![]()
A plantación de 72 hectáreas de viñedo é conducida
en espaleira, con poda de tipo "Sylvoz" e marco de plantación de 3,5 x 2,5 m.
As variedades de uva plantada son viníferas autóctonas: Albariño 70%, Loureiro 15%, Caíño Branco 10% e Treixadura 5%.
Estas variedades nobres, cultivadas racionalmente, mais respectando a tradición local, fan que se obteñan unhas vendimas de notábel calidade ano tras ano, ao abeiro dun extraordinario binomio clima-solo.
As condicións climáticas da campaña 2006 viñeron marcadas por unha forte seca durante a primavera e o verán, con rexistros de precipitacións na nosa estación realmente baixos, acompañados dun frío intenso que favoreceu o repouso necesario da vide.
O inicio da primavera tróuxonos as tan necesarias choivas, aínda que despois resultou seca e con elevadas temperaturas, ao igual que o meirande parte do verán, favorecendo unha excelente floración e desenvolvemento de todas as variedades.
O final da época de maduración, é dicir, a derradeira quincena do mes de setembro e primeiros de outubro, veu marcado por un elevado número de horas de sol despexado, temperaturas altas e práctica ausencia de choivas, o que propiciou un correcto equilibrio entre ácidos e azucres da uva, así como unha maduración graduada das distintas variedades, facilitándonos a vendima por parcelas.
Actualmente estamos en proceso de plantación
de 20 novas hectáreas, que unidas ao actual viñedo e ás
68 hectáreas das plantacións particulares dos nosos socios, permitirannos dispor de máis de 160 hectáreas de viñedo propio.
En consonancia coa nosa vocación de respecto ao medio ambiente, o noso viñedo está acollido ao plano de protección integrada mediante métodos biolóxicos, que racionaliza o emprego de productos fitosanitarios, buscando unha materia prima de maior calidade e evitando a presencia na uva de residuos non desexados.
A filosofía da adega concrétase na elaboración duns viños singulares, con identidade propia, dentro da obrigada máxima calidade.
Para iso fixámonos coma premisas fundamentais:
Continuo coidado e control do viñedo durante o seu ciclo vexetativo.
A vinificación por separado de todas as variedades.
A fermentación con "pé de cuba", excluíndo levaduras foráneas.