Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

S

Saboroso:
Dise da sensación acusada e pracenteira na boca, con incidencia de gran número de matices.

Saca:
Operación de baleirar a cuba para separar o viño do bagaño.

Salino:
É unha nota adquirida nun fino que avellentara en soleras con moita flor.

Sangrar:
Baleirar unha cuba separando o bagaño do mosto.

Sangría:
Bebida refrescante, moi española, que se elabora con viño e froitas, sobre todo limón.

Seco:
Viño que realizou plenamente a fermentación, transformando todo o azucre en alcohol. Calidade gustativa dos viños.

Solera:
A fila inferior dunha escala de bocois, onde se crían os viños máis vellos. Ademais, é un sistema de crianza que consiste en mellorar o viño novo co máis vello. É o sistema de crianza dos viños xenerosos de Xerez.
Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web