Bodegas Terrasgauda, S. A.
TERRAS GAUDA
ETIQUETA NEGRA
É froito da fermentación en madeira dun viño do ROSAL, elaborado
a partir de ALBARIÑO, LOUREIRA e CAIÑO BRANCO.
Logo da maceración e desfangado dos mosto, este fermenta en barricas novas de carballo francés e americano seguindo co proceso de crianza sobre lías durante catro meses.
Viva cor amarela palla intensa, moi atractiva.
Os agradábeis recendos de pexego maduro e flor branca van da man das lembranzas de manteiga fundida e as notas afumadas da barrica nova.
Na boca resulta un viño larpeiro, elegante e fresco, con sensacións de finas madeiras que alongan, cun lene tanino, a súa persistencia conducíndonos a unha retronasal ampla en sensaciós de froita madura e tostados.
Uns dez ou doce graos son a súa mellor temperatura.