![]()
Decembro 2005
Medio: MAGAZINE
Sección: Ideas Regalos
Data: 18/12/05
Galicia
Caixa con tres botellas de viño branco D.O. Rías Baixas do Val do Rosal (Pontevedra) 35 €. Adega Terras Gauda.
Medio: EL SEMANAL DIGITAL
Sección: El Catavinos
Data
: 18/12/05
Terras Gauda, un sabroso e elegante albariño
Na verde e diáfana desembocadura do Río Miño, por terras da Guarda, fronte ao veciño Portugal, se atópase un amplo viñedo de cepas nobres autóctonas do Val do Rosal.
Todo comenzou en 1990 froito das inquidanzas dun grupo de persoas comprometidas co viño e, en especial, co Albariño. Entre eles encontrábase o actual presidente, José María Fonseca, quen decidiu explorar a posibilidade de conxugar o Albariño, unha variedade de inherente nobreza, con outras cepas, sempre autóctonas, que achegasen novos e elegantes matices aos viños.
Bodegas Terras Gauda conta con máis de 160 hectáreas de viñedo propio, entre 50 e 150 metros sobre o nivel do mar en solos de boa profundidade, cun microclima especial marcado por temperaturas de 15° de media anual, que propician unha excelente maduración e un nivel de azucres e acidez na sua xusta medida. A isto hai que engadir que o proceso de elaboración se efectúa de xeito artesanal, mediante o coñecido como método "pé de cuba" e só con lévedos propios.
A cata
Graduación: 12°
80% de Albariño coa presenza de Loureira e Caíño.
De cor amarelo pallosa con tonalidades verdosas.
O nariz percibe un interesante percorrido aromático, desde nítidas lembranzas de uva fresca e compota de manzá, até sutís notas de pexego maduro, plátano pasando por evocacións de flor branca.
Na boca combina carácter e orixinalidade cunha factura clásica marcada pola sua grande estrutura froiteira e lembranzas herbáceas. Ábrese larpeiro e envolvente, enchendo o padal cos seus elegantes recendos refrescantes.
Ideal para acompañar mariscos e marmitas de peixes gallegos, e queixo de tetiña.
Máis información en www.elsemanaldigital.com
Medio: TIEMPO
Sección: Bazar
Data: 12/12/05
Viño
Caixa con tres botellas, 35 € De Terras Gauda
Medio: DOMINICAL
Sección: Gastronomía / Extra Navidad
Data: 11/12/05
Desde Galicia
Elaborado con albariño, loureira e caíño branco, o buque insignia de Bodegas Terras Gauda (DO Rías Baixas). A caixa é deseño do italiano Vittorio Turla.
/ Terras Gauda / Caixa con tres botellas, 35 € /
Medio: ÉPOCA
Sección: Especial Shopping Navidad
Data: 9/12/05
Terras Gauda Branco 2004. Bodegas TERRAS GAUDA
Un ano máis, a adega premia a sus adeptos consumidores cun viño digno de calquera ocasión. Ao catalo leo na súa etiqueta: "Este viño non se presenta a concursos"; non o necesita.
De cor dourada brillante, no nariz destacan os seus tradicionais recendos a froita fresca, perfectamente combinados con notas acídulas dos cítricos. Na boca é fresco, amplo, cun fondo lixeiramente larpeiro de froita fresca madura. Final acedo con lembranzas a pel de pomelo.
Maridaxe: Acompaña perfectamente mariscos, cocochas á brasa ou guisadas, e empanadas galegas.
Medio: MUJER DE HOY
Sección: Stop Interiores
Data: 3/12/05
Viño e deseño, da man
Está elaborado a partir dos viños bágoa das cepas nobres autóctonas do Val do Rosal. O viño Terras Gauda é o mellor agasallo que podes facer se queres apostar sobre seguro. Agora véndese nunha caixa especial de tres botellas, coa imaxen dun dos carteis premiados na terceira edición do concurso de deiseño de cartelismo Francisco Mantecón. O paquete co deseño do ilustrador italiano Vittorio Turla ten un prezo de 35 € e pódelo mercar en adegas.
Medio: RONDA IBERIA
Sección: Agenda
Data: Decembro 2005
Regalos gourmet
Paquete de viño branco Terras Gauda.
Novembro 2005
Medio: CAMBIO 16
Data: 21/11/05
Caixa de agasallo Terras Gauda
O deiseño é obra do italiano Vittorio Turla, que recibiu a Mención Especial no certame do 2004, Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. A caixa con tres botellas de Terras Gauda ten un prezo de 35 €.
Medio: LA GACETA DE LOS NEGOCIOS
Sección: Sectores
Data: 21/11/05
Terras Gauda prevé facturar 6,9 millóns
Bodegas Terras Gauda, elaboradora de viños amparados baixo a denominación Rías Baixas, investiu un millón de euros na ampliación das súas instalacións, finalizada en setembro.
Segundo Enrique Costas, o seu xerente, existía un "colo de botella no proceso de elaboración, xa que unha vez rematada a vendimia, a fase de análise non era inmediata e tal proceso era el que tiñamos que axilizar".
Un lagar novo ao que se incorporaron despalilladoras, intercambiadores de frío, maceradores e a duplicación da maquinaria de procesamento de uva, xustifican o mencionado investimento. Para Costas esta operación non se traducirá en nun incremento significativo da producción de viño, xa que tal crecemento veu dado de xeito paralelo e motivado pola consolidación nalgúns mercados nacionais, así como tamén pola entrada noutros extranxeiros.
Gran Bretaña e Xapón
Nos mercados domésticos, a adega do Rosal -unha das cinco comarcas incluídas na denominación de orixe Rías Baixas- ten previsto un creceiento do 25%.
Polo que se refire ao exterior e segundo indicou Costas a LA GACETA, na adega "cada ano damos prioridade a novos destinos nos que concentramos os nosos recursos". Durante 2004 foi Xapón "un bo importador de viños", Gran Bretaña, Dinamarca "por extensión do mercado sueco" e Costa Rica "debido a unha oportunidade que se presentou".
Este ano Terras Gauda prevé facturar 6,9 millóns, el 6,1% máis e unha producción de 1,3 millóns de botellas.
Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 8/11/05
A vangarda do deseño internacional reúnese no IV Concurso Francisco Mantecón
Bodegas TERRAS GAUDA entregou os premios da cuarta edición do certame
O xurado de Bodegas TERRAS GAUDA, do que forma parte o prestixioso deseñador Oscar Mariné, entregou os premios do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. No certame participaron 800 obras enviadas por artistas de 28 países distintos.
Os galardoados foron seleccionados entre 27 finalistas, elexidos entre carteis procedentes da India, Arabia Saudí, Kuwait, Australia, Estados Unidos, México, Canadá ou toda Latinoamérica.
A representación europea foi notábel, coa participación de deseñadores de Alemaña, Austria, Bélxica, Holanda, Dinamarca, Serbia, Ucraína, Estonia, Finlandia, Noruega, Irlanda, Gran Bretaña ou Portugal ....
.....O primeiro premio, cunha dotación económica de 6.000 euros, correspondeu ao deseñador catalán Jordi Martín Figuerola, e a súa obra servirá de base para a vindeira campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. O xurado concedeu tamén dous áccesits, dotados con 1.500 euros cada un, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso....
Medio: El CORREO GALLEGO
Sección: HOY
Data: 8/11/05
Jordi Martín, gañador del cuarto concurso Francisco Mantecón
Máis de 800 creativos participan na convocatoria de Bodegas TERRAS GAUDA - Fernando Ónega destaca a proxección internacional da iniciativa cultural
O "inxenioso contido publicitario e a transmisión da mensaxe comercial con elegancia e personalidade" son algúns dos méritos da obra pola que o deseñador gráfico catalán Jordi Martín Figuerola recolleu onte á noite na Fundación Caixa Galicia en Vigo o primeiro premio do concurso Francisco Mantecón organizado por Bodegas TERRAS GAUDA.
Por cuarto ano consecutivo, o xornalista Fernando Ónega oficiou coma cicerone dun acto onde se recoñoceu a figura do finado artista galego, a quen se dedica o certame, e resaltouse o nivel acadado na convocatoria deste ano ao contar entre o xurado con Óscar Mariné. Este non puido participar onte á noito no acto de entrega dos premios por se achar en Londres deseñando a nova imaxen corporativa do arquitecto de proxección internacional Norman Foster.
Entre as personalidades que participaron na cita cultaral atopabanse o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz, así coma o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero....
(información ilustrada cunha foto do acto de entrega)
Medio: EL PROGRESO
Sección: Cultura y Comunicación
Data: 8/11/05

O deseñador catalán Jordi Martín gaña oIV Concurso Francisco Mantecón
O xurado de Bodegas TERRAS GAUDA entregou os premios do IV Concurso Intenacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. O primeiro premio, dotado con 6.000 euros, foi para o deseñador catalán Jordi Martín Figuerola, cuxa obra servirá de base para a nova campaña da firma.
O xurado, que tivo que elexir entre 800 obras, concedeu ademais dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao galego Andrés Meijide Gayoso e ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal.
Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad y Cultura
Data: 8/11/05
O Catalán Jordi Martín Figuerola gaña o premio Francisco Mantecón
O diseño foi elexido polo xurado entre as máis de 800 creacións chegadas dos cinco continentes
O deseñador catalán Jordi Martín Figuerola reciviu onte o primeiro premio do IV Concurso Francisco Mantecón, que cada ano convoca Bodegas TERRAS GAUDA, dotado con 6.000 euros. A obra de Figuerola foi elexida polo xurado –no que particupaou o prestixioso deseñador Óscar Mariné– entre máis de 800 creación chegadas dos cinco continentes, e servirá de base na próxima campaña publicitaria da empresa vitivinícola.
O acto tivo lugar na sede da Fundación Caixa Galicia en Vigo e nel se entregaron tamén os diplomas aos finalistas e dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso.
Como xa e tradición, o periodista Fernando Ónega actuou como portavoz deste concurso. Pero antes de meterse en materia, protagonizou a anécdota do evento cando, con sorna, fixo un comentario de actualidade política que vencellou ao contexto do premio: «Traio un encargo de Zapatero: facemos por fin O Rosal nación ou non? Como en lugar de cultura do viño se fala de civilización do viño, Zapatero quere que TERRAS GAUDA participe no Diálogo de Civilizacións». A partir de ahí sucedéronse as louvanzas ao concurso e ao presidente das bodegas Xosé María Fonseca, presente xunto con Pilar Barreiro, viúva de Francisco Mantecón.
Medio: LA REGIÓN
Sección: Galicia
Data: 8/11/05
Un deseñador catalán asinará a campaña de TERRAS GAUDA
O deseñador catalán Jordi Martín gañou o premio Francisco Mantecón, de deseño gráfico, que cada ano convoca a adega TERRAS GAUDA e dotado con 6.000 euros. A obra galardonada servirá de base para a próxima campaña publicitaria da adega. O xurado concedeu dous accésits, ao guipuscoano Ángel Blanco, e ao galego Andrés Meijide.
O deseñador catalán Jordi Martín Figuerola foi o gañador da cuarta edición do concurso "Francisco Mantecón" de cartelismo publicitario, convocado pola adega TERRAS GAUDA e dotado con 6.000 euros. O xurado, presidido polo titular da sociedade, José María Fonseca Moretón, e que contou coa presenza de Óscar Mariné, concedeu tamén dous accésits, dotados con 1.500 euros cada un, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso.
Ao certamen concorreron 800 obras de artistas de 28 países distintos. Os galardoados foron seleccionados entre 27 finalistas, elexidos entre carteis procedentes da India, Arabia Saudí, Kuwait, Australia, Estados Unidos, México, Canadá ou toda Latinoamérica.
A representación europea fo notábel, coa participación de deseñadores de Alemaña, Austria, Bélxica, Holanda, Dinamarca, Estonia, Serbia, Ucraína, Finlandia, Noruega, Irlanda, Gran Bretaña ou Portugal. Neste sentido, destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia e Francia, co envío de 116 e 102 carteis respectivamente. O caso francés é especialmente significativo, xa que se deu un salto cuantitativo moi importante respecto á edición anterior....
(Información ilustrada co deseño gañador)
Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: Cultura
Data: 8/11/05
O deseñador Jordi Martín consegue o premio de cartelismo de Terras Gauda
O deseñador catalán Jordí Martín Figuerola foi o gañador do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, decisión que se deu a coñecer onte en Vigo, no decurso dun acto presentado polo xornalista Fernando Ónega na sede viguesa da Fundación Caixa Galicia.
O primeiro premio ten unha dotación económica de 6.000 euros, pero ademais a obra elexida servirá de base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. O xurado concedeu tamén dous accésits, dotados con 1.500 euroscada uno, ao guipuscoano Ángel Blanco Egoskozabal e ao galego Andrés Meijide Gayoso.
No certame participaron 800 obras enviadas por artistas de 28 países, desde Estados Unidos a América Latina, Australia, México, Kuwait ou a India. A elevada participación europea estivo liderada por Italia e Francia co envío de 116 e 102 carteis, respectivamente.
José María Fonseca Moretón preside as adegas e o xurado, composto polo deseñador Óscar Mariné; a viúva de Francisco Mantecón, Pilar Barreiro Mosquera; o director xeral das adegas, Enrique Costas; o pintor Antón Lamazares e o filólogo Paulino Novo.
A empresa Bodegas TERRAS GAUDA, situada no Rosal, acordou instituir o concurso no ano 2002 coma homenaxe ao finado deseñador Francisco Mantecón, socio fundador da adega e autor da súa imaxe corporativa....
(Información ilustrada co cartel gañador)
Outubro 2005
Medio: HABITANIA
Sección: La Bodega
Data: Outubro de 2005
Viños galegos
Para tomar na barra ou durante o xantar, Orixe conta cunha selección de viños con máis de 100 referencias e o mellor das D.O. galegas: Rías Baixas (como los de Terras Gauda, na foto), Ribeiro, Valdeorras e Monterrei. Mais no esquecen os clásicos de Rioja ou Ribera del Duero nin as D.O. de moda coma Toro, Somontano ou Bierzo. Tamén viños por copas e licores típicos.
(Información ilustrada con fotografías de TERRAS GAUDA, TERRAS GAUDA ETIQUETA NEGRA e ABADÍA DE SAN CAMPIO)
Septiembre2005
Medio: TRIBUNA DE SALAMANCA
Sección: Cultura
Data: 14/09/2005
>> BODEGAS TERRAS GAUDA
Preto dun cento de salmantinos participa no IV Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario
O 30 de setembro remata o prazo de presentación de obras para o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón convocado pola bodega galega TERRAS GAUDA. A cuarta edición deste evento reúne a vangarda do deseño internacional con máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes. Máis de 450 artistas de Castela e León e uns 100 de Salamanca están convocados a participar no certame que este ano apadriña o prestixioso deseñador Óscar Mariné en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.
Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka Absolut Mariné e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película Todo sobre mi madre de Pedro Almodóvar.
A traxectoria do concurso estivo marcada, a xuízo dos distintos xurados, por un incremento paulatino tanto da cantidade como da calidade das obras participantes. Hai que destacar que en 2004 máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e de toda Latinoamérica e Europa non quixeron deixar escapar a oportunidade de participar. Só de Italia chegaron 171 carteis.
O Francisco Mantecón concédelle ao gañador un premio de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 euros cada un. O orixinal gañador servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA.
Medio: DIARIO DE CÁDIZ
Sección: Vivir en Cádiz
Data: 14/09/2005
Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario
A bodega galega TERRAS GAUDA convoca o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, no que poderá participar calquera persoa física ou xurídica. Os orixinais, que han ser necesariamente inéditos, deberán presentarse en formato CD ou disquete e impresos e apegados nun cartón pluma debidamente protexido. Este último deberá ser, como máximo, de formato DIN A-0 e, como mínimo, de formato DIN A-4. Os deseños poderán realizarse con calquera técnica e cada participante poderá presentar ata dúas obras. O tema será libre e preferentemente ha reflectir aspectos da entidade convocante. O prazo de admisión remata o 30 de setembro e as obras deberán enviarse a Bodegas TERRAS GAUDA S.A, Estrada de Tui-A Guarda, km. 46, O Rosal, 36760, Pontevedra.
Máis información en www.franciscomantecon.com
Medio: DIARIO DE LEÓN
Sección: Comunicación
Data: 14/09/2005
Máis de oitenta artistas leoneses participarán no concurso de cartelismo Bodegas Terras Gauda
Máis de oitenta artistas leoneses están convocados a participar este ano no Cuarto Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Este evento que organiza Bodegas Terras Gauda reúne a vangarda do deseño internacional composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes.
Este ano exerce de padriño o destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.
Óscar Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka Aboslut Mariné e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando especialmente o cartel da película Todo sobre mi madre de Almodóvar.
O Concurso Francisco Mantecón concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 cada un. Ademais, o orixinal gañador do certame servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA, un feito moi relevante, xa que a bodega do Rosal (Pontevedra) comercializa os seus viños no continente europeo, asiático e americano.
O prazo de presentación dos carteis publicitarios para participar no certame remata o próximo día 30 de setembro de 2005, mentres que o ditame do premio se dará a coñecer no mes de novembro.
Medio: DIARIO DE IBIZA
Sección: Local
Data: 12/09/2005
50 artistas de Eivissa invitados a un concurso
Máis de 20.000 artistas de todo o mundo, entre eles 50 de Eivissa, foron invitados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, premiado con 6.000 euros e que servirá para a campaña promocional de Bodegas TERRAS GAUDA. O deseñador Óscar Mariné é o padriño do concurso en substitución de Xavier Mariscal e de Alberto Corazón.
Medio: LAS PROVINCIAS (Valencia)
Sección: Euro
Data: 11/09/2005
Bretón, Terras Gauda e El Villar, bodegas en expansión
As Bodegas El Villar, Terras Gauda e Bretón están de noraboa. A primeira aumentou as súas vendas en España de viño branco nun 40%. A segunda celebra estes días o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. E, por último, a terceira bodega sacou ao mercado como novidade o Loriñón Crianza 2002 e o Reserva 2001, viños de dúas novas colleitas de calidade superior da gama Loriñón.
Bodegas Terras Gauda está de noraboa, xa que reúne a vangarda do deseño internacional, composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño de todos os continentes, no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Máis de 400 artistas da comunidade, uns 200 da provincia de Valencia, están convocados a participar no certame......
Medio: LA VERDAD (Alacante)
Sección: Vivir
Data: 10/09/2005
Máis de 100 artistas da provincia nun concurso de deseño de carteis
Máis de 400 artistas da Comunidade Valenciá, entre os que arredor de 100 proceden da provincia de Alacante, están convocados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón que este ano apadriña Óscar Mariné. Segundo informaron os organizadores, neste certame Bodegas TERRAS GAUDA reúne a vangarda do deseño internacional composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos 5 continentes.
Este ano exerce de padriño o destacado deseñador Óscar Mariné en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en anteriores edicións.
Óscar Mariné é autor de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película Todo sobre mi madre de Almodóvar.
A traxectoria do concurso estivo marcada, a xuízo dos distintos xurados, por un incremento paulatino tanto da cantidade como da calidade das obras participantes. Cómpre destacar que no 2004 máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e de toda Latinoamérica e Europa non quixeron deixar escapar a oportunidade de participar. Só de Italia chegaron 171 carteis.
Medio: LA VERDAD (Albacete)
Sección: Provincia
Data: 9/09/2005
Uns 100 artistas de Albacete no concurso de deseño de Bodegas TERRAS GAUDA
Máis de 200 artistas de Castela-A Mancha, e entre eles uns cen procedentes de Albacete, están convocados a participar no IV Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. Este ano o ilustrador e deseñador Óscar Mariné exerce de padriño no concurso, cuxa traxectoria veu marcada por un incremento paulatino tanto da calidade como da cantidade das obras participantes.
O concurso Francisco Mantecón concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, e dous accésits de 1.500 euros cada un. Ademais, o orixinal gañador do certame servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA. Un feito moi relevante, xa que esta bodega comercializa os seus viños en Europa, Asia e América.
O prazo de presentación dos carteis para participar no certame remata o próximo 30 de setembro, mentres que o ditame se dará a coñecer ao longo do mes de novembro.
Medio: LAS PROVINCIAS (Valencia)
Sección: Ocio
Data: 9/09/2005
Bodegas TERRAS GAUDA organiza un concurso de cartelismo
Bodegas TERRAS GAUDA organizou o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que busca a idea que sirva de base para a próxima campaña publicitaria da compañía. O deseñador Óscar Mariné, autor dunha campaña de Absolut Vodka, exerce de padriño do concurso cuxo gañador recibirá un premio de 6.000 euros. Ademais concederanse dous accésits de 1.500 euros cada un.
O prazo para a presentación dos carteis remata o próximo 30 de setembro e os gañadores daranse a coñecer en novembro.
Medio: LA VOZ DE CÁDIZ
Sección: Ocio
Data: 8/09/2005
Máis de 120 artistas da provincia de Cádiz participan no Concurso Francisco Mantecón
No IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, Bodegas TERRAS GAUDA reúne a vangarda do deseño internacional composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos 5 continentes. Hogano máis de 120 profesionais da provincia de Cádiz están convocados a participar no certame. O destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné exerce de padriño desta edición do concurso en substitución de Javier Mariscal e de Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en anos anteriores.
Óscar Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka Aboslut Mariné e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película Todo sobre mi madre, de Almodóvar. A traxectoria do concurso veu marcada por un incremento paulatino tanto da cantidade como da calidade das obras participantes.
No ano 2004, máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e de toda Latinoamérica e Europa concursaron con Bodegas TERRAS GAUDA.
O concurso Francisco Mantecón concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 euros cada un.
Ademais, o orixinal gañador servirá como base para a próxima campaña publicitaria de Bodegas TERRAS GAUDA, da que se agarda unha ampla difusión, posto que a bodega do Rosal (Pontevedra) comercializa os seus viños en Europa, Asia e América.
O prazo de presentación dos carteis publicitarios para participar no certame remata o próximo día 30 de setembro do 2005, mentres que o ditame do premio se dará a coñecer no mes de novembro.
Medio: DIARIO DEL ALTOARAGÓN
Sección: Cultura
Data: 5/09/2005
Sesenta artistas gráficos de Huesca son convocados ao "Francisco Mantecón"
Un total de 6.000 euros para o cartel ganador e dous accésits de 1.500 cada un, para outros tantos participantes, son os premios establecidos na cuarta edición do Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que organiza a adega galega Terras Gauda. Da provincia de Huesca, arredor de 60 artistas gráficos poderán optar ao máximo recoñecemento, de entre un total de 20.000 de todo o mundo.
Arredor de 60 artistas gráficos da provincia de Huesca e un total de 250 de toda a Comunidade aragonesa están convocados a participar na cuarta edición do Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que este ano apadriña Óscar Mariné.
A iniciativa, que promove Bodegas Terras Gauda, reúne a vangarda do deseño internacional, na que teñen cabida máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes.
O destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné exerce de padriño no concurso este ano e toma, deste xeito, o relevo de Javier Mariscal e Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores.
Medio: REVISTA DE ANA ROSA
Sección: Rico, Rico
Data: Septiembre
O viño con arte chega a mellor parte
¡E, por iso, a adega Terras Gauda organizou o concurso "Francisco Mantecón" para deseñar o cartel publicitario da botella deste albariño Rías Baixas, elaborado a partir das uvas que medran nas beiras do galego río Miño.
¡Corre!, só tes até o 30 de setembro para mostrar a túa creatividade e gañar ¡6.000 euros!
Agosto 2005
Medio: EL COMERCIO (Asturias)
Sección: Cultura
Data: 25/08/2005
Deseños asturianos no Francisco Mantecón
Máis de 150 artistas asturianos participarán no concurso internacional de deseño de cartelismo publicitario Francisco Mantecón. A esta cuarta edición acudirán deseñadores de procedencias tan diversas coma Grenlandia, Arabia Saudí e Nixeria, entre outras. Organizado por Bodegas TERRAS GAUDA, contará co apadriñamento de Óscar Mariné.
Medio: EL DÍA (Canarias)
Sección: Cultura
Data: 23/08/2005
Un concurso de cartelismo convoca 200 artistas canarios
Máis de 200 artistas canarios están convocados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, auspiciado por Bodegas TERRAS GAUDA, en Galiza.
Dotado cun premio para o gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 cada un, o orixinal gañador servirá como base para a próxima campaña publicitaria da entidade. Neste sentido, sinalou nun comunicado, o concurso reúne a vangarda do deseño internacional, composta por máis de 200.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes. O prazo de presentación de carteis finaliza o próximo 30 de setembro de 2005, mentres que o ditame do premio se dará a coñecer no mes de novembro.
O artista de Las Palmas Jonathan García conseguiu o primeiro accésit na terceira edición do concurso. Na edición de 2004, ademais, máis de mil deseñadores de países como Sudáfrica, Xapón, China, Australia, Estados Unidos, Kuwait, Singapur, Filipinas, e tamén de toda Latinoamérica e Europa, non quixeron deixar escapar a oportunidade de participar neste certame.
Medio: DIARIO DE MÁLAGA
Sección: Cultura
Data: 1/08/2005
Uns 200 artistas gráficos de Málaga participarán nun concurso de cartelismo
Bodegas Terras Gauda reúne a vangarda do deseño internacional, composta por máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño dos cinco continentes, no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo "Francisco Mantecón". Máis de 900 artistas gráficos de Andalucía, uns 200 de Málaga, están convocados a participar no certame.
O destacado deseñador e ilustrador Óscar Mariné exerce de padriño este ano tomando o relevo de Javier Mariscal e Alberto Corazón, que formaron parte do xurado en edicións anteriores. Mariné é autor da famosa campaña de Absolut Vodka, "Absolut Mariné" e de numerosos traballos dentro do cartelismo cinematográfico, destacando o cartel da película "Todo sobre a miña nai", de Almodóvar.
O concurso "Francisco Mantecón" concede un premio ao gañador de 6.000 euros en metálico, así como dous accésits de 1.500 euros cada un. O prazo de presentación dos carteis finaliza o próximo 30 de setembro, mentres que o ditame se dará a coñecer no mes de novembro.
Medio: REVISTA ÉPOCA
Sección: Gastronomía
Data: 1/08/2005
BODEGAS TERRAS GAUDA. TERRAS GAUDA BRANCO 2004
Galiza segue a ser un gran produtor de brancos con clásicos que se renovan constantemente, como os de TERRAS GAUDA, que é o expoñente do bo facer das adegas galegas.
De cor amarela brillante, no nariz destacan aromas cítricos e minerais cun fondo ben equilibrado de froita e herbas silvestres. Na boca é lambón e cítrico con recordos a mazá, persistentes e moi equilibrados.
Os viños casan xeralmente ben con produtos da terra, neste caso marisco, peixe e empanadas.
Maridaxe: Por unha vez sexamos clásicos, un bo allo branco ou unha fonte de peixe fritido en aceite de oliva.
Xullo 2005
Medio: DAILY MAIL (PAKISTÁN)
Sección: Article
Data: 29/07/2005
Terras Gauda invites over 20,000 graphic artists for poster design contest
The renowed designer Óscar Mariné will be taking over from the well-known professionals Javier Mariscal and Alberto Corazón as patron of the IV Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition.
More than 20,000 graphic artists from all over the world are invited to take part in the IV Francisco Mantecón Internacional Publicity Poster Design Competition, organized by the Spanish wine company TERRAS GAUDA. In this edition, more than 250 INDONESIAN designers, graphic design studios and universities will receive copies of the conditions for the competition, so that hey have the opportunity to take part in an event which design professionals from the five continents take part every year.
This year the well-known Spanish Ilustrator and painter Óscar Mariné will be acting as patron for the event, taking over from the artists Alberto Corazón and Javier Mariscal, who formed part of the jury in previous editions. In his lengthy and prolific professionals trajectory at national and international level, Óscar Mariné has won a series of major prizes, such as the Hispanic Creative Awards (1995, 1997), the Certificate of Excellence of the AIGA (American Institute of Grhaphic Arts of New York, 2000) or the Merit Art Award (2000, 2001) from the Art Directors Club.
The winner of the IV Francisco Mantecón International Publicity Poster Design Competition will receive a cash prize of 6,000 euros.
Terras Gauda invita a máis de 20,000 artistas gráficos a un concurso de deseño de cartelismo publicitario
O reputado deseñador Óscar Mariné tomará o relevo aos coñecidos profesionais Javier Mariscal e Alberto Corazón como padriño do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón".
Máis de 20.000 artistas gráficos de todo o mundo están convidados a participar no IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón", organizado pola adega española TERRAS GAUDA. Nesta edición, máis de 250 deseñadores, estudios de deseño gráfico e universidades de INDONESIA recibirán copias das bases do concurso, co fin de que poidan ter a oportunidade de participaren nun certame ao que acoden cada ano profesionais do deseño dos cinco continentes.
Este ano, o coñecido pintor e ilustrador español Óscar Mariné exercerá de padriño do certame, tomando o relevo aos artistas Alberto Corazón e Javier Mariscal, que formaban parte do xurado en anteriores edicións. Na súa extensa e prolífera traxectoria no ámbito nacional e internacional, Óscar Mariné gañou varios premios de grande entidade, como os Hispanic Creative Awards (1995, 1997), o Certificate of Excellence do AIGA (American Institute of Graphic Arts de Nova York, 2000) ou o Merit Art Award (2000, 2001) do Art Directors Club.
O gañador do IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón" recibirá un premio en metálico de 6.000 euros.
Medio: NOTICIAS SOBRE GROENLANDIA
Sección: Noticias
Data: 27/07/2005
Bodegas Terras Gauda convoca o IV Concurso Francisco Mantecón
Bodegas TERRAS GAUDA presentou en Madrid o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que reunirá a vangarda do deseño internacional...
Medio: YO-YOLL (ITALIA)
Sección: Concorsi
Data: 26/07/2005
Concorso "Francisco Mantecón"
Annuale concorso di disegno e cartellonistica pubblicitaria, istuito dall´azienda vinicola spagnola "Bodegas Terras Gauda", per ricordare la figura di Francisco Mantecón, artista e designer....
Scadenza: 30-09-05
Concurso "Francisco Mantecón"
Concurso anual de deseño e elaboración de carteis publicitarios, instituído pola empresa vinícola española "Bodegas Terras Gauda", para lembrar a figura de Francisco Mantecón, artista e deseñador....
Data de vencemento: 30-09-05
Medio: LA RAZÓN
Sección: A tu salud
Data: 21/07/2005
Concurso de deseño de Bodegas TERRAS GAUDA
Bodegas TERRAS GAUDA presentou o IV Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, que reunirá a vangarda do deseño internacional con máis de 20.000 artistas, universidades e estudios de deseño. A organización prevé aumentar a participación de edicións anteriores superando os 1.000 bosquexos.
O gañador do primeiro premio obterá 6.000 euros e levará a cabo a campaña publicitaria da adega.
Medio: EL MUNDO
Sección: Madrid
Data: 18/07/2005
Mitos de verán urbano
En Calle 54 presentouse o concurso de cartelismo publicitario Francisco Mantecón, que este ano apadriña Óscar Mariné. Un dos últimos actos sociais da tempada. Fernando Ónega era o presentador e por alí estaban Amancio Prada, Ulises Culebro (autor das ilustracións do libro A deusa do pube azul, ese "cadáver exquisito" que construíu con Espido Freire e Raúl del Pozo e que, segundo me contou, está a piques de saír en segunda edición) e Javier Reverte, un viaxeiro profesional en época de vacacións, claro, fica na casa.
Medio: AGENDA DESIGN (FRANCIA)
Sección: Grafismo
Data: 8/07/2005
Dessin d´affiches publicitaries Francisco Mantecon graphistes sans modération
Ouvert à tous, le IVe Concours International de Dessin d´Affiches Publicitaires Francisco Mantecon, proposé par les vins espagnols Terras Gauda, se clôture le 30 septembre 2005. La créativité dans la promotion des vins blancs "Albarino Terras Gauda".....
Deseño de carteis publicitarios "Francisco Mantecón" grafistas sen moderación
Fica aberto a todos o IV Concurso Internacional de Deseño de Carteis Publicitarios "Francisco Mantecón", organizado pola empresa vinícola española Terras Gauda, que se clausurará o 30 de setembro de 2005. A creatividade na promoción dos viños brancos "Albariño Terras Gauda"...
Xuño 2005
Medio: NORSK DESIGN (NORUEGA)
Sección: Design
Data: 12/06/2005
4th Edition of the "Francisco Mantecon" International Advertising Poster Design Competition
During the meeting held on 21 December 2001 a decision was adopted which reads as follows:
"Bodegas Terras Gauda, S. A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituir con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario que, en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio desde os momentos fundacionais, levará o nome de "Francisco Mantecón". O orixial será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocante durante ese ano".
CONDITIONS
Participants
This competition is open to any natural or corporate person subject only to the restrictions imposed by current legislation…
IV edición do Concurso Internacional de Deseño de Cartelismo Publicitario "Francisco Mantecón"
Na xuntanza realizada o 21 de decembro de 2001 adoptouse a seguinte decisión:
"Bodegas Terras Gauda, S. A., por acordo unánime do Consello de Administración, acorda instituír con carácter anual un Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario que, en honor do artista que foi exclusivo deseñador da imaxe corporativa, amigo, eficaz colaborador e socio desde os momentos fundacionais, levará o nome de ”Francisco Mantecón”. O orixinal será o fundamental soporte sobre o que xire a imaxe publicitaria da entidade convocadora durante ese ano".
BASES
Participantes
Este concurso está aberto a calquera persoa física ou xurídica, suxeito unicamente ás restricións impostas pola lexislación actual...
Abril 2005
Medio: LA VOZ DE GALICIA
Data: 14/04/05
ABADÍA DE SAN CAMPIO ACADA UN NOVO PREMIO INTERNACIONAL EN ESTADOS UNIDOS
O albariño Abadía de San Campio 2004 conseguiu en Estados Unidos o seu segundo premio internacional en menos dun mes. O viño monovarietal de Bodegas TERRAS GAUDA logrou a Medalla de Prata no prestixioso concurso Starwine International Wine Competition 2005, celebrado en Filadelfia.
Un comité composto por vinte expertos sumilleres e catadores de distintas nacionalidades outorgaron en Estados Unidos a Medalla de Prata a Abadía de San Campio 2004, que competiu cos máis prestixiosos viños de todo o mundo...
Medio: LA GACETA DE LOS NEGOCIOS
Sección: Sectores
Data: 1/04/05
BODEGAS TERRAS GAUDA ELEVOU O 6,44% O SEU EBITDA
Bodegas TERRAS GAUDA acadou unha cifra de negocio de 6,6 millóns durante o pasado exercicio, cun crecemento do 12,44%. O grupo galego, que comercializa un millón de botellas anualmente, obtivo un beneficio bruto de 1,2 millóns, o 25,25% máis, e un Ebitda (beneficio antes de impostos, intereses e amortizacións) de 1,6 millóns, cun aumento do 6,44%.
A adega da comarca pontevedresa do Rosal, ao abeiro da Denominación de Orixe Rías Baixas, orienta o 20% da súa produción ás exportacións, con destinos como Estados Unidos, Xapón, Rusia, Bélxica, Suíza, Holanda e mercados de referencia para o sector vinícola como Reino Unido e Alemaña.
Marzo 2005
Medio: ABC
Sección: Nacional
Data: 29/03/05
BODEGAS TERRAS GAUDA INCREMENTA UN 12,44% A SÚA CIFRA DE NEGOCIO EN 2004
A empresa galega afianza a súa posición no mercado nacional e fóra das nosas fronteiras
Bodegas TERRAS GAUDA acadou unha cifra de negocio de 6,6 millóns de euros o pasado exercicio, o que supón un incremento do 12,44%. O beneficio antes de impostos obtido pola adega do Rosal aumentou un 25,27% con respecto ao 2003, alcanzando 1,2 millóns de euros.
Máis dun millón de botellas foron comercializadas por Bodegas TERRAS GAUDA, que destinou arredor dun 20 por cento a exportacións, un 40 por cento ao mercado nacional e unha cantidade similar en Galiza. No pasado exercicio, gañou cota de mercado nos principais mercados internacionais e nacionais, sendo o resultado de explotación de 1,3 millóns de euros, un 4,07% máis respecto ao 2003. O Ebitda aumentou un 6,44%, sendo de 1,6 millóns de euros, e o fluxo de caixa creceu un 22,5%, acadando a cifra de 1,18 millóns de euros.
Medio: EXPANSIÓN
Sección: Galicia
Data: 29/03/05
TERRAS GAUDA LOGRA UN EBITDA DE 1,65 MILLÓNS EN 2004
Bodegas TERRAS GAUDA culminou o exercicio 2004 cun ebitda (resultado bruto de explotación) de 1,65 millóns de euros, un 6,44% máis que o ano anterior, e un beneficio bruto de 1,24 millóns de euros, que supón un incremento do 25,27% respecto a 2003. Estes resultados, segundo datos facilitados pola compañía, producíronse logo de ter comercializado máis dun millón de botellas que xeraron unha cifra de negocio de 6,6 millóns de euros, un 12,44% máis; e un fluxo de caixa de 1,18 millóns de euros.
A compañía participada pola familia Fonseca, Corporación Caixa Galicia, Sodiga e o empresario Manuel Fernández de Sousa-Faro destaca na evolución do exercicio o afianzamento nos mercados e o crecemento nas exportacións, que xa supoñen o vinte por cento das vendas da adega.....
Medio: DC INDYMEDIA (Estados Unidos)
Sección: Noticias: Ciencia/Tecnoloxía
Data: 2/03/05
SPANISH WINEMARKERS TERRAS GAUDA USE CLONAL SELECTION TO OBTAIN FINE ALBARIÑO WINES OF EXCEPTIONAL QUALITY
A ADEGA ESPAÑOLA TERRAS GAUDA USA A SELECCIÓN CLONAL PARA OBTER EXCELENTES VIÑOS ALBARIÑOS DE EXCEPCIONAL CALIDADE
This R+D project, carried out in collaboration with the Spanish Council for Scientific Research (CSIC), will enable Bodegas TERRAS GAUDA to enhance the regularity of the harversts in its Galician vineyards use of DNA technology has shown that clones planted on an experimental plot in 1992 are 100% Albariño. Albariño is a variety of white grape that is unique to Galicia, the region which is home to theses winemakers and which belongs to the Rias Baixas certificate of origin.
A total of 115 clones were planted in 1992 in order to test wether they are 100% Albariño through the use of DNA technology (an objective which has now been succesfully achieved), to check that they are virus-free and also to determine their natural resistance to disease and the quality of the resulting must and wines.
Este proxecto de I+D, desenvolvido en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), permitirá a Bodegas TERRAS GAUDA aumentar a regularidade das colleitas nos seus viñedos galegos. O uso de tecnoloxía do ADN amosou que os clons plantados nunha parcela experimental en 1992 son 100% albariño. O albariño é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, comunidade na que se sitúa esta adega e que pertence á Denominación de Orixe Rías Baixas.
En 1992 plantáronse un total de 115 clons para avaliar se eran 100% albariño a través do uso de tecnoloxía do ADN (un obxectivo xa acadado con éxito), para comprobar que están libres de virus e tamén para determinar a súa resistencia natural ás enfermidades e a calidade do mosto e os viños resultantes.
Febreiro 2005
Medio: ANTARA NEWS (AXENCIA DE NOTICIAS DE INDONESIA)
Data: 28/02/05
SPANISH WINEMAKERS USE CLONAL SELECTION TO OBTAIN FINE ALBARIÑO WINES OF EXCEPTIONAL QUALITY
UNHA ADEGA ESPAÑOLA USA A SELECCIÓN CLONAL PARA OBTER EXCELENTES VIÑOS ALBARIÑOS DE EXCEPCIONAL CALIDADE
This R+D project, carried out in collaboration with the Spanish Council for Scientific Research (CSIC), will enable Bodegas TERRAS GAUDA to enhance the regularity of the harversts in its Galicia vineyards
Initial results from TERRAS GAUDA´s clonal selection research project have proved extremely interesting, and will enable the Spanish winemakers to produce fine Albariño wines of exceptional quality thanks to harvests of increased regularity. The use of DNA technology has shown that clones planted on an experimental plot in 1992 are 100% Albariño. Albariño is a variety of white grape that is uinique to Galicia, the region which si home to these winemakers and which belongs to the Rías Baixas certificate of origin…
Este proxecto de I+D, desenvolvido en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), permitirá a Bodegas TERRAS GAUDA aumentar a regularidade das colleitas nos seus viñedos galegos.
Os resultados iniciais do proxecto de investigación de selección clonal de TERRAS GAUDA teñen sido moi interesantes, e permitirán á adega española producir excelentes viños albariños de excepcional calidade grazas a colleitas máis regulares. O uso de tecnoloxía do ADN amosou que os clons plantados nunha parcela experimental en 1992 son 100% albariño. O albariño é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, comunidade na que se sitúa esta adega e que pertence á Denominación de Orixe Rías Baixas...
Medio: REVISTA ANALÍTICA (VENEZUELA)
Sección: VIP
Data: 23/02/05
A ADEGA ESPAÑOLA TERRAS GAUDA UTILIZA A SELECCIÓN CLONAL PARA CONSEGUIR VIÑOS ALBARIÑOS DE MAIOR CALIDADE E SINGULARIDADE
A adega española TERRAS GAUDA obtivo uns primeiros resultados moi reveladores do seu proxecto de investigación de selección clonal, que lle permitirá conseguir viños Albariños de maior singularidade e calidade e colleitas máis regulares. Utilizando a tecnoloxía do ADN comprobouse que os clons plantados en 1992 nunha parcela para realizar este experimento son 100% albariño. O albariño é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, comunidade na que se sitúa esta adega, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.
En 1992 plantáronse 115 clons co obxectivo de comprobar mediante ADN se son 100% albariño (obxectivo xa acadado) e co afán de ver se están libres de virus, o seu nivel de resistencia natural a enfermidades e a calidade dos mostos e viños obtidos. Os primeiros resultados revelan grandes diferenzas entre os clons estudados. Obsérvase que uns son moito máis resistentes a enfermidades típicas da zona, o mosto obtido duns clons é máis acedo que o de outros ou teñen graos alcohólicos moi dispares.
Medio: EL ECONOMISTA (MÉXICO)
Sección: Tecnoloxía
Data: 21/02/05
TERRAS GAUDA OBTÉN BENEFICIOS DO ADN
A adega española TERRAS GAUDA obtivo uns primeiros resultados moi reveladores do seu proxecto de investigación de selección clonal, que lle permitirá conseguir viños albariños de maior singularidade e calidade e colleitas máis regulares. Utilizando a tecnoloxía do ADN comprobouse que os clons plantados en 1992 nunha parcela para realizar este experimento son 100% albariño. O albariño é unha variedade de uva branca autóctona de Galiza, comunidade na que se sitúa esta adega, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.
En 1992 plantáronse 115 clons co obxectivo de comprobar mediante ADN se son 100% albariño (obxectivo xa acadado) e co afán de ver se están libres de virus, o seu nivel de resistencia natural a enfermidades e a calidade dos mostos e viños obtidos....
Medio: Mujer 21
Sección: Trabajo
Data: Febreiro 2005
A Vendimia é cousa de mulleres
As galegas copan os postos de traballo no campo
O escenario que captan estas imaxes aséntase nunha paraxe privilexiada do val do Rosal, preto da desembocadura do río Miño, en Pontevedra. Son os viñedos de Bodegas Terras Gauda, fundadas en 1990 e unha das máis acreditadas do panorama vinícola do noso país, con numerosos premios ás súas costas. 160 hectáreas de viñedo propio, perfectamente aliñado sobre un terreo ondulado que se beneficia da influencia do río e do mar.
Temperaturas mornas, escasas xeadas e abondosas precipitacións. Factores chave para a obtención de colleitas de alta calidade, que é a máxima da adega. Esa premisa permitiulle penetrar en mercados como Estados Unidos, Alemaña e Suíza cos seus tres viños estrela: Terras Gauda, Abadía de San Campio e Etiqueta Negra.
Cousa de mulleres
Son as oito da mañá e empeza a xornada laboral para as 67 persoas que realizaron a vendima este ano para Bodegas Terras Gauda. Son dúas semanas de duro traballo. Un traballo, o do campo, que tradicionalmente é de homes pero que, no caso da Galiza, non é así.
(Reportaxe de dobre páxina sobre a muller na vendima)