Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

F

Faiado:
É un olor ás madeiras vellas e secas con indicios de po moi característico destes recintos. É unha característica típica dos viños moi vellos, con máis de 10 años en botella, que foron avellentados longo tempo en barricas moi usadas.

Fermentación alcohólica:
Proceso biolóxico e químico que determina a transformación dos azucres do mosto en alcohol e noutros compoñentes do viño, por acción dos lévedos. Os grandes viños espumosos fan unha fermentación especial en botella, desenvolvendo as burbullas.

Fermentación maloláctica:
Segunda fermentación dalgúns viños, por acción das bacterias, na que o ácido málico se transforma en ácido láctico, aínda que non sempre se produce.

Fino:
Tipo de viño xeneroso de crianza biolóxica propio de Andalucía.

Flor:
Capa de lévedos que contribúe á formación de aldehidos durante a crianza biolóxica ou anaerobia dalgúns viños coma os de Xerez, Moriles, Montilla, Rueda e os da zona do Xura (Francia).

Floral:
Aroma agradable de certos viños que lembra o perfume de determinadas flores coma a rosa, o xasmín, a violeta, a madreselva, etc.

Franco:
Viño no que non se aprecia ningún defecto tanto de olfacto coma de gusto.

Fresco:
Viño branco ou rosado que amosa harmonía entre alcohol e acidez. Pode aplicarse ó clarete ou ó tinto novo.

Froiteiro:
Calidade aromática dos viños. Presencia de aromas que lembran a froita (moras, framboesa, plátano, piña, pexego, etc.).

Froitos secos:
Polo xeral un avellentamento oxidativo, é dicir, co concurso do aire, xera aromas e sabores que recordan a froitos secos (améndoa amarga, abelá, noz, ...). Cando o avellentamento é maior e sobre todo en perfias vellas ás características descritas hai que engadir gustos que se acercan ós figos, ós dátiles, ás pasas, etc.

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web

el VINO sólo se DISFRUTA con MODERACIÓN