Novas

 

2009

Medio: CONGO PLUS
Sección: Arts et Culture (Arte e Cultura)
Data: 23/07/09
País: Congo

PLUS DE 1.500 DESSINATEURS DU CONGO SONT INVITÉ S À PARTICIPER AU 8º CONCOURS FRANCISCO MANTECÓN Ver nova

Bodegas TERRAS GAUDA, qui répartira 14.000 euros en prix, a réussi à réunir l´avant-garde du dessin international lors des antérieures éditions, auxquelles ont concouru plus de 6.500 affiches publicitaires signées par des artistes graphiques des cinq continents.

8ème Concours Francisco MantecónLa société vinicole espagnole TERRAS GAUDA présente le 8º Concours International d´Affiche Publicitaire Francisco Mantecón, auquel sont convoqués plus de 65.000 artistes graphiques, ateliers de dessin et universités de 180 pays du monde entier, et qui lors des 7 premières éditions a réussi à réunir l´avant-garde du dessin international.

Bodegas TERRAS GAUDA répartira 14.000 euros en espèces parmi les gagnants, qui auront l´opportunité de participer à l´unique concours de ces caractéristiques organisé par une société vinicole au niveau international.

Pep Carrió, prestigieux dessinateur graphique d´importante carrière professionelle nationale et internationale, fera partie du jury cette année et prendra à témoin d´autres personnes reconnues du dessin qui ont participé dans des éditions antérieures, comme Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer et Manuel Estrada.

Plus de 6.500 oeuvres d´artistes de 70 pays du monde entier ont concouru dans les 7 premières éditions du concours. Le premier prix a été remporté l´année dernière par le dessinateur Taber Calderón (USA), avec une oeuvre élue parmi 1.400 signées par de prestigieux artistes graphiques de différents pays, comme d'Arménie, du Bangladesh, de Chypre, Corée du Sud, Philipines, Grèce, Hong Kong, Indonésie, Koweit, Lettonie, Malte, Nicaragua, Nigéria, Nouvelle-Zélande, Pakistan, Paraguay, Principauté d´ Andorre, Puerto Rico, Afrique du Sud ou Suède.

Bodegas TERRAS GAUDA compte 160 hectares de vignoble propre en Galice (Espagne) et a commercialisé l´année dernière sur 36 marchés d´Europe, Asie et Amérique plus de 1,5 millions de bouteilles des trois vins Albariños: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ÉTIQUETTE NOIRE et ABADÍA DE SAN CAMPIO.

comunicacion@terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

MÁIS DE 1500 DEBUXANTES DO CONGO ESTÁN CONVIDADOS A PARTICIPAR NO 8º CONCURSO "FRANCISCO MANTECÓN"

Bodegas TERRAS GAUDA, que repartirá 14.000 euros en premios, deu reunido a vangarda do debuxo internacional en edicións anteriores, nas que se chegaron a presentar 6.500 carteis publicitarios asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

A empresa vinícola española TERRAS GAUDA presenta o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", ao que se convocan máis de 65.000 artistas gráficos, obradoiros de debuxo e universidades de 180 países de todo o mundo, que nas súas 7 primeiras edicións deu reunido a vangarda do debuxo internacional.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores, que terán a oportunidade de participar no único concurso destas características que organiza unha empresa vinícola a escala internacional.

Pep Carrió, un prestixioso debuxante gráfico cunha importante carreira profesional, tanto a escala nacional como internacional, formará parte do xurado deste ano, que terá como testemuñas outros recoñecidos debuxantes que xa participaron en edicións anteriores, como son Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Nas 7 primeiras edicións do concurso concorreron máis de 6.500 obras de artistas de 70 países de todo o mundo. O primeiro premio gañouno a pasada edición o debuxante Taber Calderón (de EUA), cunha obra que foi seleccionada entre as 1.400 presentadas e asinadas por prestixiosos artistas gráficos de distintos países, por exemplo Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, Principado de Andorra, Porto Rico, República Surafricana ou Suecia.

Bodegas TERRAS GAUDA conta con 160 hectáreas de viñedos propios en Galicia (España) e comercializou o ano pasado en 36 mercados de Europa, Asia e América máis de 1,5 millóns de botellas dos tres viños albariños: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

comunicacion@terrasgauda.com
www.franciscomantecon.com

 

Medio: LA VOZ DEL INTERIOR
Sección: Economía
Data: 19/07/09
País: Arxentina

EVENTOS

Adega española convoca deseñadores de todo o mundo Ver nova

A adega española Terras Gauda realizará o 8º concurso internacional de cartelismo publicitario Francisco Mantecón, polo que repartirá 14 mil euros en premios. Nas edicións anteriores, concursaron 6.500 carteis asinados por artistas gráficos dos cinco continentes, concentrando a vangarda do deseño internacional. En 2008, a adega vendeu 1,5 millóns de botellas.
Informes: comunicacion@terrasgauda.com

 

Medio: DIARIO EL MERCURIO
Sección: Cultura
Data: 15/07/09
País: Ecuador

Concurso de Cartelismo Publicitario Ver nova

O 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega española TERRAS GAUDA, convida a participar máis de 1.800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Ecuador.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores, que terán a oportunidade de participar no único certame destas características organizado por unha adega a escala internacional. Máis información en www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com

 

Medio: ABC Hoy
Sección: Noticias de Tandil
Data: 13/07/09
País: Arxentina

CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO Ver nova

Convocatoria a deseñadores arxentinos de todo o país

A adega española Terras Gauda convoca máis de 4.500 deseñadores arxentinos a participar no 8º concurso Francisco Mantecón.

Bodegas TERRAS GAUDA, que repartirá 14.000 euros en premios, deu reunido a vangarda do deseño internacional nas anteriores edicións, nas que concursaron máis de 6.500 carteis asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

A adega española TERRAS GAUDA presenta o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo e que nas 7 primeiras edicións deu reunido a vangarda do deseño internacional.

Bodegas TERRAS GAUDA repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores, que terán a oportunidade de participar no único certame destas características organizado por unha adega a escala internacional.

Pep Carrió, prestixioso deseñador gráfico cunha importante traxectoria profesional nacional e internacional, formará parte do xurado este ano tomando a remuda doutras recoñecidas figuras do deseño que participaron en edicións anteriores, como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Máis de 6.500 obras de artistas de 70 países de todo o mundo concursaron nas 7 primeiras edicións do certame. O primeiro premio correspondeu o ano pasado ao deseñador neoiorquino Taber Calderón, cunha obra elixida entre 1.500 asinadas por prestixiosos artistas gráficos de diferentes países, como Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, Porto Rico, Principado de Andorra, Sudáfrica ou Suecia.

Bodegas TERRAS GAUDA conta con 160 hectáreas de viñedo propio en Galicia (España) e o ano pasado comercializou en 36 mercados de Europa, Asia e América máis de 1,5 millóns de botellas dos tres viños Albariños: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

 

Medio: AGDA Asutralian Graphic Design Association
Data: 26/06/09
País: Australia

Francisco Mantecón International Poster Design Competition – Call for entries Ver nova

Terras Gauda is inviting graphic designers and design students from all over the world to take part in their annual poster design competition, now in its 9th year.

The annual poster competition began in 2001 as a tribute to the artist Francisco Mantecón, who was responsible for designing the corporate image and artwork for Bodegas Terras Gauda, a Spanish based wine company.

Entrants can base their entries on a theme of their choice, but the concept should relate to white wines of the Albariño variety: Terras Gauda and Abadía de San Campio wines. Credit will be given for creativity and incorporation of the companys's logo into the design. The winning entry will form the basis of the company's advertising campaign for the next year.

First prize wins 10,000 euros, with two runners-up receiving 2,000 euros each.

Entries close at 6pm (Spanish time), on 30 September 2009.

For entry details and specifications, eligibility criteria and conditions, visit: www.franciscomantecon.com

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón - Convocatoria

Terras Gauda convida deseñadores gráficos e estudantes de deseño de todo o mundo a participaren no seu concurso anual de cartelismo publicitario, o cal vai xa pola súa novena edición.

Este concurso anual de cartelismo publicitario celebrouse por vez primeira no ano 2001 en homenaxe ao artista Francisco Mantecón, que foi o encargado de deseñar a imaxe corporativa e o material gráfico da empresa vinícola española Bodegas Terras Gauda.

No tocante á temática da obra, os participantes poderán elixir calquera tema, aínda que deberá gardar relación cos viños brancos da variedade Albariño: os viños Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valoraranse a creatividade e a inclusión do logotipo da empresa no deseño. A obra gañadora servirá como base para a campaña publicitaria da empresa durante o vindeiro ano.

Outorgarase un primeiro premio por valor de 10.000 euros e dous accésits por valor de 2.000 euros cada un.

A data límite de admisión de obras será o 30 de setembro ás 18 horas (hora española).

Se desexa obter información adicional e detallada, ou coñecer as condicións e as bases onde se estabelecen os requisitos necesarios para concursar, visite o sitio web: www.franciscomantecon.com

 

Medio: CITÉ DU DESIGN
Sección: Le concours 2009 (Os concursos 2009)
Data: 24/06/09
País: Francia

8ème CONCOURS INTERNATIONAL DE DESSINS D´AFFICHES PUBLICITAIRES FRANCISCO MANTECON Ver nova

Organisateur : Bodegas Terras Gauda S.A.
Thème : design graphique
Dates : avant le 30 septembre 2009 à 18h
Cible : Toute personne physique ou morale, sans autre limitation que celles imposées par la légalité en vigueur, pourra participer à ce concours
Descriptif :
Les originaux, qui devront être inédits, seront présentés ou envoyés (avec justificatif d'envoi, les participants qui le souhaiteront) aux établissements de Bodegas Terras Gauda à O Rosal (Galicia, l'Espagne).

Le thème sera libre et reflètera de préférence des aspects corporatifs de l'organisme organisateur, notamment, ceux relatifs à ses vins blancs de la varieté Albariño Terras Gauda et Abadía de San Campio. On évaluera positivement la créativité dans ce sens et l'insertion de l'anagramme de la société.

Bodegas Terras Gauda mettra à la disposition de tous les dessinateurs qui le demanderont l'anagramme de la société en système vectorisé en vue de l'appliquer dans les ouvrages, ainsi que des images de ses produits. Ils seront disponibles sur www.terrasgauda.com ET www.franciscomantecon.com.

Un prix et deux accessits seront décernés. Les dotations économiques seront les suivantes:
10.000 (DIX MILLE) euros pour le premier prix
2.000 (DEUX MILLE) euros pour chacun des deux accessits.
La cave se réserve le droit d'accorder une mention spéciale.

Contact :
http://www.franciscomantecon.com
ou
Bodegas Terras Gauda, S. A.
Téléphone +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200
Fax +0034 986 621 084
E-mail: comunicacion@terrasgauda.com

8º CONCURSO INTERNACIONAL DE CARTELISMO PUBLICITARIO FRANCISCO MANTECÓN

Organizador: Bodegas Terras Gauda S.A.
Tema: debuxo gráfico
Datas: antes do 30 de setembro de 2009 ás 18:00 horas.
Poderá participar neste concurso calquera persoa física ou colectiva, sen outras limitacións que as impostas pola legalidade vixente.
Descritivo:
Os orixinais, que deberán ser inéditos, presentaranse ou se enviarán (con xustificante de envío, os participantes que así o desexen) ás oficinas de Bodegas Terras Gauda no Rosal (Galicia, España).

O tema será libre e reflectirá preferentemente aspectos corporativos do organismo organizador, en especial os relacionados cos viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Avaliarase positivamente a creatividade neste sentido e a inserción do anagrama da empresa.

Adegas Terras Gauda porá ao dispor de todos os debuxantes que o soliciten o anagrama da empresa nun formato sectorizado, co fin de poder incluílo nas obras, así como as imaxes dos seus produtos. Estarán dispoñibles na web www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com.

Concederanse un premio e dous accésits. A dotación económica será a seguinte:
10.000 (DEZ MIL) euros para o primeiro premio
2.000 (DOUS MIL) euros para cada un dos dous accésits.
A adega reserva o dereito a conceder unha mención especial.

Contacto: http://www.franciscomantecon.com
ou
Bodegas Terras Gauda, S. A.
Teléfonos: +0034 986 621 111 / +0034 981 227 200
Fax: +0034 986 621 084
Correo electrónico: comunicacion@terrasgauda.com

 

Medio: UDB Union des Designes en Belgique
Data: 20/06/09
País: Bélxica

Award of 14.000 euros Ver nova

THE SPANISH WINERY TERRAS GAUDA HAS CALLED UPON MORE THAN 65.000 DESIGNERS FROM 180 COUNTRIES AROUND THE WORLD TO PARTICIPATE IN THE 8TH EDITION OF THE FRANCISCO MANTECÓN COMPETITION

TERRAS GAUDA wineries, which will award 14.000 euros in prize money, has united those on the cutting edge of international design from earlier editions, in which more than 6.500 posters competed, signed by graphic artists from all five continents.

The Spanish winery TERRAS GAUDA presents the 8th Edition of the Francisco Mantecón International Advertising Poster Design Competition, calling upon more than 6.500 graphic artists, design studios and universities in 180 countries throughout the world. In its first seven editions, this competition managed to assemble the cutting edge of international design.

TERRAS GAUDA wineries has increase the prize amount, and will award 14.000 euros in cash to the winners, who will have the opportunity to participate in the only competition of this kind organized by a winery at an international level.

Pep Carrió, a prestigious graphic designer with significant national and international career experience, will participate on the panel of judges this year, taking over for other well-known figures in the world of design who participated in the previous editions, such as Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer and Manuel Estrada.

Over 6.500 works from artists from 70 countries around the world have competed in the first seven editions of this competition. Last year, the first prize was awarded to the designer Taber Calderón (New York) , for his work which was selected among 1.500 others signed by prestigious graphic artists from different countries such as Armenia, Bangladesh, Cyprus, South Korea, the Philippines, Greece, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Latvia, Malta, Nicaragua, Nigeria, New Zealand, Pakistan, Paraguay, the Principality of Andorra, Puerto Rico, South Africa and Sweden.

TERRAS GAUDA wineries owns 160 hectares of their own vineyards in Galicia (Spain). Last year alone, in 36 markets in Europe, Asia and America, they marketed over 1.5 million bottles of their three Albariñowines: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA BLACK LABEL and ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Website: http://www.franciscomantecon.com
Inschrijven: comunicacion@terrasgauda.com

Premio de 14.000 euros

A ADEGA ESPAÑOLA TERRAS GAUDA CONVOCOU MÁIS DE 65.000 DESEÑADORES DE 180 PAÍSES DE TODO O MUNDO A PARTICIPAREN NA 8ª EDICIÓN DO CONCURSO FRANCISCO MANTECÓN

Bodegas TERRAS GAUDA, que concederá premios por un valor total de 14.000 euros, deu unido a vangarda do deseño internacional en anteriores edicións, nas que competiron máis de 6.500 carteis, asinados por artistas gráficos dos cinco continentes.

A adega española TERRAS GAUDA presenta o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que convoca máis de 6.500 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo. Nas súas anteriores sete edicións, este concurso deu reunido a vangarda do deseño internacional.

Bodegas TERRAS GAUDA aumentou o valor do premio e entregará 14.000 euros en efectivo aos gañadores, os cales terán a oportunidade de participar no único concurso deste tipo organizado por unha adega a escala internacional.

Pep Carrió, un prestixioso deseñador gráfico cunha importante carreira tanto a escala nacional como internacional, será un dos membros do xurado deste ano, ocupando o lugar doutras coñecidas figuras do mundo do deseño que participaron en anteriores edicións, como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Isidro Ferrer e Manuel Estrada.

Nas anteriores sete edicións deste concurso participaron máis de 6.500 obras de artistas procedentes de 70 países de todo o mundo. Na edición do ano pasado, o gañador do primeiro premio foi Taber Calderón (Nova York), por unha obra seleccionada de entre outras 1.500 realizadas por prestixiosos artistas gráficos de distintos países, como Armenia, Bangladesh, Chipre, Corea do Sur, Filipinas, Grecia, Hong Kong, Indonesia, Kuwait, Letonia, Malta, Nicaragua, Nixeria, Nova Zelandia, Paquistán, Paraguai, o Principado de Andorra, Porto Rico, Sudáfrica e Suecia.

Bodegas TERRAS GAUDA posúe 160 hectáreas de viñedos na rexión de Galicia (España). Só no último ano, estas adegas deron comercializado en 36 mercados de Europa, Asia e América máis de 1,5 millóns de botellas dos seus tres viños Albariño: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO.

Sitio web: http://www.franciscomantecon.com
Inschrijven: comunicacion@terrasgauda.com

 

Medio: BURG Giebichenstein Hochsule für Kunst und Design Halle
Data: 25/05/09
País: Alemaña

8. Internationaler Wettbewerb für Plakate "Francisco Mantecón" Ver nova

Einsendeschluss: 30. September 2009

8. Internationaler Wettbewerb für Plakate Francisco Mantecón

Die Designpreise für Werbeplakate "Francisco Mantecón" sind eine Huldigung an diesen Mann, an diesen lieben Freund und an den unvergleichlichen Schöpfer und Künstler, der mit seinem Talent und seinem einzigartigen Genie alles verzauberte, was mit dem Image der Bodegas Terras Gauda seit ihrer Gründung zusammenhängt. Aus tiefem Respekt für sein Werk sollen auch den neuen Künstlern Horizonte geöffnet werden.

Francisco Mantecón wurde in Vigo im Jahre 1948 geboren. Nach Abschluß seines Studiums der Schönen Künste in der Schule San Jorge in Barcelona nahm er an mehr als 100 individuellen und kollektiven Ausstellungen teil und entwickelte eine intensive Aktivität als Dozent und auf kreativem Gebiet. Er war Mitglied der Atlántida-Gruppe und auch in anderen avantgardistischen Bewegungen aktiv. Er war besessen vom Perfektionismus des Hintergrunds und der Form, aufgrund seiner Kultur, Kreativität und seines Talentes wurde er eine unbestreitbare Referenz in der Welt der Plastischen Künste und des Grafikdesigns in Galicien.

Weitere Informationen sowie die genauen Teilnahmebedingungen finden Sie unter:
Links: www.franciscomantecon.com

8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón"

Data de admisión das candidaturas: 30 de setembro de 2009

8º Concurso International de Cartelismo Publicitario «Francisco Mantecón»

Os premios para o deseño de carteis publicitarios son unha homenaxe a este home, amigo moi querido, creador e artista incomparable, que enfeitizou co seu talento e a súa mestría incomparable e que está ligado con todo aquilo que ten que ver coa imaxe de Bodegas Terras Gauda desde a súa fundación. Cun profundo respecto perante a súa obra, queremos así mesmo abrir horizontes aos novos creadores.

Francisco Mantecón naceu en Vigo no ano 1948. Despois de rematar a súa carreira en Belas Artes na Escola San Jorge en Barcelona, participou en máis de 100 exposicións individuais e colectivas, desenvolvendo unha intensa actividade como docente e destacando pola súa creatividade. Formou parte do grupo "Atlántida", participando ademais noutros movementos de vangarda. A súa obsesión por perfeccionar o fondo e a forma, grazas á súa cultura, á súa creatividade e ao seu talento, chegou a ser un referente indiscutible no mundo da plástica e do deseño gráfico en Galicia.

Para conseguir unha maior información e outros datos sobre as condicións de participación, poden consultar o seguinte sitio web:
www.franciscomantecon.com

 

Medio: EL TIEMPO LATINO
Sección: Sabor
Data: 24/04/09
País: EE.UU.

Terras GaudaPresenza de viños españois Ver nova

A adega Terras Gauda logra que Estados Unidos sexa un dos seus mercados fortes

El Tiempo Latino
Redacción

A clásica adega española Terras Gauda decidiu pisar forte en Estados Unidos logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A adega aumentou un 3,7 por cento o seu caudal de exportación ao país durante 2008, ao comercializar 1.445.442 botellas de viño. Con esta cifra, o país pasou a ser un dos seus mercados máis importantes.

Terras Gauda ten a súa sede en Galicia, e desde alí exporta a mercados tan diversos como Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela. Dentro da península Ibérica, vende os seus viños con presenza forte en Andalucía, Levante e Madrid.

A denominación de orixe "O Rosal" refírese a unha rexión do sur de Galicia, fronteiriza con Portugal, onde se cultiva un tipo de uva que dá un viño branco moi apreciado. Xunto co "Albariño", compón un dos viños galegos de maior proxección a escala internacional.

 

Medio: ON DISEÑO
Data: Septiembre 2009
País: España

Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Na súa oitava edición, o concurso propón o deseño dun cartel publicitario que será a imaxe desta adega durante o vindeiro ano en España e no mercado internacional. O tema do concurso será libre e deberá reflectir aspectos corporativos da entidade, especialmente os relativos aos seus viños brancos. Así mesmo, valorarase o encaixe do logotipo da empresa no cartel, que poderá ser realizado con calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática. O xurado, que contará con Pep Carrió (Estudio Carrió Sánchez Lacasta) como deseñador de referencia, outorgará un primeiro premio dotado con dez mil euros e dous accésits, dotados con dous mil euros cada un. O certame está aberto a artistas, deseñadores e estudios de todo o mundo e o seu obxectivo é contribuír á recuperación do cartelismo. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro de 2009.

Bodegas Terras Gauda. Pontevedra
www.franciscomantecon.com

 

Medio: ÉPOCA
Sección: La Vida (A Vida)
Data: 01/08/09
País: España

Concurso de cartelismo publicitario Ver nova

BODEGAS Terras Gauda reuniu en xullo no Hotel Ritz de Madrid máis de 300 personalidades do mundo cultural, político e diplomático na presentación do oitavo concurso internacional de cartelismo publicitario Francisco Mantecón, ao que están convocados máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de 180 países de todo o mundo. Bodegas Terras Gauda repartirá 14.000 euros en metálico en premios nesta edición do concurso, cuxo prazo para presentar as obras remata o vindeiro 30 de setembro.

 

Medio: YO DONA
Sección: Apuntes
Data: 18/07/09
País: España

máis que albariño

TERRAS GAUDA Ver nova

Un albariño con carácter (o seu ADN contén tamén uvas Loureira e Caíño Branco) para engalanar e refrescar calquera comida, quer na praia, quer na montaña (10.50€) Terras Gauda

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 18/07/09
País: España

Viños de Terras Gauda acadan varios premios internacionais Ver nova

R.G.
SANTIAGO. O Pittacum Barrica, da adega berciana de Terras Gauda, conseguiu unha Medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruxelas e unha de Prata nun certame celebrado en Nova York, onde o Albariño Abadía de San Campio logrou outro galardón.

Os viños da adega conseguiron tres novos premios en prestixiosos concursos internacionais. O Albariño Abadía de San Campio recibiu a Medalla de Prata no Finger Lakes International Wine Competition, celebrado en Nova York, onde o Pittacum Barrica 2006, da adega berciana de Terras Gauda, logrou o mesmo galardón.

No Finger Lakes International Wine Competition os produtos destas adegas competiron con prestixiosos viños de países de todo o mundo, que foron valorados por un xurado composto por expertos catadores de Francia, Reino Unido, Alemaña, Australia, Canadá, Estados Unidos e España.

O Pittacum Barrica 2005 recibiu, ademais, a Medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruxelas perante un xurado composto por 250 catadores internacionais de 41 nacionalidades diferentes.

 

Medio: DIEZ MINUTOS
Sección: de Viaje (de Viaxe)
Data: 08/07/09
País: España

Cita para artistas

Concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Xa está en marcha o 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón convocado por Bodegas Terras Gauda. Máis de 6.500 carteis de prestixiosos deseñadores de 70 países de todo o mundo participaron nas sete edicións anteriores. Bodegas Terras Gauda concederá un premio de 10.000 euros ao gañador e dous accésits de 2.000 euros. Poderás presentar os teus traballos até o vindeiro 30 de setembro.

Concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón. Bodegas Terras Gauda. Pontevedra.
Aberto o prazo até o 30 de setembro.
Información e bases do concurso en www.franciscomantecón.com

 

Medio: DIARIO DE AVISOS
Sección: Cultura
Data: 17/07/09
País: España

GALICIA

Terras Gauda convoca os artistas gráficos das Illas Ver nova

Bodegas Terras Gauda, de Galicia, convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades das Illas Canarias ao VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios. En total están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores de 180 países.

 

Medio: LA OPINIÓN DE MURCIA
Sección: Sinfin
Data: 01/08/09
País: España

Concurso

A cita do cartel Ver nova

P.H.
Máis de 600 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Murcia están convocados a participar no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, promovido por Bodegas Terras Gauda. Así o sinalou onte a organización nun comunicado no que ademais informou de que se repartirán 14.000 euros en metálico en premios.

As mesmas fontes anunciaron que se espera a participación de máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión internacional polo envío de información a máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo.

Profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. Este ano exercerá esta función o deseñador Pep Carrió, do estudio Carrió Sánchez Lacasta, que, entre outros premios, obtivo o Graphis Poster 2010 Gold Award. O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén será xurado logo de gañar o concurso o ano pasado. O cartel asinado por Calderón, que está a ser imaxe da adega este ano, foi elixido entre máis de 1.400 obras de países como Cuba, Corea, Mauricio, Nicaragua, Xapón e Xeorxia, entre outros.

A elevada presenza de artistas de prestixio contribuíu a que este concurso se situase «como unha das grandes citas anuais do deseño gráfico internacional», destacou a organización. Tamén influíu a importante difusión nos medios internacionais. Só nas dúas últimas edicións publicáronse 370 noticias sobre o concurso en medios de carácter xeral, especializados e páxinas web de países de todo o mundo.

O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Os interesados poden obter máis información na seguinte páxina: www.franciscomantecon.com.

 

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: La Mirilla (A Mira)
Data: 24/06/09
País: España

Terras Gauda abre o escaparate das tendencias de deseño gráfico Ver nova

CRONICA
Soledad Antón

O premio Francisco Mantecón volve subir o pano. Por oitavo ano consecutivo Terras Gauda abre este escaparate internacional de tendencias en deseño gráfico no que rematou por se converter o certame. Coa comprensible satisfacción dos seus inventores, que ven como cada ano que pasa medra o seu prestixio dentro e fóra de España.

En total están convidados a participar 65.000 artistas gráficos de 180 países. Nos sete anos precedentes xa o fixeron máis de 6.500. Algunhas obras chegaron desde ben lonxe (Xapón, Estados Unidos, Singapur, Lituania, Australia...); outras desde moito máis preto, mais cun denominador bastante común: a calidade e a creatividade. De feito o xurado anda de cabeza para elixir unha obra entre tan prolixa produción.

Froito de tantas dificultades como atopan os xuíces, sempre comandados por José María Fonseca, terminaron por decidir conceder senllos accésits. Como tampouco semellaba abondo dada a avalancha de creatividade que reciben cada ano, o pasado acordaron organizar unha exposición coas 35 obras finalistas. Se a recepción de orixinais segue a medrar de xeito tan exponencial como o fixo até o de agora terán que pensar en ampliar a mostra. Tempo ao tempo.

Un acerto para impulsar o certame no seu día (hoxe xa é suficientemente coñecido) foi contar con padriños tan relevantes como Javier Mariscal, Óscar Mariné ou Manuel Estrada, que formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. O padriño deste ano será Pep Carrió, cuxo currículo está trufado de premios. As súas imaxes, por exemplo, ilustran a biblioteca Vargas Llosa da editorial Alfaguara. Asinou así mesmo traballos para organismos tan variados como o Ministerio de Cultura, o Banco de España ou o Museo Thyssen.

Ademais do propio Fonseca e de Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón, o único que ten garantida unha praza fixa no xurado é o gañador do ano anterior. Iso implica que nesta ocasión percorrerá de punta a cabo a adega rosaleira (é onde se instalan os incontables paneis callados de carteis) o neoiorquino Taber Calderón, que foi o último en embolsar o cheque dos 10.000 euros. Aínda que, en realidade, foi o primeiro que o fixo, xa que até o 2008 a dotación do premio era de 6.000 euros.

Os potenciais interesados teñen de prazo até o próximo 30 de setembro para presentar os traballos. As respostas a calquera dúbida que se lles presenten poden atopalas na páxina web da adega. Sorte.

 

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad
Data: 24/06/09
País: España

Terras Gauda convoca o premio Mantecón a 65.000 deseñadores Ver nova

A adega convida artistas gráficos de máis de 180 países a participaren no concurso e crearen o seu novo cartel publicitario

ANA SAÁ . Vigo
Máis de 65.000 artistas gráficos de 180 países diferentes están chamados ao 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, dotado cun premio de 10.000 euros e que busca unha nova imaxe para dar publicidade á adega do Baixo Miño Terras Gauda. «A contundencia e a plasticidade dunha imaxe nun cartel é única», sinalou José María Fonseca, presidente de Terras Gauda, onte na presentación da convocatoria.

Os estudios e as escolas de Arte e Deseño e as universidades de Belas Artes dos cinco continentes participarán nesta nova edición. O presidente de Terras Gauda lembrou que os últimos tres carteis gañadores pertencían a estudios de deseño internacional.

«Unha imaxe vale máis que mil palabras e o cartel que buscamos ten que chamar a atención e ademais debe asociarse aos nosos produtos», explicou José María Moretón.

Pola súa banda, o director xeral da adega, Enrique Costas, lembrou a esencia para o cartel de Terras Gauda. «É moi importante a frescura e a diversidade de estilos», asegurou.

O prazo de presentación das obras remata o 30 de setembro. O gañador percibirá un premio de 10.000 euros e a adega concederá dous accésits de 2.000 euros cada un. Entre os membros do xurado atópase Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón.

 

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: Área Netropolitana
Data: 12/05/09
País: España

Ouro de Bruxelas para Terras Gauda Ver nova

O Pittacum Barrica 2006 logra o recoñecemento dos 250 expertos catadores de todo o mundo que participaron no certame máis importante de Europa

REPORTAXE
M.Torres

O ROSAL | Con 19 anos de vida e máis de 150 premios no seu currículo, a adega Terras Gauda vai camiño de igualar a súa colleita no campo coa do seu palmarés.

O "Pittacum Barrica 2006" acaba de entrar pola porta grande ao se facer coa Medalla de Ouro no concurso mundial de Bruxelas. Un certame creado por Louis Haraux en 1994 e que, na actualidade, está no podio dos certames máis importantes relacionados co viño no ámbito internacional.

250 expertos catadores de todo o mundo avalaron a calidade do Mencía que Terras Gauda cultiva en terras do Bierzo. Pittacum medíase con 6.289 viños e espirituosos provenientes de 54 países produtores, polo que a medalla certifica as súas indiscutibles calidades organolépticas. No certame, que durou tres días, abríronse máis de 24.000 botellas, realizáronse máis de 6.000 catas e consumíronse máis de 4.500 litros de viño.

Pittacum Barrica xa conseguira o ano pasado unha máis ca honrosa medalla de Prata neste certame que agora acaba de conquistar este Mencía que, curiosamente, se vinifica por separado, segundo explicaba onte o director técnico da casa, Emilio Rodríguez. Terras Gauda comercializa cada ano preto de 150.000 botellas de Pittacum Barrica (fronte ás 7.000 do Aurea). «Un mencía que provén de moitas parcelas do Bierzo, situadas en diversas parcelas con características distintas, polo que se vinifica por separado para rendibilizar as súas características», sinalou Emilio Rodríguez.

ABADÍA DE SAN CAMPIO
Albariño monovarietal
Na lista dos 100 mellores do mundo. Agora acaba de se facer cunha Prata en Nova York.
PITTACUM
Mencía
Dos viñedos do Bierzo. Medalla de Ouro no concurso mundial de Bruxelas e Prata en Nova York.

Pittacum Barrica fixo dobrete porque tamén conseguiu unha medalla; neste caso de Prata na "Finger Lakes International Wine Competition", celebrada en Nova York.

Pero a lista de premios non se detén, porque Abadía San Campio, que xa atesoura máis de 120 galardóns e distincións colleitos nos principais certames do mundo desde que se puxo no mercado, aló polo ano 2001, tamén trouxo de Nova York un título de Prata para a casa.

O ano pasado, foi este varietal albariño, que xa posuía o título de "Wine of the Year", polo que se lle outorgou o posto número doce dunha selecta lista integrada polos cen mellores viños do mundo, o que conseguiu o ouro en Bruxelas para Terras Gauda.

Exportacións

A adega Rosaleira mantén ademais o seu ritmo de crecemento de vendas. Malia o descenso de consumo de viños xeneralizarse nos últimos anos, as grandes adegas non só se manteñen senón que expanden a súa comercialización por medio mundo. Do que se deduce que a calidade lle gaña a batalla á crise.

A adega, que comercializa os seus viños Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio en 36 mercados internacionais, incrementou un 33% as exportacións o ano pasado. Captou novos mercados en Asia (Hong Kong, Filipinas, Vietnam ou Laos) e Europa e reforzou a súa posición en EUA após asinar unha nova alianza con Codorníu. Pola súa banda Bodegas Pittacum, que forma parte do grupo desde o 2002, está presente en 24 mercados e incrementou un 80% o nivel de exportacións no 2008.

A súa calidade está avalada por palmarés e consumo; o mellor premio para o seu buque insignia, que nunca se presenta a concurso.

 

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección: Sociedad
Data: 12/05/09
País: España

Recoñecemento internacional para dous viños de Bodegas Terras Gauda Ver nova

ENOLOXÍA » O Pittacum Barrica e o albariño Abadía de San Campio reciben tres premios nos certames de Bruxelas e Finger Lakes » Máis de 6.200 referencias de 54 países participaron no Concurso Mundial en Bélxica.

AGN. SANTIAGO

Dous viños de Bodegas Terras Gauda, o Pittacum Barrica e a Abadía de San Campio, recibiron tres premios en prestixiosos concursos internacionais, segundo informou onte a empresa. Así, o albariño Abadía de San Campio acadou a medalla de prata no Finger Lakes International Wine Competition, mentres que o Pittacum Barrica conseguiu a medalla de Ouro no Concurso Mundial de Bruxelas e a medalla de prata do Finger Lakes International Wine Competition.

Segundo sinala Bodegas Terras Gauda, máis de 6.200 viños de cincuenta e catro países de todo o mundo participaron no Concurso Mundial de Bruxelas, creado en 1994, e ao que anualmente se presentan as adegas máis recoñecidas.

Viños prestixiosos

No Finger Lakes International Wine Competition os viños de Adegas Terras Gauda competiron con prestixiosos viños de países de todo o mundo, que foron valorados por un xurado composto por expertos catadores de Francia, Reino Unido, Alemaña, Australia, Canadá, Estados Unidos e España.

Terras Gauda, que comercializa viños baixo as denominacións Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio, aumentou un 33 por cento as exportacións o ano pasado, no cal captou novos mercados en Asia e Europa e reforzou a súa presenza en Estados Unidos.

Bodegas Pittacum forma parte de Bodegas Terras Gauda desde o ano 2002, e está presente nun total de vinte e catro mercados internacionais. O ano pasado esta adega incrementou un 80% o nivel de exportacións.

 

Medio: LA TRIUNA DE ALBACETE
Sección: Vivir
Data: 13/08/09
País: España

PREMIOS

Bodegas Terras Gauda convoca o oitavo concurso internacional de cartelismo Ver nova

REDACCION | ALBACETE

Máis de 6.500 carteis procedentes de 70 países de todo o mundo participaron nas sete primeiras edicións do Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón, que cada ano amosa a evolución do cartelismo internacional na sociedade actual.

Bodegas Terras Gauda convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Castela-A Mancha ao Oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios. En total están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e Universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O Premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión nos medios internacionais polo envío de información a unha base de máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo, e converteuse en escaparate das tendencias de deseño gráfico internacional, contribuíndo a recuperar a vixencia do cartelismo na sociedade actual.

Profesionais da relevancia de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. No Oitavo Concurso Francisco Mantecón exercerá esta función o prestixioso deseñador Pep Carrió, do Estudio Carrió Sánchez Lacasta. O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén formará parte do xurado ao ser o gañador do concurso en 2008. O cartel asinado por Calderón que está a ser a imaxe da adega este ano foi elixido entre máis de 1.400 obras de países como Cuba, Corea, Mauricio, Nicaragua, Paquistán, Serbia, Singapur, Sudáfrica, Xapón ou Xeorxia.

A elevada presenza de artistas ligados a universidades e escolas de deseño contribuíu a que o Concurso Francisco Mantecón se situase xa como unha das grandes citas anuais do deseño gráfico internacional, e a recepción de obras para o mesmo remata o 30 de setembro de 2009.

 

Medio: MÁLAGA HOY
Sección: Vivir en Málaga
Data: 12/08/09
País: España

Concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón Ver nova

Bodegas Terras Gauda convoca o oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en premios. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro. Nas anteriores edicións, o xurado estivo formado por deseñadores como Javier Mariscal e Alberto Corazón.

CONVOCATORIA

Máis información e bases na web www.franciscomantecon.com

 

Medio: DIARIO DE SEVILLA
Sección: Vivir en Sevilla
Data: 28/07/09
País: España

Concurso de cartelismo Ver nova

Bodegas Terra Gauda convoca o VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en premios. Entre o xurado do certame destaca o deseñador Pep Carrió.

PRESENTACIÓN

Até o 30 de setembro. Máis información: "www:franciscomantecon.com".

 

Medio: LANZA
Sección: Ciudad Real
Data: 21/07/09
País: España

VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario con máis de 14.000 euros en premios Ver nova

LANZA/ CIUDAD REAL

Bodegas Terras Gauda convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Castela-A Mancha ao VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios.

Uns premios que xa contaron con presenza de Ciudad Real. Así, dos máis de 1.400 carteis que se recibiron na pasada edición, 8 pertencían a artistas gráficos de Ciudad Real. Ademais no 2007 o cartel da deseñadora de Ciudad Real Carmen Lozano Hernández foi seleccionado finalista.

En total están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e Universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O Premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión nos medios internacionais polo envío de información a unha base de máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo, e converteuse en escaparate das tendencias do deseño gráfico internacional, contribuíndo a recuperar a vixencia do cartelismo na sociedade actual.

Profesionais da relevancia de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores.

No 8º Concurso Francisco Mantecón exercerá esta función o prestixioso deseñador Pep Carrió, do Estudio Carrió Sánchez Lacasta, que, entre outros premios, obtivo o Graphis Poster 2010 Gold Awards e dous Graphis Poster 2008-2009 Gold Awards.

O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén formará parte do xurado ao ser o gañador do concurso no 2008. O prazo para presentar as obras remata o 30 de setembro.

 

Medio: LA OPINIÓN DE TENERIFE
Sección: Gastronomía
Data: 14/07/09
País: España

Terras Gauda convoca a 800 canarios Ver nova

A OPINIÓN | Santa Cruz de Tenerife

A adega galega Terras Gauda convoca máis de 800 artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Canarias a participar do oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en premios. Toda a información está na web franciscomantecon.com. O prazo remata o 30 de setembro.

 

Medio: JAÉN
Sección: Cultura
Data: 14/07/09
País: España

CREADORES ANDALUCES

Concurso de arte gráfico Terras Gauda Ver nova

I. FRÍAS: JAÉN

Bodegas Terras Gauda convoca máis dun milleiro de artistas gráficos, estudios de deseño e universidades de Andalucía ao VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que repartirá 14.000 euros en metálico en premios.

Están chamados a participar máis de 65.000 deseñadores, prestixiosas asociacións nacionais e internacionais e Universidades de Belas Artes de 180 países de Europa, Asia, África, América e Oceanía.

O Premio Francisco Mantecón acada unha importante repercusión nos medios internacionais polo envío de información a unha base de máis de 10.400 medios de comunicación de todo o mundo, e é o escaparate das tendencias do deseño gráfico internacional, contribuíndo a recuperar a vixencia do cartelismo.

Profesionais da relevancia de Javier Mariscal, Alberto Corazón, Manuel Estrada e Isidro Ferrer formaron parte do xurado como deseñadores de referencia en edicións anteriores. No oitavo Concurso Francisco Mantecón exercerá esta función o prestixioso deseñador Pep Carrió, do Estudio Carrió Sánchez Lacasta. O deseñador neoiorquino Taber Calderón tamén formará parte do xurado ao ser o gañador do concurso no 2008. O cartel asinado por Calderón foi elixido entre máis de 1.400 obras procedentes de diversos países.

 

Medio: EL UNIVERSAL
Sección: Economía
Data: 24/04/09
País: Venezuela

Terras GaudaTerras Gauda fortalece o seu negocio Ver nova

A adega española Terras Gauda incrementou un 33% as exportacións no ano 2008, período no que captou novos mercados en Asia e Europa e aumentou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A adega aumentou un 3,7% a súa cifra de negocio o exercicio pasado, acadando os 9,21 millóns de euros ao comercializar 1.445.442 botellas de viño. O resultado superou os 900 mil euros.

Bodegas Terras Gauda, con sede en Galicia, realiza un 4,8% das exportacións da súa denominación de orixe e é líder en mercados exteriores de viños Rías Baixas en países como Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela.

A expansión internacional de Bodegas Terras Gauda coincide cun importante crecemento da cota de mercado no territorio español, onde os viños Albariño Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio se distribúen en todas as comunidades autónomas, e dunha forma moi importante en Andalucía, Levante e Madrid, onde é a primeira marca da Denominación de Orixe no sector da restauración media-alta.

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 21/04/09
País: España

Terras Gauda incrementou un 33 por cento as súas exportacións o pasado exercicio Ver nova

R.G.
SANTIAGO. Bodegas Terras Gauda incrementou un 33% as exportacións no ano 2008, no que abriu novos mercados en Asia (Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos) e Europa e aumentou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A adega aumentou un 3,7% a súa cifra de negocio o exercicio pasado, acadando os 9,21 millóns de euros ao comercializar 1.445.442 botellas de viño. O resultado superou os 900.000 euros.

Do mesmo xeito, rexistrou un importante aumento de vendas en Holanda (80%), Gran Bretaña (33%), Noruega (30%) e Irlanda (100%), e os seus viños comercialízanse xa en 36 mercados internacionais, sendo EUA, Canadá, Noruega, Suíza, Alemaña, Reino Unido, Holanda e México os seus principais mercados no exterior.

Terras Gauda realiza un 4,8% das exportacións da súa denominación de orixe e é líder en mercados exteriores de viños Rías Baixas en países como Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela. A expansión internacional da adega coincide cun importante crecemento da cota de mercado nacional, onde os viños Albariño Terras Gauda, Etiqueta Negra e Abadía de San Campio se distribúen en todas as comunidades autónomas, e dunha forma moi importante en Andalucía, Levante e Madrid, onde é a primeira marca da Denominación de Orixe (D.O) no sector da restauración media-alta.

A facturación global do grupo, composto por Bodegas Terras Gauda, Bodegas Pittacum e a conserveira vexetal A Rosaleira, acadou os 10,38 millóns de euros, un 2,52% máis ca no 2007. O equipo humano do grupo está composto por 74 profesionais.

Bodegas Pittacum (Denominación de Orixe Bierzo), que forma parte da matriz desde o 2002, tamén conseguiu resultados moi positivos no 2008, incrementando un 80% as exportacións, que xa supoñen o 30% das vendas. O exercicio pasado captou 9 novos mercados.

 

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección: Economía
Data: 21/04/09
País: España

Terras Gauda aumenta un 33% a exportación e chega até Hong Kong Ver nova

VITICULTURA » A adega das Rías Baixas gaña adeptos en EUA e aterra en Filipinas, Vietnam, Laos e Chipre.

Bodegas Terras GaudaREDACCIÓN . SANTIAGO
En Terras Gauda pódese cantar o clásico Crisis, what crisis? do grupo Supertramp. Nun 2008 de convulsións económicas mundiais, a adega aumentou un 3,7% a súa cifra de negocio, acadando os 9,21 millóns de euros. As súas vendas ao exterior disparáronse un 33% nun ano no que abriu novos mercados en Asia (Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos) e Europa (Chipre) e aumentou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A empresa comercializou 1.445.442 botellas de viño, co que logrou un resultado superior aos 900.000 euros.

Terras Gauda rexistrou un importante aumento de vendas en Holanda (80%), Gran Bretaña (33%), Noruega (30%) e Irlanda (100%), e os seus viños comercialízanse xa en 36 mercados internacionais, sendo EUA, Canadá, Noruega, Suíza, Alemaña, os Países Baixos e México os seus principais mercados no exterior.

A adega do val do Rosal realiza un 4,8% das exportacións de Rías Baixas, e é líder en mercados exteriores de viños da denominación en Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela.

A expansión internacional do grupo que preside José María Fonseca coincide cun gran crecemento en cota de mercado en España, onde os viños Albariño Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e Abadía de San Campio se distribúen en todas as autonomías, e dunha forma moi importante en Andalucía, Levante e Madrid, onde é a primeira marca da Denominación de Orixe no sector da restauración media-alta.

Boa evolución de grupo

A facturación global do grupo, no que xunto a Terras Gauda se integran as Bodegas Pittacum e a conserveira vexetal A Rosaleira, acadou os 10,38 millóns, un 2,52% máis ca en 2007. O equipo humano total do grupo está composto por 74 profesionais.

Canto a Pittacum, da denominación de orixe do Bierzo, en 2008 deu incrementado un 80% as exportacións, que xa supoñen o 30% das vendas. Captou nove mercados –Xapón, Australia, Filipinas, Laos, Chipre, Cambodia, Corea e China– e logrou un importante aumento de presenza en Reino Unido, Suíza, Irlanda, Canadá e Cuba.

 

Medio: CUYO NOTICIAS
Sección: Viños
Data: 21/04/09
País: Argentina

A adega española Terras Gauda incrementou as súas exportacións en 2008 Ver nova

A adega española Terras Gauda aumentou un 33% as exportacións en 2008 abrindo novos mercados en Asia e Europa e aumentando a súa presenza en América.

Bodegas TERRAS GAUDA aumentou un 3,7% a cifra de negocio, acadando os 9,21 millóns de euros o exercicio pasado, no que se introduciu en Hong Kong, Filipinas, Vietnam, Laos e Chipre e reforzou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu.

A adega española incrementou un 33% as exportacións no ano 2008, no que captou novos mercados en Asia (Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos) e Europa (Chipre) e aumentou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A adega aumentou un 3,7% a súa cifra de negocio o exercicio pasado acadando os 9,21 millóns de euros ao comercializar 1.445.442 botellas de viño. O resultado superou os 900.000 euros.

Ademais rexistrou un importante aumento das vendas en Holanda (80%), Gran Bretaña (33%), Noruega (30%) e Irlanda (100%) e os seus viños comercialízanse xa en 36 mercados internacionais, sendo EUA, Canadá, Noruega, Suíza, Alemaña, Reino Unido, Holanda e México os seus principais mercados no exterior.

A empresa, con sede en Galicia, realiza un 4,8% das exportacións da súa denominación de orixe e é líder en mercados exteriores de viños Rías Baixas en países como Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela.

A expansión internacional da adega coincide cun importante crecemento da cota de mercado no territorio nacional, onde os viños Albariño TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA Etiqueta Negra e ABADÍA DE SAN CAMPIO se distribúen en todas as comunidades autónomas, e dunha forma moi importante en Andalucía, Levante e Madrid, onde é a primeira marca da Denominación de Orixe no sector da restauración media-alta.

A facturación global do grupo, composto por Bodegas Terras Gauda, Bodegas PITTACUM e a conserveira vexetal A ROSALEIRA, acadou os 10,38 millóns de euros, un 2,52% máis ca no 2007. O equipo humano do grupo está composto por 74 profesionais.

Bodegas PITTACUM, que forma parte de TERRAS GAUDA desde o 2002, tamén conseguiu resultados moi positivos no 2008, incrementando un 80% as exportacións, que xa supoñen o 30% das vendas. O exercicio pasado captou 9 novos mercados (Xapón, Australia, Filipinas, Laos, Chipre, Cambodia, Corea e China) e logrou un importante aumento de presenza en Reino Unido, Suíza, Irlanda, Canadá e Cuba.

 

Medio: DIARIO VARGAS
Data: 21/04/09
País: Venezuela

Abrindo novos mercados en Asia e Europa e aumentando a súa presenza en América

A adega española Terras Gauda aumentou un 33% as exportacións en 2008 Ver nova

Bodegas TERRAS GAUDA aumentou un 3,7% a cifra de negocio acadando os 9,21 millóns de euros o exercicio pasado, no que se introduciu en Hong Kong, Filipinas, Vietnam, Laos e Chipre e reforzou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu.

A adega española TERRAS GAUDA incrementou un 33% as exportacións no ano 2008, no que captou novos mercados en Asia (Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos) e Europa (Chipre) e aumentou a súa posición en EUA logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A adega aumentou un 3,7% a súa cifra de negocio o exercicio pasado, acadando os 9,21 millóns de euros ao comercializar 1.445.442 botellas de viño. O resultado superou os 900.000 euros.

Bodegas TERRAS GAUDA rexistrou un importante aumento das vendas en Holanda (80%), Gran Bretaña (33%), Noruega (30%) e Irlanda (100%) e os seus viños comercialízanse xa en 36 mercados internacionais, sendo EUA, Canadá, Noruega, Suíza, Alemaña, Reino Unido, Holanda e México os seus principais mercados no exterior.

Bodegas TERRAS GAUDA, con sede en Galicia, realiza un 4,8% das exportacións da súa denominación de orixe e é líder en mercados exteriores de viños Rías Baixas en países como Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela.

A expansión internacional de Bodegas Terras Gauda coincide cun importante crecemento da cota de mercado no territorio nacional, onde os viños Albariño TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA Etiqueta Negra e ABADÍA DE SAN CAMPIO se distribúen en todas as comunidades autónomas, e dunha forma moi importante en Andalucía, Levante e Madrid, onde é a primeira marca da Denominación de Orixe no sector da restauración media-alta.

A facturación global do grupo, composto por Bodegas Terras Gauda, Bodegas PITTACUM e a conserveira vexetal A ROSALEIRA, acadou os 10,38 millóns de euros, un 2,52% máis ca no 2007. O equipo humano do grupo está composto por 74 profesionais.

Bodegas PITTACUM, que forma parte de TERRAS GAUDA desde o 2002, tamén conseguiu resultados moi positivos no 2008, incrementando un 80% as exportacións, que xa supoñen o 30% das vendas. O exercicio pasado captou 9 novos mercados (Xapón, Australia, Filipinas, Laos, Chipre, Cambodia, Corea e China) e logrou un importante aumento de presenza en Reino Unido, Suíza, Irlanda, Canadá e Cuba.

Máis información: 981 227 200 / 686 164 413 Cooreo-e: comunicacion@terrasgauda.com

 

Medio: EXPANSIÓN
Sección: Galicia
Data: 21/04/09
País: España

Terras Gauda sitúa no exterior o 22% das súas vendas e impulsa
conservas "A Rosaleira" Ver nova

OS SEUS VIÑOS ESTREÁRONSE EN MERCADOS ASIÁTICOS E REFORZÁRONSE EN EAU

Grupo Terras GaudaA.C.Vigo
O mercado internacional xa absorbe entre o 22% e 23% das vendas da adega do Rosal (Pontevedra), que no último ano aumentou o seu volume de negocio un 3,7%, até os 9,21 millóns de euros con 1.445.442 botellas comercializadas. Os seus albariños Terras Gauda (normal e Etiqueta Negra) e Abadía de San Campio estreáronse en Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos, tamén nalgúns países de Europa (Irlanda), e reforzáronse en EUA. Para esta nación conta cun acordo de distribución con Codorníu e prepara unha campaña de promoción de tres meses para unha selección de Estados norteamericanos. «É o primeiro importador de viño e un mercado onde, cando menos, se consome tanto branco como tinto», explica Enrique Costas, o director xeral da adega.

O resultado da adega caeu un 10,8% – até os 900.000 euros– por mor do maior esforzo que require o mercado internacional e tamén o aumento de custos que «non repercutimos», indica. O beneficio do grupo tamén se rebaixou un 9,5% (1.054.144 euros).

Do seu bierzo Pittacum exporta case a terceira parte. Terras Gauda aumentou a súa participación do 65% ao 97% en Viñedos y Bodegas Pittacum, e tamén avanzou desde o 75% ao 82% en Conservas A Rosaleira. Nesta investirá 300.000 co fin de dobrar a súa capacidade de produción e lograr que acade o equilibrio orzamentario este mesmo ano.

A adega posúe o 9,85% do capital en autocarteira, co que podería dar entrada a un socio estratéxico que achegue músculo financeiro para materializar a compra dalgunha adega da denominación de orixe da Rioxa. «Este é un bo momento», sinala.

A adega segue atenta ás oportunidades que poidan xurdir en DO como a da Rioxa

 

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: Economía
Data: 21/04/09
País: España

Terras Gauda aumenta un 33% as exportacións e reforza a súa posición en Asia Ver nova

La Voz
REDACCIÓN | A empresa galega Bodegas Terras Gauda incrementou un 33% as exportacións no pasado 2008, o mesmo ano no que se introduciu nos novos mercados asiáticos, que inclúen o comercio de Hong Kong, Filipinas, Vietnam e Laos. Ademais, segundo os datos facilitados pola propia empresa, esta adega reforzou a súa posición en Europa e en Estados Unidos, xusto despois de asinar unha alianza coa firma Codorníu.

Terras Gauda aumentou un 3,7% a súa cifra de negocio durante o exercicio pasado, e acadou os 9,21 millóns de euros ao comercializar case un millón e medio de botellas de viño. A adegueira rexistrou tamén un importante aumento de vendas en Holanda, nun 80%; Gran Bretaña, un 33%; Noruega, un 30%; e Irlanda, que se duplicou. A facturación global do grupo, composto por Terras Gauda, Bodegas Pittacum e a conserveira vexetal A Rosaleira, acadou os 10,38 millóns de euros, un 2,52% máis ca no 2007.

 

Medio: EL TIEMPO LATINO
Sección: Sabor
Data: 17/04/09
País: EE.UU.

Presenza de viños españois

A adega Terras Gauda logra que Estados Unidos sexa un dos seus mercados fortes Ver nova

El Tiempo Latino
Redacción

A clásica adega española Terras Gauda decidiu pisar forte en Estados Unidos logo de asinar unha nova alianza con Codorníu. A adega aumentou un 3,7 por cento o seu caudal de exportación ao país durante 2008, ao comercializar 1.445.442 botellas de viño. Con esta cifra, o país pasou a ser un dos seus mercados máis importantes.

Terras Gauda ten a súa sede en Galicia, e desde alí exporta a mercados tan diversos como Noruega, Holanda, Rusia, Andorra e Venezuela. Dentro da península Ibérica, vende os seus viños con presenza forte en Andalucía, Levante e Madrid.

A denominación de orixe «O Rosal» refírese a unha rexión do sur de Galicia, fronteiriza con Portugal, onde se cultiva un tipo de uva que dá un viño branco moi apreciado. Xunto co «Albariño», compón un dos viños galegos de maior proxección no ámbito internacional.

 

« Anterior | Seguinte »