
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Z

- Vainilla:
- Aroma especiado proporcionado polo carballo novo durante a crianza.
- Variedade:
- Tipo de uva de características distintivas. Todos os tipos de uva pertencen
a unha mesma especie: Vitis vinifera.
- Vendima:
- Recolección dos acios de uvas.
- Verdor:
- Sensación de viño inmaturo, que aínda non evolucionou ata harmonizar a súa
acidez.
- Verniz:
- Aroma característico nos viños moi vellos ou nos destilados froito dunha
oxidación alcohólica despois dun longo avellentamento en toneis. Os matices
das madeiras vernizadas hai tempo parécense ós cheiros que desprenden as augardentes
avellentadas en madeira.oderadamente doce.
- Vigoroso:
- É un viño de gran poder alcohólico.
- Vinificación:
- Conxunto de operacións destinadas a obter viño a partir do mosto das uvas.
- Viño:
- Bebida natural obtida por fermentación do mosto de uva.
- Vivaz:
- Fresco, brillante na cor, limpo de aroma e con enerxía.