
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Z

- Ebanistería:
- Aroma nítido a madeira vernizada, característico dos viños
avellentados en barricas novas ou pouco usadas.
- Elegante:
- Calidade do viño distinguido, con liñaxe de variedade nobre, harmonioso
na cor e no aroma, equilibrado no gusto, con bouquet e a xusta crianza.
- Equilibrado:
- Termo que define un bo viño. O viño que ten un equilibrio de todos os seus
compoñentes (alcohol e sabor a carballo) e os seus matices de sabor sen que
sobresaia ningún deles.
- Estructura:
- Constitución corpórea do viño, na que se deben conxugar todos os seus compoñentes:
acidez, alcohol, taninos, densidade, etc.
- Etéreo:
- É unha característica dos destilados con certa intensidade alcohólica pero
na súa evolución oxidativa; a propia potencia alcohólica revela os aromas
do destilado. Ten moito que ver coa vellez.
- Evolucionado:
- Viño que sufriu modificacións co paso do tempo.