Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

D

Dátiles:
Expresa un cheiro doce semellante a este froito, con inclusión de certos matices tostados e pasificados.

Decantación:
Sedimentar as lías do viño. Consumo: trasfegar un viño anello da botella a outro recipiente para airealo.

Dégorgement:
"Degolación". Eliminación dos depósitos formados durante a segunda fermentación nunha botella de viño espumoso.

Denso:
Relaciónase co corpo; certa sensación de densidade na boca.

Doela:
Peza de madeira traballada que forma a estructura da barrica.

Dourado:
É a cor do ouro, tonalidade entre amarelo e arrubiado con predominio do amarelo.

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web

el VINO sólo se DISFRUTA con MODERACIÓN