
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Z

- Saboroso:
- Dise da sensación acusada e pracenteira na boca, con incidencia de gran
número de matices.
- Saca:
- Operación de baleirar a cuba para separar o viño do bagaño.
- Salino:
- É unha nota adquirida nun fino que avellentara en soleras con moita flor.
- Sangrar:
- Baleirar unha cuba separando o bagaño do mosto.
- Sangría:
- Bebida refrescante, moi española, que se elabora con viño e froitas, sobre
todo limón.
- Seco:
- Viño que realizou plenamente a fermentación, transformando todo o azucre
en alcohol. Calidade gustativa dos viños.
- Solera:
- A fila inferior dunha escala de bocois, onde se crían os viños máis vellos.
Ademais, é un sistema de crianza que consiste en mellorar o viño novo co máis
vello. É o sistema de crianza dos viños xenerosos de Xerez.