Bodegas Terrasgauda, S. A.

Novas

Decembro 2006

Medio: Semana
Sección: Novidades
Data: 22/12/06

Albariño do Rosal

Bodegas Terras Gauda presenta unha caixa con tres botellas de viño Albariño ao prezo de 35 €.

 

Medio: Fuera de serie
Sección: Padal
Data: 22/12/06

O Rosal

Albariño de Deseño

Para este Nadal, O Rosal ideou unha orixinal caixa de agasallo, que inclúe tres botellas de viño albariño da adega Terras Gauda. A súa acusada personalidade é o resultado de combinar os viños da cepa Albariño cos de Loureira e Caíño branco. Un clásico para acompañar os tradicionais mariscos e peixes brancos.

Prezo, 35 euros.

 

Medio: Diario del Alto Aragón
Sección: Cultura
Data: 22/12/06

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario

Takahiro Shima, premio Francisco Mantecón de creación publicitaria

Isidro Ferrer exerceu de padriño, relevando a Javier Mariscal

O profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudio de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, Takahiro Shima, é o gañador da quinta edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda. Takahiro Shima desprazouse desde Osaka até Vigo para recoller o seu galardón no acto de entrega dos premios.

Takahiro Shima é tamén director da DAS Designers Association e na súa longa traxectoria profesional obtivo premios na «Exhibition of the Art Directors Club of New York», «NY Graphic Poster», no «Japan Sign Design Association», no «Kyoto Advertising Association Award» e no «Asahi Trade Advertising Award».

ALTA CALIDADE E DIVERSIDADE GRÁFICA

 

Medio: deperu.info  [ + ]
Sección: Noticias
Data: 22/12/06

TAKAHIRO SHIMA, PROFESOR DE ARTE E DESEÑO DA UNIVERSIDADE DE OSAKA, GAÑADOR DO 5º FRANCISCO MANTECÓN

O xurado do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas TERRAS GAUDA, outorgou o primeiro premio ao xaponés Takahiro Shima, seleccionado entre 1.400 obras procedentes de 62 países de todo o mundo.

O profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudio de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, Takahiro Shima, é o gañador do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas TERRAS GAUDA. Takahiro Shima desprazouse desde Osaka até España para recoller o seu galardón no acto de entrega dos premios.

Takahiro Shima é tamén director da DAS Designers Association e na súa longa traxectoria profesional obtivo premios na «Exhibition of the Art Directors Club of New York», «NY Graphic Poster», no «Japan Sign Design Association», no «Kyoto Advertising Association Award» e no «Asahi Trade Advertising Award».

O destacado deseñador e ilustrador Isidro Ferrer exerce de padriño este ano tomando o relevo de Javier Mariscal, Alberto Corazón e Óscar Mariné, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.

O xurado valorou a alta calidade e a diversidade gráfica dos 1.400 carteis recibidos este ano, procedentes de 62 países de todo o mundo. O xurado reuniuse o 27 de outubro e seleccionou 35 obras finalistas enviadas desde Xapón, Singapur, Colombia, Costa Rica, República Checa, Lituania, Italia, Francia, Serbia, Holanda e desde diferentes lugares de España.

O primeiro premio está dotado con 6.000 euros e será a imaxe de Bodegas TERRAS GAUDA o vindeiro ano. Tamén se concederon dous accésits e unha Mención Especial.

Bodegas TERRAS GAUDA, única empresa do sector vitivinícola que convoca un concurso destas características, acordou instituír o certame co obxectivo de recuperar a importancia do cartelismo publicitario e servir de plataforma creativa para os deseñadores gráficos.

 

Medio: La Jornada (Nicaragua)
Sección: Eventos
Data: 20/12/06

Profesor de arte e deseño da universidade gañador do 5º Francisco Mantecón

O xurado do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas TERRAS GAUDA, outorgou o primeiro premio ao xaponés Takahiro Shima, seleccionado entre 1.400 obras procedentes de 62 países de todo o mundo.

O profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudio de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, Takahiro Shima, é o gañador do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas TERRAS GAUDA. Takahiro Shima desprazouse desde Osaka até España para recoller o seu galardón no acto de entrega dos premios.

Takahiro Shima é tamén director da DAS Designers Association e na súa longa traxectoria profesional obtivo premios na «Exhibition of the Art Directors Club of New York», «NY Graphic Poster», no «Japan Sign Design Association», no «Kyoto Advertising Association Award» e no «Asahi Trade Advertising Award».

O destacado deseñador e ilustrador Isidro Ferrer exerce de padriño este ano tomando o relevo de Javier Mariscal, Alberto Corazón e Óscar Mariné, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.

O xurado valorou a alta calidade e a diversidade gráfica dos 1.400 carteis recibidos este ano, procedentes de 62 países de todo o mundo. O xurado reuniuse o 27 de outubro e seleccionou 35 obras finalistas enviadas desde Xapón, Singapur, Colombia, Costa Rica, República Checa, Lituania, Italia, Francia, Serbia, Holanda e desde diferentes lugares de España.

O primeiro premio está dotado con 6.000 euros e será a imaxe de Bodegas TERRAS GAUDA o vindeiro ano. Tamén se concederon dous accésits e unha Mención Especial.

Bodegas TERRAS GAUDA, única empresa do sector vitivinícola que convoca un concurso destas características, acordou instituír o certame co obxectivo de recuperar a importancia do cartelismo publicitario e servir de plataforma creativa para os deseñadores gráficos.

 

Medio: Es Diari (Diario de Menorca)
Sección: Noticias
Data: 19/12/06

Takahiro Shima, e deseño da universidade gañador do 5º Francisco Mantecón

O xurado do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas TERRAS GAUDA, outorgou o primeiro premio ao xaponés Takahiro Shima, seleccionado entre 1.400 obras procedentes de 62 países de todo o mundo.

O profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudio de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, Takahiro Shima, é o gañador do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas TERRAS GAUDA. Takahiro Shima desprazouse desde Osaka até España para recoller o seu galardón no acto de entrega dos premios.

Takahiro Shima é tamén director da DAS Designers Association e na súa longa traxectoria profesional obtivo premios na «Exhibition of the Art Directors Club of New York», «NY Graphic Poster», no «Japan Sign Design Association», no «Kyoto Advertising Association Award» e no «Asahi Trade Advertising Award».

O destacado deseñador e ilustrador Isidro Ferrer exerce de padriño este ano tomando o relevo de Javier Mariscal, Alberto Corazón e Óscar Mariné, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.

O xurado valorou a alta calidade e a diversidade gráfica dos 1.400 carteis recibidos este ano, procedentes de 62 países de todo o mundo. O xurado reuniuse o 27 de outubro e seleccionou 35 obras finalistas enviadas desde Xapón, Singapur, Colombia, Costa Rica, República Checa, Lituania, Italia, Francia, Serbia, Holanda e desde diferentes lugares de España.

O primeiro premio está dotado con 6.000 euros e será a imaxe de Bodegas TERRAS GAUDA o vindeiro ano. Tamén se concederon dous accésits e unha Mención Especial.

Bodegas TERRAS GAUDA, única empresa do sector vitivinícola que convoca un concurso destas características, acordou instituír o certame co obxectivo de recuperar a importancia do cartelismo publicitario e servir de plataforma creativa para os deseñadores gráficos.

 

Medio: ABC [ + ]
Sección: Galicia
Data: 16/12/06

Takahiro Shima gaña a quinta edición do concurso de cartelismo «Francisco Mantecón»

O xurado elixiu, entre 1,400 obras de 62 países, o traballo deste xaponés profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka para a concesión do primeiro premio.

O profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudo de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, Takahiro Shima, é o gañador do 5º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario «Francisco Mantecón», convocado por Bodegas Terras Gauda. Takahiro Shima desprazouse dende Osaka ata Vigo para recoller o seu galardón, no acto de entrega dos premios, na Fundación Caixa Galicia.

Takahiro Shima é tamén director da DAS Designer Association e na súa longa traxectoria acadou premios en distintas edicións da «Exhibition of the Art Directors Club of New York», «NY Graphic Poster», no «Japan Sign Design Association», no «Kyoto Advertising Association Award» e no «Asahi Trade Advertising Adward».

O xurado do concurso Francisco Mantecón, do que forma parte o Premio Nacional de Deseño 2002 e Premio Nacional da Ilustración 2006 Isidro Ferrer, destacou a alta calidade e a diversidade gráfica das obras que participaron no concurso, 600 máis que na edición anterior.

Esta ano recibíronse un total de 1.400 carteis procedentes de 62 países de todo o mundo. O xurado reuniuse o 27 de outubro e seleccionou 35 obras finalistas enviadas dende Xapón, Singapur, Colombia, Costa Rica, República Checa, Lituania, Italia, Francia, Serbia, Holanda e dende diferentes lugares de España (Madrid, Barcelona, Valencia, Segovia, Guadalajara, Alicante, Asturias e Galicia).

Accésits e mención

Ademais do primeiro premio, cunha contía económica que ascende a 6.000 euros, o xurado tamén concedeu o primeiro accésit a Carlos Romero e Santiago Miniño; o segundo accésit correspondeu a un cartel de Lituania, firmado por Aiste Bileviciute; e a mención especial non incluida nas bases foi para Vladimir Petrovic.

A información sobre a 5ª edición do concurso foi publicada na prensa xeral, especializada e páxinas web de 35 países dos cinco continentes: Japón, China, Taiwán, Singapur, Australia, India, Sudáfrica, Rusia, Georgia, Estados Unidos, México, Argentina, Costa Rica, República Dominicana e numerosos países de Europa.

 

Medio: El Correo Gallego
Sección: Cultura
Data: 16/12/06

Takahiro Shima gaña a quinta edición do Francisco Mantecón

CREACIÓN - O deseñador xaponés impúxose no concurso de cartelismo publicitario que convoca Terras Gauda, ditaminado onte en Vigo. Foron recibidos 1.400 orixinais.

O profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudo de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, Takahiro Shima, é o gañador do 5º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario «Francisco Mantecón», convocado por Bodegas Terras Gauda. Takahiro Shima desprazouse dende Osaka ata Vigo para recoller o seu galardón, no acto de entrega dos premios, na Fundación Caixa Galicia.

Takahiro Shima é tamén director da DAS Designers Association e na súa longa traxectoria profesional obtivo premios en distintas edicións de prestixiosos certames internacionais.

O xurado do Concurso Francisco Mantecón, do que forma parte o Premio Nacional de Deseño 2002 e Premio Nacional da Ilustración 2006 Isidro Ferrer, destacou a alta calidade e a diversidade gráfica das obras que participaron no concurso, 600 máis que na edición pasada.

Esta ano recibíronse un total de 1.400 carteis procedentes de 62 países de todo o mundo. O xurado reuniuse o 27 de outubro e seleccionou 35 obras finalistas enviadas dende Xapón, Singapur, Colombia, Costa Rica, República Checa, Lituania, Italia, Francia, Serbia, Holanda e dende diferentes lugares de España (Madrid, Barcelona, Valencia, Segovia, Guadalajara, Alicante, Asturias e Galicia).

Ademais do primeiro premio, cuxa contía económica ascende a 6.000 euros, o xurado do certame concedeu o primeiro accésit a Carlos Romero e Santiago Miniño; o segundo accésit correspondeu a un cartel procedente de Lituania, asinado por Aiste Bileviciute; e houbo unha mención especial, non incluída nas bases, a Vladimir Petrovic.

 

Medio: Faro de Vigo
Sección: Sociedade e Cultura
Data: 16/12/06

O deseñador Takahiro Shima gaña o V Premio Francisco Mantecón

Case que 1.400 obras de todo o mundo presentáronse ao certame de cartelismo da adega Terras Gauda.

O artista xaponés recolleu onte o premio en Vigo, nun acto presentado por Fernando Ónega.

O deseñador xaponés Takahiro Shima, profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka, recolleu onte na Fundación Caixa Galicia de Vigo o primeiro premio do 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Bodegas Terras Gauda. O seu cartel foi elixido entre os preto de 1.400 presentados por artistas procedentes de 62 países de todo o mundo como Singapur, Colombia, Costa Rica, Italia, Serbia e distintos puntos de España.

Ao acto, presentado polo xornalista Fernando Ónega, acudiron tamén os finalistas do certame e o Premio Nacional de Deseño 2002 e Premio Nacional de Ilustración 2006, Isidro Ferrer, membro do xurado.

Shima, profesor da Facultade de Arte e Deseño da Universidade de Osaka e titular dun estudio de deseño de recoñecido prestixio en Xapón, amosouse moi contento polo premio e por coñecer Galiza. O seu cartel, no que non aparecen nin a copa nin a botella, busca, segundo palabras do autor, «transmitir unha sensación de ledicia e benestar». Para a súa realización, aínda que non probara o viño nin coñecía Galiza, inspirouse no concepto que tiña desta terra, «alén dos tópicos, como un lugar acolledor, fino e colorido».

O gañador asegura que o concepto de deseño gráfico xaponés está moi ligado ao americano. «En termos de tecnoloxía está moi avanzado, mais culturalmente, sen dúbida, o deseño europeo está moi por riba do noso», confesa.

Ademais do primeiro premio, cuxa contía económica ascende a 6.000 euros, o xurado do certame concedeu o primeiro accésit a Carlos Romero e Santiago Miniño; o segundo correspondeu a un cartel procedente de Lituania, asinado por Aiste Bileviciute; e unha Mención Especial non incluída nas bases a Vladimir Petrovic.

 

Medio: La Voz de Galicia
Sección: La Mirilla
Data: 16/12/06

O sol nacente asoma en Vigo

O profesor xaponés Takahiro Shima visitou onte a cidade para recoller o seu premio polo deseño dun cartel publicitario para as adegas Terras Gauda

Xapón bebe viños galegos.

A expansión dos viños galegos supera fronteiras e fusos horarios. O exemplo máis claro foi onte a entrega de premios do quinto Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que organiza Terras Gauda, e que premiou o profesor xaponés Takahiro Shima. Un artista que con vernos a través de Internet e un chisco de imaxinación inspirouse en Vigo para facer o seu cartel. «O viño gustoume moito polo seu sabor afroitado e moi lene, levarei algunhas botellas para brindar cos meus amigos», comentou Takahiro Shima. Canda el, participaron nesta mostra deseñadores procedentes de 62 países de todo o mundo. Entre todos chegaron a presentar 1.400 carteis, entre os que o profesor xaponés atopou algúns que lle gustaron moito, e que fotografou co seu móbil, para gardar como recordo. De todos eles escolléronse preto de 30 finalistas.

 

Medio: El País Semanal
Sección: Cociña
Data: 10/12/06

Viños en grupo

Terras Gauda para ilustrar esta caixa usou un premiado cartel do artista gráfico Andrés Meixide.

Terras Gauda: 35 euros

 

Medio: El Semanal
Sección: Gastronomía / Bazar
Data: 3/12/06

Albariño, de Bodegas Terras Gauda

 

Outubro 2006

Medio: Levante
Sección: El Mercantil Valenciano
Data: 15/10/06

O albariño e os seus clons
A adega galega Terras Gauda aposta a fondo pola investigación

Para acadar máis singularidade e calidade nos seus viños, á vez que maior regularidade nas colleitas, a adega Terras Gauda desenvolveu durante os últimos tres anos un importante traballo de selección clonal das cepas de albariño. Os viñedos da empresa e as súas instalacións están situados na zona do Rosal, en Pontevedra, na marxe dereita da desembocadura do Miño, e están acollidos á D. O. Rías Baixas.

O equipo de investigación da adega, en colaboración co CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), detectou un total de 115 clons do varietal albariño, de entre os que seleccionou 24, cos que se elaboraron microvinificacións en pequenos depósitos de 25 litros con control de temperatura. Segundo Emilio Rodríguez, director técnico da firma Bodegas Terras Gauda, "utilizará unha combinación de entre 4 e 6 clons dependendo da contorna en cada viñedo".

En diante, a adega fará os futuros enxertos de albariño en función do ambiente de cada parcela, do tipo de chan e da orientación dos viñedos, elixindo o clon de albariño que mellor se adapte a cada situación.

Unha empresa en expansión

Continuando a liña de investigación do estudo de I+D+I de selección clonal, os técnicos da adega están inmersos na actualidade nun proxecto de selección e illamento de lévedos ecotípicos, para estudar a resposta fermentativa e organoléptica de cada lévedo seleccionado.

No último ano Bodegas Terras Gauda, presidida por José María Fonseca, conseguiu un crecemento do 26% das súas vendas en mercados exteriores, cun importante aumento en países como Arxentina, Estados Unidos e Noruega, ademais de se consolidar en lugares como Gran Bretaña, Suíza, México ou Alemaña. En breve, a adega ten previsto estender a súa rede de comercialización no sueste asiático, onde comeza a ter presenza nas prazas de Taiwán, Singapur e Xapón. Coa campaña de 2006, espera comercializar un total de 1,4 millóns de botellas.

Na súa campaña de situación no mercado nacional, a empresa investiu nos últimos tempos noutras denominacións de orixe, como é o caso da fundación de Bodegas Pittacum na D. O. Bierzo, e nun futuro próximo ten prevista a adquisición dunha adega na Rioxa…

(Reportaxe dunha páxina ilustrada con varias fotografías)

 

Medio: El Adelanto de Salamanca
Sección: El Reportaje / Viajes
Data: 14/10/06

O néctar das Rías Baixas
Só a súa privilexiada situación, moi preto da desembocadura do río Miño, onde se goza do microclima das Rías Baixas, permite unha uva excelente coa que a adega Terras Gauda elabora o mellor Albariño

A tiro de pedra do lugar onde o río Miño acha o seu merecido descanso, fundindo as súas augas coas do inmenso Atlántico, o froito da vide atopa unhas inmellorábeis condicións de maduración, que xunto á experiencia tradicional dos mellores adegueiros e a innovación tecnolóxica producen un dos mellores albariños de Galiza, un auténtico néctar para os padais máis esixentes.

Agochada no val do Rosal, a escasos quilómetros da Guarda, xorden no medio da fraga 160 hectáreas de viñedo da adega Terras Gauda, na que elaborar un viño converteuse nunha auténtica arte. Un paseo polos seus coidados viñedos, aliñados en enreixados que permiten á uva fuxir da humidade do terreo e gozar dun microclima especial no que se rexistra unha temperatura media de 15 graos, dan boa conta do agarimo co que Terras Gauda coida a súa materia prima, con esixentes controis de calidade.

É época de vendima e decenas de persoas recollen as variedades de Albariño, Loureiro e Caíño, unha uva autóctona da zona a piques de desaparecer e que esta sociedade deu recuperado cultivándoa en lugares de difícil acceso e chans pedregosos onde esta variedade atopa o seu acomodo.

Os rigorosos controis da Denominación de Orixe Rías Baixas, á que pertencen estes viños, déixanse notar na chegada da uva á propia adega, onde se iniciará un lento, coidado e primoroso proceso para converter o mosto nun viño de primeirísima calidade. Abadía de San Campio (cun 100% de uva Albariño), Terras Gauda (mestura de Albariño ao 70% cun 20% de Loureiro e un 10% de Caíño) e Terras Gauda Etiqueta Negra fermentado en barrica son os tres magníficos produtos elaborados nesta adega galega.

Proceso

A uva, unha vez na adega, é introducida primeiro da debulladora, para a separar da folla e do talo, e máis tarde na machucadora, que funciona en forma de prensa para elaborar unha pasta da que se extraerá o mosto, nos maceradores…

(Reportaxe a dobre páxina con varias fotografías)

 

Medio: Tribuna de Salamanca
Sección: Enfoque
Data: 8/10/06

Terras Gauda. Sinxeleza e calidade por bandeira
Unha visita a Terras Gauda permite coñecer en profundidade o ben que se trata o viño e como evoluciona para se converter no mellor; e este proceso repítese ano tras ano. Ademais, o trato coas persoas cóidase igual ou mellor. Sen dúbida, todo un privilexio

Nun lugar de España, o cal lembro perfectamente, créase un viño de calidade excelente, denominado Terras Gauda. Polo seu nome, a localización deste lugar non é difícil: Galiza, As Eiras – O Rosal, Pontevedra.

Bodegas Terras Gauda ten como obxectivo fundamental consolidar a súa presenza nos mercados internacionais e abrir novas vías de investigación para obter maior singularidade e calidade nos seus viños.

Dentro dos avances técnicos, apóstase por un estudo de selección clonal de uva Albariño do que xa se obtiveron conclusións, así como de illamento e selección de lévedos ecotípicos, para conseguir nun futuro "lévedos á carta".

Mercado exterior

O importante avance en materia de investigación coincide coa súa recente entrada en tres países do sueste asiático, como Taiwán, Singapur e Xapón; ademais, Terras Gauda pretende estender o seu servizo a China. Doutra banda, continúa a súa venda en países como Gran Bretaña, Suíza, México, Bélxica e Brasil, entre outros. Ademais, comercializará case que un millón e medio de botellas coa colleita do ano 2006.

Canto ao territorio nacional, Bodegas Terras Gauda está presente no 90% das provincias españolas e acadou un crecemento do 35% nos últimos tres anos. Tamén se comercializa en Salamanca, onde a partir de agora o seu crecemento será maior. Doutra banda, os viños que comercializa esta adega son os seguintes: Terras Gauda, Abadía de San Campio e Terras Gauda etiqueta negra.

Tipos de viños

Terras Gauda é o principal viño da adega; está formado polas tres clases anteriormente citadas e a súa cor amarela verdosa con rechamantes verdes aceirados dálle un interesante percorrido aromático. Na boca combina carácter e orixinalidade con marcada estrutura froiteira.

(Reportaxe a dobre páxina ilustrada con diferentes imaxes)

 

Medio: Galicia Hoxe
Sección: Galicia
Data: 8/10/06

"Gústame o viño con maiúsculas, calquera que teña singularidade"
José María Fonseca Moretón, presidente das Bodegas Terras Gauda e Pittacum

Os viños de Terras Gauda chegan incluso ata Xapón. ¿Foi un duro traballo lograr esta expansión?
Pois si, foi duro pero non é falar por falar. Agora o momento non é o máis favorable para o mundo do viño, pero neste tempo conseguimos os dous factores que sempre subliño: a calidade do viño e a súa singularidade. Con eses vimbios creo que se pode chegar a todas partes, e esa é a guerra na que estamos. Chegar á situación de prestixio que hoxe temos non foi un camiño fácil.

¿Como chegou ó mundo do viño un inspector de Traballo como é vostede?
Cando rematei a carreira fixen oposicións para técnico do Ministerio de Traballo e cando vin destinado á provincia de Pontevedra, fun o resposable da parte de formación ocupacional. Dentro destes cursos impartíronse moitísimos sobres viticultura e enoloxía, da man dunha persona que tivo moito que ver na revolución das Rías Baixas, que se chamaba Xesús Requena. Isto, cinguido ó coñecemento grazas ó meu pai, que era de Tui e que me fixo comprender que na zona do Rosal estaban os mellores viños, tiven a idea de que había que facer algo en Galicia co tema do viño. Funme metendo cada vez máis neste mundo, conectei cunha serie de viticultores inquedos que estaban na mesma órbita que a miña e comezamos con esta andaina, ata hoxe.

Supoño que é complicado, pero ¿que destacaría como o seu maior logro nestes anos?
No referente ó mundo do viño creo que fixemos moitas cousas que non ían totalmente coa corrente que imperaba naquel momento, pero fomos conseguindo o que quixemos naquel momento, apostar pola singularidade dunha terra, traballar sen parar na busca de potenciar o mellor que tiña de seu ese viño… creo que foi o maior logro que tivemos, sen equivocarnos…

(Máis información)

 

Medio: Diario de León
Sección: Revista
Data: 1/10/06

Paixón polo viño na terra da ledicia
Terras Gauda amplía a súa presenza nos grandes mercados internacionais ao mesmo ritmo que avanza na investigación sobre as variedades de uva autóctonas do Rosal a favor da singularidade e calidade dos seus brancos

Milleiros de anos despois de que os poboadores vidos do norte descubrisen as excelencias da terra da ledicia e decidisen, con evidente bo criterio, os herdeiros dese espazo vital bendicido por todos os homes seguen a buscar os segredos que se esconden entre o chan e o ceo, xusto alí onde o Miño, enigmático e inquietante, desborda xenerosidade e convida ao acougo. O Rosal, entre Tomiño e A Guarda, só instantes antes de que o río que arrola a auga que brota nas terras altas de León entregue o seu caudal ao océano Atlántico –"o Miño leva a fama e o Sil a auga", xa se sabe–, é un fértil val asentado sobre terrazas fluviais e pechado por ondulacións montañosas desde as que España e Portugal se miran cara a cara, con suaves temperaturas e abundantes precipitacións.

Nese escenario redescuberto onde se cultivan kiwis e mirabelese aloumiña un excelente viñedo de variedades autóctonas que ten o albariño por estrela. É, ademais, unha das tres subzonas, xunto ao Val do Salnés e o Condado de Tea, da denominación de orixe Rías Baixas, xurdida da revolución que o sector experimentou en 1980. Desa evolución xurdiron tamén Viñedos do Rosal SA e Adegas das Eiras SA, fundidas anos despois en Terras Gauda, a adega que en 1990 toma representación física precisamente nas Eiras, por impulso, como moitas outras iniciativas en torno ao albariño, de quen entón e agora presidía e preside a sociedade, José María Fonseca. Un ano despois, no 91, saen ao mercado as 37.000 primeiras botellas de Abadía de San Campio, un monovarietal que leva na súa etiqueta a referencia patrimonial máis importante da contorna.

Para entón xa estaban claros os principios da compañía: "O albariño, sendo como é unha variedade nobilísima, podería dar maior dimensión unida a outras cepas, sempre autóctonas, que lle aportasen novos matices e que lle desen aos viños do Rosal unha categoría maior da que xa tiñan de seu". Da aplicación estrita dese dogma nace o viño que toma o nome da adega, e dos matices visuais, olfactivos e gustativos deste, a reafirmación nesa filosofía e a aposta inequívoca por outras variedades autóctonas e singularísimas: treixadura, loureira, felizmente recuperada, e caíño branco, especialmente.

(Reportaxe a dobre páxina ilustrada con varias fotografías)

 

Setembro 2006

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 26/09/06

Terras Gauda opta pola investigación para unha maior calidade nos seus produtos
A firma comercializará 1,4 millóns de botellas de viño esta tempada

A marca galega Bodegas Terras Gauda non só se afianza como unha das empresas vinícolas con maior expansión internacional, senón que suscita novas liñas de investigación co obxectivo de incrementar tanto a singularidade como a calidade dos seus produtos. Ademais, a firma agarda conseguir unhas colleitas máis regulares que non se atopen totalmente suxeitas ás inclemencias meteorolóxicas.

As novas liñas de investigación abertas pola firma co obxectivo de conseguir maior calidade e singularidade nos seus viños súmanse ás xa existentes en canto á selección clonal de uva Albariño polas que se confirmou a existencia de tres clons que ao longo de tres anos foron os máis resistentes ao Mildiu –a enfermidade da uva que máis afecta na zona do Rosal–.

Mercado internacional

O importante avance en materia de investigación coincide coa recente entrada de Terras Gauda en tres países do sueste asiático: Taiwán, Singapur e Xapón; e prevé estender en breve a súa rede de comercialización a China. Grazas á expansión da marca, as adegas galegas acadaron un crecemento do 26 por cento das súas vendas exteriores, cun importante avance en Arxentina, Estados Unidos –onde as vendas medraron un 300 por cento– e en Noruega, cun aumento do 250 por cento.

Ademais, nos últimos meses, Terras Gauda continuou consolidándose nos mercados de Gran Bretaña, Suíza, México, Bélxica, Alemaña, Brasil e Canadá, polo que comercializará coa colleita do 2006 un total de 1,4 millóns de botellas de viño.

Canto ao territorio nacional, Bodegas Terras Gauda está presente no 90 por cen das provincias españolas e logrou un crecemento do 35 por cen nos últimos tres anos. Neste mercado, a adega do Rosal prevé continuar a súa situación reforzando a súa presenza noutras denominacións de orixe. No apartado de novos proxectos figura a apertura de novas vías de investigación cun estudo de maceración. Desde a fundación da adega maceráronse as tres variedades de Terras Gauda (Albariño, Loureiro e Caíño Branco) durante un tempo determinado e a unhas temperaturas consideradas idóneas.

 

Medio: Atlántico Diario
Sección: Economía
Data: 26/09/06

Terras Gauda eleva un 26% as súas vendas exteriores e dá o salto ao sueste asiático
A adega do Rosal prevé pechar o ano cunha facturación de 7,5 millóns e 1,4 millóns de botellas

Hai case que dúas semanas que deu comezo a vendima nas 160 hectáreas que Terras Gauda posúe na zona do Rosal. Malia que este ano a vendima estivo pasada por auga, os técnicos da adega aseguran que se prevé unha moi boa calidade e que se elevará a produción preto dun 10%, co que se chegará a 1,5 millóns de quilos de uva e 1,4 millóns de botellas. A adega prevé pechar o ano cunha facturación de 7,5 millóns, fronte aos 7,2 do ano anterior.

Desta cantidade, o 20% ten como destino o mercado exterior, sobre todo Reino Unido ou Noruega. En total, as exportacións creceron un 26% o ano pasado, e a adega acaba de facer a súa entrada en tres países do sueste asiático (Taiwán, Singapur e Xapón) e prevé estender a súa rede de comercialización até China. "Queremos situarnos no mercado asiático na hostalaría e en restaurantes", destacou onte Enrique Costas, director xerente de Bodegas Terras Gauda. De momento, a súa presenza nestes países é reducida –"no mercado xaponés hai unha invasión de viños de todo o mundo", lamenta o responsábel da adega–, mais o obxectivo é consolidar a súa presenza alí.

Terras Gauda concluíu este ano o estudo de selección clonal de uva albariño. Dos 115 clons observados desde hai 3 anos seleccionáronse catro, que son os máis resistentes por exemplo ao Mildiu ou os máis aromáticos. Estes clons xa se empezaron a enxertar nos viñedos e os resultados veranse nun prazo de 2 ou 3 anos…

(Reportaxe ilustrada con dúas imaxes)

 

Medio: Diario de Pontevedra
Sección: Sociedade
Data: 26/09/06

Bodegas Terras Gauda na procura de avances

Bodegas Terras Gauda continúa coa súa firme aposta pola investigación para acadar maior singularidade e calidade nos seus viños, así como colleitas máis regulares e non tan suxeitas ás inclemencias meteorolóxicas. A adega do Rosal sumará un novo estudo ao de selección clonal de uva Albariño, do que xa obtivo as conclusións, e ao de illamento e selección de lévedos ecotípicos para conseguir, nun futuro, "lévedos á carta"

Este importante avance en materia de investigación coincide coa súa recente entrada en tres países do sueste asiático (Taiwán, Singapur e Xapón). Bodegas Terras Gauda prevé estender en breve a súa rede de comercialización no sueste asiático a China.

No último ano, esta adega logrou un crecemento do 26% nas súas vendas en mercados exteriores, cun importante avance en Arxentina, Estados Unidos e Noruega.

 

Medio: Expansión
Sección: Galicia
Data: 26/09/06

Terras Gauda incide na I+D para manter a singularidade

Bodegas Terras Gauda concluíu, logo de tres anos, a primeira fase do seu proxecto de selección clonal de uva Albariño. En colaboración con investigadores do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), a adega do Rosal (Pontevedra) localizou tres clons de máis resistencia a mildiu (a enfermidade máis común na zona) e un deles distinguiuse, ademais, polas súas boas características organolépticas. Este proceso de selección permitirá que a adega utilice en futuros enxertos de albariño unha combinación de clons que facilitará unha produción máis estábel, máis resistente e homoxénea.

O presidente de Terras Gauda, José María Fonseca, subliñou a necesidade de continuar avanzando na "singularidade, porque hoxe a calidade xa non abonda". Así, o próximo proxecto de investigación baséase na selección de lévedos ecotípicos que permita elixir o que mellor se adapte aos viños da súa produción.

TTerras Gauda, que pechou en 2005 con 7,2 millóns de euros de facturación (un 9% máis), está comercializando as súas primeiras botellas no sueste asiático, onde o seu obxectivo é "situarse". A adega incidirá no mercado exterior, ao que destina o 20% da súa produción, perante a baixada do consumo no mercado nacional que, na primeira metade do ano, se situou no sete por cento.

 

Medio: Faro de Vigo
Sección: Baixo Miño
Data: 26/09/06

Xestación dun viño singular
A investigación é froito dun estudo de I+D adaptado á enoloxía que é pioneiro en Galicia

Tempo de vendima e de mirar ao futuro. Así se comprende que, coincidindo con estas tarefas anuais, a adega Terras Gauda dese a coñecer onte que é a primeira en realizar un estudo pioneiro para illar e separar lévedos de uva albariño co fin de seleccionar os que mellor se adaptan ás características dos seus viños. Como dixo onte o presidente das adegas, José María Fonseca Moretón, o obxectivo é "ter lévedos á carta na procura da súa singularidade e calidade. O soño dun adegueiro é que o seu viño teña continuidade no tempo".

Son lévedos dos propios mostos dos seus viñedos que se atopan na pel da uva. Nesta investigación que se realiza mediante a misión biolóxica do CSIC "queremos seleccionar os lévedos que mellor se comportan para transformar o azucre en alcohol. Illamos catro que inocularemos en depósitos pequenos para ver a súa evolución mediante cata de aromas e analíticas. Logo liofilizarémolos para os conservar", precisou Emilio Rodríguez, director técnico da adega.

Na rolda de prensa posterior á visita guiada, Fonseca destacou o momento importante que se está a vivir, onde "é fundamental a investigación para mellorar os procesos e os resultados nos mercados exteriores, onde debemos entrar polo factor da singularidade", apuntou. Utilizou unha metáfora: "Temos vimbios bárbaros para facer un bo cesto", para explicar que en Galiza se conta con bos viños, pero é necesario alcanzar as metas propostas a base de "calidade, esforzo e traballo" nun mercado "inzado de viños".

O director Enrique Costas e o director técnico Emilio Rodríguez explicaron que estamos perante unha adega que conta con 90 hectáreas de viñedo propio, ademais doutras 70 de socios. "En total dispomos de 160 hectáreas de viñedo controladas, sesenta delas en plena produción, con previsión doutras 30 hectáreas no ano 2007".

Canto ás variedades, o 70% é uva albariño (7.000 kg./ha.), o 20% é loureiro (9.000 kg./ha.) e o 10% caíño branco (6.000 kg./ha.). A adega aposta polo caíño branco, con plantación de cepas en 15 das 30 novas hectáreas. "É unha variedade tardía e a base fundamental de Terras Gauda, que comezaremos a vendimar xoves ou venres"

(Reportaxe ilustrada con varias fotografías)

 

Medio: Galicia Hoxe
Sección: Galicia
Data: 26/09/06

Vendimia cinco estrellas
A campaña deste ano será mellor que a "insuperable" do 2005 polas boas condición climáticas – Unha bodega como Terras Gauda agarda producir 1.300.000 botellas de albariño

As Rías Baixas recollen nestes días o froito dun ano de esforzos en forma de uva e nos lindes desta prestixiosa ruta do viño chegamos ó Rosal, onde se atopa un dos referentes do albariño, Terras Gauda, que leva xa desde o 14 de setembro coa vendima, só interrumpida pola amenaza do Gordon.

Nas bodegas son máis que optimistas con esta campaña, "fantástica polo bo tempo que fixo", segundo suliña o director técnico Emilio Rodríguez. "Pensabamos que o 2005 ía ser insuperable pero este ano leva incluso mellor camiño", confesa sorprendido mentres amosa un acio de uvas esplendoroso. Iso, traducido en tanxible, fai un millón e medios de quilos de froita que darán lugar a 1.300.000 botellas.

Terras Gauda desenvolve a súa actividade na parroquia de Goián, no Rosal, en 90 hectáreas de terreo propio que contando coas dos seus socios fan un total de 160. Na campaña traballan 78 persoas a pé de campo, recollendo e transportando a uva, que é de tres variedades: albariño, o 70% da producción, loureiro, o 20%, e o caíño branco o 10%, que vai ser o novo estandarte da firma. Segundo explica o enólogo da casa Emilio Rodríguez, "esta variedade autóctona estábase abandonano, porque é de colleita moi tardía, pero imos recuperala para impulsala o ano que vén".

Dentro dos proxectos da bodega, destaca ademais o apartado de I+D+i, aínda que todos pensemos que a elaboración do viño é moito máis artesanal. Para avanzar, cómpre investigar e Terras Gauda sitúase na vangarda cun proxecto de selección clonal de uva albariño para atopar variedades resistentes ás afeccións máis comúns como a mildiu e a botrite e un estudo pioneiro para illar e separar levaduras de albariño co obxectivo de seleccionar as que mellor se adaptan ás características dos seus caldos…

(Máis información)

 

Medio: La Voz de Galicia
Sección: Vigo
Data: 26/09/06

Terras Gauda investiga con lévedos para non depender do clima
A adega liofilizará as cepas para singularizar e manter a excelencia dos seus viños

Enólogos da adega do Rosal, Terras Gauda, e do Consello Superior de Investigacións Científicas están a seleccionar lévedos de albariño co obxectivo de que o viño resultante teña a mesma calidade e non haxa variacións anuais en función da colleita. Para iso escolleron catro cepas de lévedo dos seus propios viñedos e estudarán cal delas se comporta mellor na fermentación, que se produce ao longo dun mes aproximadamente, segundo a investigadora Ana Oliveira.

O saccharomyses cerevisae, que é o lévedo do viño, áchase na pel da uva e é transportado duns froitos a outros polo vento e os insectos. As condicións climáticas inciden directamente na produción de lévedos en cada acio. O lévedo consome o azucre da uva e transfórmao en alcohol. Os enólogos de Terras Gauda seleccionaron as cepas de lévedo o ano pasado e durante este ano van avaliar o seu comportamento en doce depósitos nos que se produce viño en cantidades pequenas. Unha vez comprobados os resultados liofilizaranse e conxelaranse os mellores lévedos, de xeito que o próximo ano se poidan inocular nos grandes depósitos de aceiro nos que se produce o viño normalmente. Emilio Rodríguez sinala que a investigación se leva a cabo en colaboración coa misión biolóxica de Pontevedra, dependente do Centro Superior de Investigacións Científicas, e asegura que "temos pouco apoio da Xunta. Carecemos dun departamento de I+D. Os investigadores somos Ana e mais eu".

Clonación

Este traballo cos lévedos de albariño é pioneiro en España. No mercado non se comercializa aínda lévedo propio da uva albariña. "Un laboratorio propúxonos producilo para vendelo, pero as nosas investigacións encamíñanse a utilizalas soamente nos nosos viños", sinala Emilio Rodríguez.

"Buscamos singularidade e manter o mesmo tipo de viño ao cabo dos anos. É o soño de calquera adegueiro, poder ofrecer sempre a mesma calidade", apostila José María Fonseca, presidente e máximo accionista da adega. Terras Gauda está levando a cabo outra investigación para clonar uvas. Empezou con 115 plantas diferentes e após varias cribas ficaron catro. Son as que teñen máis resistencia ás enfermidades, maduran antes e presentan mellor graduación de azucre. Os clons seleccionados cultívanse in vitro e plántanse nunha das 90 hectáreas de viñedos propios cos que conta a adega…

(Máis información)

 

« Anterior | Seguinte »

 

 

 

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web