Proxectos I+D+I

de BODEGAS TERRAS GAUDA

Transcorrido un ano desde o inicio do proxecto de I+D sobre a selección clonal da variedade Albariño, os resultados parciais obtidos son alentadores, tanto no aspecto agronómico como enolóxico.

Dos estudos realizados en campo debemos destacar tres apartados nos que se presentaron importantes diferenzas entre os clons.

Bodegas Terras Gauda

Nas análises realizadas aos mostos e viños elaborados a partir de cada un dos clons, destacan catro variábeis de grande interese.

Paga a pena facer mención a un clon que nos proporcionou o viño de mellor calidade na cata. Cruzando os datos agronómicos cos de aromas, resultou que este clon presentaba o acio de menor peso e as bagas máis pequenas, co que a porcentaxe de pel é moi elevada. Sabendo por outra banda que os precursores de aromas se atopan en gran medida precisamente na pel, a conclusión é que probabelmente no aspecto aromático debamos fixarnos máis en clons con estas características particulares de acio e uvas pequenas.

De todos os xeitos, debemos ser cautos á hora de establecer conclusións, debendo esperar a dispor de datos dos próximos anos, para comprobar se o comportamento dos clons que parecen máis interesantes se mantén.

Bodegas Terras Gauda
Por mor do interese que sempre amosou TERRAS GAUDA cara á investigación e mellora continua, e aproveitando os recursos naturais que nos ofrece a nosa zona de producción, expúxose a necesidade de seguir varias liñas de investigación cunha clara aplicación práctica.

Por unha banda, TERRAS GAUDA actúa como empresa colaboradora co Centro Superior de Investigacións Científicas (MBG) (www.mbg.csic.es) nun proxecto coordinado sobre a Recuperación e estudio de variedades autóctonas minoritarias de vide, orientado cara ao noso Caíño Blanco. Nel asesoramos en todo o que se refire ás microvinificacións e ás análises químicas e organolépticas.

Bodegas Terras Gauda Pola outra, e dentro do Plan Galego de I+D+I (sug.cesga.es), atopámonos inmersos nun proxecto de I+D a tres anos sobre a Selección clonal da variedade Albariño, para o que contamos desde o ano 1992 cunha parcela experimental composta de 115 clons distintos, dispoñendo ademais dunha adega experimental para realizar as microvinificacións dos distintos clons. Pretendemos comprobar se as plantas estudiadas son ou non Albariño (mediante técnicas de ADN), ou se están libres de virus, e coñecer tamén as características de cada un dos clons no ámbito de resistencia a enfermidades e, sobre todo, canto ao nivel de calidade dos mostos e viños obtidos. Isto permitiranos establecer, mediante enxerto, en futuras plantacións, aquel clon ou clons que teñan as características que mellor se axeiten á liña de viños que elaboramos, buscando unha marcada singularidade.

Como continuidade na liña de investigación, e enlazando co proxecto anterior, na actualidade estamos trazando o camiño cara á investigación sobre a Selección e illamento de levaduras ecotípicas procedentes do noso viñedo, na que estudiaremos a flora de levaduras, seleccionaremos as colonias para o seu illamento e, logo dos ensaios de vinificación, poderemos dispoñer da levadura seleccionada idónea para conseguirmos un maior control do proceso fermentativo, e unhas características organolépticas do viño final diferenciadas, que lle engadan personalidade.

 

 

Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Os nosos destilados |
Visita virtual | Percorrido pola Web | Glosario | Calificación das Anadas | A Cata do viño |   I + D | Noticias | Premio Internacional "Francisco Mantecón" | Bodegas Pittacum | Contacto