Novas

 

2010

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: Sociedad
Data: 15/01/10
País: España

Un proxecto de viticultura de precisión levará sensores ás vides para controlar a súa función fotosintética

Galicia medirá o vigor das cepas para mellorar a calidade do seu viño Ver nova

A iniciativa de Terras Gauda permitirá paliar o déficit de nitróxeno, potasio ou auga de cada planta e evitar pragas

Bodegas Terras GaudaAlfondo Andrade
REDACCIÓN | Que hai viños galegos extraordinarios é un feito recoñecido por Robert Parker e demais ilustrados na materia. Que sempre hai marxe de mellora, tamén. A adega das Rías Baixas Terras Gauda presentou un proxecto de viticultura de precisión que acometerá este ano e que porá Galicia no podio tecnolóxico do mundo do viño.

Consiste no control individualizado de cada vide, un manexo selectivo do viñedo para mellorar a súa rendibilidade. Colocaranse sensores en todas as plantas para chegar a medir até a súa función fotosintética; é dicir, o seu vigor. Os datos informatizados, recollidos nuns nodos, permitirán coñecer o estado nutritivo de cada vide e aplicar nutrientes. Por exemplo, se unha planta precisa máis potasio, auga ou nitróxeno.

Os sensores medirán tamén temperatura, luz, humidade ambiente e humidade foliar (período de humectación da folla), e os datos combinados deses factores, dos que dependen as pragas de fungos, definirán o momento preciso para aplicar tratamentos e paliar calquera déficit das plantas. Ao usar fertilizantes de xeito selectivo reducirase a contaminación.

Emilio Rodríguez, enólogo de Terras Gauda e pai do proxecto, destaca que con esta iniciativa pretende controlar o nivel de madurez da uva e, xa que logo, poder graduar a vendima segundo conveña. «Cada planta madura dunha forma, pero se tes sensorizada a temperatura vas ver máis claro que zonas están listas e cales non –explica–. Nunha mesma parcela pode haber diferenzas de contido de azucres nas uvas equivalente a case un grao de alcol probable no viño, e temos 38 parcelas».

Oitenta mil euros

O proxecto, cun orzamento aproximado de 80.000 euros, apóiase en sistemas GPS e GIS para realizar a parcelación, e nun potente software de interpretación de datos. Graduar a vendima e controlar sanitariamente as vides permitirá cultivar uvas perfectas no momento axeitado e, xa que logo, obter un viño máis homoxéneo e regular.


ENTREVISTA | EMILIO RODRÍGUEZ | Director técnico de Terras Gauda

«Queremos ter no mercado nun ou dous anos o primeiro monovarietal de caíño branco do mundo»

A. A.
REDACCIÓN | Caíño branco é unha variedade de uva que só existe no Rosal e algún punto illado de Portugal. Ten unha vantaxe: a súa excelsa calidade. E un inconveniente: é extremadamente sensible ás enfermidades. Terras Gauda está a un paso de dala a coñecer. «Queremos ter no mercado nun ou dous anos o primeiro monovarietal de caíño branco do mundo», afirma Emilio Rodríguez, director técnico da adega.

- A que se debe esta aposta tan decidida por esta variedade?

- A que é unha uva autóctona marabillosa, cun potencial brutal; eu diría que mesmo superior ao do Albariño.

- Pero a uva estaba case desaparecida.

- Si, apenas se cultiva, porque é moi sensible ás enfermidades e difícil de traballar. Implica moito manexo manual e asumir unha maduración tardía. Méteste xa en outubro. Pero a uva, que só se cultiva no Rosal, é extraordinaria. Iso animounos a recuperala. Levamos traballando con ela desde 1989 e xa temos cepas de 19 anos, e 19 hectáreas plantadas que supón o 95% de todo o caíño branco de Galicia. Fixemos moitas probas que demostran que a uva é excelente, así que chegou o momento de dar un paso máis.

- Facer un bo viño, claro.

- Queremos ter no mercado nun ou dous anos o primeiro monovarietal de caíño branco do mundo, agás a produción caseira que poida facer algún viticultor.

- Que propiedades organolépticas posúe?

- Ten recendos de froitas tropicais e balsámicos, como eucalipto ou menta. E en boca é incrible, cun corpo tremendo. É a súa maior virtude. Agora debemos definir o que queremos elaborar e sacalo ao mercado canto antes.

- Queda traballo por diante con esta variedade?

- Quédanos coñecela a fondo e facer o que fixemos no seu día co albariño: unha selección clonal para definir as súas características agronómicas e sacar o máximo proveito dela no ámbito enolóxico. Nese estudo agronómico é probable que teñamos a colaboración da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC. Faremos tamén o estudo enolóxico, e a idea é empezar con todo isto enseguida.

- Galicia non deixa de sorprender coas súas variedades para vinificación.

- É, con diferenza, a zona de España con maior patrimonio vitícola.

 

Medio: REVISTA SEMANA
Sección: Novedades
Data: 6/01/10
País: España

Terras Gada

 

 

Terras Gauda Ver nova

 

 

2009

Medio: EL MUNDO
Sección: METRÓPOLI
Data: 24/12/09
País: España

8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco Mantecón


A ARTE
DAS
ADEGAS
Ver nova


O OITAVO CONCURSO
DE CARTELISMO
DE TERRAS GAUDA
CONFIRMA A
EXCELENTE RELACIÓN
ENTRE VIÑO E DESEÑO

O artista valenciano Ángel Luis González gañou o primeiro premio do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega Terras Gauda e dotado con 12.000 € en metálico. O xurado, no que participou o prestixioso deseñador Pep Carrió, examinou máis de 1.400 obras candidatas, enviadas desde 45 países. O traballo gañador será a imaxe da adega durante 2010.

A convocatoria desta recoñecida firma elaboradora do val do Rosal (D.O. Rías Baixas, Pontevedra) inscríbese no proceso de apertura que experimentou o mundo do viño hispano cara ás máis diversas esferas da vida social e cultural nos últimos lustros, en paralelo co seu cada día maior recoñecemento internacional. Outros exemplos de colaboración entre artistas plásticos e adegas atopámolos na soada etiqueta de Miquel Barceló para o singular tinto mallorquino Ánima Negra ou na soberbia pinacoteca da adega alto aragonesa Enate, cuxos óleos de destacados artistas contemporáneos como Eduardo Chillida, Antonio Tàpies ou Antonio Saura ilustraron as sucesivas anadas da súa gama de viños.

Unha tradición de mecenado que, fóra das nosas fronteiras, ten o seu principal referente na colección de etiquetas inaugurada en 1945 polo barón Philippe de Rothschild para celebrar o final da II Guerra Mundial, con obras asinadas polos primeiros pinceis do s. XX, entre eles Braque, Dalí, Picasso, Bacon ou Warhol.

Fundada en 1990 co nome de Adegas das Eiras e presidida desde entón por José María Fonseca, o primeiro viño da adega foi o Abadía de San Campio (cento por cento albariño) da colleita 1991. Pouco tempo despois viu a luz o buque insignia da casa, o branco Terras Gauda, que, ademais da primeira uva galaica, incorpora na súa composición as autóctonas loureira e caíño branco. Viños que, desde o seu nacemento, gozaron do favor da crítica experta nacional e internacional.

O concurso Francisco Mantecón, creado en homenaxe ao artífice (Vigo 1948-2001) da primeira imaxe da adega, caracterízase pola súa ampla difusión internacional e polo seu prestixio en medios académicos do mundo enteiro. Os dous accésits da presente edición, dotados con 2.000 €, foron, nesta orde, para a estadounidense Julia Anne Luke e o estoniano Robi Joeleht. A deseñadora polaca Dorota Cichon foi distinguida coa mención especial do xurado. J.R. PEIRÓ

 

2009

Medio: EL MERCURIO
Sección: Cultura
Data: 14/12/09
País: Ecuador

Cartel de deseñador ecuatoriano como finalista Ver nova

Finalista 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónA adega española TERRAS GAUDA seleccionou 1 cartel de Ecuador como finalista entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

A participación de América foi moi importante este ano no Concurso Francisco Mantecón, con máis de 200 carteis enviados desde Ecuador, EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico, entre outros países. Do continente africano recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

De Europa destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia, con 360 obras. Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia son países europeos con presenza importante.

O xurado seleccionou 33 carteis finalistas entre os que se atopan os premiados. 4 están asinados por deseñadores gráficos italianos; 20 de España; 1 de Estonia, 1 de EUA, 1 de Venezuela, 1 de Ecuador, 2 de Arxentina, 1 de Australia, 1 de Polonia e 1 do Reino Unido.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que TERRAS GAUDA reparte 16.000 euros en metálico.

TERRAS GAUDA deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio.

As bases de participación enviáronse este ano a máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de 180 países, fronte ás 1.000 da 1ª edición. No prestixio alcanzado polo Concurso Francisco Mantecón influíu a súa vinculación ao mundo académico, coa participación colectiva de profesores e alumnos de universidades internacionais e co 1º Premio do ano 2007, obra do Profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro.

O criterio que achegaron profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió como membros do xurado contribuíu, así mesmo, ao éxito de convocatoria anual acadado polo certame.

Máis información: Telf.: + 34 902 922 252 / www.franciscomantecon.com / Correo-e:comunicacion@terrasgauda.com

 

Medio: entornointeligente.com
Sección: Notas de prensa
Data: 14/12/09
País: Venezuela

A adega española TERRAS GAUDA selecciona o cartel dun deseñador venezolano como finalista entre máis de 1.400 obras de todo o mundo Ver nova

A adega española TERRAS GAUDA seleccionou 1 cartel de Venezuela como finalista entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo no 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

A participación de América foi moi importante este ano no Concurso Francisco Mantecón, con máis de 200 carteis enviados desde Venezuela, EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico, entre outros países. Do continente africano recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

De Europa destaca a elevada participación de artistas gráficos de Italia, con 360 obras. Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia son países europeos con presenza importante.

O xurado seleccionou 33 carteis finalistas entre os que se atopan os premiados. 4 están asinados por deseñadores gráficos italianos; 20 de España; 1 de Estonia, 1 de EUA, 1 de Venezuela, 1 de Ecuador, 2 de Arxentina, 1 de Australia, 1 de Polonia e 1 do Reino Unido.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que TERRAS GAUDA reparte 16.000 euros en metálico.

TERRAS GAUDA deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio.

As bases de participación enviáronse este ano a máis de 65.000 artistas gráficos, estudios de deseño, asociacións e universidades de 180 países, fronte ás 1.000 da 1ª edición. No prestixio alcanzado polo Concurso Francisco Mantecón influíu a súa vinculación ao mundo académico, coa participación colectiva de profesores e alumnos de universidades internacionais e co 1º Premio do ano 2007, obra do Profesor de Arte e Deseño da Universidade de Osaka Shima Takahiro.

O criterio que achegaron profesionais tan relevantes como Javier Mariscal, Alberto Corazón, Óscar Mariné, Manuel Estrada, Isidro Ferrer e Pep Carrió como membros do xurado contribuíu, así mesmo, ao éxito de convocatoria anual acadado polo certame.

 

Medio: NEGOCIO & ESTILO DE VIDA
Sección: Estilo de Vida
Data: 15/12/09
País: España

Bodegas Terras Gauda

O viño e as súas infindas opcións Ver nova

 

 

No Nadal, o viño envólvese en envases atractivos, súmase ao aceite para completar un presente ou se une a outros da súa mesma estirpe para que o agasallo sexa máis completo. Así o fan, por exemplo, co viño Terras Gauda, buque insignia da adega do Rosal, da Denominación de Orixe (DO) Rías Baixas, que se vende en parella por 28,40 euros.

 

 

Medio: REVISTA AR
Sección: Gastronomía
Data: Decembro 2009
País: España

BRANCOS Ver nova

Abadía de San Campio Somos os maiores produtores do mundo de uva branca; por iso, nos últimos anos, estes viños volvéronse inventar: hainos ecolóxicos, con alma de tintos, que achegan estilo e orixinalidade … Con eles acabou o estereotipo de "só para o peixe".
Abadía San Campio.
Albariño (18 €), de B. Terras Gauda
 

 

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 11/12/09
País: España

O Francisco Mantecón ten gañador e Terras Gauda unha nova imaxe Ver nova

Gañador 8º Concurso Internacional de Diseño de Cartelismo Francisco Mantecón
R.G.
VIGO. O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou 4 carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros, correspondeu ao deseñador español Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que Terras Gauda reparte 16.000 euros en metálico.

Terras Gauda deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo.

Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

 

 

Medio: EXPANSIÓN
Sección: Galicia
Data: 11/12/09
País: España

Premio ao valenciano Ángel Luis González Ver nova

'FRANCISCO MANTECON' O primeiro premio internacional de cartelismo organizado pola adega Terras Gauda correspondeu na súa oitava edición ao deseñador valenciano Ángel Luis González. O primeiro accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o segundo no estoniano Robi Joeleht; e a Mención Especial, na firma Dorota Cichon de Polonia. Este ano participaron máis de 1.400 obras de 45 países.

 

Medio: LA VOZ DE VIGO
Sección: La Mirilla
Data: 12/12/09
País: España

O «Francisco Mantecón», un Xacobeo anual Ver nova

CRÓNICA
Soledad Antón

Entrega 1º Premio 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónReferente no mundo do deseño gráfico. É no que se converteu o Concurso de Cartelismo Francisco Mantecón en apenas oito anos. As cifras, máis que elocuentes, falan por si soas. Na primeira edición presentáronse 70 traballos, todos asinados por autores galegos, mentres que na que acaba de resolverse esta semana fixérono 1.400, neste caso chegados de 45 países dos cinco continentes.

Non resulta doado explicar tan meteórica traxectoria. A resposta hai que buscala no piloto da nave, José María Fonseca, e no equipo de traballo do que soubo rodearse, no que María José Sánchez é a copiloto perfecta. O pasado xoves, con motivo da entrega de premios do concurso, volveu quedar claro o poder de convocatoria de Terras Gauda.

Entrega de premios Francisco MantecónNon faltaron os incondicionais nin, por suposto, un bo número de concursantes finalistas, os máis feitos un feixe de nervios por se Fernando Ónega («o cronista oficial da adega» en palabras do presidente da Xunta) pronunciaba o seu nome. Pero o que non se viu nunca era tan alta concentración de políticos por metro cadrado: Feijóo, Louro, Caballero, Molares, Porro, Roberto Varela, Domínguez, López, Figueroa, Méndez … «Hai case tantos cargos como carteis», empezou dicindo Ónega.

Claro que o xornalista, na súa liña habitual (menos mal!) reservaba máis perlas a propósito desa sui generis crónica anual que tanto agradece a concorrencia. Máis que nada porque espanta calquera indicio de sopor propio deste tipo de actos. Nese repaso non faltou unha referencia aos respectivos desembarcos presidenciais de Obama e Feijoo. «Co cal arranxouse o equilibro mundial», dixo.

Economía sustentable. Só aparcou Ónega a ironía cando pediu aos presentes, especialmente aos que ocupan cargos, que abrisen os ollos, porque detrás dun acto aparentemente lúdico-social, «o que de verdade hai é un exemplo de economía sustentable. Isto é como un Xacobeo que se celebra cada ano», asegurou.

O que se puxo serio desde o minuto un da súa intervención foi José María Fonseca. E, practicamente antes de rematar a súa frase de arranque, gañou o primeiro aplauso do auditorio. Veu dicir que aínda sabendo que había moitos asistentes de alén do Padornelo expresaríase en galego, «idioma de sumar e de acollida» co que, dixo, algúns pretenden crear un problema inexistente: «É unha trapallada perversa da que temos que fuxir».

Logo falou de ilusión colectiva e de seguir pelexando por lograr un escenario axeitado para poder amosar os centenares de orixinais que se reciben de todo o mundo. Abel Caballero recolleu a luva.

O momento emotivo da velada, xusto antes de que o valenciano Ángel Luis González subise ao estrado recibir o diploma e o cheque de 10.000 euros que o acreditan como gañador do Francisco Mantecón 2009, púxoo a viúva do artista, Pilar Barreiro: «Son moitos anos de furar na memoria e botar man dalgún feito, dalgunha anécdota que poida evocar algo da túa persoa diante deste público... para que coñezan de ti algo máis que o teu nome».

O bo desa procura é que obrigou a Pilar a mergullarse non só no seu interior (que tamén), senón en caixóns, andeis e recunchos mil nos que Paco foi deixando o seu sinal creativo, os seus debuxos, os seus escritos, as súas notas... Tanto e tanto material que, por fin, está practicamente clasificado e que, segundo anunciou o xoves, verá a luz moi pronto en forma de páxina web: «Todo o longo traballo da túa curta vida, navegando polo ciberespacio, aberto aos ollos non só do noso entorno, senón tamén aos ollos nórdicos e meridionais, do leste e do oeste, de hoxe e do futuro, que poderán cun so clic contemplar e coñecer quen foi e que fixo ese Francisco Mantecón que dá nome a ese concurso de cartelismo».

Unha vez rematados os discursos chegou outra parte non menos esperada da velada, a charla animada fronte a unha copa de viño. Entre outros moitos conversadores estaban Antonio Quesada, García Mañá, Teruca Conde Pumpido, Carmela Pousa, Manuel Buciños, María Xosé Queizán, Pedro Solveira, Merche Castro, César Cunqueiro, Manolo Rodríguez, Mercedes Méndez, Luis Espada, Manuel Sanjurjo … E, claro, os compañeiros de banda (musical) de Fonseca.

 

Medio: FARO DE VIGO
Sección: Sociedad
Data: 11/12/09
País: España

O valenciano Ángel Luis González logra o premio Francisco Mantecón Ver nova

O seu deseño será a imaxe da adega Terras Gauda o vindeiro ano

REDACCIÓN » VIGO

Entrega premios 8º Francisco MantecónA imaxe da adega Terras Gauda o vindeiro ano leva a sinatura de Ángel Luis González. O deseñador valenciano resultou gañador do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado pola adega miñota. O creador leva o primeiro premio, dotado de 10.000 euros.

O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que a adega reparte 16.000 euros en metálico.

O xurado, presidido por José María Fonseca Moretón, presidente de Terras Gauda, seleccionou estes catro carteis de entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional. Tras España, Italia foi o país europeo con máis participación (360 obras, fronte aos 660 deseños con sinatura española).

Dos 33 carteis finalistas, 20 estaban deseñados por artistas gráficos españois, catro de Italia, dous de Arxentina, 1 de Australia, Polonia, Reino Unido, Estonia, Estados Unidos, Ecuador e Venezuela.

A adega deu reunido no Concurso Francisco Mantecón a vangarda do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteis procedentes de 83 países de todo o mundo.

Este éxito de convocatoria está baseado nun reforzo continuo do labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

Terras Gauda considera a difusión mediática internacional un factor chave para manter a participación e situar o certame como un referente para a vangarda do deseño gráfico.

Na oitava edición participaron 1.400 obras de 45 países de todo o mundo

Xurado

Ademais de José María Fonseca Moretón, o xurado desta edición formárono o deseñador Pep Carrió; Pilar Barreiro, viúva do artista Francisco Mantecón; Enrique Costas, director xeral da adega; Javier Martínez Vidal, director de deseño da revista Elle; Taber Calderón, gañador da edición anterior, e Paulino Novo, que exerceu de secretario.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a entrega de premios en Vigo, á que asistiron máis de 400 personalidades do mundo cultural, social, empresarial e político, entre outros Santiago Domínguez, tenente de alcalde de Vigo, e Corina Porro, presidenta da Autoridade Portuaria.

 

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección: Cultura
Data: 11/12/09
País: España

O valenciano Ángel Luis González gaña o Mantecón Ver nova

CREACIÓN » Terras Gauda resolve en Vigo os galardóns do seu VIII Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario

Entrega premios 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónREDACCIÓN . SANTIAGO

O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou 4 carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional. O 1º Premio, dotado con 10.000 euros e que será a imaxen da adega o próximo año, correspondeu ao deseñador valenciano Ángel Luis González. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles, Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia, Robi Joeleht; e a Mención Especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros.

 

Medio: EL PROGRESO
Sección: Vivir
Data: 13/12/09
País: España

PÍLULAS

Terras Gauda Ver nova

A adega que preside José María Fonseca vén de entregar o premio de cartelismo Francisco Mantecón, que gañou o deseñador valenciano Ángel Luis González, cun traballo que se impuxo entre 1.400 obras presentadas.

 

Medio: DIARIO DE PONTEVEDRA
Sección: Vivir aquí / Cultura
Data: 11/12/09
País: España

Entrega premios 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónO deseñador valenciano Ángel Luis González gaña o VIII Concurso Francisco Mantecón de Deseño Ver nova

 

Más de 1.400 obras de todo o mundo participaron este ano no Concurso Francisco Mantecón de Deseño, que convocan as adegas Terras Gauda. A entrega de premios tivo lugar onte en Vigo e estivo presidida por Alberto Núñez Feijóo. O gañador do primeiro premio (10.000 euros) foi o deseñador valencián Ángel Luis González. DP

 

Medio: ATLÁNTICO
Sección: ViGO
Data: 11/12/09
País: España

Un valenciano obtivo o "Mantecón" fronte a 1.400 candidatos Ver nova

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a entrega de premios de cartelismo, á que asistiron máis de 400 convidados, entre os que se atopaban o delegado do Goberno, Antón Louro; o alcalde, Abel Caballero, e a presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro.

vigo
REDACCIÓN

Unha nova edición do concurso de cartelismo Francisco Mantecón finalizou onte coa entrega de premios, realizada no Pazo Los Escudos. O valenciano Ángel Luis González fíxose co primeiro premio, dotado de 10.000 euros. O 1º accésit recaeu na deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia Robi Joeleht; e a mención especial foi para a firma Dorota Cichon, de Polonia. Cada un destes premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que a adega reparte 16.000 euros en metálico.

O xurado, convocado por Terras Gauda e presidido por José María Fonseca Moretón, presidente de Bodegas Terras Gauda, integrárono o deseñador Pep Carrió; Pilar Barreiro, viúva do artista Francisco Mantecón; Enrique Costas, director xeral da adega; Javier Martínez Vidal, director de deseño da revista ELLE; Taber Calderón, gañador da edición anterior; e Paulino Novo, que exerceu de secretario. O xurado premiou estes catro carteis de España, Estonia, EUA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manter por cuarto ano consecutivo unha elevada participación internacional.

Nesta edición, destaca a elevada participación de artistas europeos, con 360 representantes de Italia. Á súa vez, Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia tamén tiveron unha presenza importante. Entre os participantes houbo 660 deseñadores españois. A representación de América foi notable, con máis de 200 carteis enviados. De África recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio; e de Asia: de Singapur, Sri Lanka, India ou China. A representación de Oceanía no certame de TERRAS GAUDA é de Australia. Por primeira vez concursaron deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia.

Dos 33 finalistas, hai 20 españois; catro de Italia, dous de Arxentina e un representante de Australia, Polonia, Reino Unido, Estonia, Estados Unidos, Ecuador e Venezuela.

Concorrida entrega de premios. Á entrega das distincións aos catro premiados (Ángel Luis González, Julia Anne Luke, Robi Joeleht e Dorota Cichon), nun concorrido acto con ampla presenza de personalidades da vida social e política viguesa.

 

Medio: ATLANTICO DIARIO
Sección: Euro Empresa
Data: 13/12/09
País: España

Premio de investigación 2009 para a adega Ver nova

A adega do Rosal Terras Gauda recibiu o "Premio Investigación 2009" outorgado pola Real Academia Galega de Ciencias polo estudo para a mellora da calidade do viño Albariño. É a única adega en Galicia e unha das poucas en España que dispón dun fermento propio.

 

Medio: EL PROGRESO
Sección: Terra - Alimentación
Data: 13/12/09
País: España

TERRAS GAUDA RECOLLE O PREMIO DA RAGC 2009 DE INVESTIGACIÓN POR UN PROXECTO DO CSIC Ver nova

Terras Gauda recolleu o Premio Investigación 2009 da Real Academia Galega de Ciencias polo "Estudo para a mellora dá calidade do viño Albariño", desenvolvido en colaboración co Instituto de Fermentacións Industriais e a Misión Biolóxica de Galicia, do CSIC, nun acto na sede da RAGC en Santiago. O director técnico de Terras Gauda, Emilio Rodríguez Canas, e os investigadores Carmen Martínez, da Misión Biolóxica de Galicia, e Afonso Carrascosa, do Instituto de Fermentacións Industriais son sos autores do proxecto, unha investigación de 8 anos que permitíu seleccionar 22 cepas autóctonas de albariño especialmente fértiles, produtivas e resistentes a pragas.

 

Medio: LA REGIÓN
Sección: Ecoagro - Actualidad
Data: 12/12/09
País: España

Recoñecemento

Terras Gauda recibe o premio Investigación 2009 Ver nova

Terras Gauda recibe el premio Investigación 2009
Terras Gauda recolleu o Premio Investigación 2009 da Real Academia Galega de Ciencias polo "Estudio para a mellora da calidade do viño Albariño", desenrolado en colaboración co Instituto de Fermentación Industriais e a Misión Biolóxica de Galicia, do CSIC. O director técnico de Terras Gauda, Emilio Rodríguez Canas, e os investigadores Carmen Martínez, da Misión Biolóxica de Galicia, e Alfonso Carrascosa, do Instituto de Fermentacións industriais do CSIC son os autores do proxecto, que é froito dunha investigación de oito anos que permitiu seleccionar 22 cepas autóctonas de Albariño especialmente fértis, produtivas e resistentes a plagas.

 

Medio: LA REGIÓN
Sección: Ecoagro - Portada
Data: 12/12/09
País: España

Suplemento de técnica, economía y sociedade agraria del siglo XXI

Premio Francisco Mantecón a catro carteis Ver nova

O 8º concurso Francisco Mantecón premiou catro carteis de España, Estonia, USA e Polonia entre unha selección de máis de 1.400 obras chegadas dende todos os puntos da xeografía mundial.

 

Medio: LA REGIÓN
Sección: Ecoagro - Actualidad
Data: 12/12/09
País: España

Premio Francisco Mantecón Ver nova

O 8º concurso Francisco Mantecón premiou catro carteis de España, Estonia, USA e Polonia entre máis de 1.400 obras

1º Premio 8º Concurso Internacional de Cartelismo Francisco MantecónRedacción: MV

O presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núnez Feijóo, presidiu a entrega de premios, a que asistiron máis de 400 personalidades do mundo cultural, social, empresarial e político, como o delegado do Gobierno en Galicia, D. Antón Louro, o alcalde de Vigo, D. Abel Caballero, os conselleiros de Medio Rural, Cultura e Turismo y Economía e Industria e a presidenta da Autoridade Portuaria, Dña. Corina Porro, entre outros.

O xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda, premiou catro carteis de España, Estonia, USA e Polonia entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo, logrando manteñer por cuarto ano consecutivo un elevado índice de participación internacional.

O 1º Premio, dotado con 10.000 euros e que será a imaxen da adega o próximo ano, correspondeu ao deseñador valenciano Ángel Luis González. O 1º accésit recaiu na deseñadora de Los Ángeles, Julia Anne Luke; o 2º accésit é obra do artista gráfico de Estonia, Robi Joeleht; e a Mención Especial firmaa Dorota Cichon, de Polonia. Cada ún destos premiados recibe unha dotación económica de 2.000 euros, co que Terras Gauda reparte 16.000 euros en metálico.

Terras Gauda logrou reunir no Concurso Francisco Mantecón a vanguardia do deseño gráfico internacional nestas oito edicións, nas que concursaron máis de 8.000 carteles procedentes de 83 países de todo o mundo. Este éxito de convocatoria está basado nun refuerzo continuo da labor de comunicación nacional e internacional, a ampliación constante das bases de participantes, a vinculación do certame ao mundo académico a través de universidades de todo o mundo e a implicación de deseñadores de recoñecido prestixio na formación do xurado.

A difusión mediática internacional é un factor clave para manteñer a participación e posicionar o certame como un referente para a vanguardia do deseño gráfico e unha das grandes citas anuais para os deseñadores de prestixio. Só nas tres últimas edicións fixeronse eco do concurso máis de 500 medios de comunicación xeneralistas, páxinas web e revistas especializadas dos cinco continentes.

Participación 2009

 

Medio: EL IDEAL GALLEGO
Sección: Galicia
Data: 11/12/09
País: España

O deseñador Ángel Luis González gaña o concurso de carteis Francisco Mantecón Ver nova

REDACCIÓN » A CORUÑA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu onte a entrega de premios do oitavo Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón, convocado por Terras Gauda.

O xurado deste certame outorgou os premios a catro carteis de España, Estonia, EUA e Polonia, elixidos de entre máis de 1.400 obras enviadas desde 45 países de todo o mundo.

Estes galardóns supoñen unha achega económica total de 16.000 euros por parte da adega galega.

O primeiro premio, dotado con 10.000 euros, recaeu sobre o deseñador valenciano Ángel Luis González, cuxo traballo será a imaxe da adega para o vindeiro ano.

Ademais, entregáronse dous accésits que levaron 2.000 euros cada un, o primeiro á deseñadora dos Ánxeles Julia Anne Luke e o segundo ao artista gráfico de Estonia Robi Joeleht, e unha mención especial -de igual contía económica que os dous anteriores- a Dorota Cichon, de Polonia.

Ao acto de entrega dos premios, celebrado en Vigo, asistiron máis de 400 personalidades entre as que, ademais do presidente da Xunta, se atopaban o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, ou a subdelegada da Xunta na cidade, Lucía Morales, entre outros.

Máis de 45 países de todo o mundo participaron este ano no certame. De Europa destacaron, ademais de España -con 660 aspirantes-, Italia, Francia, Polonia, Rusia, Reino Unido, Ucraína, Estonia, Suecia ou Serbia.

Tamén houbo unha nutrida representación de países de América, cómpre sinalar a EUA, Canadá, Barbados, México, Cuba ou Porto Rico; de África recibíronse propostas de Sudáfrica, Tunisia ou Mauricio.

 

Medio: ATLÁNTICO DIARIO
Sección: Vigo 10
Data: 10/12/09
País: España

JOSÉ MARÍA FONSECA MORETÓN
presidente de bodegas terras gauda

"Arte e viño son unha boa combinación en case todo" Ver nova

Como presidente de Bodegas Terras Gauda, José María Fonseca Moretón exercerá hoxe de anfitrión na entrega dos premios de cartelaría Francisco Mantecón.

José María Fonseca Moretón presidente de Bodegas Terras Gaudavigo
ANA BAENA

Naceu en Ourense en 1950 e licenciouse na primeira promoción de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela. Técnico do Ministerio de Traballo e asesor financeiro, aventurouse no mundo do viño levado pola afección, xurdida a través do seu contacto coa enoloxía, ao organizar os cursos de formación ocupacional do INEM. Actualmente preside Bodegas Terras Gauda, referente na produción de Rías Baixas e organizador dun dos concursos de cartelismo publicitario de maior relevancia internacional, o Francisco Mantecón. Hoxe, ás 20 horas, Los Escudos acolle a gala de entrega de premios, elixidos por un xurado, presidido por Fonseca Moretón.

- Que ten que ter un gañador do Francisco Mantecón?

- A decisión non é miña, depende do xurado. Pero, en liñas xerais, búscanse dous aspectos: un alto nivel artístico e creativo, e que sexa contundente e chame a atención, non podemos esquecer que son carteis publicitarios.

- A arte e mais o viño son unha boa combinación?

- Son unha boa combinación en case todo. Os países do arco mediterráneo da vella Europa, con tradición vinícola, son berce de artistas. Resulta complicado concibir a nosa cultura sen viño, e sempre vén da man da arte, até na tradición relixiosa.

- Co prestixio conseguido polo albariño, segue a precisar cartel de presentación?

- Sempre é bo. O descubrimento no resto do mundo das bondades do Albariño e outras cepas nobres autóctonas de Galicia é relativamente recente fronte ás francesas ou alemás, que levan moitos anos de historia, e en ocasións sen tantos méritos. Unha parte do noso obxectivo logrouse, pero temos que seguir profundando para converter estes viños nun referente. Ao albariño fáltalle dar o salto ao gran público.

"Ao darse a coñecer fóra, parte do obxectivo logrouse, pero ao albariño lle falta dar o salto ao gran público"

- Malia os logros como o "etiqueta negra", resístense os crianza con cepas galegas?

- O "etiqueta negra" non é un crianza en si; é un fermentado en barrica de carballo novo. Nos crianza nos viños brancos das características do albariño aínda hai moito que andar. O seu gran potencial radica na explosión de aromas e na frescura dos viños elaborados sen crianza. Pódese sofisticar e conseguir que as súas características se conserven máis tempo en botella, pero neste campo a enoloxía aínda ten moito que achegar. Hai avances pero para comercializalo hai que manter a calidade da produción.

- E os tintos son a materia pendente do sector galego?

- É unha materia pendente e complicada. Aínda que hai un potencial enorme en Galicia cunha gran variedade de cepas nobres, é difícil facerse un oco entre os tintos. Pero se vai avanzando.

José María Moretón estará hoxe na entrega de premios Francisco Mantecón.

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 18/11/09
País: España

Premio á investigación para Terras Gauda Ver nova

José María Fonseca, presidente de Bodegas Terras Gauda, recibiu onte na Real Academia Galega de Ciencias o Premio Investigación 2009 polo "Estudio para a mellora da calidade do viño albariño", desenvolto en colaboración co Instituto de Fermentaciones Industriales e a Misión Biolóxica de Galicia, do CSIC.

 

Medio: El Correo Gallego
Sección: Galicia
Data: 18/11/09
País: España

Recoñecemento da RAGC á transferencia de tecnoloxía Ver nova

PREMIOS » Os distinguidos do CSIC, a USC, Terras Gauda e Tragsa valoran as pontes entre investigación e empresa

MÓNICA NOGUEIRA. SANTIAGOTerras Gauda - Premio á Investigación 2009

Honra, orgullo e ánimo para seguir investigando. Estas foron as palabras compartidas onte por todos os premiados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) na décima novena edición dos seus galardóns, que pretenden ser "unha inxección de optimismo" para que os investigadores se "sintan obrigados a ir máis lonxe", segundo destacou o seu presidente, Ernesto Viéitez.

Os expertos do CSIC, da Universidade de Santiago, de Terras Gauda e Tragsa puxeron en valor iniciativas como esta que tenden pontes entre a investigación e a empresa. Precisamente, a academia recoñeceu en todos os seus galardóns a transferencia de tecnoloxía, facendo visible á sociedade a "necesidade e importancia" da aplicación da investigación ao ámbito empresarial e económicoo.

O premio de Investigación 2009, dotado con 6.000 euros, foille outorgado ao Estudo para a mellora da calidade do viño Albariño, no que participaron a investigadora Carmen Martínez, da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra), e Alfonso Carrascosa, do Instituto de Fermentacións Industriais, en Madrid (ambos de centros do CSIC), coa colaboración de Terras Gauda. O presidente desta adega, José María Fonseca, lembrou que "o que non se coñece non existe", por iso destacou que ademais do "importantísimo que é facer estes traballos, tamén é que se saiban para mellor facer da empresa e que tamén se beneficie a sociedade".

Martínez dixo que malia recibir a viticultura moitas distincións, en "moi poucas ocasións teñen que ver coa investigación neste eido". Carrascosa felicitouse por poder "concluír un proceso de transferencia de tecnoloxía".

A mención honorífica, outorgada por primeira vez, foi para Avances no coñecemento do patóxeno emerxente de rodaballo Edwardsiella tarda, presentado por Beatriz Magariños e Nuria Castro, da USC. Magariños salientou o "orgullo de competir a tan alto nivel" e que esta investigación servirá para "a non utilización de antibióticos" na produción de rodaballos.

Nieves Vidal, no seu nome e no de Ana María Viéitez, do CSIS, e María Rosario Fernández e Beatriz Cuenca, de Tragsa –cuxo artigo publicado na revista da RAGC foi premiado–, resaltou a contribución do seu estudo ao "mantemento da diversidade do bosque".

CONVOCATORIA 2010

Apertura a España e Portugal

Coincidindo co vixésimo aniversario dos seus premios, a RAGC inaugura a convocatoria para 2010 abrindo os galardóns aos traballos de investigación de toda España e tamén de Portugal. Ademais, a academia restabelecerá o galardón para mozos investigadores (menores de 28 anos), que substituirá ao que viña concedendo a un artigo publicado na revista científica RAGC, que se edita desde hai 27 anos. O premio na categoría sénior estará dotado con 6.000 euros, e na modalidade xuvenil serán 2.000. En ambas as dúas poderán presentarse traballos inéditos en matemáticas, física, física do cosmos, química, xeoloxía, bioloxía, farmacia, ciencias sociais, económicas e ciencias técnicas. Licenciados e doutores poderán optar ao premio, aínda que na modalidade sénior un dos autores deberá posuír o título de doutor.

 

Medio: La Voz de Galicia
Sección: Sociedad
Data: 17/11/09
País: España

A Real Academia Galega de Ciencias premia un traballo para a mellora da calidade do albariño Ver nova

Terras Gauda - Premio á Investigación 2009REDACCION | A Real Academia Galega de Ciencias acordou conceder o Premio de Investigación 2009 a un estudo para a mellora da calidade do viño albariño, no que participaron investigadores do CSIC –da Misión Biolóxica de Galicia, en Pontevedra, e do Instituto de Fermentacións Industriais, en Madrid– coa colaboración de Bodegas Terras Gauda.

Nesta categoría hai unha mención honorífica para o traballo Avances no coñecemento do patóxeno emerxente do rodaballo, que presentaron dúas investigadoras do grupo de patoloxía na acuicultura da USC.

Outro galardón foi para Desarrollo de bancos de germoplasma de castaño y alcornoque mediante crioconservación de ápices caulinares y embriones somáticos, a cargo do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia do CSIC e do departamento de mellora agroforestal da compañía Tragsa, en Maceda (Ourense).

 

Medio: El Economista
Data: 5/11/09
País: España

Un brinde de Terras Gauda: negocia unha compra na Rioxa Ver nova

A adega das Rías Baixas lanza un proxecto que permitirá controlar os viñedos vía satélite con sensores sen fíos

Javier Romera

MADRID. Primeiro foi O Rosal, na denominación de orixe das Rías Baixas. Despois a denominación de orixe do Bierzo, na provincia de León, e agora, para rematar, a da Rioxa. Enrique Costas, director xeral da compañía, recoñece que, coa crise, xurdiron novas oportunidades e que "Terras Gauda está nunha posición compradora". Cando? "Non hai nada pechado aínda, pero estamos estudando distintas posibilidades", asegura.

Con 160 hectáreas de viñedo nunha das zonas máis privilexiadas da ribeira do Miño, xunto á fronteira con Portugal, a adega Terras Gauda produce 1,5 millóns de botellas ao ano de tres variedades de uva distintas: albariño, loureiro e caíño branco, unha especie en desuso que a empresa está a intentar recuperar.

Diversificación

Fundada en 1989 por José María Fonseca, un emprendedor galego amante da enoloxía, Terras Gauda está a acometer a súa expansión nuns plans moi concretos. O obxectivo de entrar primeiro no Bierzo con Bodegas y Viñedos Pittacum e de buscar agora oportunidades de compra na Rioxa responde non só a diversificar a produción, senón, sobre todo, a afianzar o seu negocio internacional.

"O noso principal mercado fóra de España é a Unión Europea, con especial peso en Alemaña e Reino Unido. Ademais, tamén nos estamos situando en China e en Xapón e, sobre todo, queremos medrar en Estados Unidos". Para todo iso, a empresa impulsou ademais un dos proxectos de investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías máis ambiciosos de todo o sector. Terras Gauda lanzou un proxecto que permitirá contar a partir do ano que vén cunha rede de sensores sen fíos apoiados en tecnoloxías GIS (Sistema de Identificación Xeográfica) e GPS para poder realizar un seguimento en tempo real do estado do viñedo e das uvas. Todo iso á marxe de controlar aspectos como a temperatura, radiación, humidade, Ph e nivel de nutrientes, e actuar así de xeito inmediato caso de se detectar algunha incidencia.

 

Medio: TELVA
Sección: Gastronomía
Data: Novembro 2009
País: España

NA ADEGA Ver nova

Do Bierzo chéganos este rosado de Pittacum (7 €)

 

Medio: INTERVIÚ
Sección: Panorama
Data: 02/11/09
País: España

Bodegas Terras Gauda1.400 carteis para un premio Ver nova

O 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón pechou o pasado 30 de setembro a admisión de candidatos, con máis de 1.400 carteis presentados. As súas orixes son diversas, aínda que desta volta Italia destaca con 360 carteis, e o continente americano, con máis de 200. O concurso, patrocinado pola adega Terras Gauda, concede un primeiro premio, tres accésits e unha mención especial; en total, 14.000 euros para premiar un clásico da publicidade e da comunicación, o cartelismo.

 

 

Medio: ABC
Sección: Galicia
Data: 28/10/09
País: España

O xurado do Francisco Mantecón reúnese para un primeiro cribado Ver nova

E.PÉREZ
VIGO. O Concurso de Cartelismo Francisco Mantecón, que como cada ano convoca Bodegas Terras Gauda, está próximo a desvelar os seus finalistas. Precisamente por este motivo reuniuse o xurado desta oitava edición o pasado fin de semana. Unha decisión difícil máxime cando medra a participación como neste caso. Artistas gráficos de 45 países decidiron presentar as súas propostas, 1.400 carteis, cunha destacada participación de España e Italia, con 660 e 360 respectivamente. Outros de Sri Lanka, Barbados e Tunisia irrompen, sendo a novidade.

Outros deseñadores gráficos de países como Mauricio, Sudáfrica, India, China, Cuba ou Rusia, entre outros, confirman a proxección mundial dun certame que anualmente reúne a vangarda do deseño internacional.

 

Medio: LA VOZ
Sección: La Mirilla (A Mira)
Data: 27/10/09
País: España

A calidade do viño importa, mais a da etiqueta tamén Ver nova

CRÓNICA
B.R.Sotelino

Bodegas Terras GaudaDeliberacións no Concurso de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón. As Bodegas Terras Gauda andan estes días xa inmersas nos asuntos estéticos que tamén forman parte da identidade dunha marca que, ademais de preocuparse polo fondo, coida moito as formas. A firma do Rosal acolleu este fin de semana a reunión do xurado do 8º Concurso Internacional de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón para seleccionar os carteis finalistas e premiados entre máis de 1.400 obras procedentes de 45 países de todo o mundo. O deseñador neoiorquino Taber Calderón, que gañou o primeiro premio o ano pasado, viaxou desde Estados Unidos para asistir á reunión do xurado, que estivo presidida por José Mª Fonseca Moretón, presidente de Terras Gauda, e na que participaron o prestixioso deseñador Pep Carrió, o director de arte da revista Elle, Javier Martínez Vidal; Pilar Barreiro Mosquera, filóloga e viúva de Francisco Mantecón; Enrique Costas Rodríguez, director xeral de Bodegas Terras Gauda, e Paulino Novo Folgueira, filólogo que actuou como secretario. Dos máis de 1.400 carteis que concursan nesta edición, 660 están asinados por artistas gráficos de España, e destaca a elevada participación de deseñadores italianos, un total de 360. Por primeira vez enviaron as súas propostas deseñadores gráficos de Sri Lanka, Barbados e Tunisia a un certame, no que máis un ano hai representantes de países dos cinco continentes. O certame repartirá 14.000 euros en metálico entre os gañadores (10.000 euros para o 1º premio e dous accésits de 2.000 euros cada un), así como unha mención especial. Os Premios de Deseño de Cartelismo Publicitario Francisco Mantecón queren ser unha homenaxe ao irrepetible creador e artista, que ademais de moitas outras cousas, alumou co seu talento e singular mestría todo o que tivo que ver coa imaxe en Bodegas Terras Gauda desde o seu nacemento.

 

Medio: Revista SOBREMESA
Sección: Últimos tragos (Derradeiros grolos)
Data: Setembro 2009
País: España

PREMIOS FRANCISCO MANTECÓNpremios Francisco Mantecón

Arte na botella Ver nova

O máis acreditado e extenso certame de carteis publicitarios vinculados ao viño, de ampla convocatoria internacional, e que foi creado e patrocinado pola adega Terras Gauda (D.O. Rías Baixas), celebrou en Madrid a convocatoria da súa oitava edición, reforzando o seu carácter de referencia para o mundo do deseño gráfico en todo o mundo. Máis de 6.500 carteis de máis de 70 países participaron nas súas anteriores convocatorias. No acto presidido por José María Fonseca, alma mater de Terras Gauda, e pola secretaria xeral de Medio Rural, Alicia Villauriz, interviñeron Paloma Segrelles, presidenta de Siglo XXI, o deseñador gráfico Pep Carrió, membro relevante do xurado de especialistas, e o xornalista Fernando Ónega, que exerceu de mestre de cerimonias. Os premios convocados ascenden a 14.000 euros, ademais da exposición dos traballos finalistas.

 

Medio: EL MUNDO
Sección: Metrópoli
Data: 16/10/09
País: España

ENTREVISTA

JOSÉ MARÍA FONSECA

"TRABALLAMOS PARA QUE OS NOSOS VIÑOS SEXAN INCONFUNDIBLES" Ver nova

O PRESIDENTE DAS BODEGAS TERRAS GAUDA, QUE CUMPREN 20 ANOS, APOSTA POLA INVESTIGACIÓN

José María Fonseca (Ourense, 1950) preside Bodegas Terras Gauda, un grupo que, ademais da adega que lle dá nome, situada na subzona do Rosal pontevedrés, nas Rías Baixas, posúe Bodegas Pittacum no Bierzo e está pechando os últimos flocos para unha próxima adquisición na Rioxa Alta. Este 2009 cumpríronse 20 anos do seu nacemento e o grupo celébrao dando a coñecer os numerosos proxectos de investigación na base dun éxito comercial sostido –as súas vendas creceron un 33% en 2008, con preto dun millón e medio de botellas vendidas–, que no seu caso non parece ser incompatible coa calidade.

PREGUNTA.- A estas alturas, a vendima acaba de rematar en Terras Gauda. Que tal foi?

RESPOSTA.- Foi fantástica. Non é que teñamos un ano excepcional en cantidade, porque tivemos algún problema durante a floración e algúns ataques do fungo mildiu, pero logo houbo unha maduración perfecta en calidade, con parámetros de grao e acidez estupendos na uva.

P.- Como chegou vostede ao viño?

R.- A miña incorporación como empresario prodúcese en 1989. Antes diso, traballaba como responsable en Pontevedra do servizo de Formación Profesional Ocupacional. Naquela época ofreciamos moitos cursos de viticultura e enoloxía da man de Jesús Requena, un gran coñecedor do mundo do viño. A miña relación con el, todos aqueles cursos e o nacemento da DO conducíronme cara á idea de pór en marcha o que hoxe é Terras Gauda.

P.- Semella que aumenta o debate acerca de se supuxo unha equivocación supeditar practicamente a identidade da DO Rías Baixas á variedade albariño. Coida que o tempo lle dá a razón ao outorgar a fama entre os seus viños a un coupage desta uva, loureiro e caíño branco como Terras Gauda?

R.- Pois debo dicir que si. Eu sempre fun partidario dos viños plurivarietais, aínda que debo dicir que nós, que temos Terras Gauda como o noso viño emblemático, tamén elaboramos un albariño monovarietal, Abadía de San Campio, que segue esa corrente xeneralizada na DO e nos levou, por exemplo, a sermos o único albariño presente nas mesas dos restaurantes Nobu nos Estados Unidos.

P.- Entre os moitos proxectos de investigación que veñen desenvolvendo, destaca o da recuperación da caíño branco, unha variedade que parecía destinada a se extinguir e da que posúen o 95% do viñedo cultivado …

R.- Os viticultores vellos do Rosal dicían: "O Caíño é o príncipe do viño", porque historicamente era considerada unha variedade extraordinaria. Por desgraza o seu cultivo é bastante complicado e iso fixo que se fose abandonando a pesar de que aromaticamente é moi completa e na boca achega unha estrutura fantástica ao viño. En 2010 presentaremos un viño no que é a variedade principal.

P.- Outro deses proxectos, neste caso xunto ao CSIC, deu como resultado a primeira patente dun lévedo ecotípico obtido a partir da variedade albariño. Como repercutirá nos seus viños?

R.- Desde que se fundou a adega, traballamos cunha obsesión: conseguir que os nosos viños sexan inconfundibles para o consumidor. O uso do noso propio lévedo permitiranos afondar neste camiño da singularidade.

P.- Terras Gauda apostou en 2002 pola compra de Bodegas Pittacum, no Bierzo. Dá a impresión de que á zona lle está custando asentarse entre as grandes rexións produtoras do país, malia a calidade dalgúns dos seus viños …

R.- Eu nunca pensei que iamos chegar e encher. Estanos supondo un traballo ímprobo e moi serio. E isto non significa facer un gran viño un bo ano e vendelo todo, significa ir facendo o viño ano tras ano e cada vez mellor. Que se vaia coñecendo. Que vaia rotando e vendéndose caixa por caixa. Pero, iso si, ao señor que lle vendas unha caixa hoxe hai que lle vender outra o ano que vén …

P.- Parece que tamén no Bierzo apostan polas variedades alternativas. Teñen en preparación en Pittacum un tinto de garnacha tintureira, á marxe da Denominación de Orixe …

R.- Somos valentes estando convencidos do que temos entre mans. No mercado no que traballamos hai xente moi receptiva a viños singulares e estamos seguros de que este vai funcionar. Como? Dándoo a coñecer para que sorprenda a quen o probe e traballando moito para afianzalo no mercado. MIGUEL ÁNGUEL RINCÓN

 

Medio: EL PAÍS
Sección: empresas&sectores
Data: 11/10/09
País: España

Viños con I+D desde Rías Baixas Ver nova

Terras Gauda desenvolve patentes co Consello Superior de Investigacións Científicas sobre a viña e o viño

VIDAL MATÉ

Hai agora vinte anos, un profesor de formación profesional no vello INEM en Pontevedra, José María Fonseca, entusiasmouse cos cursos sobre enoloxía e viticultura. E tivo unha idea. Levantar unha adega na Denominación de Orixe Rías Baixas. Púxose á tarefa de buscar socios na zona. Manuel Fernández, presidente de Pescanova ou Caixa Galicia. E naceu Terras Gauda. Unha adega nova cuxa nota característica máis importante é unha estratexia baseada na investigación desde a cepa até os lévedos, o viño e a barrica para ofrecer uns produtos galegos diferentes.

Viñedos de Bodegas Terras GaudaVinte anos é un curto espazo de tempo para o asentamento dunha adega. Con todo, Terras Gauda en só dúas décadas colocouse no sector do viño como unha adega punto de referencia en materia de investigación e desenvolvemento en solitario ou en proxectos co Consello Superior de Investigacións Científicas. Sobre unha facturación de 9,4 millóns de euros, os recursos para investigación elévanse a unha media do 8%.

A posta en marcha da adega supuxo un pequeno investimento inicial de 200.000 euros, ao que se sumou unha serie de investimentos no conxunto do grupo até uns nove millóns de euros en Terras Gauda, na adega Pittacum do Bierzo, en León, e a conserveira vexetal A Rosaleira. A adega ten na actualidade 170 hectáreas de viñedos propios, ás que se suman a produción dos seus socios e a uva adquirida a outros viticultores.

Os traballos de investigación do grupo comezaron polos viñedos co obxectivo de lograr producións curtas de calidade cunha media entre os 5.500 e 7.000 quilos. A maior parte dos viñedos cultívanse en espaleira, aínda que se puxeron en produción superficies co sistema de miniparra axeitadas ás condicións da zona. En materia de variedades de uva, a adega fixo unha aposta pola recuperación da variedade caíño, que estaba a piques de desaparecer por ser unha uva menos produtiva e das variedades autóctonas máis sensibles ás pragas e ás enfermidades. O feito de requirir unha vendima tardía supón un risco máis engadido polas condicións climatolóxicas. Hoxe, o 95% desta variedade en Rías Baixas corresponde a viñedos da adega.

En colaboración co CSIC, patentou un lévedo propio co que se reforza o carácter dos varietais. A adega utilizará nesta vendima este fermento por primeira vez para toda a produción de albariño.

Un segundo proxecto de investigación está enfocado ao estudo sobre os tempos e temperatura para os procesos de maceración.

En colaboración co CSIC, desenvolveu un proceso de selección clonal da uva albariño para acadar unha combinación que sexa resistente a enfermidades e ás características agronómicas e organolépticas mellores para a adega.

Terras Gauda traballa nun proxecto para aplicar a partir de 2010 unha rede de sensores sen fíos baseada no sistema de identificación xeográfica e nos sistemas GPS para controlar o estado dos viñedos.

A adega opera no segmento dos viños novos con variedades autóctonas monovarietais e desenvolveu viños brancos fermentados en barrica. Comercializa anualmente 1,5 millóns de botellas. En 2008 aumentou as exportacións nun 33% e os viños véndense xa en todos os continentes.

 

Medio: LA RAZÓN
Sección:Suplemento
Data: 27/09/09
País: España

Abadía de San Campio, nos restaurantes Nobu de EUA Ver nova

L.A.

O Abadía de San Campio, de Bodegas Terras Gauda, é o único Albariño da extensa carta de viños de todo o mundo do restaurante Nobu, propiedade de Robert De Niro e o chef Nobuyuki Matsuhisa, en Estados Unidos.

As condicións do viñedo do que procede o Albariño co que se elaborou Abadía de San Campio crearon un viño con grande intensidade aromática varietal, no que destacan as lembranzas de froita branca ben madura que se apoian en notas cítricas.

É un viño de boa amplitude e equilibrio gustativo, resulta ledo e fresco, sensación que se reforza grazas á súa viva acidez. O seu tacto final resulta agradable grazas ao equilibrio entre os ácidos e o azucre. Mantense en boca longo tempo.

Vinos
Abadía de San Campio
Adega: Terras Gauda
D.O.: Rías Baixas
Variedade: Albariño
Abadía de San Campio

 

Medio: EXPANSIÓN
Sección:Portada
Data: 24/09/09
País: España

CSIC eleva a "fito científico" o lévedo de Terras Gauda Ver nova

I+D+I / A adega do Rosal (Pontevedra) fermentará por primeira vez nesta vendima toda a produción cos seus propios microorganismos

Abeta Chas. Vigo

Bodegas Terras Gauda

A investigación, o desenvolvemento e a innovación parecen doados en mans de Terras Gauda. A adega do Rosal (Pontevedra) incorporou de tal maneira eses tres conceptos ás veces tan etéreos á súa actividade diaria que logra facelo fácil. Este ano celebra o seu vixésimo aniversario, e como agasallo recibiu unha recompensa inesperada á aposta do seu equipo pola singularidade e a diferenciación nos seus viños. O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o organismo público de referencia en materia de investigación, cualificou de "fito científico" un dos resultados do esforzo en I+D da adega presidida por José María Fonseca Moretón. Trátase do seu lévedo, un microorganismo propio e patentado co que fermentar os seus mostos. O ano pasado xa o empregou para fermentar 300.000 litros e nesta vendima aplicarase por primeira vez a toda a súa produción, que rolda o millón de litros.

Bodegas Terras Gauda

A cualificación de "fito científico" prodúcese anualmente nas distintas áreas de traballo do CSIC sobre aqueles resultados, premios ou feitos que teñan categoría abondo e que, ao mesmo tempo, supoñan impacto e exclusividade. Na área de ciencia e tecnoloxía dos alimentos o fermento identificado como TG-CSIC (as siglas da adega e do centro de investigación) mereceu esta cualificación. O científico do consello Alfonso Carrascosa explica que este microorganismo supuxo ademais un "avance na transferencia de tecnoloxía con relación directa no consumidor". Carrascosa, que foi un dos cinco científicos do CSIC que colaborou coa adega no proxecto, sinalou que o resultado foi tamén obxecto dun cartel publicitario en transferencia de tecnoloxía e que podería ser motivo de exposición na Casa das Ciencias de Sevilla, nun expositor que levase o propio consello.

Pioneira

A patente en España do seu propio lévedo é froito dun traballo iniciado en 2005 en colaboración con científicos da Misión Biolóxica e do Instituto de Fermentacións Industriais, ambos os dous pertencentes ao CSIC. Iniciáronse coa selección de cinco lévedos de albariño –microorganismos que na maioría dos casos se atopan na pel da uva– dos que destacou un, o elixido e patentado. Terras Gauda situouse así como a primeira adega galega en dispor dun lévedo propio patentado, "e polo que eu sei", afirma Alfonso Carrascosa, "podería ser tamén a única en España". A TG-CSIC empregarase no mosto desmangado cando acade unha temperatura ambiente duns quince graos e deixarase actuar unha media de quince días. O seu uso no canto do "pé de cuba" –combinación de distintos fermentos– permite ao enólogo controlar o proceso mediante unha fermentación regular e progresiva, e ademais reforza o carácter varietal e os recendos froiteiros dos seus viños.

A patente centrouse en España e a adega cedeu o 49% da titularidade ao CSIC, mantendo deste xeito a exclusividade sobre ela. Agora estuda estendela a países como Australia ou EUA, onde producen albariño.

O GPS chega aos viñedos

Das 70 ideas que o comité de innovación de Terras Gauda abordou, o vindeiro ano levará a cabo unha para instalar sensores sen fíos nunha área experimental. A tecnoloxía GIS e GPS permitiralle controlar temperatura ou posibles pragas en distintas partes do viñedo e actuar con inmediatez para atallalas. "Todo o que imos mellorando", explica José María Moretón, "en si mesmo representa moi pouco, pero en conxunto é un grande avance".

A pola Rioxa
A adega ultima o seu desembarco na denominación da Rioxa. Ten en autocarteira arredor dun 10% do capital a través do cal poderá sumar un socio e músculo financeiro para materializar a compra que a completa no mercado internacional.

 

Medio: ABC
Sección:Galicia
Data: 24/09/09
País: España

Terras Gauda utilizará tecnoloxía GIS e GPS para ver o estado dos seus viños Ver nova

Os últimos estudos sitúan a adega como referente en investigación

E.P. RODRÍGUEZ-SOMOZA
O ROSAL (Pontevedra)

Dúas décadas dedicadas á viticultura avalan o éxito de todo proxecto que se propoñen, e é precisamente agora o mellor momento para presentar, coincidindo co aniversario dos 20 anos, novas iniciativas no marco da súa aposta polo I+D+i. Actualmente é indubidable que Terras Gauda é sinónimo de investigación e desenvolvemento. Entre os seus fitos cómpre destacar a recuperación do Caíño branco, que estaba a desaparecer, e cuxo estudo marcou o elemento diferenciador das adegas do Rosal.

Aínda que non foi o único, a este súmanse outros como o desenvolvido conxuntamente co CSIC, baseado na selección clonal, que deu como resultado a primeira patente de lévedo de Albariño, sendo a única que consta en Galicia e unha das poucas de España.

Avanzado está o estudo correspondente aos tempos e temperaturas de maceración do Albariño, Loureiro e Caíño branco. E con vistas ao vindeiro exercicio faranse públicas as conclusións correspondentes a un proxecto de viticultura de precisión coa utilización de tecnoloxía GIS e GPS para realizar un seguimento en tempo real do estado dos viñedos e das uvas.

Os avances en materia de I+D+i coinciden co éxito obtido por Abadía de San Campio, único Albariño que se servirá xunto aos mellores viños de todo o mundo na cadea de restaurantes NOBU en Estados Unidos, propiedade do actor Robert De Niro e dun dos chefs máis famosos e prestixiosos a escala mundial, Nobuyuki Matsuhisa.

Á cabeza en innovación

Caíño Branco: Terras Gauda realizou unha importante aposta para potenciar a singularidade e diferenciación dos seus viños co proxecto de recuperación da variedade de uva Caíño branco.

Lévedo propio: Patentou co CSIC o lévedo propio, illado e seleccionado entre 5 diferentes do propio viñedo tras anos de investigación e probas. A adega fermentará por primeira vez nesta vendima toda a produción de Albariño.

Tempos e temperaturas: O fin é optimizar o recurso enolóxico da maceración en variedades aromáticas para facer máis patente a singularidade dos seus viños.

Viticultura de precisión: (Sistemas GIS y GPS). A súa utilización permitirá realizar un seguimento en tempo real do estado do viñedo e das uvas: temperatura, radiación, humidade, Ph e nivel de nutrientes e actuar con inmediatez perante as incidencias.

 

Medio: NEGOCIO & ESTILO DE VIDA
Sección: Empresas y Bolsa (Empresas e bolsa))
Data: 14/10/09
País: España

Terras Gauda elaborará viño cunha variedade recuperada Ver nova

Adegas
Tamén desenvolve unha rede de sensores sen fíos para coñecer o estado nutricional dos viñedos

IGNACIO F. ZABALA

A adega galega Terras Gauda, que forma parte da Denominación de Orixe Rías Baixas, celebra o seu vixésimo aniversario co anuncio de novas liñas de investigación, auténtico sinal de identidade da firma. Despois de desenvolver un proxecto de selección clonal de uva Albariño e obter a primeira patente de lévedo dese varietal, Terras Gauda lánzase agora á recuperación da variedade autóctona Caíño Branco e ao desenvolvemento de sensores para coñecer en tempo real o estado dos viñedos.

Segundo Enrique Costas, director xeral da adega, Terras Gauda está orientada á investigación porque "a nosa capacidade de mellora vén por aí". Os proxectos que desenvolveron en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas perseguen "conseguir que os factores que fan variar unha colleita doutra sexan mínimos". Por exemplo, cunha cepa de lévedo adaptado ás condicións do viñedo ou cunha selección clonal resistente a enfermidades.

O enólogo de Terras Gauda, Emilio Rodríguez, explica que o seguinte paso é "desenvolver un sensor que sexa capaz de captar o estado nutricional das plantas e un software que interprete ese datos".

Unha vez que o equipo multidisciplinar que o investiga "logre os resultados que buscamos, instalaremos unha rede de sensores sen fíos que nos permitirán administrar por rega os fertilizantes precisos en cada parte do viñedo", explica. A segunda fase permitirá, tamén mediante sensores, coñecer en tempo real os parámetros de cada fase da fermentación do viño.

A adega tamén fixo un esforzo por recuperar a uva Caíño Branco, cuxo cultivo estaba a desaparecer de Galicia por se tratar da menos produtiva das variedades autóctonas. É a máis sensible ás pragas, posúe un ciclo máis longo, co que hai que vendimala máis tarde, e require máis mantemento para a súa correcta maduración.

Actualmente, o 95% da superficie plantada de Caíño Branco na denominación de orixe pertence á adega (máis de 20 hectáreas). Unha vez que os viñedos cumpriron 20 anos, o proxecto de investigación neste caso persegue determinar as características vitícolas e enolóxicas da variedade, así como o seu potencial. "O obxectivo futuro é elaborar un viño cunha base maioritaria de Caíño", afirma Costas.

 

Medio: LA VOZ DE GALICIA
Sección: innova Galicia
Data: 27/09/09
País: España

Bodegas Terras Gauda
Enrique Costas, director xeral; José M. Fonseca, presidente, e Rodríguez Canas, director técnico da firma

Bodegas Terras Gauda amplia o seu programa de investigación Ver nova

A empresa do Rosal, que cumpre o vixésimo aniversario da súa creación, demostrou que as singulares e atractivas calidades da variedade de uva Caíño compensaban economicamente o inconveniente de ter un ciclo máis longo de maduración

Redacción
Case ninguén ignora que a variedade de uva autóctona Caíño branco merecía en gran medida e até non hai moitos anos o cualificativo de "especie en perigo de extinción". Pois ben, os responsables da adega pontevedresa Terras Gauda –que aloumiñan esta variedade desde hai lustros– puxeron en marcha novos proxectos de I+D+i que, coincidindo co 20º aniversario da constitución da empresa vitivinícola do Rosal, ben serven tamén para celebrar a recuperación da variedade e a súa consolidación como froito rendible.

Un dos obxectivos da nova investigación é determinar as características vitícolas e ecolóxicas da uva Caíño como elementos diferenciadores.

O I+D+i xa é norma
Este novo proxecto súmase aos xa desenvolvidos por Terras Gauda co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC): selección clonal de uva Albariño e a primeira patente de lévedo Albariño, sendo Terras Gauda a única adega galega e unha das poucas de España que dispón de lévedo propio, co que fermentará por primeira vez nesta vendima toda a colleita.

O obxectivo é determinar as características vitícolas das uvas galegas

A empresa do Rosal avanzou, ademais, no estudo sobre tempos e temperaturas de maceración do Albardo, Loureiro e Caíño branco logo das probas realizadas durante o 2008.

A adega traballa tamén nun proxecto de viticultura de precisión, que se materializará o vindeiro ano na utilización de tecnoloxía GIS e GPS para realizar un seguimento en tempo real do estado dos viñedos e das uvas.

Os proxectos xa executados e os iniciados potencian a singularidade e a diferenciación dos viños galegos, merecendo ser subliñado o caso da uva Caíño branco, cuxo cultivo segue a estar pouco estendido, malia outorgar o seu singular carácter un valor engadido aos seus produtos.

A Caíño estaba a desaparecer debido a que é a uva menos produtiva das variedades habituais de Galicia, por ser a máis sensible ás pragas e enfermidades e porque posúe un ciclo máis longo, o que implica que hai que vendimala máis tarde, cos consecuentes riscos derivados do clima. Doutra banda, o cultivo de Caíño é complicado e custoso, xa que desenvolve moita vexetación, o que require todos os anos labores de esfollada a man para a correcta maduración do froito.

Recendo inconfundible
Malia estes inconvenientes, Terras Gauda valorou no seu día as calidades da variedade e os seus posibles resultados canto á calidade e singularidade do viño e, xa que logo, a súa rendibilidade a medio e longo prazo. A aposta tivo éxito, proba diso é que na actualidade o 95% da superficie plantada de Caíño branco da denominación de orixe Rías Baixas é da adega do Rosal, cuxos viños destacan polos seus intensos recendos tropical e balsámico.

No tocante á parte gustativa e segundo os entendidos, a uva Caíño é a variedade con máis carácter das de Galicia, pois confire aos viños en boca volume, untuosidade e grande estrutura. O que se dá en chamar unha uva completa.

A adega Terras Gauda dispón de máis de 20 hectáreas desa variedade, e algúns dos viñedos contan con 20 anos de idade, polo que é o momento idóneo para coñecer mediante a experimentación todo o potencial do Caíño.

O FUTURO É HOXE

Tecnoloxía punta para controlar, protexer e rendibilizar ao máximo os viñedos

A utilización de tecnoloxía GIS e GPS en viticultura permitirá realizar un seguimento en tempo real do estado do viñedo e das uvas: temperatura, radiación, humidade, Ph e nivel de nutrientes e actuar con inmediatez caso de detectar algunha incidencia.

O obxectivo final é mellorar a calidade da uva, xa que o estudo posibilitará a Terras Gauda facer un seguimento inmediato do estado do viñedo, coñecer as diferentes calidades momentáneas en cada parcela e graduar a vendima de xeito preciso.

Un paso máis neste proxecto sería implantar sensores para uso ecolóxico da adega co fin de coñecer determinados parámetros do viño en depósito.

Da man do Centro Superior de Investigacións Científicas

Terras Gauda xa patentou co CSIC un lévedo propio (bautizado coas siglas de ambas as dúas entidades, TG-CSIC), illado e seleccionado entre cinco tipos diferentes do propio viñedo despois de varios anos de investigación e de probas de fermentación en laboratorio e en adega, catas cegas e análise instrumental de recendos.

Os estudos realizados demostraron que o fermento seleccionado reforza extraordinariamente o carácter varietal e os recendos froiteiros dos viños da firma pontevedresa. A adega fermentará por primeira vez nesta vendima toda a produción de Albariño co lévedo TG-CSIC, o que lle permitirá remarcar os matices diferenciadores dos seus viños e dotalos dun perfil recoñecible mantendo as características que lle deron até o momento o seu orixinal carácter.

A patente deste lévedo dos propios viñedos de Terras Gauda foi un avance importante, porque garante a calidade do viño final e os recendos dos seus viños en todas as anadas atenuando a influencia do clima e da colleita.

A patente do lévedo ecotípico foi seleccionada como un dos fitos científicos do CSIC no seu anuario do 2008.

Éxito en EUA
Precisamente un viño de Terras Gauda, o Abadía de San Campio, obtivo un novo recoñecemento en Estados Unidos, pois será o Albariño que se sirva –formando parte dunha oferta que reúne afamados viños de todo o mundo– na cadea Nobu, propiedade do actor Robert De Niro e dun dos chefs máis prestixiosos, Nobuyuki Matsuhisa.

Matsuhisa está considerado o máximo expoñente da nova cociña xaponesa e os seus restaurantes, dos máis exclusivos e caros do mundo, destacando o Matsuhisa de Beverly Hills. O Abadía de San Campio será degustado polos famosos clientes dos 13 restaurantes Nobu, aos que acoden asiduamente personaxes como Tom Cruise e Richard Gere.

 

Medio: FARO DE VIGO
Sección:Redondela
Data: 24/09/09
País: España

Unha adega do Rosal implanta un sistema de control das uvas a través de GPS Ver nova

» Terras Gauda busca unha viticultura de precisión mediante o uso de tecnoloxías
» A adega investiga a variedade do froito Caíño branco para coñecer o seu potencial

Bodegas Terras GaudaEva González
O ROSAL

A adega Terras Gauda do Rosal implantará un novo sistema de control do estado das uvas a través de satélites, que porá en funcionamento o vindeiro ano. Ao mesmo tempo, tamén desenvolve un proxecto de investigación para coñecer o potencial da variedade de uva Caíño branco, da que posúe máis de vinte hectáreas de plantación. Algúns dos viñedos superan os vinte anos de idade, polo que é o momento axeitado para determinar as súas características vitícolas e ecolóxicas, como elemento diferenciador dos seus viños.

José María Fonseca Moretón, presidente do consello de dirección, o xerente Enrique Costas e o director técnico Emilio Rodríguez explicaron onte esta iniciativa á que se suma a instalación dunha rede de sensores nos viñedos, apoiados no sistema de identificación xeográfica (GIS) e nas imaxes de satélite ou aéreas vinculadas ao sistema GPS, para implantar unha viticultura de precisión que "permitirá tomar decisións ao ter datos en tempo real sobre o estado do viñedo e das uvas, como pode ser temperatura, radiación humidade, Ph e nivel de nutrientes, permitindo actuar caso de detectar algunha incidencia", precisaron. Suporá un investimento de 60.000 euros.

Bodegas Terras Gauda, S.A.

"Temos claro que a nosa prioridade é potenciar o noso buque insignia, o viño Terras Gauda, pero buscamos un perfil doutro novo e singular", que "non se fará con Caíño", apostilou Fonseca, aínda que é precisamente esta adega a que recuperou esta variedade autóctona, da que procesa un 95 por cento de toda a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Estes novos proxectos dados a coñecer onte súmanse aos desenvolvidos co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a selección clonal de uva albariño e a primeira patente de lévedo ecotípico de albariño, co que fermentará por primeira vez toda a colleita desta vendima, na que se agarda un incremento dun 5% en relación ao pasado ano, no que se obtiveron 1.400.000 botellas das tres marcas da adega.

"Somos a vangarda en investigación en enoloxía e viticultura en Galicia", afirmaron, lembrando que o CSIC, na súa memoria de 2008, publica a patente do lévedo de albariño, co que convidan outras adegas a investigar. No mercado internacional, cualifican o estadounidense como "idílico", ao non regatear en prezos. Agora preparan mercados emerxentes asiáticos.

A iniciativa permitirá tomar decisións en tempo real

 

Medio: EL CORREO GALLEGO
Sección:Sociedad
Data: 24/09/09
País: España

Terras Gauda controlará cun sistema de sensores os seus cultivos Ver nova

AVANCE » Usarao en 2010 » Anuncia a recuperación da variedade de uva caíña e utilizará o primeiro lévedo ecotípico de albariño para fermentar a produción

E.P. - Pontevedra

A adega da zona do Rosal Terras Gauda presentou onte un proxecto no que está xa a traballar e que permitirá, en 2010, situar unha rede de sensores sen fíos apoiados en tecnoloxías GIS (Sistema de Identificación Xeográfica) e GPS para realizar un seguimento en tempo real do estado do viñedo e as uvas, comunicando ao mesmo tempo que recuperou a variedade autóctona de Caíño branco.

Segundo explicou a firma, grazas á viticultura de precisión contrólanse aspectos como a temperatura, radiación, humidade, Ph e nivel de nutrientes, á vez que se poderá actuar con inmediatez caso de detectar algunha incidencia.

O obxectivo final desta iniciativa, presentada onte na propia adega por directivos de Terras Gauda, é mellorar a calidade da uva, xa que se poderá realizar un seguimento inmediato, coñecer as diferentes calidades momentáneas de cada parcela e graduar a vendima de forma precisa. Así mesmo, como paso ulterior implantaranse sensores para uso enolóxico na adega e coñecer en cada momento unha serie de parámetros do viño que permanece en depósito.

Outro dos proxectos expostos onte polo presidente de Terras Gauda, José María Fonseca Moretón; o director xeral, Enrique Costas; e o director técnico, Emilio Rodríguez Canas, foi a recuperación da variedade Caíño branco, que estaba a desaparecer por ser a uva menos produtiva das autóctonas.

Así, na actualidade, o 95 por cento da superficie plantada de Caíño branco da DO Rías Baixas pertence á adega, que posúe máis de 20 hectáreas desta variedade e algúns dos viñedos teñen máis de 20 anos. En todo caso, porá en marcha un proxecto de I+D+i para determinar as características vitícolas e ecolóxicas desta variedade como elemento diferenciador.

Terras Gauda, que cumpre 20 anos, creou co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a primeira patente de fermento ecotípico de albariño, e utilizarase por primeira vez nesta vendima.

 

Medio: LA OPINIÓN
Sección:Galicia
Data: 5/10/09
País: España

O novo procedemento de vixilancia entrará en funcionamento o vindeiro ano

Unha adega do Rosal implanta un sistema de control das uvas con GPS Ver nova

A firma Terras Gauda busca unha viticultura de precisión mediante o uso de tecnoloxías
» A empresa investiga a variedade do froito Caíño branco para coñecer o seu potencial

Bodegas Terras GaudaEva González
O ROSAL

A adega Terras Gauda do Rosal implantará un novo sistema de control do estado das uvas a través de satélites, que porá en funcionamento o vindeiro ano. Ao mesmo tempo, tamén desenvolve un proxecto de investigación para coñecer o potencial da variedade de uva Caíño branco, da que posúe máis de vinte hectáreas de plantación. Algúns dos viñedos superan os vinte anos de idade, polo que é o momento axeitado para determinar as súas características vitícolas e ecolóxicas, como elemento diferenciador dos seus viños.

José María Fonseca Moretón, presidente do consello de dirección, o xerente, Enrique Costas, e o director técnico, Emilio Rodríguez, explicaron onte esta iniciativa á que se suma a instalación dunha rede de sensores nos viñedos, apoiados no sistema de identificación xeográfica (GIS) e nas imaxes de satélite ou aéreas vinculadas ao sistema GPS, para implantar unha viticultura de precisión que "permitirá tomar decisións ao ter datos en tempo real sobre o estado do viñedo e das uvas, como poden ser temperatura, radiación, humidade, Ph e nivel de nutrientes, permitindo actuar caso de detectar algunha incidencia", precisaron. Suporá un investimento de 60.000 euros.

Bodegas Terras Gauda, S.A.

"Temos claro que a nosa prioridade é potenciar o noso buque insignia, o viño Terras Gauda, pero buscamos un perfil doutro novo e singular", que "non se fará con Caíño", apostilou Fonseca, aínda que é precisamente esta adega a que recuperou esta variedade autóctona, da que procesa un 95% de toda a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Estes novos proxectos dados a coñecer onte súmanse aos desenvolvidos co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) para a selección clonal de uva albariño e a primeira patente de lévedo ecotípico de albariño, coa que fermentará por primeira vez toda a colleita desta vendima, na que se agarda un incremento dun 5% en relación ao pasado ano, no que se obtiveron 1.400.000 botellas das tres marcas da adega.

"Somos a vangarda en investigación en enoloxía e viticultura en Galicia", afirmaron, lembrando que o Centro Superior de Investigacións Científicas, na súa memoria de 2008, publica a patente do fermento de albariño, co que convidan outras adegas a investigar. No mercado internacional, cualifican o estadounidense como "idílico", ao non regatear en prezos. Agora preparan mercados emerxentes asiáticos.

 

Seguinte »