Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

Letra M

 

 

Maceración:
Inmersión, máis o menos prolongada, do pelello no mosto que fermenta.

Maceración carbónica:
É unha técnica de elaboración de viños tintos na que a uva enteira sofre unha fermentación intracelular enzimática. Utilízase para obter viños novos suaves e aromáticos.

Maceración en frío:
Técnica empregada para enriquecer en aromas primarios os viños brancos. Consiste en manter o mosto en contacto co pelello, evitando que inicie a fermentación mediante a aplicación de frío.

Madeirizado:
Defecto dun viño branco oxidado, apagado e escurecido, que recorda a viños xenerosos, sen posuír as súas calidades.

Madre:
Sedimento ou borra que se deposita no fondo da barrica. Viño concentrado por ebulición, que pode engadirse ós viños comúns para darlles corpo.

Maduro:
Viño que desenvolveu convenientemente a súa evolución na botella.

Magnum:
Botella que ten o dobre de contido ca unha normal (75 cl).

Manchado:
É un viño branco de cor lixeiramente rosada por ter estado en depósitos que antes contiveran viño tinto.

Manteiga:
Aroma nobre que pode detectarse en viños de calidade, sobre todo se fixeron a fermentación maloláctica.

Manzanilla:
Viño fino xeneroso, criado en Sanlúcar de Barrameda (Andalucía).

Mentol:
Aroma nobre dalgúns viños tintos de crianza.

Mistela:
Mestura de alcohol vínico puro con mosto.

Monovarietal:
Viño elaborado a partir dunha soa variedade de uva.

Mosto:
Zume da uva sen fermentar.

 

 

Quen somos | A Adega | Abadía de San Campio | Terras Gauda | Terras Gauda Etiqueta Negra | Os nosos destilados |
Visita virtual | Percorrido pola Web | Glosario | Calificación das Anadas | A Cata do viño |   I + D | Noticias | Premio Internacional "Francisco Mantecón" | Bodegas Pittacum | Contacto