Bodegas Terrasgauda, S. A.

Os nosos Destilados

De bebida barata, popular e plebea, pasou a se converter nun producto de luxo. Hoxe a augardente está ó mesmo nivel cós grandes marc franceses e cás mellores grapas italianas. Atrás quedou o mito gastronómico da augardente anócnima, descontrolada, áspera, seca, potente, que, nalgún caso, era capaz de levar o audaz bebedor por diante. É certo que as había boas, aínda que eran cada vez máis difíciles de encontrar. E é que o nobre oficio do augardenteiro ambulante, cargado coa súa pota, foi desaparecendo ou dexenerando, suplantado pola elaboración industrial. Sen embargo, parte desa arte milenaria, transmitida de pais a fillos, conservouse nas novas augardentes galegas.

É a recuperación, pola vía da modernidade, da calidade mítica da augardente máis prestixiosa e cotizada de España, pero afinada, superadas as súas innecesarias asperezas.

A partir do noso propio bagaño destilamos as augardentes Porta do Miño.

A súa coidada elaboración inspírase na tradición artesanal dos poteiros do Rosal e na esixencia para alcanzar os máis altos niveis de calidade.

Na AUGARDENTE BRANCA a composición aromática é complexa. Unha potente e suave eclosión de fragrancias, perfectamente harmonizadas, con reminiscencias florais, froiteiras e elegantísimos recordos das uvas das que procede. O padal, amplo, elegante, longo, lembra o percibido por vía nasal.

El paladar, amplio, elegante, largo recuerda a lo percibido por vía nasal.

A degustación desta augardente non só supón un auténtico pracer para os sentidos, senón que tamén a participación comunicativa cunha historia e unha tradición firmemente arraigada en Galicia.

Insistindo na tradición e partindo dela como base elaboramos tamén AUGARDENTE DE HERBAS e LICOR CAFÉ.

Inicio | Quienes somos | La Bodega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Nuestros destilados | Glosario Vitivinícola |
Añadas Españolas | Cata del Vino | I + D | Recetas de Cocina | Noticias | Contacto | Recorrido continuado por la Web

el VINO sólo se DISFRUTA con MODERACIÓN