Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

P

Pale cream:
É un viño doce da cor do fino.

Pale dry:
É un viño fino.

Pálido:
Aplícase ós viños brancos de baixa intensidade cromática.

Palo cortado:
Categoría intermedia entre o xerez amontillado e o oloroso. Ten o perfume do primeiro e o padal do segundo. É moi escaso.

Palloso:
Dise do viño branco de cor clara, coma a palla.

Pasificación:
Cheiros que recordan os das uvas pasas desenvolvidos en viños elaborados con uvas demasiado maduras.

Pastelería:
Aroma entre doce e tostado no que aparecen certos matices de vainilla e azucre acaramelado, característicos da pastelería acabada de saír do forno. É un distintivo que aparece nos viños de longo avellentamento en carballo, froito da evolución oxidativa e da acción dos compostos odoríferos das perfias de carballo.

Pastoso:
É un sabor doce e denso.

Pé:
Viño que se obtén sometendo o bagaño a presión por medio da prensa.

Pel de laranxa:
Aroma a un tempo picante e froiteiro de certos viños.

Pelello:
Pel da uva.

Pelello maduro:
É o aroma semellante ó que desprende unha uva tinta moi madura que estrullamos cos dedos, ou ben o que se desprende da acumulación de acios prensados.

Persistencia:
Duración das sensacións que o viño produce no nariz e no padal.

Pintar:
Comezar a madurar as uvas.

Posgusto:
Aroma e sabor que permanece na gorxa e na vía retronasal despois de tragar o viño.

Puntas de alcohol:
Lixeiro exceso de alcohol que se aprecia na lingua pero que non dana en conxunto.

Punzante:
Unha nota aromática destacada, revelada polo compoñente alcohólico, madeira e flor dos viños finos.
Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web