Terras Gauda Etiqueta Negra


Terras Gauda Etiqueta Negra


É froito da fermentación en madeira dun viño do ROSAL, elaborado a partir de ALBARIÑO, LOUREIRA e CAIÑO BRANCO.

Logo da maceración e desfangado dos mosto, este fermenta en barricas novas de carballo francés e americano seguindo co proceso de crianza sobre lías durante catro meses.

Viva cor amarela palla intensa, moi atractiva.

Os agradábeis recendos de pexego maduro e flor branca van da man das lembranzas de manteiga fundida e as notas afumadas da barrica nova.

Na boca resulta un viño larpeiro, elegante e fresco, con sensacións de finas madeiras que alongan, cun lene tanino, a súa persistencia conducíndonos a unha retronasal ampla en sensaciós de froita madura e tostados.

Uns dez ou doce graos son a súa mellor temperatura.