![]()
Xuño 2006
Medio: Magentta
Data: 29/06/06
País: Chile
Bodegas Terras Gauda:
5º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo "Francisco Mantecón"
Tags: Concurso Internacional
Convocado pola adega española TERRAS GAUDA. Máis de 34.000 artistas gráficos, escolas de deseño e universidades de todo o mundo están convocados a participaren no certame.
Lugar e prazo
As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Estrada de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal – 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30
de setembro de 2006. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.
Medio: Reclama
Data: 28/06/06
País: Rusia

Portal de información e publicidade do Extremo Oriente
Noticias
Calidoscopio de publicidade
28.06.2006
A creatividade no viño © [κAκ) Revista de Deseño Gráfico
Non polo prestixio, senón simplemente por gusto, pódese probar o viño Bodegas Terras Gauda, e logo as nosas propias forzas na creación dun cartel publicitario para esta compañía vinícola.
É o quinto ano consecutivo no que os adegueiros de Terras Gauda organizan entre deseñadores e artistas un concurso internacional para a creación dun cartel publicitario para o seu famoso produto. O traballo do vencedor converterase na base da campaña publicitaria do ano seguinte.
No concurso poden tomar parte tanto participantes individuais como colectivos. O número máximo de traballos que pode presentar cada participante é de dous. Os orixinais dos traballos non publicados con anterioridade remitiranse á oficina de Bodegas Terras Gauda. Á parte destes, para participar no concurso deberanse presentar os arquivos informatizados nun CD e impresos en cartolina de formato non superior ao tamaño A-0 (118x84 cm).
A técnica e o tema do traballo son libres (como excepción os carteis pintados poderán non acompañarse de arquivos informáticos). Porén, aqueles traballos nos que se reflicta o produto principal da compañía, os viños de Terras Gauda e de Abadía de San Campio, terán un bono á hora da votación. Non obstante, o principal criterio de valoración é a creatividade e a mestría no uso do logo da compañía no cartel (o logotipo nos seus diferentes formatos pode introducirse aquí).
Envío dos traballos:
Os traballos remitiranse en sobres coa sinatura do participante.
O traballo deberá ir acompañado da seguinte información do participante: nome completo, copia da tarxeta, domicilio/teléfono e outros datos de contacto, bases do concurso asinadas.
Domicilio de envío:
Bodegas Terras Gauda, S. A. Carretera de Tui - A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, España.
Primeiro premio do concurso: 6.000 euros e a participación do traballo gañador na campaña publicitaria do vindeiro ano. Os dous premios seguintes serán de 1.500 euros cada un.
Data límite para a admisión de traballos: 30 de setembro de 2006.
Poden atopar máis información na páxina www.franciscomantecon.com
Medio: Hispania News (EEUU)
Sección: Arte
Data: 27/06/06
Terras Gauda - Design Competition
Máis de 34.000 artistas gráficos de todo o munda a participare no seu concurso de deseño
O prestixioso deseñador Isidro Ferrer toma a substitución dos recoñecidos profesionais Javier Mariscal, Óscar Mariné e Alberto Corazón apadriñando o V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón.
Máis de 34.000 artistas gráficos de todo o mundo están convocados a participar no V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, organizado pola bodega española TERRAS GAUDA. Nesta edición, máis de 5.000 deseñadores, estudios de deseño gráfico e universidades de ESTADOS UNIDOS recibirán as bases para que teñan a oportunidade de participar nun certame no que cada ano concurren os máis prestixiosos profesionais do deseño dos cinco continentes.
O reconecido deseñador gráfico Isidro Ferrer, apadriña este ano o concurso tomando a substitución dos artistas Alberto Corazón, Óscar Mariné e Javier Mariscal, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.
O gañador do V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón recibirá un premio en metálico de 6.000 euros. Ademais a súa obra servirá de base para a vindeira campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. O prazo para presentar as obras remata o próximo 30 de setembro.
Na cuarta edición do certame máis de mil artistas gráficos de países como Estados Unidos, Xapón, Australia, Sudáfrica, México, India, Corea, Finlandia, Italia ou Singapur participaron coas súas obras no concurso, que se consolidou definitivamente a escala internacional.
Bodegas TERRAS GAUDA conta con 160 hectáreas de viñedo propio en Galicia (España) e o ano pasado comercializou máis dun millón de botellas dos tres viños que produce: TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO, que se distribúen en Europa, Asia e América.
Para máis información: www.terrasgauda.com y www.franciscomantecon.com
Medio: Etapes
Data: 27/06/06
País: Francia
Accueil » Concours
Consours d'affiches "Francisco Mantecón"
Concours | Graphisme | du 27/06/06 au 30/09/06
À la demande de l'entreprise viticole espagnole Bodegas Terras Gaudas le 5e concours international d'affiches publicitaires « Francisco Mantecón » se base sur la création de son image publicitaire concernant notamment son vin blanc, suivant n'importe quelle technique. Le jury attribuera un prix et deux distinctions à travers une récompense financière. Le règlement (délai 30 septembre) est disponible en ligne.
- Carretera de Tui - A Guarda
- Pontevedra
- Espagne
lien:
www.franciscomantecon.com
Joshua Haymann | 27/06/06
Inicio | Concursos
Concurso de Carteis "Francisco Mantecón"
Concurso | Deseño gráfico | do 27/06/06 ao 30/09/06
Convocado pola empresa vinícola española Bodegas Terras Gauda, o 5º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón" baséase na creación da súa imaxe publicitaria, referente sobre todo ao seu viño branco, seguindo calquera técnica. O xurado outorgará un premio e dúas distincións a través dunha gratificación económica. O regulamento (que ten como prazo até o 30 de setembro) está dispoñíbel en liña.
- Carretera de Tui - A Guarda
- Pontevedra
- España
ligazón: www.franciscomantecon.com
Joshua Haymann | 27/06/06
Medio: Facultade Belas Artes. Universidade Oporto
Data: 27/06/06
País: Portugal
Concurso de Desenho Publicitário
"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante esse ano".
Participantes:
Podrá tomar parte en este certamen cualquier persona física o jurídica sin más limitación que las impuestas por la legalidad vigente.
Obra:
Los originales, que deberán ser inéditos, serán presentados o enviados (con justificante de envío, los participantes que lo deseen) en las dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Todos los trabajos que opten al certamen deben ser presentados en dos tipos de soporte:
- Grabados en un CD o disquete (legible en formato PC)
- Impresos y pegados sobre un cartón pluma debidamente protegido, que no deberá exceder, como medida máxima, del formato DIN A-0 (118 x 84 cm) y como mínima, del formato DIN A-4 (29,7x21 cm.).
Podrán realizarse con cualquier técnica pictórica, fotográfica, informática, etc. Excepcionalmente los originales realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, guasch, pastel, etc) podrán ser admitidos sin soporte informático.
Se podrá presentar un máximo de dos obras por cada participante.
El tema será libre y preferentemente reflejará aspectos corporativos de la entidad convocante, fundamentalmente los relativos a sus vinos blancos de la variedad Albariño Terras Gauda y Abadía de San Campio. Se valorará positivamente la creatividad en este sentido y el encaje del anagrama societario.
Bodegas Terras Gauda pondrá a disposición de todos los diseñadores que lo soliciten el anagrama de la entidad en sistema vectorizado para su aplicación en las obras a realizar, así como imágenes de sus productos. Estarán disponibles en: www.terrasgauda.com y en Fotos y Anagramas.
Envio:
Las obras se presentarán dentro de un sobre cerrado, que llevará en el exterior el seudónimo del autor. Es imprescindible incluir los siguientes datos:
- Nombre y apellidos del autor
- Fotocopia del D.N.I.
- Dirección y teléfono y correo electrónico
- Escrito de aceptación de las bases del certamen
Morada e Prazo:
Las obras se harán llegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes de las 18 horas del día 30 de septiembre de 2006. Serán admitidos por correo todos aquellos trabajos que hayan sido sellados en las oficinas de correo antes de las 18 horas del día 30 de septiembre.
Condições:
Las obras premiadas y todos sus derechos pasarán a ser propiedad de Bodegas Terras Gauda, S.A. Podrá figurar en cualquier lugar discreto del cartel, preferentemente en las márgenes, la leyenda con la autoría de la obra.
Las obras presentadas al certamen que no hayan sido premiadas podrán ser retiradas en las dependencias de la bodega o solicitar su devolución en el plazo máximo de 1 semana, a partir de la fecha de entrega del premio.
Júri:
El jurado de la quinta edición del Premio Francisco Mantecón de Cartelismo estará presidido por D. José Mª Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda, y lo formarán además las siguientes personas:
- Dña. Pilar Barreiro Mosquera – Filóloga y viuda de Francisco Mantecón
- D. Isidro Ferrer – Diseñador e Ilustrador
- D. Enrique Costas Rodríguez – Director-Gerente de Bodegas Terras Gauda
- D. Paulino Novo Folgueira – Filólogo, que actuará como secretario
- Dña. Carmen Llopis – Directora de ON DISEÑO
- D. Jordi Martín Figuerola – Ganador de la edición anterior
La decisión del jurado será inapelable y a él le corresponderá resolver cualquier circunstancia no prevista en estas bases.
Prémios:
Se concederán un premio y dos accésit. Las dotaciones económicas de estos serán:
SEIS MIL (6.000) euros para el cartel premiado
MIL QUINIENTOS (1.500) euros para cada uno de los accésit
El jurado podrá declarar desierto cualquiera de los premios. En este caso, el importe correspondiente se donará a una entidad que, a criterio del jurado, destaque en Galicia por su labor social o cultural.
Entrega dos Prémios:
La comunicación de la decisión del jurado se hará pública en un acto, a celebrar antes del 31 de diciembre de 2006, en lugar y fecha que se comunicará oportunamente a los autores cuyas obras queden entre las finalistas del concurso en www.terrasgauda.com y www.franciscomantecon.com
O qué Concurso Prémio
Quando 2006-06-27 15:32 até 2006-09-30 17:00
Onde Pontevedra/ES
Nome do Contacto Bodegas Terras Gauda, S.A
Email do Contacto comunicacion@terrasgauda.com
Telefone do Contacto +34 981 22 72 00
Mais informação sobre este evento
Concurso de deseño publicitario
O que Concurso Premio
Cando 27/06/2006 até 30/09/2006 17:00 horas
Onde Pontevedra (España)
Nome do contacto Bodegas Terras Gauda, S.A
E-mail do contacto comunicacion@terrasgauda.com
Teléfono do contacto +34 981 22 72 00
Máis Información sobre este evento
Medio: Nieke
Data: 27/06/06
País: Paraguai
27 de Xuño de 2006: Convocan a máis de 34.000 artistas gráficos a participar no concurso
Máis de 34.000 artistas gráficos están convocados a participar no V Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Fonte: NEIKE
Máis de 34.000 artistas gráficos de todo o mundo están convocados a participar no V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, organizado pola adega española Terras Gauda.
Nesta edición, máis de 4.000 deseñadores, estudios de deseño gráfico e universidades de América Latina recibirán as bases para que teñan a oportunidade de participar nun certame ao que cada ano concorren os máis prestixiosos profesionais do deseño dos cinco continentes.
O recoñecido deseñador gráfico Isidro Ferrer apadriña este ano o concurso, tomando o relevo dos artistas Alberto Corazón, Óscar Mariné e Javier Mariscal, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.
O gañador do V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón recibirá un premio en metálico de 6.000 euros. Ademais, a súa obra servirá de base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas Terras Gauda. O prazo para presentar as obras remata o vindeiro 30 de setembro.
Na cuarta edición do certame máis de mil artistas gráficos de países como Estados Unidos, Xapón, Australia, Sudáfrica, México, India, Corea, Finlandia, Italia ou Singapur participaron coas súas obras no concurso, que se consolidou definitivamente no ámbito internacional.
Para máis información: www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com
Medio: Colegio de Diseñadores Profesionales de Chile
Data: 27/06/06
País: Chile
V Concurso Internacional de Deseño
V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario
Convocado poa adega española TERRAS GAUDA.
Máis de 34.000 artistas gráficos, escolas de deseño e universidades de todo o mundo están convocados a participaren no certame.
Tes máis información en www.franciscomantecon.com
Medio: Arte Dinámico
Data: 12/06/06
País: Colombia
5º Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón"
Organiza Bodegas Terras Gauda
Data Límite de recepción de obras 30 de Setembro de 2006
En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:
"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un
Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz
colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental
soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano".
BASES
PARTICIPANTES
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.
OBRAS
Os orixinais, que deberán ser inéditos, serán presentados ou enviados (con xustificante de envío, os participantes que o desexen) nas dependencias de Bodegas Terras Gauda en O Rosal (Galicia, España). Tódolos traballos que opten ó certame deben ser presentados en dous tipos de soporte:
– Gravados en CD ou disquete (lexible en PC)
– Impresos e pegados sobre un cartón pluma debidamente protexido, que non deberá exceder, como medida máxima, do formato DIN
A-0 (118 x 84 cm.) e como mínima, do formato DIN A-4 (29,7 x 21 cm.).
Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica, informática, etc.
Excepcionalmente os orixinais realizados con técnicas pictóricas (óleo, acuarela, gouache, pastel, etc) poderán ser
admitidos sen soporte informático.
Poderase presentar un máximo de dúas obras por cada participante.
O tema será libre e preferentemente reflectirá aspectos corporativos da entidade convocante, fundamentalmente, os relativos aos seus viños brancos da variedade Albariño Terras Gauda e Abadía de San Campio. Valorarase positivamente a creatividade neste sentido e o encaixe do anagrama societario.
Bodegas Terras Gauda porá a disposición de tódolos deseñadores que o soliciten o anagrama da entidade en sistema vectorizado para a sua aplicación nas obras a realizar, así coma imaxes dos seus productos. Estarán dispoñibles en: www.terrasgauda.com e Imaxes e anagramas.
PRESENTACIÓN
As obras presentaranse dentro dun sobre pechado. É imprescindíbel incluir os seguintes datos:
– Nome e apelidos do autor
– Fotocopia do D.N.I.
– Enderezo, teléfono e correo electrónico
– Escrito de aceptación das bases do certame
LUGAR E PRAZO
As obras faranse chegar a Bodegas Terras Gauda, S. A., Carretera de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal - 36760 Pontevedra, antes das 18 horas do día 30 de setembro de 2006. Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correo antes das 18 horas do día 30 de setembro.
CONDICIÓNS
As obras premiadas e todolos seus dereitos pasarán a ser propiedade de Bodegas Terras Gauda, S.A. Poderá figurar en calquera lugar discreto do cartel, preferentemente nas marxes, a lenda coa autoría da obra.
As obras presentadas ó certame que no foran premiadas poderán ser retiradas nas dependencias da bodega ou solicita-la súa devolución no prazo máximo de 1 semana, a partir da data de entrega do premio.
XURADO
O xurado da quinta edición do Premio Francisco Mantecón de Cartelismo estará presidido por D. José Mª
Fonseca Moretón, Presidente de Bodegas Terras Gauda,e formarano ademais as seguintes persoas:
- Dña. Pilar Barreiro Mosquera – Filóloga e viúva de Francisco Mantecón
- D. Isidro Ferrer – Deseñador e Ilustrador
- D. Enrique Costas Rodríguez – Director-Xerente de Bodegas Terras Gauda
- D. Paulino Novo Folgueira – Filólogo, que actuará como secretario
- Dña. Carmen LLopis – Directora de ON DISEÑO
- D. Jordi Martín Figuerola – Gañador da edición anterior
A decisión do xurado será inapelable e a el corresponderalle resolver calquera circunstancia non prevista nestas bases.
PREMIOS
Concederanse un premio e dous accésit. As dotacións económicas destes serán:
SEIS MIL (6.000) euros para o cartel premiado
MIL CINCOCENTOS (1.500) euros para cada un dos dous accésit
O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios. Neste caso, o importe correspondente doarase a unha entidade que, a criterio do xurado,
destaque en Galicia polo seu labor social ou cultural.
ENTREGA DE PREMIOS
A comunicación da decisión do xurado farase pública nun acto, a celebrar antes do 31 de decembro de 2006, en lugar y data que se comunicará oportunamente ós autores das obras que queden entre as finalistas e en www.terrasgauda.com e www.franciscomantecon.com.
Para máis información, poden contactar con Bodegas Terras Gauda, S.A.
Teléfono: 986 621 111 / 981 22 72 00
Fax: 986 621 084
Correo electrónico
Medio: College Central
Data: Xuño 2006
País: Estados Unidos
Shool of Visual Arts
College Central Network Services
V Francisco Mantecón PublicityPoster Design Contest
Announcing the V Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition, organized by the Spanish wine company TERRAS GAUDA. More than 35,000 graphic artists, design schools and universities from all over the world are invited to take part in the competition. For more information, please visit our websites www.terrasgauda.com or www.franciscomantecon.com
Escola de Artes Visuais
Servizos de Rede de College Central
V Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón"
Anúnciase o V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, organizado pola empresa vinícola española TERRAS GAUDA. Máis de 35.000 artistas gráficos, escolas de deseño e universidades de todo o mundo están convidadas a participar no certame. Para máis información, visita as nosas páxinas web www.terrasgauda.com ou www.franciscomantecon.com.
Medio: Isopixel
Data: Xuño 2006
País: México
V Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón
En sesión celebrada o 21 de decembro de 2001 aprobouse a resolución que literalmente di así:
"Bodegas Terras Gauda, S.A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario, que en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio dende os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano".
Participantes
Poderá tomar parte neste certamen calquera persoa física ou xurídica sen máis limitación cás impostas pola legalidade vixente.
Bases y máis información, aquí.
Maio 2006
Medio : ABC
Sección: Galicia
Data: 16/05/06
Abadía de San Campio 2005 obtén a medalla de ouro no Challenge International du Vin
Terras Gauda obtén a súa terceira medalla de ouro neste certame no que compite con viños dos 5 continentes
Bodegas Terras Gauda segue engadindo ao seu cadro de honor numerosos premios concedidos en importante certames internacionais. Abadía de San Campio 2005 obtivo a Medalla de Ouro no concurso internacional de viños "Challenge International du vin 2006". Este certame celebrado en Bourg (Francia) está considerado coma o máis prestixioso do sector.
Abadía de San Campio obtén esta distinción por terceiro ano, sumándose esta medalla de ouro ás outorgadas nos anos 1993 e 2000. Neste importante certame no que compiten viños dos 5 continentes destacouse a Abadía de San Campio fronte a prestixiosos viños de países coma Francia, Chile ou Alemaña.
Recoñecemento internacional
Así, as adegas consolidáronse nos mercados internacionais, experimentando un importante crecemento en países coma Estados Unidos, Noruega, Gran Bretaña, Suíza, México e Bélxica, ao tempo que van abrindo novos mercados coma o brasileiro e o canadense.
Terras Gauda continúa a obrer o recoñecemento internacional dos seus viños. Entre os galardóns conseguidos pola adega do Rosal, cabe destacar as medallas recibidas recentemente por Bodegas Pittacum, a súa adega da D.O. Bierzo, que co seu viño Pittacum Barrica 2003 conseguíu unha Medalla de Prata no "International Wine Competition-Muvina 2006", celebrado en Presov (Eslovaquia), e unha Gran Menzione no "XIV Concorso Enologico Internazionale-Vinitaly", que tivo lugar en Verona.
Medio : LA REGIÓN / ATLÁNTICO DIARIO
Sección: Suplemento Económico Euro
Data: 14/05/06
Galardón de Ouro para Abadía de San Campio
O viño Abadía de San Campio 2005, de Bodegas Terras Gauda, foi galardoado coa medalla de ouro no Challenge International du Vin 2006, celebrado en Bourg (Francia) e considerado coma un dos certames de maior pretixio mundial en materia vitivinícola.
Terras Gauda obtén así a súa terceira medalla de ouro neste evento, no que competiu con viños dos cinco continentes.
Esta distinción súmase a outras conseguidas por Abadía de San Campio en 1993 e 2000, engrosando a lista de premios logrados noutras citas internacionais pola adega.
O Abadía de San Campio 2005 foi destacado, nesta ocasión, fronte a prestixiosos viños de países coma Francia, Chile ou Alemaña.
Terras Gauda conseguiu consolidarse nos mercados internacionais, experimentando un importante crecemento en países coma Estados Unidos, onde triplicou as súas vendas, Noruega, Gran Bretaña, Suíza, México e Bélxica, ao tempo que está a abrir novos mercados coma o brasileiro e o canadense.
O seu reto actual é entrar no mercado de Europa do Leste, ademais de desembarcar no sueste asiático. A adega destina á exportación máis do 20% da súa produción.
Bodegas Terras Gadua continúa obtendo o recoñecemento internacional dos seus viños. Proba diso son os premios acadados pola adega do Rosal, entre os que cabe resaltar as medallas obtidas por Bodegas Pittacum, a súa adega D.O. Bierzo, onde entrou recentemente e onde posúe o 65%.
O seu viño Pittacum Barrica 2003 fíxose coa medalla de prata no Internacional Wine Competition-Muvina 2006, organizado en Presov (Eslovaquia), así coma unha Gran Menzione no XIV Concorso Enologico Intenazionale-Vinitaly, que tivo lugar en Verona.
Terras Gauda é a maior adega privada no mercado do Albariño, cunha produción de 1,3 millóns de botellas anuais.
Medio: DIARIO DE PONTEVEDRA
Sección: Vivir Aquí / Sociedad
Data: 12/05/06
Abadía de San Campio, medalla de ouro en Francia
Bodegas Terras Gauda acumula premios. O viño Abadía de San Campio 2005 logrou a medalla de ouro no "Challenge Internacional du vin 2006", un dos certames máis prestixiosos do mundo, celebrado en Bourg (Francia).
Bodegas Terras Gauda obtén así a súa terceira medalla de ouro neste certame no que compite con viños dos 5 continentes. Esta distinción súmase ás obtidas por Abadía de San Campio nos anos 1993 e 2000.
Medio: VINEALIS
Sección: Galicia
Data: 12/05/06
Abadía de San Campio 2005 de Bodegas Terras Gauda obtén a medalla de ouro no Challenge International du Vin 2006
Bodegas TERRAS GAUDA segue engadindo ao seu cadro de honor numerosos premios concedidos en importantes certames internacionais. Abadía de San Campio obtivo a Medalla de Ouro no concurso internacional de viños "Challenge Intenational du Vin 2006". Este certame celebrado en Bourg (Francia) está considerado coma o máis prestixioso do sector.
Abadía de San Campio obtén esta distinción por terceiro ano, sumándose esta medalla de ouro as outorgadas nos anos 1993 e 2000. Neste importante certame no que compiten viños dos 5 continentes destacouse a Abadía de San Campio fronte a prestixiosos viños de países coma Francia, Chile ou Alemaña.
Bodegas TERRAS GAUDA consolidouse nos mercados internacionais, experimentando un importante crecemento en países coma Estados Unidos, Noruega, Gran Bretaña, Suíza, México e Bélxica, ao tempo que está a abrir novos mercados coma o brasileiro e o canadense.
Bodegas TERRAS GAUDA cntinúa a obter recoñecemento internacional dos seus viños. Entre os galardóns conseguidos pola adega do Rosal, cabe destacar as medallas recibidas recentemente por Bodegas PITTACUM, a súa adega da D.O.Bierzo, que co seu viño PITTACUM Barrica 2003 conseguiu unha Medalla de Prata no "International Wine Competition-Muvina 2006", celebrado en Presov (Eslovaquia), e unha Gran Menzione no "XIV Concurso Enologico Internazionale-Vinataly", que tivo lugar en Verona.
Medio: LA REGIÓN
Sección: Economía
Data: 12/05/06
Abadía de San Campio, medalla de ouro internacional
Abadía de San Campio 2005 de Bodegas Terras Gauda obtivo a Medalla de Ouro no concurso internacional de viños "Challenge Internacional du vin 2006", que tivo lugar en Bourg (Francia), está considerado como o máis prestixioso do sector. Deste modo, Bodegas Terras Gauda obtén a súa terceira medalla de ouro neste mesmo certame no que compite con caldos dos cinco continentes, destacando fronte a caldos de países como Francia, Chile ou Alemania. Esta distinción súmase as obtidas por Abadía de San Campio nos anos 1993 e 2000.
Medio: EXPANSIÓN
Sección: Galicia
Data: 11/05/06
Terras Gauda logra un "ouro" en Francia
O Abadía de San Campio 2005 conseguiu, por terceiro ano, a medalla de ouro no concurso internacional de viños "Challenge Internacional du vin 2006), celebrado en Buró (Francia).
Medio: FARO DE VIGO
Sección: Economía
Data: 11/05/06
VITICULTURA
Nova Medalla de Ouro para Terras Gauda no Challege de Bourg
Abadía de San Campio 2005 de Bodegas Terras Gauda obtivo a Medalla de Ouro no concurso internacional de viños "Challenge International du vin 2006". Este certame celebrado en Bourg (Francia) está considerado coma o máis prestixioso do sector. Deste xeito, Bodegas Terras Gauda obtén a súa terceira medalla de ouro neste certame.
Medio: GALICIA HOXE
Sección: Vivir > Galicia
Data: 11/05/06
Un viño de Terras Gauda, medalla de ouro nun pretixioso certame galo
O viño de Terras Gauda Abadía de San Campio 2005 obtivo a medalla de ouro no concurso internacional Challenge International du vin 2006, certame celebrado en Bourg (Francia), que está considerado como o máis prestixioso do sector.
Abadía de San Campio obtén esta distinción por terceiro ano, sumándose esta medalla de ouro ás otourgadas nos anos 1993 e 2000, e neste importante certame no que compiten caldos dos cinco continentes, destacouse a Abadía de San Campio fronte a pretixiosos viños de países como Francia, Chile ou Alemaña. Grazas a estes recoñecementos, Bodegas Terras Gauda consolidouse nos mercados internacionais, experimentando un importante crecemento en países como Estados Unidos, Noruega, Gran Bretaña, Suíza, México e Bélxica, ó tempo que vai abrindo novos mercados como o brasileiro e canadiano.
Entre os galardóns obtidos pola bodega do Rosal, cabe destacar as medallas obtidas recentemente por Bodegas Pittacum, bodega da D.O. Bierzo, que co seu viño Pittacum Barrica 2003 conseguiu a prata en Eslovaquia.
Medio: SOBREMESA
Sección: Ultimos tragos
Data: Maio do 2006
TERRAS GAUDA
De Estados Unidos a China
As etiquetas Terras Gauda e Abadía de San Campio, ambas de Bodegas Terras Gauda, recibiron recentemente un importante recoñecemento por parte do crítico da NBC Edward Deitch. Nunha reportaxe dedicada aos brancos da D.O. Rías Baixa, Deitch destacou a excelente relación calidade/prezo de Terras Gauda. A mención do crítico estadounidense chega nun intre especialmente favorábel para os intereses da adega do Rosal en Estados Unidos, país no que incrementou a súa comercialización nun trescentor por cen con resecto ao pasado exercicio económico. Ao longo do presente ano, Terras Gauda ten previsto apostar forte por ampliar os seus mercados no sudeste asiático (sobre todo Xapón e China) semella ser o obxectivo principal da adega, aínda que tamén agarda continuar a súa expanción comercial polo leste de Europa, en especial Polonia e as repúblicas bálticas.
Marzo 2006
Medio : El Economista
Sección: Gestión Empresarial
Data: 13/03/06
"O noso principal obxectivo é levar os albariños galegos até o sueste asiático "
José María Fonseca (Presidente de Bodegas TERRAS GAUDA)
A denominación de orixe Rías Baixas loita por se facer un oco no mercado fronte ao poderío doutras rexións españolas, coma Rioxa e Ribera del Duero. Fundada en 1989 por José María Fonseca, un emprendador galego amante da enoloxía, Bodegas TERRAS GAUDA soña con levar os seus albariños até o sueste asiático. A compañía conta xa cunha sólida posición nos Estados Unidos, onde triplicou o ano pasado as súas vendas.
Como xorde la idea de montar a adega, hai xa 17 anos?
Eu traballaba coma técnico para o Ministerio de Traballo. De feito, son funcionario en excedencia. Tiña un contacto moi estreito co mundo do viño porque me dedicaba á formación profesional e á organización de cursos de viticultura e enoloxía. Desde sempre, gustoume este mundo. Entón xurdiu a oportunidade, e grazas ao apoio da familia, uns amigos, a cadea de restaurantes Xantares e Sodiga, a sociedade de investimento da Xunta de Galicia, montei a adega. Hoxe a maioría das accións está controlada pola miña familia, pero Caixa Galicia ten tamén unha participación do 5 por cento do capital.
E que posición ocupa Bodegas TERRAS GAUDA no mercado do albariño?
Somos a maior adega privada. Alcanzamos unha produción de 1,3 millóns de botellas anuais. E, ademais, entramos na denominación de orixe Bierzo. Temos o 65 por centro dunha empresa de alí, Bodegas Pittacum.
Que porcentaxe das súas vendas procede da exportación?
Exportamos algo máis do 20 por cento da nosa produción. A loita está precisamente aí. Temos unha presenza destacada en Noruega, triplicamos as nosas vendas en Estados Unidos e durante o pasado ano consolidámonos en países coma Gran Bretaña, Suíza, Bélxica ou México e entramos noutros, coma Brasil ou Canadá.
E cales son os seus próximos obxectivos?
O noso principal reto é entrar en Europa do Leste e, sobre todo, alcanzar acordos con distribuidores locais para desembarcarmos no sureste asiático. Trátase de mercados moi difíciles, pero cun grande atractivo. De momento, estamos vendendo xa algo en Xapón a través de dous importadores, pero aínda no acadamos grandes cifras. Queremos apostar forte por este países e dar a coñecer alí os nosos viños mediante a presenza en todo tipo de eventos.....
Febreiro 2006
Medio : MS.NBC
Sección: Wednesday WINE (O VINO do mércores)
Data: 22 Febreiro 2006
The unique white wines of Spain's Galicia
From the little-known albariño grape, these wines are elegant and complex
Dollar for dollar, some of the world’s most compelling white wines can be found in the remote corner of Spain known as Galicia, especially the area just nort Portugal called Rías Baixas on the Atlantic coast. I’ve written about this region before, most recently in the context of light and refreshing summer whites from the Vinho Verde country just across the River Miño in Portugal.
But one can also find wines of elegance and depth that deserve to be better known and that can take their rightful place among other, more celebrated white wines. The most important grape here is albariño, which can be wonderfully aromatic and expressive and is the foundation of the 2004 Terras Gauda Rías Baixas from Bodegas Terras Gauda, a leading producer in the O Rosal sub-region in the southern corner of Rías Baixas.
This was easily the most refined and interesting of several albariños: I tried not long ago and, with a suggested price of $19, is also a good value. A second Terras Gauda wine, the 2004 Abadía de San Campio, is also worth consideration at $15 and is available nationally, whereas the O Rosal bottling has more limited distribution.
The wines from this area, just a stone’s throw from the Atlantic, benefit from the ocean’s moderating influence and are marked by a slightly less acidic style than is often the case with albariño. So, why they are lively and crisp on one hand, they also have a fruit-driven richness that is especially evident in the O Rosal. The wine’s many components include notes of apple, strawberry, mango, minerals and a lemony, somewhat creamy finish. The wine is about 70 percent albariño with the rest from two other local varieties, loureiro and caiño blanco.
All of which make it considerably more than a basis little fish wine, although fish, from broiled flounder or sole fillets to the richness of lobster and scallops, are its natural pairings. It will also go well with simple chicken, pork and veal dishes.
The Abadía, which is 100 percent albariño, is a bit more austere with notes of lemon and lime, orange peel and herbs. A bit enclosed at first, it had opened up nicely when I tasted it again the second night. It, too, has a long, slightly creamy finish.
The whites of Rías Baixas are fresh, lively and complex. They offer the chance to taste unique, small-production wines at still quite reasonable prices.
By Edward Deitch
Wine columnist
Os exclusivos viños brancos de Galicia
Elaborados a partir da pouco coñecida uva Albariño, estes viños caracterízanse pola súa elegancia e complexidade
Tendo en conta a relación calidade prezo, podemos atopar algúns dos viños brancos máis irresistíbeis do mndo nun recuncho remoto de España coñecido coma Galicia, sobre todo na zona situada xusto ao norte de Portugal, na costa Atlántica, que recibe o nome de Rías Baixas. Xa escribira antes sobre esta rexión, e máis recentemente fixeno no contexto dos lixeiros e refrescante viños brancos estivais do territorio do Vinho Verde que se s.
Porén, podemos atopar viños caracterizados por unha elegancia e profundidade que merecen un maior recoñecemento e que poden ocupar o seu xusto lugar entre outros brancos máis célebres. Neste caso a uva máis importante é a Albariño, a cal pode ser marabillosamente aromática e expresiva, e que constitúe a base do Terras Gauda Rías Baixas de 2004, de Bodegas Terras Gauda, un importante produtor de viños da subrexión do Rosal, situada no corruncho meridional das Rías Baixas.
Este Albariño foi, con moito, o máis refinado e interesante de todos os que tiven ocasión de probar non hai moito, ademais de estar moi ben de prezo, cun prezo recomentado de 19 dólares estadounidenses. Existe un segundo viño Terras Gauda, o Abadía de San Campio de 2004, que tamén merece ser tido en conta a un prezo de 15 dólares e que se pode obter por todo o país, mentres que o embotellado do Rosal ten unha distribución máis limitada.
Os viños desta zona, a unha carreiriña de can do Atlántico, benefícianse da influencia moderada do océano e están marcados por un estilo lixeiramente menos acedo do normal no caso do Albariño. Xa que logo, mentres por unha banda estes viños son vivaces e faiscantes, pola outra tamén presentan unha riqueza froiteira que se fai especialmente patente no caso do Rosal. Entre os diverson compoñentes do viño aprécianse notas de mazá, fresa, mango, minerais e un final de boca un chisco cremoso a limón. O viño é aproximadamente 70% Albariño e o resto pertence a outras dúas variedades locais : Loureiro e Caíño branco.
Todas estas características fan que este sexa algo máis ca un viño básico de acompañamento de peixe, aínda que os produtos do mar, desde os filetes de linguado ou solla asados á grella até a exquisitez da lagosta e as vieiras, sexan a súa combinación natural. Trátase dun viño que combina perfectamente con pratos sinxelos de polo, porco e vitela .
O Abadía, que é Albariño 100%, é un poco máis austero, con notas de limón e lima, pel de laranxa e herbáceos. Malia resultarme ao primeiro algo pechado, ao probalo de novo a segunda noite abriuse ben. Este viño tamén presenta un final de boca longo e lixeiramente cremoso..
Os viños brancos das Rías Baixas son frescos, vivaces e complexos, e ofrecen a posibilidade de saborear uns viños únicos e de produción reducida a uns prezos bastante razoábeis .
Por Edward Deitch
Columnista de viños
Xaneiro 2006
Medio: CHIC
Sección: Lo + chic regalos
Data: Xaneiro 2006
Viño Terras Gauda, 35 € (a caixa de tres botellas).