![]()
Xuño 2008
Medio: La Región
Sección: Ecoagro
Data: 7/06/08
Patentan a primeira levadura de albariño en Galicia A cotitularidade da investigación é compartida por Adegas Terras Gauda (51%) e polo CSIC (49%) Redacción: M.C. A adega de O Rosal convirtese así na única adega galega que dispón dunha levadura propia patentada. A cepa, seleccionada entre a súa propia colección de levaduras tras catro anos de investigación, permitirá mantener estable a calidade e aroma do viño en todas as suas añadas, independentemento do clima e a colleita. A investigación demostrou mediante probas de fermentación en laboratorio e adega, catas cegas e análise instrumental de aromas, que a levadura seleccionada reforzo extraordinariamente o carácter varietal e os aromas frutais dos viños desta adega. Calidade Ademáis garante a calidade controlando de xeito natural todos os compoñentes do proceso e equilibrando, e incluso reforzando, as características sensoriais do albariño. Os experimentos teñense levado a cabo no Instituto de Fermentaciones Industriales de Madrid e a Misión Biológica de Galicia, baixo a dirección dos investigadores do CSIC Alfonso V. Carrascosa y Carmen Martínez; e na adega experimental de Terras Gauda baixo a supervisión de Emilio Rodríguez, o seu director técnico. Na investigación tamén colaboraron a Xunta de Galicia. |
Adegas Terras Gauda disporá da primeira cepa de levadura enolóxica de Galicia patentada, aislada e seleccionada entre catro tipos diferentes do propio viñedo tras unha investigación de catro anos na que se demostrou que reforza o carácter dos seus viños e os aromas frutais. A cotitularidade da patente é compartida por Adegas Terras Gauda (51%) e polo CSIC (49%) |
![]() |
|
![]() |
Vendimia do 2008
A adega utilizará a grande escala a levadura ecotípica para a vendimia corresponde o presente exercicio. Xa durante a colleita de 2007 foi probada con resultados positivos, que corroboraron as investigación previas, xa que a levadura seleccionada logrou unha fermentación regular e progresiva, fundamental para conseguir os aromas básicos dos albariños, que se logran no proceso de fermentación.
A investigación permitirá a Terras Gauda manter a singularidad e unha mellora continua da calidade dos seus viños sin depender de factores externos.
A obtención da patente é unha mostra más da decidida aposta de Adegas Terras Gauda pola combinación I+D+i e un novo paso na colaboración entre o Consello Superior de Investigacións Científicas e a adega, xa iniciada con un proxecto anterior de selección clonal de uva albariño.
Medio: Expansión
Sección: Galicia
Data: 2/06/08
INICIATIVA PIONEIRA EN GALICIA
Terras Gauda patenta un lévedo de Albariño
A adega, cunha participación do 51%, e o CSIC, cun 49%, comparten a titularidade do proxecto dos viñedos da empresa
FÉLIX GARCíA. FERNÁNDEZ. A Coruña.
Bodegas Terras Gauda, pavillón galego creado en 1989, e o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) lanzaron a primeira patente dun lévedo illado do seu propio viñedo. A titularidade da patente é compartida pola adega, cunha participación do 51%, e o CSIC, cun 49%
Após catro anos de investigación e un investimento inicial de 65.000 euros, Emilio Rodríguez Canas, director técnico da adega, afirma que «é a primeira patente de lévedo de Albariño, o que vai aumentar o prestixio e a calidade dos nosos viños».
Rodríguez Canas explica que a adega «non vai comercializar esta patente como fan outras adegas, senón que se vai usar para os nosos propios viños. O obxectivo deste lévedo illado das nosas viñas é dar homoxeneizado os nosos viños nas sucesivas colleitas e así mitigar os cambios climáticos de cada ano, xa que, en Galicia, o tempo varía moito dunha colleita a outra».
A importancia deste lévedo é que «a base na elaboración do viño é a fermentación e aí o lévedo é básico. Este vainos homoxeneizar os recendos para que os clientes identifiquen mellor os nosos viños».
Rodríguez Canas explica que a elaboración deste lévedo «ten un custo adicional apenas perceptíbel na produción da adega, o que non vai influír no prezo final da botella de viño».
Patente pioneira
É a primeira patente na Denominación de Orixe e o proxecto custou 65.000 euros
O proxecto aspira a mellorar a calidade dos viños e potencia a imaxe de marca
Este lévedo mitiga os cambios climáticos entre colleitas, típicos das terras galegas
Bos resultados
Terras Gauda busca con esta patente, pioneira na Denominación de Orixe Rías Baixas e en toda Galicia, «mellorar a imaxe de marca. Non realizamos esta investigación para incrementar vendas, senón pola calidade. Aínda que é evidente que se incrementas o teu valor, melloras as vendas», afirma o director técnico de Terras Gauda, adega que destina o 1% do seu resultado anual a Investigación e Desenvolvemento (I+D). O obxectivo deste investimento é lograr un clon da uva Albariño.
Bodegas Terras Gauda elevou un 17,25% a cifra de negocio, acadando os 9 millóns de euros no exercicio pasado, un 17,25% máis ca no exercicio anterior, cun aumento do 12,16% no resultado, que ascendeu a 1,01 millóns de euros. En 2007 incrementou un 18% as exportacións reforzando a súa posición en EUA, Holanda e Reino Unido, e entrando en novos monopolios en Canadá.
«É un salto cualitativo importante»
Emilio Rodríguez Canas salienta a importancia desta patente na elaboración dos viños. «Hai que ter en conta que este lévedo illado é o mellor de catro diferentes variedades do noso viñedo», explica Rodríguez Canas. «Até o de agora, o que facíamos para elaborar un viño que nos servise como inicio da fermentación cando a uva chegaba á adega. Agora, este proceso vai ser substituído por este novo lévedo», afirma o director técnico de Terras Gauda. Este lévedo, segundo todos os ensaios realizados previamente á súa introdución no proceso de elaboración dos viños, non só homoxeneiza a estrutura dos viños, senón que contribúe na potenciación dos seus recendos, o que axuda a «acentuar a singularidade dos nosos viños», afirma Rodríguez Canas.
Maio 2008
Medio: Faro de Vigo
Sección: Economía
Data: 31/05/08
Patentan o primeiro lévedo de albariño illado do seu propio viñedo
Terras Gauda e o CSIC culminan 4 anos de traballo para manter a calidade e os recendos dos seus viños
Redacción / Vigo
Bodegas Terras Gauda e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) patentaron o primeiro lévedo de uva Albariño, que permitirá á adega manter a calidade dos seus viños en todas as anadas con independencia do clima e da colleita. A adega do Rosal é a única de Galicia que dispón dun lévedo propio patentado, seleccionado dos seus viñedos entre catro tipos diferentes, logo dunha investigación de catro anos. A cotitularidade da patente é compartida por Bodegas Terras Gauda, co 51%, e o CSIC (49%).
Os estudos demostraron con probas de fermentación en laboratorio e adega, catas cegas e análise instrumental de aromas que o lévedo seleccionado reforza extraordinariamente o carácter varietal e os recendos froiteiros dos viños destas adegas.
A adega sinala que a patente deste lévedo dos seus propios viñedos é un avance moi importante, porque garante a calidade controlando de xeito natural todos os compoñentes do proceso, e conseguiuse demostrar que equilibra as características sensoriais dos viños albariño da adega, e mesmo os reforza.
A investigación levouse a cabo na súa adega experimental, baixo a dirección de Emilio Rodríguez, director técnico da adega, e na Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Fermentacións Industriais do CSIC, coa dirección dos científicos Carmen Martínez e Alfonso V. Carrascosa, e coa colaboración da Xunta.
Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 30/05/08
Terras Gauda e o CSIC patentan o primeiro lévedo de Albariño
A adega disporá da primeira cepa enolóxica de Galicia, illada e seleccionada entre 4 tipos diferentes do propio viñedo
SANTIAGO. Bodegas Terras Gauda e o CSIC patentaron o primeiro lévedo de uva Albariño, que permitirá á adega manter a calidade e os recendos dos seus viños en todas as anadas con independencia do clima e da colleita. A adega do Rosal é a única en Galicia que dispón dun lévedo propio patentado, seleccionado dos seus viñedos entre 4 tipos diferentes, logo dunha investigación de 4 anos. A cotitularidade da patente é compartida pola adega (51%) e o CSIC (49%).
Os estudos demostraron con probas de fermentación en laboratorio e adega, catas cegas e análise instrumental de aromas que o lévedo seleccionado reforza extraordinariamente o carácter varietal e os recendos froiteiros dos viños destas adegas.
A adega utilizará a grande escala o lévedo ecotípico para a vendima de 2008. Na colleita do 2007 foi probado a grande escala con resultados positivos que corroboraron as investigacións previas, xa que o lévedo seleccionado logrou unha fermentación regular e progresiva, fundamental para conseguir os aromas básicos dos albariños, que se acadan no proceso de fermentación.
A patente deste lévedo dos propios viñedos Terras Gauda é un avance moi importante porque garante a calidade controlando de xeito natural todos os compoñentes do proceso, e conseguiuse demostrar que equilibra as características sensoriais dos viños Albariño da adega, e que mesmo os reforza.
A investigación, que permitirá manter a singularidade e unha mellora continua da calidade dos seus viños sen depender de factores externos, levouse a cabo na súa adega experimental, baixo a dirección de Emilio Rodríguez, director técnico da mesma, e na Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Fermentacións Industriais do CSIC, coa dirección dos científicos Carmen Martínez e Alfonso V. Carrascosa, e coa colaboración da Xunta.
Terras Gauda fixo unha forte aposta polo I+D+i desde a súa fundación, en 1989. A patente do lévedo ecotípico propio segue a liña de estudo do proxecto de selección clonal de uva Albariño, desenvolvido en colaboración co CSIC, co que a adega do Rosal foi pioneira.
Medio: La Voz de Galicia
Sección :Sociedade
Data: 30/05/08
O CSIC patenta con Terras Gauda o primeiro lévedo de uva albariño
Bodegas Terras Gauda e mais o Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) patentaron o primeiro lévedo de uva albariño, o que permitirá á empresa manter a calidade e o recendo dos seus viños en todas a anadas con independencia do clima e da colleita. O lévedo propio foi seleccionado entre catro tipos de viñedos da adega logo dunha investigación levada a cabo durante catro anos.
Os estudos realizados demostran que o lévedo reforza "extraordinariamente" o carácter varietal e os recendos froiteiros dos viños de Terras Gauda. A adega anunciou que utilizará a grande escala o chamado lévedo ecotípico para a vendima do 2008. Na colleita do pasado ano xa foi probado con resultados positivos que corroboraron as investigacións previas, xa que logrou unha fermentación regular e progresiva, «fundamental para conseguir os recendos básicos dos albariños, que se acadan no proceso de fermentación».
A investigación que, segundo Terras Gauda, permitirá «manter a singularidade e unha mellora continua da calidade dos viños sen depender de factores externos» levouse a cabo na adega experimental da empresa baixo a dirección do director técnico Emilio Rodríguez e a Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Fermentacións Industriais, ambos organismos do CSIC, baixo o control dos científicos Carmen Martínez e Alfonso V. Carrascosa.
Medio: In Europ@ Online
País: Italia
Data: 19/05/08
economia
The spanish winery Terras Gauda increased their wine marketing by 23.6%
Terras Gauda wineries increased their business figures by 17.25%, reaching 9 million euros during the last fiscal year. An 18% increase in exports strengthened their position in the U.S.A. as they began to participate in new monopolies in Canada
The Spanish winery Terras Gauda increased the marketing of their wines by 23.6% in 2007, during which time they attained business figures of around 9 million euros, 17.25% more than during the previous fiscal year, with an increase of 12.16% in gross profits, which reached 1.01 million euros.
Terras Gauda wineries, whose products are present in over 30 international markets in America, Europe and Asia, increased their exports by 18% over the last fiscal year. During this time, they also signed new global distribution agreements for Canada, entering into the SAQ and LCBO monopolies. They also strengthened their position in the U.S.A., having reached a distribution agreement with the company A.V. Brands, a member of the Spanish Codorniu group.
The Spanish company marketed over 1.4 million bottles of Terras Gauda, Terras Gauda black label and Abadía de san campio Albariño wines, experiencing significant increases in markets in Holland (53%) and the United Kingdom (42%).
Terras Gauda wineries, which own more than 160 hectares of vineyards in the O Rosal valley (Galicia), continue to have a firm commitment to R+D+I in order to promote the quality and unique character of their wines.
Terras Gauda wineries diversified their business line over the last fiscal year through the acquisition of 75% of A Rosaleira, the oldest vegetable canning company in Galicia, founded in 1940, which markets high-quality traditional products. The winery´s goal is to expand its range of products and position the A Rosaleira brand in delicatessen shops and gourmet sections of large retail outlets, while maintaining and strengthening its traditional product philosophy.
The group's overall billing, which includes © wineries, Pittacum wineries and A Rosaleira, reached 10.12 million euros in 2007, with a staff of 80 professionals and gross profits of 1.165 million euros.
Pittacum wineries, which have formed part of Terras Gauda since 2002, also experienced significant growth on both domestic and international markets, with their Pittacum barrica, and Pittacum Aurea Mencia wines and Tres Obispos rosé wines now being sold in over 20 foreign countries.
A adega española Terras Gauda aumentou a súa comercialización de viños nun 23,6%
A adega Terras Gauda incrementou a súa cifra de negocios nun 17,25%, acadando os 9 millóns de euros durante o último ano fiscal. Un aumento do 18% nas exportacións reforzou a súa posición en EAU, ao tempo que empezou a participar en novos monopolios en Canadá
A adega española Terras Gauda incrementou a comercialización dos seus viños nun 23,6% en 2007, etapa na que acadou unhas cifras de negocio de arredor de 9 millóns de euros, un 17,25% máis que no ano fiscal anterior, cun aumento do 12,16% no beneficio bruto, que ascendeu a 1,01 millóns de euros.
A adega Terras Gauda, cuxos produtos están presentes en máis de 30 mercados internacionais de América, Europa e Asia, aumentou as súas exportacións nun 18% no último ano fiscal, no que asinou novos acordos de distribución global para Canadá, introducíndose nos monopolios SAQ e LCBO. Tamén reforzou a súa posición en EUA, logo de subscribir un acordo de distribución coa compañía A.V. Brands, membro do grupo español Codorniú.
A empresa española comercializou máis de 1,4 millóns de botellas dos viños Terras Gauda, Terras Gauda etiqueta negra e Abadía de San Campio Albariño, experimentando incrementos significativos nos mercados de Holanda (53%) e o Reino Unido (42%).
A adega Terras Gauda, propietaria de máis de 160 hectáreas de viñedos no val do Rosal (Galicia), segue a ter un firme compromiso co I+D+I para promover a calidade e o carácter único dos seus viños.
A adega Terras Gauda diversificou a súa liña de negocios no último ano fiscal a través da adquisición do 75% de A Rosaleira, a empresa galega de conservas vexetais máis antiga de Galicia, fundada en 1940, que comercializa produtos tradicionais de alta calidade. O obxectivo da adega é expandir o seu abano de produtos e situar a marca A Rosaleira en tendas Delicatessen e seccións de gourmet de grandes superficies, mantendo e reforzando a súa filosofía tradicional de produto.
A facturación global do grupo, que inclúe as adegas ©, as adegas Pittacum e A Rosaleira, alcanzou os 10,12 millóns de euros en 2007, cun cadro de persoal de 80 profesionais e uns beneficios brutos de 1,165 millóns de euros.
As adegas Pittacum, que forman parte de Terras Gauda desde 2002, tamén experimentaron un crecemento significativo tanto no mercado nacional como internacional. Os seus viños Mencía Pittacum Barrica e Pittacum Aurea e os viños rosados Tres Obispos véndense agora en máis de 20 países estranxeiros.
Medio: La Voz de Galicia
Sección: mercados | Empresas
Data: 18/05/08
Terras Gauda gaña mercados
Bodegas Terras Gauda facturou o pasado ano 9 millóns de euros; é dicir, un incremento de negocio do 17,25%, incrementando un 18% as exportacións ao reforzar a súa posición en EUA. E abrir mercado no veciño Canadá.
Cunha facturación de máis de 10 millóns de dólares, esta adega de éxito compaxina o seu crecemento internacional cun importante incremento nos mercados españois, cun aumento do 35% na cornixa cantábrica, un 32% en Cataluña e un 15% en Madrid. Unha das súas estratexias foi diversificar a súa liña de negocio coa adquisición do 75% de A Rosaleira, a conserveira vexetal de Galicia máis antiga, fundada en 1940. O obxectivo era ampliar o abano de produtos e situar a marca de A Rosaleira en tendas Delicatessen e espazos gourmet das grandes superficies, mantendo e reforzando a filosofía do produto tradicional.
Bodegas Pittacum, parte integrante de Terras Gauda desde 2002, destaca polo seu crecemento en España e internacionalmente. Presente en máis de 20 países cos viños Mencía Pittacum Barrica, Pittacum Aurea e o rosado Tres Obispos, contribúe ao éxito do grupo, que tamén conta cun acordo de distribución con AV Brands (firma pertencente a Codorniú) e ademais aposta e inviste en I+D+i.
Medio: Empresa y Finanzas
Sección: Empresas
Data: 16/05/08
Terras Gauda aumenta case que un 24% a comercialización
Bodegas Terras Gauda incrementou un 23,6% a comercialización dos seus viños no 2007, no que acadou unha cifra de negocio de 9 millóns de euros, un 17,25% máis que no exercicio anterior, cun aumento do 12,16% no resultado, que ascendeu a 1,01 millóns de euros.
A empresa, que está presente en máis de 30 mercados internacionais, incrementou un 18% as exportacións no exercicio pasado, no que asinou novos acordos de distribución global para Canadá. Tamén reforzou a súa posición en EUA, logo do acordo de distribución alcanzado coa compañía A.V. Brands, pertencente ao grupo español Codorniú.
Bodegas Terras Gauda, que continúa a súa firme aposta pola I+D+i, compaxinou o seu crecemento internacional cun importante incremento nos mercados nacionais, cun aumento do 35% na cornixa cantábrica, un 32% en Levante, un 30% en Cataluña e un 15% en Madrid.
A empresa diversificou a súa liña de negocio coa adquisición do 75% de A Rosaleira, a conserveira vexetal de Galicia máis antiga, que comercializa produtos artesanais de gran calidade. O obxectivo é colocar a marca en tendas delicatessen e espazos gourmet das grandes superficies.
Medio: Spain Business
País: Japón
Data: 8/05/08

Medio: El Economista
Sección: Empresa e Finanzas
Data: 8/05/08
Terras Gauda "embriaga" grazas a 1,4 millóns de botellas de albariño
A bodega dispara o seu negocio internacional e acada até 30 novos mercados
S.Riveiro
SANTIAGO. Conquistar os padais de medio mundo cun viño é un reto ao alcance de moi poucas adegas. Desde O Rosal, Pontevedra, Terras Gauda conseguiuno en 2007, exercicio no que comercializou nada menos que 1,4 millóns de botellas de albariño, que se destaparon en 30 mercados internacionais. As súas vendas disparáronse un 23,6 por cento grazas ao pulo en España e o exterior. Grazas a unha maior singularidade e calidade aportada pola I+D+i aplicada ao mundo de Baco, en países como EUA son xa viño de referencia.
Dada a boa evolución dos seus viños, Terras Gauda aumentou un 17,25 por cento a súa cifra de negocio, acadando os 9 millóns de euros o exercicio. Unha boa cifra que espreme as súas 160 hectáreas de viñedo e o esforzo dos seus 80 profesionais do cadro de persoal. Descontados gastos, o resultado da adega superou a histórica cifra do millón de euros, após avanzar máis dun 12 por cento. No noso país, non lle foi nada mal, con avances nas vendas do 35 por cento na Cornixa Cantábrica, 32 por cento en Levante, 30 por cento en Cataluña e un 15 por cento en Madrid.
Cara a fóra, as exportacións medraron un 18 por cento. A sinatura de acordos de distribución global para Canadá coa entrada nos monopolios do SAQ e LCBO viuse acompañada polo reforzamento da súa posición en EUA logo do acordo acadado coa compañía A.V. Brands, do grupo Codorníu. Á conquista de Norteamérica sumaron importantes aumentos de vendas en Europa. Sirvan como exemplos o 53 por cento de Holanda ou o 42 por cento do Reino Unido.
Aos seus albariños baixo as marcas Terras Gauda, Terras Gauda etiqueta negra e Abadía de San Campío, a adega sumou o ano pasado unha importante diversificación. No eido vitivinícola, grazas ás adegas Pittacum colocou os seus mencías e o rosado Tres Bispos en máis de 20 mercados internacionais. Pero non quedou aí a historia. O grupo que preside José María Fonseca adquiriu o ano pasado o 75 por cento da conserveira vexetal máis antiga de Galicia, A Rosaleira, fundada en 1940 e que comercializa produtos artesanais de gran calidade. Agora pretende relanzala, situando a marca en tendas e espazos para gourmets. Se sumamos todos estes negocios, a facturación do grupo superou en 2007 os 10,12 millóns, cun beneficio total de 1,165 millóns de euros.
Medio: RosarioNet
País: Arxentina
Data: 8/05/08
A ADEGA ESPAÑOLA TERRAS GAUDA INCREMENTOU UN 23,6%
07/05/2008 - Bodegas TERRAS GAUDA aumentou un 17,25% a cifra de negocio, acadando os 9 millóns de euros o exercicio pasado, no que incrementou un 18% as exportacións, reforzando a súa posición en EUA e entrando en novos monopolios en Canadá.
A COMERCIALIZACIÓN DOS SEUS VIÑOS NO 2007 CUN IMPORTANTE CRECEMENTO INTERNACIONAL
Bodegas TERRAS GAUDA aumentou un 17,25% a cifra de negocio, acadando os 9 millóns de euros o exercicio pasado, no que incrementou un 18% as exportacións, reforzando a súa posición en EUA e entrando en novos monopolios en Canadá.
A adega española TERRAS GAUDA incrementou un 23,6% a comercialización dos seus viños no 2007, no que logrou unha cifra de negocio de 9 millóns de euros, un 17,25% máis que no exercicio anterior cun aumento do 12,16% no resultado, que ascendeu a 1,01 millóns de euros.
Bodegas TERRAS GAUDA, que está presente en máis de 30 mercados internacionais de América, Europa e Asia, incrementou un 18% as exportacións o exercicio pasado, no que asinou novos acordos de distribución global para Canadá coa entrada nos monopolios do SAQ e LCBO. Tamén reforzou a súa posición en EUA após o acordo de distribución acadado coa compañía A.V. Brands, do grupo español Codorníu.
A empresa española comercializou máis de 1,4 millóns de botellas dos viños Albariño TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA etiqueta negra e ABADÍA DE SAN CAMPIO e experimentou un importante aumento no mercado de Holanda (53%) e Reino Unido (42%).
Bodegas TERRAS GAUDA, que conta con máis de 160 hectáreas de viñedo propio no val do Rosal (Galicia), continúa coa súa firme aposta polo I+D+I para aportar maior singularidade e calidade aos seus viños.
Bodegas TERRAS GAUDA diversificou a súa liña de negocio o exercicio pasado coa adquisición do 75% de A ROSALEIRA, a conserveira vexetal de Galicia máis antiga, fundada en 1940, que comercializa produtos artesanais de gran calidade. O obxectivo da adega é ampliar o abano de produtos e situar a marca de A ROSALEIRA en tendas delicatessen e espazos gourmet das grandes superficies, mantendo e reforzando a filosofía de produto tradicional.
A facturación global do grupo, composto por Bodegas TERRAS GAUDA, Bodegas PITTACUM e A ROSALEIRA, ascendeu no 2007 a 10,12 millóns de euros cun equipo humano formado por 80 profesionais e un beneficio global de 1,165 millóns de euros.
Bodegas PITTACUM, que forma parte de TERRAS GAUDA desde o 2002, conseguiu tamén un importante crecemento nos mercados nacionais e internacionais, onde xa está presente en máis de 20 países do estranxeiro cos viños Mencía PITTACUM barrica, PITTACUM Aurea e o rosado TRES OBISPOS.
Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 7/05/08
Terras Gauda incrementou un 23,6% a comercialización o pasado exercicio
SANTIAGO. Bodegas Terras Gauda incrementou un 23,6 por cento a comercialización dos seus viños no 2007, no que logrou unha cifra de negocio de 9 millóns de euros, un 17,25% máis que no exercicio anterior cun aumento do 12,16% no resultado, que ascendeu a 1,01 millóns de euros.
A firma, que está presente en máis de 30 mercados internacionais, incrementou un 18% as exportacións o exercicio pasado, no que asinou novos acordos de distribución global para Canadá coa entrada nos monopolios do SAQ e LCBO. Tamén reforzou a súa posición en EUA após o acordo de distribución acadado coa compañía A.V. Brands, do grupo español Codorníu.
A adega do Rosal, que comercializou máis de 1,4 millóns de botellas dos viños Albariño Terras Gauda, etiqueta negra e Abadía de San Campio, experimentou un importante aumento no mercado de Holanda (53%) e Reino Unido (42%). A adega, que continúa a súa firme aposta polo I+D+I para aportar maior singularidade e calidade aos seus viños, compaxinou o seu crecemento internacional cun importante incremento nos mercados nacionais, cun aumento do 35% na Cornixa Cantábrica, un 32% en Levante, un 30% en Cataluña e un 15% en Madrid.
A Rosaleira
Diversificou a súa liña de negocio o exercicio pasado coa adquisición do 75% de A Rosaleira, a conserveira vexetal de Galicia máis antiga, fundada en 1940, que comercializa produtos artesanais de gran calidade. O obxectivo da adega do Rosal é ampliar o abano de produtos e situar a marca de A Rosaleira en tendas delicatessen e espazos gourmet das grandes superficies, mantendo e reforzando a filosofía de produto tradicional.
A facturación global do grupo, composto por Bodegas Terras Gauda, Bodegas Pittacum e A Rosaleira, ascendeu no 2007 a 10,12 millóns de euros cun equipo humano formado por 80 profesionais e un beneficio global de 1,165 millóns de euros.
Medio: El País
Sección: Galicia
Data: 7/05/08
Viños
Terras Gauda supera os 10 millóns en vendas
Bodegas Terras Gauda superou en 2007 os 10 millóns de euros en facturación, após vender 1,4 millóns de botellas de viño de albariño (Terras Gauda e Abadía de San Campio) e do Bierzo (Pittacum), así como froitas e legumes envasados (A Rosaleira). A empresa do Rosal aumentou o seu negocio nun 17% e os seus beneficios nun 12% cunhas ganancias de 1,1 millóns de euros. Terras Gauda é o segundo maior grupo vitivinícola galego tras a cooperativa cambadesa Martín Códax.
Medio: Expansión
Sección: Galicia
Data: 7/05/08
TODAS AS SÚAS MAGNITUDES AUMENTARON POR RIBA DO 10%
Terras Gauda segue a medrar malia as dificultades para o viño
A adega das Rías Baixas dáse introducido en Canadá e renova o seu acordo de distribución con AV. Brands (de Codorníu) para o mercado de Estados Unidos.
A.C. Vigo
Terras Gauda sorteou un ano que, como o actual, foi complicado. E fíxoo cun crecemento que en termos porcentuais foi de dobre díxito en todas as súas magnitudes. Así ocorre coa súa cifra de negocio, beneficio ou comercialización dos seus viños –Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra, Abadía de San Campío, o mencía Pittacum (en barrica e Aurea) e o rosado Tres Obispos–. En comercialización o avance foi de 23,6% sobre o ano 2006 e só a adega do Rosal (Pontevedra) comercializou 1,4 millóns de botellas.
O presidente da adega, José María Fonseca, recoñece con satisfacción que os datos foron bos malia a dificultade do momento. «Estanse a rexistrar unha serie de factores negativos, como a competencia dos viños de países emerxentes no mercado exterior; a caída do consumo de viño que foi considerábel nos dez últimos anos ou as iniciativas lexislativas equivocadas, que non defenden o viño como alimento san e saudábel. Todo iso dificulta o presente, aínda que tamén é certo que o consumo de viño de calidade si experimenta un avance», indica o adegueiro.
A calidade é, precisamente, un dos avais non só de Terras Gauda, senón tamén de Pittacum. Con esta tarxeta de presentación, unida á singularidade dos seus viños -fieis a unha zona e cepas determinadas- abriuse camiño en novos mercados internacionais como o canadense. Aquí Terras Gauda deu entrado en dous novos estados. «É un mercado de alto poder adquisitivo que aprecia a calidade», inala Fonseca, que explica que para distribuír nese país, igual que en Noruega ou Suecia, hai que facelo a través duns monopolios estatais que se encargan de seleccionar os viños segundo criterios como a calidade ou o prezo. En Estados Unidos reforza a súa posición ao renovar e mellorar o seu acordo de distribución con AV Brands. A adega mantiña un contrato coa distribuidora, previo á súa adquisición por parte de Codorníu. A toma de control do grupo catalán mellora as perspectivas da adega galega «porque a súa aposta é o pulo aos viños de calidade», explica Fonseca Moretón.
A exportación representou o ano pasado o 15% do seu volume de negocio. O seu maior crecemento conseguiuno nos mercados de Holanda (53%) e do Reino Unido (42%). Aínda así o mercado nacional segue a darlle boa resposta, porque experimentou tamén crecementos notábeis na Cornixa Cantábrica, Levante, Cataluña e Madrid.
Terras Gauda, que está participada por Sodiga -fondo de capital de risco da Xunta-, CXG Corporación Caixa Galicia, Concepción Fernández Puentes e o propio José María Fonseca, comprou hai uns meses o 75% da conserveira de vexetais A Rosaleira. A súa idea é ampliar a súa oferta e rendibilizar a súa distribución.
Abril 2008
Medio: Revista Semana
Data: 30/04/08
