.
Medio: El Colombiano (Colombia)
Sección: Alimentos&Bebidas
Data: 29/03/07
A adega Terras Gauda logra dous novos premios internacionais
Abadía de San Campio 2006 e Pittacum Barrica 2004, da adega española Terras Gauda, recibiron cadansúa medalla no Wine Masters Challenge 2007 de Portugal
Abadía de San Campio 2006 obtivo a Medalla de Ouro no Wine Masters Challenge de Estoril (Portugal), concurso no que outro viño de Bodegas TERRAS GAUDA, o Pittacum Barrica 2004 (D.O. El Bierzo), conseguiu a Medalla de Prata.
Os viños de Bodegas TERRAS GAUDA competiron neste certame con prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano.
Bodegas TERRAS GAUDA continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 posúe o título “Wine of the year” outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores. Esta prestixiosa asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas TERRAS GAUDA na lista dos 100 mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número 12 na táboa.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita do 2005, entre outras distincións, 4 Medallas de Ouro no Challenge International du Vin 2006 (Bordeos), III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, 6º Concurso Internacional de Viños "La Mujer Elige" (Arxentina) e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Pola súa banda, o Pittacum Barrica 2004, da adega do Bierzo de Terras Gauda, suma este premio ao recoñecemento obtido recentemente nas Seleccións Mundiais de Canadá.
Medio: Guía Plaza (Latinoamérica)
Sección: Notas de Prensa
Data: 29/03/07
A adega española TERRAS GAUDA logra dous premios internacionais
Abadía de San Campio 2006 obtivo a Medalla de Ouro no Wine Masters Challenge de Estoril (Portugal), concurso no que outro viño de Bodegas TERRAS GAUDA, o Pittacum Barrica 2004 (D.O. El Bierzo), conseguiu a Medalla de Prata.
Os viños de Bodegas TERRAS GAUDA competiron neste certame con prestixiosos mostos de países de todo o mundo, como Italia, Austria, Suíza, Portugal, Canadá ou o Líbano.
Bodegas TERRAS GAUDA continúa sumando premios internacionais cos seus viños. Abadía de San Campio 2006 posúe o título “Wine of the year” outorgado recentemente pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores. Esta prestixiosa asociación incluíu o monovarietal de Albariño de Bodegas TERRAS GAUDA na lista dos 100 mellores viños do mundo, chegando a acadar o posto número 12 na táboa.
Abadía de San Campio obtivo coa súa colleita do 2005, entre outras distincións, 4 Medallas de Ouro no Challenge International du Vin 2006 (Bordeos), III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, 6º Concurso Internacional de Viños "La Mujer Elige" (Arxentina) e Concurso Internacional Panamá Viños 2006.
Pola súa banda, o Pittacum Barrica 2004, da adega do Bierzo de Terras Gauda, suma este premio ao recoñecemento obtido recentemente nas Seleccións Mundiais de Canadá.
Febreiro 2007
Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 14/02/07
Abadía de San Campio de Terras Gauda entre os 12 mellores viños do mundo
Abadía de San Campio 2005 foi distinguido pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores co prestixioso premio «Wine of the year 2007». O monovarietal de Albariño de Bodegas Terras Gauda figura no posto número 12 do ránking dos 100 mellores viños do mundo elaborado por esta recoñecida asociación internacional. Nesta lista aparecen os mellores viños de países como Francia, Italia, Arxentina, Australia, Brasil ou Estados Unidos.
Coa concesión do galardón, a Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores premia o esforzo realizado por estas adegas galegas no ámbito mundial.
A entidade concede os premios tendo en conta as distincións obtidas polos viños nos concursos internacionais nos que participan. A colleita do 2005 de Abadía de San Campio, único viño de Terras Gauda que se presenta a concursos, recibiu 4 Medallas de Ouro no Challenge International du Vin 2006 (Bordeos), III Concurso Internacional de Vinhos do Brasil, 6º Concurso Internacional de Vinos «La Mujer Elige» (Arxentina) e Concurso Internacional Panamá Vinos 2006.
Este monovarietal tamén acadou diferentes premios no International Wine Competition Muvina 2006 (Eslovaquia), International Wine Challenge 2006 (Londres), Les Citadelles du Vin 2006 (Bordeos), Decanter World Wine Awards 2006 (Londres), Salón Internacional del Vino 2006 (Madrid) e no Ensenada 2006 (Baixa California – México).
Medio: La Opinión
Sección: Sociedad (Sociedade)
Data: 14/02/07
Un viño de Terras Gauda, entre os doce mellores do mundo
O viño Abadía de San Campio 2005, de Terras Gauda, foi distinguido pola Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores co premio Wine of the year 2007 e figura no posto número 12 do ránking dos 100 mellores viños do mundo elaborado por este colectivo internacional.
Nesta lista aparecen os mellores viños de países como Francia, Italia, Arxentina, Australia, Brasil ou Estados Unidos, de xeito que, coa concesión do galardón, a Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores premia o traballo realizado por Bodegas Terras Gauda a escala mundial.
Á hora de conceder estes premios, a entidade ten en conta as distincións obtidas polos viños nos concursos internacionais nos que participan.
Medio: La Voz de Galicia
Sección: Vida Social
Data: 14/02/07
LA MIRILLA
O número doce entre os cen mellores
Xa poden estar contentos en Terras Gauda. Un dos viños máis emblemáticos da adega rosaleira, o Abadía de San Campio do 2005, acaba de recibir o premio Wine of the year, que concede a Asociación Mundial de Xornalistas e Escritores de Viños e Licores.
A asociación en cuestión realiza cada ano un ránking cos cen mellores viños de todo o mundo. E o devandito monovarietal de albariño subiu desta volta até o posto número 12. Xa pode estar contento José María Fonseca e o seu equipo, xa que na lista aparecen os mellores viños franceses, italianos, arxentinos, australianos... A colleita do 2055 de Abadía de San Campio, o único viño da adega que se presenta a concursos, obtivo catro medallas de ouro (Bordeos, Brasil, Arxentina e Panamá), amais doutros galardóns en Eslovaquia, Londres, Madrid e México. Fica claro o ben que se traballa nas Rías Baixas. Chin-chin.
Xaneiro 2007
Medio: Habitania
Sección: Gourmet
Data: Xaneiro 2007
O agasallo perfecto , un viño exquisito
Para Reis, non perdas o pack de viños D.O. Albariño dunha das mellores adegas de viños brancos: Terras Gauda (35 €).
Ilustra a súa caixa un cartel de Andrés Meijide, premiado no Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.
Medio: Vogue
Seccion: En Vogue
Data: Xaneiro 2007
Viños festivos
Bodegas Terras Gauda presenta un divertido pack con tres botellas do seu branco Albariño.