Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

Letra R

 

 

Reberete:
Tamén "bordo" ou "beira". É a cor do viño menos intenso se o comparamos co centro da copa. Se é da última colleita será violáceo ou framboesa, se é algo máis maduro será granate e se permaneceu en botella máis de cinco anos será de cor parecido ó ladrillo.

Redondo:
Viño equilibrado, que amosa harmonía entre todos os seus compoñentes: pigmento, aromas primarios e secundarios, cor, sabor e olor característico.

Reducción:
Proceso de crianza en botella no que o viño consume só o osíxeno contido no envase e madura lentamente, falto de aire. Contribúe á afinación dos viños.

Reserva:
Mención que distingue os viños de longa crianza.

Retrogusto:
É o conxunto de sensacións que deixa o viño despois de saborealo.

Rosado:
Tipo de viño elaborado a partir de uvas tintas que fermentou en ausencia do pelello das uvas, acadando os viños certa cor.