Bodegas Terrasgauda, S. A.

Novas

Decembro 2007

Medio: METRÓPOLI - EL MUNDO
Sección: Comer.Vinos (Comer. Vños)
Data: 7/12/07

DESEÑO PARA UN BRANCO GALEGO

O premio de Cartelismo Francisco Mantecón que convoca a adega Terras Gauda consolídase na súa sexta edición con propostas procedentes dos cinco continentes

Máis de 1.300 carteis presentados, de 67 países distintos, dan fe da relevancia que adquiriu o VI Concurso Francisco Mantecón, que organiza Bodegas Terras Gauda. Un certame que se creou en memoria deste artista de vangarda galego, parte activa do movemento Atlántica, creador da imaxe da empresa e finado hai 6 anos, e ao que chegaron traballos desde países tan "exóticos" como Armenia, Bangladesh, Corea do Sur e Paquistán. Nada estraño de contarmos que a organización convocou máis de 54.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades dos cinco continentes; aínda que ben é certo que España, con 399 obras, e Italia, con 133, foron os máis produtivos á hora de realizaren carteis que reflictan os aspectos corporativos da adega e os seus viños Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio.

 

Medio: LA GACETA DE LOS NEGOCIOS
Sección: Empresas
Data: 5/12/07

Bodegas Terras Gauda anuncia a compra da conserveira
«A Rosaleira»

O grupo adegueiro Terras Gauda, con viños amparados baixo a denominación de orixe Rías Baixas, mercou a empresa de conservas vexetais A Rosaleira. A operación foi dobre, coa adquisición do 36% do capital dos socios e unha ampliación de capital por valor de 320.000 euros. En total a adega galega destinou 360.000 euros á adquisición da conserveira. Segundo Enrique Costas, director de Terras Gauda, a devandita operación foi "unha oportunidade, mais circunstancial e non de inicio de diversificación".

Os produtos de A Rosaleira distribúense en tendas gourmet.

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 4/12/07

Bodegas Terras Gauda compra unha empresa de conservas vexetais

Bodegas Terras Gauda continúa a súa expansión e crecemento coa adquisición do 75 por cento de «A Rosaleira», empresa fundada en 1934 con sede no Rosal que elabora de xeito artesanal conservas vexetais de alta calidade, utilizando procesos de conservación naturais.

A entrada do grupo que preside José María Fonseca suporá un importante pulo para «A Rosaleira» no exterior, posto que Bodegas Terras Gauda achegará a súa rede comercial e as canles de distribución nos 30 mercados internacionais de Europa, Asia e América nos que está presente.

O grupo tamén reforzará a posición de «A Rosaleira» no mercado nacional, onde a empresa conta xa cunha importante presenza tanto en hostalaría como en alimentación.

«A Rosaleira» dispón dun variado abano de conservas vexetais artesanais, como os seus recoñecidos grelos naturais, tomates ou mirabeis procesados mantendo o método tradicional desde as súas orixes.

Os obxectivos da adega do Rosal coa adquisición do 75% da empresa son ampliar o abano de produtos e situar a marca de "A Rosaleira" en tendas delicatessen e espazos gourmet das grandes superficies, mantendo e reforzando a filosofía de produto tradicional.

Así mesmo, Bodegas TERRAS GAUDA prevé desenvolver unha liña de conserva vexetal ecolóxica.

Bodegas TERRAS GAUDA comezou a súa estratexia de crecemento no 2002 coa compra de Bodegas PITTACUM, da Denominación de Orixe do Bierzo, o que supuxo a entrada de PITTACUM e PITTACUM AUREA nos principais mercados de América, Europa e Asia onde está presente a adega.

 

Medio: CINCO DÍAS
Sección: Empresas
Data: 4/12/07

Terras Gauda compra a firma conserveira «A Rosaleira»

O grupo adegueiro Terras Gauda pechou a adquisición do 75% do capital do fabricante de conservas vexetais A Rosaleira, aínda que non revelou o importe da operación.

A compañía presidida por José María Fonseca explica que a súa entrada no capital da empresa conserveira suporá un forte pulo para esta, xa que Terras Gauda achegará a súa rede comercial, así como as canles de distribución nos 30 mercados de Europa, Asia e América onde opera. Ademais, pretende ampliar o abano de produtos de A Rosaleira, entre eles unha gamma ecolóxica, e situar a marca en tendas delicatessen de grandes almacéns.

 

Medio: EL PAÍS
Sección: Galicia
Data: 4/12/07

Terras Gauda faise cunha conserveira de mirabeis

Bodegas Terras Gauda, a segunda maior compañía de viño albariño de Galicia, adquiriu onte a maioría de capital da histórica conserveira A Rosaleira, firma especializada no enlatado de mirabeis, grelos naturais e tomates da comarca do Rosal (Pontevedra).

Terras Gauda pagou 460.000 euros polo 75% da Rosaleira, unha empresa que factura 0,5 millóns de euros anuais. A embotelladora de viño pretende aumentar as vendas de A Rosaleira en España así como introducila nos mercados internacionais aos que xa exporta os seus viños.

A integración de Terras Gauda e A Rosaleira estabelece un mix de alimentos de alta gamma, xa que a conserveira está especializada no envasado e venda de produtos artesanais de alta calidade. Os mirabeis, un dos produtos máis típicos do Rosal, son un froito con aspecto de uva cos que a empresa quere estabelecer unha marca de orixe co viño do Rosal.

Con máis de 70 anos de vida, A Rosaleira é a empresa pioneira en Galicia en dar valor engadido a produtos naturais.

Terras Gauda áchase en pleno proceso de expansión como grupo alimentario con cabeceira vitivinícola. Hai dous anos adquiriu a adega leonesa Pittacum e desde hai meses negocia a adquisición dalgunha empresa da denominación de orixe A Rioxa. A compañía factura 7,6 millóns de euros e vende 1,7 millóns de botellas de viño, na súa meirande parte branco albariño. O presidente de Terras Gauda, José María Fonseca, dixo que a integración suporá un "forte pulo para A Rosaleira".

 

Medio: EXPANSIÓN
Sección: Galicia
Data: 4/12/07

INVISTE MEDIO MILLÓN DE EUROS

Terras Gauda entra na conserva vexetal cun emblema artesán

A adega do Rosal (Pontevedra) adquiriu o 75% de A Rosaleira para diversificar a súa liña de negocio e rendibilizar a súa rede de distribuidores de viños.

Terras Gauda investiu algo máis de medio millón de euros para se facer co 75% de A Rosaleira, que elabora conservas vexetais artesanalmente. A adega da denominación de orixe Rías Baixas adquiriu a participación que posuía unha das socias, fillas do fundador da empresa, e acudiu á ampliación de capital realizada posteriormente por importe de 300.000 euros e da que se excluíu a outra accionista, que mantén o 25% restante da conserveira.

O investimento implicará para Terras Gauda a diversificación da súa liña de negocio cunha serie de produtos que encaixa na súa filosofía e que, ademais, lle permite gañar algo de dimensión para rendibilizar a súa actual rede comercial e de distribución, orientada principalmente á canle horeca e de alimentación.

A adega, presidida por José Mª Fonseca, e participada, entre outros, por Corporación Caixa Galicia e Sodiga, prevé impulsar A Rosaleira, especializada na elaboración de conservas vexetais de forma artesanal, é dicir, sen emprego de conservantes ou produtos engadidos e sempre utilizando o sistema de conserva menos agresivo co produto. Aínda que o seu abano se completa con produtos de tempada, como as setas ou os feixóns, os seus produtos máis recoñecidos son os grelos naturais e os mirabeis.

Entre os plans de Terras Gauda para A Rosaleira figura a internacionalización dos seus produtos e o lanzamento dunha gamma ecolóxica. "Comezaremos a traballar na liña ecolóxica a partir do vindeiro ano", explica Enrique Costas, director xeral da adega, quen tamén explica que "a nosa rede comercial e canles de distribución nos 30 mercados internacionais de Europa, Asia e América han situar as conservas no exterior".

A Rosaleira acada unha facturación de medio millón de euros e ten un cadro de persoal medio de 20 persoas. A súa planta está a carón dos viñedos de Terras Gauda "de xeito –di Enrique Costas– que nos implicamos aínda máis coa zona do Rosal". A empresa foi fundada en 1934 por un químico mestre de escola e as súas fillas xestionaron a compañía até o de agora.

Terras Gauda, que no ano 2002 adquiriu Bodegas Pittacum, da denominación de orixe do Bierzo, prevé pechar o ano cunha cifra de negocio de nove millóns de euros, dos que o 20% corresponde ao mercado exterior, malia as dificultades pola fortaleza do euro.

 

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: Economía
Data: 4/12/07

O grupo de Fonseca inviste 460.000 euros para controlar o 75% de A Rosaleira

Terras Gauda merca a maior conserveira vexetal de Galicia

Bodegas Terras Gauda acaba de adquirir o 75% da empresa de conservas vexetais A Rosaleira, a máis grande de Galicia destas características. Segundo confirmou onte o director xeral do grupo que preside José María Fonseca, Enrique Costas, o investimento ascendeu a 460.000 euros. A aposta de Terras Gauda coincide coa expansión nos mercados nacionais e internacionais dunha das adegas máis importantes de Galicia, que actualmente conta con 160 hectáreas de viñedos propios en produción.

A firma tiña clara a operación para diversificar a súa actividade desde había tempo, segundo explicou o director xeral, «porque o produto, de máxima calidade e prestixio, da primeira conserveira que se constituíu en Galicia, encaixa perfectamente na nosa estrutura e cos nosos clientes, a alimentación e a hostalaría». «A Rosaleira, fundada en 1934, é unha empresa familiar, da zona e que traballa de xeito artesanal, que é o que lle dá a vantaxe competitiva. Hai moitas firmas de conservas, pero non que teñan esta coherencia coa filosofía de Terras Gauda», engadiu Enrique Costas.

Ampliación de capital

A operación pechouse cunha primeira compra do 36% da sociedade –constituída polas dúas fillas do fundador da conserveira, José Sánchez–, a unha das propietarias que se desvinculou da actividade e, posteriormente, realizouse unha ampliación do capital até acadar o 75% da nova sociedade, cun capital social resultante de 463.000 euros. No futuro inmediato, avanzou Enrique Costas, está a «revisión dos catálogos, a reposición de produtos e desenvolver un plan de empresa que nos permita conquistar canles de alimentación e hostalaría».

Terras Gauda asume así o 75% da sociedade e unha das fillas do fundador mantén o outro 25%. A nova firma manterá o cadro de persoal actual da conserveira, cunha vintena de empregados, mais non descarta amplialo «para manter a produción artesanal».

A entrada do grupo de Fonseca suporá un importante pulo para A Rosaleira no exterior, xa que Terras Gauda achegará a súa rede comercial e as canles de distribución nos trinta mercados internacionais de Europa, Asia e América nos que está presente.

Tamén se reforzará a súa posición no mercado nacional, onde a conserveira xa conta cunha importante presenza, tanto en hostalaría como en alimentación, e no que Terras Gauda comercializa o 30% do total das súas vendas.

A adega do Rosal puxo o ano pasado no mercado 1,5 millóns de botellas das súas prestixiosas marcas, Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía San Campio. A firma comezou o seu crecemento no 2002, cando adquiriu Bodegas Pittacum. Terras Gauda, constituída a finais dos noventa, foi fundada a principios dese decenio por Viñedos Rosal e Adegas das Eiras.

Quince anos de crecemento

Un ano despois elaboraba a primeira colleita do seu varietal albariño, Abadía San Campio. Após quince anos dun crecemento consolidado, Terras Gauda pechou o 2006 acadando un crecemento do 18% nas súas vendas, exercicio que alcanzou unha cifra de negocio de 7,6 millóns de euros.

A Rosaleira, pola súa banda, dispón dun variado abano de conservas vexetais artesanais, e na nova sociedade prevese desenvolver unha liña de conserva ecolóxica.

 

Novembro 2007

Medio: EL PAÍS
Sección: Vida & Artes
Data: 30/11/07

Albariño con deseño belga

Unha liña que gotea sobre unha botella, verde como a carne doce das uvas de albariño, é o minimalista deseño que obtivo este ano o primeiro premio do Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, convocado polas adegas Terras Gauda. O autor da obra galardoada (con 6.000 euros) é o ilustrador e deseñador belga Thomas Pion (Bruxelas, 1978).

O seu cartel utilizarase na campaña do vindeiro ano dos viños de Terras Gauda, presentes nunha trintena de países coa Denominación de Orixe Rías Baixas (www.terrasgauda.com). A sexta edición deste concurso de Terras Gauda recibiu 1.300 carteis de 67 países.

 

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: La Mirilla
Data: 18/11/07

Era unha vez … Paco Mantecón

É o primeiro que fan boa parte dos participantes no concurso de cartelismo Francisco Mantecón que, desde hai seis anos, vén convocando Terras Gauda. Thomas Pion, o máis recente gañador, non foi unha excepción. O mozo deseñador gráfico belga confesaba venres, minutos despois de recibir o talón de 6.000 euros que acredita que o seu traballo foi o que máis gustou ao xurado, que tivera que facer un cursiño acelerado de xeografía española. E de viños galegos, claro.

O que non lle deu tempo a aprender foi o idioma, así é que se a cronista quixo descubrir como se decatara da existencia do premio, tivo que recorrer ao seu pésimo inglés, o que unido ao pésimo inglés de Thomas reduciu a conversa a dez minutos. Internet, esa inmensa xanela aberta a todo o planeta, tivo a culpa. Aí foi onde este mozo (28 anos) deseñador gráfico soubo da convocatoria que, urbi et orbi, fai a adega rosaleira. Esa mesma xanela é a que fai que o número de participantes non pare de medrar. 1.300 obras chegaron este ano.

Arredor de dous centenares de persoas de todos os ámbitos, social, cultural, político, empresarial, policial... acudiron venres á chamada do patrón maior de Terras Gauda, que agradeceu, por activa e por pasiva, o que cualificou de demostración de afecto. Era o momento de premiar o enxeño.

Ocupando un lugar preferente á beira de Fonseca na tarima estaban Dolores Villarino, Abel Caballero, Manuel Estrada, Alberto Luchini e Pilar Barreiro, a viúva de Mantecón. E, claro, Fernando Ónega, mestre de cerimonias e, nas verbas do anfitrión, referencia clara do concurso, xa que non faltou nin a unha soa edición. «Demóstranos o seu cariño, arróupanos e nós deixámonos querer».

Foi a de venres unha velada con diluvio de flores. Así, o deseñador Manuel Estrada confesou que antes de ser convidado por José María a formar parte do xurado só coñecía o viño que facía, mais cando coñeceu as persoas que estaban detrás do proxecto empresarial, entendeuno todo. «O seu produto non é mera mercadoría», dixo.

Caballero, pola súa banda, destacou a admiración que esperta Fonseca entre os empresarios e lembrou os seus anos de universidade xuntos en Santiago onde, curiosamente, tamén coincidiron con Dolores Villarino.

A presidenta do Parlamento, no ton distendido imperante na sala, afirmou que ía copiar a idea de Fonseca para universalizar a súa adega, neste caso coa institución que preside como protagonista: «Estou en promoción permanente do Parlamento, que é pouco coñecido e, polo mesmo, pouco recoñecido». Lembrou así mesmo os tempos de universidade para subliñar que José María xa apuntaba maneiras e, sobre todo, para o felicitar por ser capaz de se expandir polo mundo sen perder as orixes.

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 17/11/07

O deseñador belga Thomas Pion adxudícase o sexto Francisco Mantecón

O ilustrador e deseñador gráfico Thomas Pion viaxou desde Bélxica para recoller o primeiro premio do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, nunha entrega de premios que congregou numerosas personalidades, como a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Nesta edición Manuel Estrada, presidente da asociación de Deseñadores de Madrid e gañador dun premio LAUS, formou parte do xurado como deseñador de referencia após a intervención de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer en anteriores edicións.

O xurado do Concurso Francisco Mantecón, que destacou a calidade gráfica das obras e a diversidade das propostas presentadas ao certame, estivo presidido por José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda.

Ademais do primeiro premio, dotado con 6.000 euros, o xurado concedeu o primeiro accésit a Alberto Jesús Vázquez Rico, da Coruña; o segundo accésit á axencia Manigua, de Granada; ademais outorgouse unha Mención Especial a un cartel procedente de Italia, asinado por Antonella Spagnoli.

Este ano recibíronse 1.300 carteis procedentes de 67 países de todo o mundo. O xurado que se reuniu o 26 de outubro elixiu 35 obras finalistas, procedentes de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Canadá, Chile, Colombia, Francia, Estados Unidos, Italia, Ucraína, Xapón e desde diferentes lugares de España (Madrid, Barcelona, Valencia, Granada, Navarra, Burgos, Guipúscoa, Xaén, Cidade Real, Zaragoza e Galicia).

No certame participaron 399 artistas gráficos e estudios de deseño de España e foi moi importante a representación de deseñadores de Italia, con 133 obras; outros países cunha elevada participación foron Francia con 89 carteis; Estados Unidos con 68, Brasil con 50, México con 44 e Serbia con 28.

Por outra banda, este ano participaron por primeira vez no Concurso Francisco Mantecón artistas gráficos de Armenia, Bangladesh, Corea do Sur, Indonesia, Hong Kong, Nova Celandia, Paquistán ou Sudáfrica. Isto supón un gran crecemento da proxección internacional, co aumento de 20 países de orixe das obras.

A información sobre a sexta edición do Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón foi publicada en prensa xeral, especializada e páxinas web de 38 países de todo o mundo.

 

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección: Cultura
Data: 17/11/07

O belga Thomas Pion imponse no VI VI Francisco Mantecón

O ilustrador e deseñador gráfico Thomas Pion viaxou desde Bélxica para recoller o primeiro premio do 6º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, nunha entrega de premios que congregou numerosas personalidades, como a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Nesta edición Manuel Estrada, presidente da asociación de Deseñadores de Madrid e gañador dun premio LAUS, formou parte do xurado como deseñador de referencia após a intervención de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné e Isidro Ferrer en anteriores edicións.

O xurado do Concurso Francisco Mantecón, que destacou a calidade gráfica das obras e a diversidade das propostas presentadas ao certame, estivo presidido por José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda.

Ademais do primeiro premio, dotado con 6.000 euros, o xurado concedeu o primeiro accésit a Alberto Jesús Vázquez Rico, da Coruña; o segundo accésit á axencia Manigua, de Granada; ademais outorgouse unha Mención Especial a un cartel procedente de Italia, asinado por Antonella Spagnoli.

Este ano recibíronse 1.300 carteis procedentes de 67 países de todo o mundo. O xurado que se reuniu o 26 de outubro elixiu 35 obras finalistas, procedentes de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Canadá, Chile, Colombia, Francia, Estados Unidos, Italia, Ucraína, Xapón e desde diferentes lugares de España (Madrid, Barcelona, Valencia, Granada, Navarra, Burgos, Guipúscoa, Xaén, Cidade Real, Zaragoza e Galicia).

No certame participaron 399 artistas gráficos e estudios de deseño de España e foi moi importante a representación de deseñadores de Italia, con 133 obras. Outros países con elevada participación foron Francia, con 89 carteis; EUA, con 68; Brasil, con 50; México, con 44, e Serbia, con 28.

 

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad (Sociedade)
Data: 17/11/07

ENTREGA DE GALARDÓNS

O belga Thomas Pion recebe o Francisco Mantecón en Vigo

O deseñador belga Thomas Pion recibiu onte o premio do VI Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón que convoca Terras Gauda, ao que concorreron 1.300 carteis. Ao acto asistiron, entre outros, o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, e o xornalista Fernando Ónega.

 

Outubro 2007

Medio: LA OPINIÓN DE TENERIFE
Sección: ETC
Data: 14/10/07

Boas prácticas en viticultura

Cando a innovación produce o mellor viño

A adega galega Terras Gauda aposta pola singularidade dos seus viños a través da investigación e pola expansión en mercados como o canario

SÉRVESE NAS COMIDAS DA ZARZUELA E A MONCLOA, EN SEDES DIPLOMÁTICAS E EN GRANDES CELEBRACIÓNS COMO A ENTREGA DOS PREMIOS PRÍNCIPE DE ASTURIAS. O ALBARIÑO DA ADEGA GALEGA TERRAS GAUDA CONQUISTOU XA OS PADAIS MÁIS ESIXENTES. AGORA, O RETO ESTÁ EN SEGUIR A MEDRAR EN MERCADOS POTENCIAIS COMO O CANARIO E EN SUBLIÑAR A SÚA SINGULARIDADE A TRAVÉS DE PROXECTOS DE I+D+I.

Unha rexión como Canarias, centro turístico de gran relevancia, no que os visitantes sempre están dispostos a probar viños diferentes, e onde a gastronomía típica está vinculada aos peixes, constitúe un dos mercados máis importantes a escala nacional de TERRAS GAUDA. Así o confirmaba días atrás o director xeral da adega, Enrique Costas, nunha rolda de prensa perante xornalistas de Canarias, Asturias, Madrid e Baleares nas instalacións da adega pontevedresa.

Situada na localidade do Rosal, case que rozando ao sur co río Miño (fronteira natural con Portugal), a adega ten 160 hectáreas de viñedo propio. Nesta extensión cultívanse as tres variedades de uvas empregadas para elaborar o Terras Gauda: albariño, loureiro e caíño branco. Cómpre destacar que o 95 por cento da uva caíño que se cultiva nestes momentos nas Rías Baixas pertence a esta adega. O rescate desta cepa é un empeño da empresa, dados os bos resultados que obtiveron ao incorporar un 10 por cento desta variedade á mestura de albariño (70%) e loureiro (20% restante) coa que dan singularidade ao sabor do buque insignia dos seus viñedos.

PERSONALIDADE. Emilio Rodríguez, director técnico da adega, afirmou que "é moi difícil lograr diferenciarnos da competencia con monovarietais". Por este motivo, Terras aposta por unha combinación que, ademais de dar carácter ao seu viño, conquistou o mercado máis esixente. Así o testemuñan as paredes dun dos salóns principais da adega. Nelas poden lerse os menús de distintos actos na Zarzuela, na residencia oficial do presidente do Goberno, en embaixadas de poderosas nacións europeas, en entregas de premios ou en xantares asinados por algúns dos cociñeiros máis reputados. Eventos todos nos que os comensais tomaron Terras Gauda.

Mais o prestixio non libra a Terras da competencia. Na actualidade, hai máis de cen adegas coa etiqueta da Denominación de Orixe das Rías Baixas que producen albariños, igual que Terras. Para seren diferentes e para faceren fronte aos problemas derivados das flutuacións climáticas que hai dunha anada á outra e ao risco de enfermidades das vides, os viticultores comezaron a investir en investigación. Se xa é difícil obter un bo viño, logralo ano tras ano éo máis (…)

(Reportaxe a dobre páxina ilustrada con varias fotografías)

 

Medio: EL COMERCIO - LA VOZ DE AVILÉS
Sección: Yantar / Bodegas y Llagares
Data: 11/10/07

A maxestosa e máxica cepa galega

O toque lixeiro e sublime da mellor madeira de carballo

Terras Gauda foi a primeira adega de Galicia en implantar, baixo a inconfundíbel dirección de José María Fonseca, o sistema de fermentación en barrica de carballo, a materia pendente que poucos elaboradores se atrevían a afrontar.

Consolidou o seu liderado como produtora de viños galegos de máxima calidade con produtos como Terras Gauda Etiqueta Negra, que ten proxección internacional e supuxo toda unha revolución no mundo do albariño. Consciente de todos os riscos que comportaba dar á maxistral uva albariño o toque lixeiro e sublime da mellor madeira, a aposta desta adega acadou uns resultados maxistrais, o que animou outras adegas da D. O. Rías Baixas a seguiren o seu exemplo.

Terras Gauda conta con 160 hectáreas de viñedo propio no val do Rosal, en Pontevedra. Son viñedos plantados nos lenes outeiros bañados pola luz do sol de mediodía, na ribeira do río Miño, coa benéfica influencia do próximo mar Atlántico, onde medra soberbia a albariño que canda a loureiro e a caíño branco conforma o conxunto de varietais autóctonos.

A adega comercializou 1,5 millóns de botellas da colleita do 2006 dos seus viños Terras Gauda; Terras Gauda, Etiqueta Negra e Abadía de San Campio; este último, inxustamente eclipsado polo seu irmán maior, o Terras Gauda que dá nome á adega. Un branco máis ca notábel, de aroma moi froiteiro, fresco e rico en matices, potente en boca e longo no postgusto, calidades que lle teñen reportado numerosos galardóns, como as medallas de Ouro en Vinexpo, no Concurso Mundial de Bruxelas, ou a máis local da Festa do Albariño que todos os anos se celebra en Cambados. A adega conquistou nove mercados internacionais nos últimos meses, e xa está presente en 30 países, ademais de en toda España. (…)

(Reportaxe de duas páxina ilustrada con varias fotografías)
Máis información

 

Medio: EL DÍA (Tenerife)
Sección: Gastronomía
Data: 11/10/07

"In Situ" D. O. RÍAS BAIXAS BODEGA TERRAS GAUDA

Albariño, sinal de identidade

É raro, aínda que categórico, que a denominación da uva remate por se impor como referencia inequívoca do viño que con ela se elabora. De primeiras, un viño moscatel ou un chardonnay exemplifican o protagonismo que outras variedades da vide nunca conseguiron.

A uva albariño, de gran pequeno, apertado, saborosísimo, simboliza a "apropiación" dese nome cantareiro e sedutor que serve como icona deste viño galego en todo o mundo. Cun labor impecábel do Consello Regulador da Denominación de Orixe, Rías Baixas, estes viños acadaron un prestixio meritorio e aséntanse na cimeira dos brancos cun cartel sobresaínte, por suposto tamén na Comunidade canaria.

A inquedanza dos adegueiros pasa agora por que o consumidor non só goce do "albariño", senón que coñeza algo máis da súa procedencia, localización, das súas zonas de elaboración; do meigallo da zona vitícola pontevedresa con peculiaridades que a fan única. Dentro desa transformación e modernización –e tamén proliferación– xeral, sobresae a adega que ocupa hoxe este espazo, Terras Gauda, sinónimo das cousas ben feitas, da inquedanza por avanzar e de abrir sendeiros interesantes a materias de investigación que redundan na calidade da materia prima, e polo tanto do viño.

O Rosal.- Nunha rápida mais intensa incursión polas instalacións e os viñedos próximos á fronteira con Portugal, por Tui, altos responsábeis da firma detallaron, mentres aínda se desenvolvía o último tirón da vendima, todo o ideario e as actuacións que levaron a Terras Gauda a encandear en mercados como o de Estados Unidos, Noruega ou Gran Bretaña, ademais do ámbito nacional.

Boa parte desta solvencia empresarial tena o Terras Gauda, unha excepcional ensamblaxe das uvas autóctonas albariño (70 por cento), loureiro (sobre o 20 por cento) e a curiosa caíño branco (10 por cento), que a adega se empeñou en rescatar. Este branco, cunha personalidade extraordinaria, estrutura e persistencia en boca, presenta matices diferenciados respecto aos monovarietais. Albariño, cen por cen, Abadía de San Campio, cunha acidez óptima para acompañar, dígase, unhas ostras, marisco, peixes..., leva a pegada de Terras Gauda.

O Terras Gauda Etiqueta Negra, con fermentación en barrica, e o tinto elaborado con mencía, Pittacum (D.O. Bierzo), o Barrica e o Áurea, de pago, completan o conxunto.

Enrique Costas, Emilio Rodríguez e Augusto Álvarez-Borrás, directores xeral, técnico e comercial, respectivamente, afondaron no encontro cos xornalistas sobre todas as liñas de actuación de Terras Gauda, entre elas tres proxectos de investigación sobre selección clonal de uva albariño; illamento e selección de lévedos ecotípicos, e un proxecto de maceración da albariño, a loureiro e a caíño branco.

Os anfitrións amosaron, como non, as bonanzas destes viños privilexiados con excelentes maridaxes baseadas en modelos de virtudes da cociña galega.

Máis información e galería fotográfica de la visita

 

Medio: DIARIO DE IBIZA
Sección: Gastronomía
Data: 6/10/07

Albariños singulares

Terras Gauda desenvolve proxectos de I+D para potenciar a singularidade dos seus viños

Terras Gauda, unha das adegas galegas máis importantes e recoñecidas no ámbito internacional polos seus finos e singulares viños albariños, presentou recentemente aos medios de comunicación especializados os seus proxectos de I+D+I na procura de potenciar a singularidade e características distintivas dos seus viños. Na actualidade a adega desenvolve tres proxectos paralelos de investigación e desenvolvemento consistentes na selección clonal de uva Albariño; o illamento e selección de lévedos ecotípicos e mais un proxecto de maceración das tres variedades da uva que produce nos seus viñedos propios do val do Rosal que son albariño, loureiro e caíño branco, esta última cepa está a ser, ao mesmo tempo, recuperada polo equipo de investigación de Terras Gauda, polo seu singular valor na elaboración do seu viño insignia.

Segundo o seu director, Enrique Costas, a adega compaxina a súa aposta de investigación coa expansión en mercados nacionais e internacionais na procura de superar o crecemento do 18% do ano 2006 e a ampliación de novos mercados emerxentes para a firma como Suecia, Finlandia, Taiwán, Corea, Canadá, Arxentina, Colombia e Panamá, e incrementar as súas vendas en mercados consolidados como Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido, Suíza, México e Noruega, entre outros.

A comercialización en 2006 dos seus viños Terras Gauda, Terras Gauda etiqueta negra e Abadía de San Campio acadou a cifra de 1,4 millóns de botellas cunha facturación de 7,6 millóns de euros e está presente en 30 países. O 30 por cento das vendas de Terras Gauda consómese en territorio nacional, coas Illas Canarias e Baleares á cabeza das vendas pola súa particular sintonía gastronómica co peixe, o que potencia o consumo de albariño. Eivisa é un dos puntos fortes en vendas de Terras Gauda, con importantes aumentos de consumo nos últimos anos. A cadea de televisión NBC elixiu recentemente o Terras Gauda como un dos dez viños preferidos polos norteamericanos, e a prestixiosa revista Wine Spectator outorgoulle a puntuación máis alta, o que significa un recoñecemento internacional á calidade dun dos viños máis recoñecidos de Galicia.

 

Medio: DIARIO DE AVISOS
Sección: Gastronomía
Data: 5/10/07

Terras Gauda desenvolve unha investigación sobre o albariño

Mediante a selección de lévedos ecotípicos e microvinificacións

Bodegas Terras Gauda presentou un novo proxecto para potenciar a singularidade e a caracterización dos seus viños, con especial énfase na selección dos lévedos naturais das uvas.

Terras Gauda é unha das adegas elaboradoras de viño albariño máis importantes de Galicia, con 70 hectáreas de viñedos propios.

Elabora os viños "Terras Gauda", un coupage de albariño, loureiro e caíño branco, o monovarietal de albariño "Abadía de San Campio" e o "Terras Gauda Etiqueta Negra", coupage de luxo con fermentación sobre os seus pousos e catro meses en barrica de carballo francés.

Todos son viños nos que se coida notabelmente a súa acidez, o que os converte en excelentes acompañantes para peixes á grella e prancha, mariscos …

Continuando a liña do estudo de selección clonal de uva e o de lévedos ecotípicos que efectuou anteriormente, a adega realiza un proxecto de maceración das tres variedades de uva que produce: albariño, loureiro e caíño branco.

Para iso realizáronse uns estudos previos macerando as tres variedades de uva durante un tempo e a unhas temperaturas idóneas, practicando microvinificacións, o que servirá para definir temperaturas e tempos a realizar con volumes reais.

O obxectivo é saber se, mantendo a liña do Terras Gauda, se poden marcar máis as características que o fan singular, optimizando o recurso da maceración e dos lévedos.

Este proxecto ampliará os resultados obtidos co estudo de selección clonal de albariño e co de selección de lévedos ecotípicos.

As conclusións do proxecto son que, após tres anos de traballo, un dos catro lévedos illados é o que reúne o perfil idóneo de fermentación completa e de resultado aromático no tocante a acadar maior singularidade. O lévedo seleccionado utilizarase nesta vendima para comprobar a súa resposta en fermentacións a escala real.

 

Medio: LA VOZ DE ASTURIAS
Sección: Suplemento Boca2
Data: 4/10/07

Innovación enolóxica > A adega

Viños singulares desde Terras Gauda

Bodegas Terras Gauda deu un novo pulo aos seus proxectos de I+D+i para potenciar a singularidade e a caracterización dos seus viños. Na actualidade, desenvolve 3 proxectos de investigación e desenvolvemento paralelos: selección clonal de uva Albariño, illamento e selección de lévedos ecotípicos e un proxecto de maceración das tres variedades de uva que produce: Albariño, Loureiro e Caíño Branco.

Terras Gauda, que conta con 160 hectáreas de viñedo propio no val do Rosal, Pontevedra, e comercializa 1,5 millóns de botellas da colleita do 2006 dos seus viños Terras Gauda, Terras Gauda etiqueta negra e Abadía de San Campio …

(Reportaxe de una páxina ilustrada con varias fotografías)

 

Medio: DIARIO DE MALLORCA
Sección: Gastronomía
Data: 2/10/07

Terras Gauda, adega pioneira na investigación

Baleares é un dos mercados nacionais de máis peso para os viños desta empresa galega

A investigación é un dos apartados que empezan a ocupar obxectivos e investimentos dunha serie de adegas españolas, dentro do I+D+I. Un dos exemplos válidos é o que vén desenvolvendo positivamente a firma Terras Gauda S.A., situada na provincia de Pontevedra e acollida á D.O. Rías Baixas, cunha produción de millón e medio de botellas na anada do 2006.

Actualmente, a devandita adega está presente en todo o territorio español, sendo o mercado balear un dos máis importantes, a escala peninsular, despois dos de Cataluña, cornixa cantábrica e Levante. Canto á súa proxección internacional, coa incorporación nos últimos meses de nove países máis, nestes momentos exporta a trinta, a nivel exterior. Como indicaba o seu director xeral, Enrique Costa, na sede da adega a unha serie de xornalistas de medios informativos de Asturias, Canarias e Baleares convidados pola citada bodega durante a pasada fin de semana, entre os que se atopaba DIARIO de MALLORCA, a intención comercial do equipo directivo que preside, entre os que se achan Emilio Rodríguez, director técnico, e Augusto-Borrás Massó como director comercial, é que as vendas se repartan en partes iguais nos mercados local, nacional e internacional, cun dez por cento restante absorbido polo sector de alimentación. Dentro das súas apostas exteriores e diversificación do produto, esta empresa dispón, desde o 2002, das adegas Pittacum, situadas no Bierzo, e acollidas á súa D.O., con dous tintos elaborados só con Mencía, uva autóctona da zona, un con seis meses de barrica e outro con catorce meses de crianza.

Dentro da obrigatoriedade imposta polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas a vinificar con variedades brancas autóctonas, as adegas Terras Gauda traballan con uvas Albariño –nun 70–, Loureira e Caíño Branco, a partes similares. A Caíño Branco é unha variedade galega en recuperación por parte desta firma, xa que máis do 90% da súa produción está nas súas mans.

Aínda que, por características propias do mundo rural galego, moi apegado ás súas tradicións, un dos problemas é a atomización das viñas, con arrevesados dereitos de propiedade planeando sempre á hora de tentar adquirir parcelas novas, estas adegas, situadas nas Eiras, na comarca do Rosal, moi preto do río Miño, dispoñen de 160 hectáreas de viñedo propio.

 

Setembro 2007

Medio: SUPLEMENTO ECONÓMICO DE LA VOZ DE GALICIA
Sección: Innovación
Data: 30/09/07

Rías Baixas lidera o desenvolvemento de novas investigacións

Terras Gauda acaba de rematar o traballo de selección clonal de uva albariña e xa puxo en marcha outros dous proxectos específicos para perfeccionar técnicas e procesos no eido dos lévedos e da maceración

Os proxectos de investigación de selección clonal da variedade albariña, o de selección de lévedos e o de estudo de maceración son tres dos programas de investigación desenvolvidos en Galicia para mellorar a produción vitivinícola. A adega Terras Gauda é a súa impulsora. O primeiro, o de selección clonal, comezou hai catro anos e este ano deu xa os seus froitos. O obxectivo da investigación, dividida en tres fases, foi seleccionar unha serie de clons de variedade de uva albariña. Estes clons destacaron por riba dos demais en cuestións tanto de campo como de viñedo. Era importante coñecer aspectos tanto do acio, da folla e da uva, así como a resistencia a enfermidades ou inclemencias do tempo, entre outros elementos. (…)

(Reportaxe de duas páxinas ilustrado con varias fotografías)

 

Medio: EL ECONOMISTA
Sección: Empresas
Data: 27/09/07

Terras Gauda utiliza bioenxeñaría para que o seu viño sexa inimitábel

Terras Gauda estabeleceu un pacto co mundo da ciencia para que os seus viños sexan únicos. A adega do Rosal, en Pontevedra, impulsa tres proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación para potenciar os seus viños. A empresa comercializa 1,5 millóns de botellas da colleita de 2006 por toda España, ao tempo que exporta xa a un total de 30 mercados internacionais.

A súa aposta polo I+D serviu para que os seus ingresos medrasen un 18 por cento e superasen os 7,6 millóns de euros anuais. O primeiro proxecto é a selección clonal de uva albariño, que permite escoller entre as súas 115 vides clonadas nunha parcela unha combinación de catro ou seis espécimes para os enxertos, que garantan produción de calidade. A adega investigou sobre a selección e illamento de lévedos ecotípicos dos seus viñedos, o que lle permitiu illar catro perfís dominantes de albariño.

Por último, aborda a maceración da uva. Preténdese con este estudo ensaiar distintas modalidades e tempos para conseguir que o viño sexa singular.

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 26/09/07

Terras Gauda desenvolve un proxecto de maceración para potenciar a singularidade

Bodegas Terras Gauda presentou un novo proxecto de I+D+i para potenciar a singularidade e a caracterización dos seus viños. Co obxectivo de continuar a liña do estudo de selección clonal de uva Albariño e o de lévedos ecotípicos, a adega abre novas vías de investigación cun proxecto de maceración das tres variedades de uva que produce: Albariño, Loureiro e Caíño Branco.

Bodegas Terras Gauda realizou uns estudos previos macerando as tres variedades de uva durante un tempo e a unhas temperaturas consideradas idóneas. Nesta vendima analizaranse os mostos e viños obtidos nas microvinificacións, o que servirá para definir o vindeiro ano o número de ensaios de temperatura e tempo a realizar con volumes reais. O obxectivo é saber se, mantendo a liña do Terras Gauda, se poden marcar máis as características que o fan singular, optimizando o recurso da maceración.

Este proxecto de I+D+i ampliará os resultados obtidos co estudo de selección clonal de uva Albariño e co de selección de lévedos ecotípicos.

As conclusións do proxecto son que, após tres anos de traballo, un dos catro lévedos illados é o que reúne o perfil idóneo de fermentación completa e de resultado aromático respecto a acadar maior singularidade. O lévedo seleccionado utilizarase nesta vendima para comprobar a súa resposta en fermentacións a escala real.

 

Seguinte »

 

 

 

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web