Bodegas Terrasgauda, S. A.

Carreterra Tuy - A Guarda, km 46
36760 Eiras - O Rosal
Pontevedra - España
Tel. 00 34 986 621001
Fax. 00 34 986 621084
e-mail: terrasgauda@terrasgauda.com

 

Aviso Legal e Política de Privacidade

 

Bodegas Terras Gauda, S.A., funda a adega no ano 1990 coa filosofía de que o Albariño, sendo como é unha variedade nobilísima, podería dar maior dimensión unida a outras cepas, sempre autóctonas, que lle achegasen novos matices e que desen aos viños do Rosal unha categoría maior da que xa tiñan de seu, e pondo en marcha plantacións propias.

As súas instalacións atópanse na Carretera Tui – A Guarda, km. 46, 38760 O Rosal (Pontevedra) España.

Sociedade inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, Folio 31, Libro 786 de Sociedades, Inscrición 1ª, Folla PO-10812, N.I.F.: A36108900.

A través deste AVISO LEGAL preténdese regular o acceso, uso e en xeral a relación entre este Portal (en adiante Website) accesíbel no enderezo de Internet www.terrasgauda.com e os usuarios do Website (en adiante Usuarios).

Todo o acceso a este Website supón a aceptación expresa das condicións xerais e particulares do uso de www.terrasgauda.com; as devanditas condicións poderán ser modificadas polo titular de Bodegas Terras Gauda en calquera momento e sen previo aviso.

1.- Condicións xerais de uso

Estas condicións xerais regulan o uso e acceso ao Website www.terrasgauda.com, cuxa finalidade é informar gratuitamente ao Usuario que navegue por este Website sobre os produtos e servizos de Bodegas Terras Gauda.

Bodegas Terras Gauda tomará todas as medidas necesarias que estean ao seu alcance para impedir todo tipo de conduta que poida ser contraria á lexislación española e cooperará na medida das súas posibilidades coas autoridades que corresponda na identificación da persoa ou persoas que puidesen ser responsábeis no incumprimento destas condicións xerais.

2.- Propiedade intelectual e industrial

Os textos, imaxes, sons, animacións e resto de contidos incluídos neste Website son propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A.

Calquera transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, debe levar o previo e expreso consentimento por escrito de Bodegas Terras Gauda, S. A. (www.terrasgauda.com), agás cando se indique o contrario.

Bodegas Terras Gauda pode modificar sen previo aviso as características, especificacións e fotografías dos seus produtos, así como calquera outra información aquí recollida.

Baixo ningún concepto se entenderá que, polo acceso a este Website, o Usuario obteña licenza ou autorización para a utilización, alén do uso estritamente persoal, de ningún contido, información ou servizo existentes no Website nin sobre ningún dereito relacionado con eles, especialmente os de propiedade intelectual e industrial.

3.- Cláusula de exención de responsabilidade por ligazón

Este Website pode conter ligazóns a páxinas externas sobre as cales Bodegas Terras Gauda, S.A. non se responsabiliza nin da calidade, fiabilidade, exactitude ou veracidade dos servizos, informacións, elementos ou contidos aos que remite ou recomenda, xa que entende, agás declaración da autoridade competente no contrario ou notificación ou requirimento de terceiros que Bodegas Terras Gauda, S.A. verifique, que é lícita e que non lesiona bens ou dereitos dun terceiro susceptíbeis de indemnización. Se algún dos usuarios da páxina oficial de Bodegas Terras Gauda, S.A. entende que a información á que se accede pola mesma é ilícita ou lesiva para os seus bens e dereitos prégase que o comunique a Bodegas Terras Gauda, S.A., (Carretera Tui – A Guarda, km. 46, 36760 O Rosal - Pontevedra), para que o mesmo suprima ou inutilice a ligazón correspondente.

4.- Protección de datos. Política de privacidade

Co gallo de facilitar un desenvolvemento rápido e eficaz da relación entre www.terrasgauda.com e os Usuarios, garantimos mediante este aviso a privacidade dos servizos segundo as esixencias legais, e infórmase acerca da súa política de protección de datos de carácter persoal para que os Usuarios determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar a www.terrasgauda.com os seus datos persoais a través do formulario electrónico. Estes datos serán usados exclusivamente para poder informar dos nosos servizos e produtos aos usuarios que o soliciten a través do devandito formulario.

www.terrasgauda.com garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal fornecidos polos Usuarios e o seu tratamento automatizado segundo a lexislación vixente sobre a protección de datos de carácter persoal (Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, así como toda a normativa aplicábel nesta materia).

Bodegas Terras Gauda ten implantados sistemas de seguridade para impedir accesos a persoas non autorizadas. Os Usuarios serán os que respondan sobre calquera veracidade dos datos prestados a Bodegas Terras Gauda.

Será Bodegas Terras Gauda quen reserve o dereito de excluír dos servizos prestados todo Usuario que facilitase datos falsos.

Malia isto, o Usuario debe ter presente que as medidas de seguridade en Internet non son completamente seguras.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado.

www.terrasgauda.com poderá modificar estas medidas de seguridade e confidencialidade para as adaptar ás novidades lexislativas e xurisprudenciais.

Os Usuarios poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento, uso e cesión dos seus datos mediante comunicación dirixida a Bodegas Terras Gauda, S.A., ao enderezo "Carretera Tui – A Guarda, km. 46, 36760 O Rosal, Pontevedra", achegando fotocopia do DNI.

www.terrasgauda.com non cederá os datos persoais dos Usuarios que se recollen a través do Website a terceiros sen o consentimento expreso do Usuario.

O Usuario consinte en que se utilizará a información dos seus datos persoais cando así sexa requirido polas autoridades administrativas competentes ou por mandato xudicial.

5.- Cookies

Bodegas Terras Gauda, non utiliza ningún tipo de cookies na súa páxina web www.terrasgauda.com

6.- Responsabilidade

Bodegas Terras Gauda fóra do expresamente recoñecido nesas condicións xerais non se fai responsábel dos danos informáticos que poidan ser ocasionados ao Usuario, por causas alleas á súa vontade, nin por calquera outro tipo de dano, que puidesen serlle ocasionados por virus da rede Internet.

Bodegas Terras Gauda non se fai responsábel por danos ocasionais que poidan efectuarse por falla de dispoñibilidade da páxina ou continuidade de de www.terrasgauda.com

Ao aceptar as condicións de uso e privacidade, calquera Usuario que utilice os servizos e prestacións contidas nesta web é o responsábel sobre a utilización que puidese facerse da mesma.

O Usuario está obrigado a indemnizar a Bodegas Terras Gauda por calquera dano ou prexuízo que puidese ocasionar, da mala utilización de www.terrasgauda.com, infrinxindo por iso as presentes condicións xerais e a normativa vixente.