Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

E

Ebanistería:
Aroma nítido a madeira vernizada, característico dos viños avellentados en barricas novas ou pouco usadas.

Elegante:
Calidade do viño distinguido, con liñaxe de variedade nobre, harmonioso na cor e no aroma, equilibrado no gusto, con bouquet e a xusta crianza.

Equilibrado:
Termo que define un bo viño. O viño que ten un equilibrio de todos os seus compoñentes (alcohol e sabor a carballo) e os seus matices de sabor sen que sobresaia ningún deles.

Estructura:
Constitución corpórea do viño, na que se deben conxugar todos os seus compoñentes: acidez, alcohol, taninos, densidade, etc.

Etéreo:
É unha característica dos destilados con certa intensidade alcohólica pero na súa evolución oxidativa; a propia potencia alcohólica revela os aromas do destilado. Ten moito que ver coa vellez.

Evolucionado:
Viño que sufriu modificacións co paso do tempo.

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web

el VINO sólo se DISFRUTA con MODERACIÓN