Bodegas Terras Gauda, S.A.

Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

B

Bagaño:
Residuo procedente do prensado das uvas. Despois de obtido o pé, o bagaño pódese utilizar como fertilizante ou pódese destilar para elaborar a augardente.

Balsámico:
Aroma resinoide que pode deberse á variedade, á terra ou á crianza (incenso, cedro, piñeiro, alcanfor, etc.). É un aroma nobre.

Barrica:
Perfia que se emprega para criar os viños. A barrica bordelesa (225 litros) é moi apreciada para a crianza dos grandes viños de mesa. Está composta polas doelas, de madeira de carballo, uns aros metálicos de axuste e dúas tapas.

Bocoi:
Tonel. Perfia maior cá barrica. Capacidade de 700 litros.

Bouquet:
Buqué. Palabra francesa que se utiliza para designar o conxunto das sensacións olfactivas que ofrece un viño.

Branco:
Estilo clásico de viño moi claro, con abundancia de amarelo matizado por unha ampla gama de tons verdes e dourados.

Brando:
Viño baixo en acidez e falto de frescura.

Brillante:
Viño que presenta un aspecto visual esplendoroso e limpo, con reflexos luminosos.

Brut:
Viño espumoso moi seco. Característica dos cavas. Admite diferentes matices dependendo do contido de azucre: brut cero, brut salvaxe, brut absoluto, brut nature.

Inicio | Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nosos destilados | Glosario Vitivinícola |
Anadas Españolas | Cata do Viño | I + D | Receitas de Cociña | Novas | Contacto | Percorrido continuado pola Web

el VINO sólo se DISFRUTA con MODERACIÓN