Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

Letra T

 

 

Tabaco:
Evocación apreciable nos aromas dalgúns grandes viños de crianza.

Tánico:
Derivado do tanino, substancia de sensación áspera que se encontra sobre todo na pel das froitas e na madeira. Aplicado ós viños é o tacto lixeiramente ácido que cede a madeira da perfia.

Tanino:
Substancia orgánica de sabor astrinxente, contido no pelello e nas pebidas da uva. Tamén a madeira de carballo proporciona, durante a crianza, os taninos propios da súa cortiza vexetal.

Tenro:
Dise do viño pouco ácido, lixeiro e con pouco extracto.

Terroso:
Aroma entre terra mollada e po, característico dun dos matices dos tintos de uvas maduras de Cabernet e Merlot.

Tinto:
Tipo básico de viño elaborado a partir de uvas tintas e fermentado en presencia do pelello. Presenta unha cor que vai desde o rubio guinda ata o negro azulado.

Toffe:
Notas lácteas e tostadas (características dos caramelos de café con leite) dalgúns tintos de crianza.

Trasfega:
Resaca. Operación en bodega que consiste en airear o viño e separalo das lías que se depositan nos envases de almacenamento ou crianza.

Trufa:
Aroma parecido á mestura entre terra húmida e champiñón.

Txacolí:
Viño lixeiro e ácido procedente de uvas que non alcanzan suficiente madurez. Vol. 9º. País Vasco.

 

 

Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Os nosos destilados |
Visita virtual | Percorrido pola Web | Glosario | Calificación das Anadas | A Cata do viño |   I + D | Noticias | Premio Internacional "Francisco Mantecón" | Bodegas Pittacum | Contacto