Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

C

Cálido:
Explica o lado bo de "alcohol", sensación menos espirituosa que alcohólico.

Cangallo:
Parte leñosa ou verde do acio que serve de soporte ós bagos.

Caoba:
Segunda fase de avellentamento dos brandis, rons e viños xenerosos. É o ton que adquiren xeralmente cando son máis vellos (entre marrón e amarelo).

Carácter:
Conxunto de características de certos viños que os converten en inconfundibles. Eloxio do viño.

Carballo:
Cheiro e sabor derivado da crianza en barrica de carballo aromático, que debe estar en perfecta harmonía coa redondez do viño.

Carbonated wine:
Literalmente "viño carbonatado". Viño espumoso de calidade inferior, gasificado industrialmente.

Carnoso:
Dise dos viños plenos, graxos, ricos, que teñen materia e producen no padal unha sensación de corpo denso.

Cava:
Nave subterránea de crianza. (m) Viño espumoso español de gran calidade, elaborado polo método Champagnoise, facendo a segunda fermentación na mesma botella que chega ó consumidor.

Cedro:
O aroma, un tanto perfumado, desa madeira branda de uso común en Marrocos.

Cepa:
Planta. Tronco do que saen as vides ou bacelos.

Cereixa:
Froito que aparece frecuentemente para expresar a cor. En xeral a cor cereixa é escura, e cando é case negra chámase "picota".

Clarete:
Pallete. Viño tinto afroitado e lixeiro no que se macerou moi levemente o bagaño na fermentación. Consumir pronto. Os afeccionados ingleses denominan claret o viño tinto de Bordeos.

Coiro:
Aroma nobre dalgúns viños tintos procedente da súa crianza reductora na botella.

Complexo:
Viño rico en matices sensoriais, ben harmonizado e elaborado, procedente dunha variedade que exhibe un bouquet completo e expresivo.

Corpo:
Untuosidade, carnosidade, materia e estructura do viño.

Cortiza:
Material do que está feita a rolla da botella. En cata, sabor e cheiro desagradable que se pode detectar nos viños que non teñen a rolla en boas condicións.

Coupage:
Termo francés que se emprega para designar a mestura de diferentes vendimas, mostos ou viños, que poden ser da mesma colleita ou doutros anos.

Criaderas:
Nome que se lle dá en español ós bocois en que se realiza a crianza dos viños de Xerez (Sherry). As criaderas forman varios pisos, amoreados sobre a última andana que corresponde ás soleras.

Crianza oxidativa:
Esta expresión nace da influencia do aire na evolución do viño. A crianza oxidativa é a producida polo aire que atravesa os poros da madeira, a que toma o viño almacenado no interior do bocoi ou ben durante as trasfegas. Este procedemento avellenta rapidamente o viño, adquirindo ademais as substancias odoríferas e gustativas do carballo.

Crianza:
Avellentamento controlado dun viño, en barrica, en bocoi ou en botella. A crianza implica unha moderada cantidade de osíxeno que facilita a evolución do viño, así como a presencia da madeira e os seus perfumados aromas de especias. A crianza do viño en botella é importante para conseguir a súa redondez.

Cuberto:
É un tinto de cor moi escura que a penas deixa ver o fondo da copa.

Chaptalización:
Adición de azucre ó mosto para o seu enriquecemento e consecución de grado de alcohol.

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web

el VINO sólo se DISFRUTA con MODERACIÓN