Glosario

A   B   C   D   E   F   G   H   I   L   M   N   O   P   R   S   T   U   V   X   Z

Letra L

 

 

Lagar:
Recipiente onde antigamente se pisaba a uva. Lugar da bodega onde están as prensas.

Lágrima:
Traza de aspecto oleoso que deixa na copa un viño rico en alcohol, azucres e glicerina.

Lévedo:
Fungos unicelulares que se atopan no pelello da uva e que desencadean o proceso da fermentación alcohólica.

Lías:
Borra, feces. Sedimentos que deixa o viño trala fermentación primaria. Cando se refire ó aroma este é herbáceo e lixeiramente tostado, producido polas lías nos viños que fermentaron con elas, destinadas a dotar o viño de riqueza aromática.

Limpo:
Sen mácula.

Lixeiro:
O contrario de carnoso, denso, concentrado.

Longo:
Dise da persistencia do sabor despois de inxerir o viño.