
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
R
S
T
U
V
X
Z

- Cálido:
- Explica o lado bo de "alcohol", sensación menos espirituosa que alcohólico.
- Cangallo:
- Parte leñosa ou verde do acio que serve de soporte ós bagos.
- Caoba:
- Segunda fase de avellentamento dos brandis, rons e viños xenerosos. É o
ton que adquiren xeralmente cando son máis vellos (entre marrón e amarelo).
- Carácter:
- Conxunto de características de certos viños que os converten en inconfundibles.
Eloxio do viño.
- Carballo:
- Cheiro e sabor derivado da crianza en barrica de carballo aromático, que
debe estar en perfecta harmonía coa redondez do viño.
- Carbonated wine:
- Literalmente "viño carbonatado". Viño espumoso de calidade inferior, gasificado industrialmente.
- Carnoso:
- Dise dos viños plenos, graxos, ricos, que teñen materia e producen no padal unha sensación de corpo denso.
- Cava:
- Nave subterránea de crianza. (m) Viño espumoso español de gran calidade, elaborado polo método Champagnoise, facendo a segunda fermentación na mesma botella que chega ó consumidor.
- Cedro:
- O aroma, un tanto perfumado, desa madeira branda de uso común en Marrocos.
- Cepa:
- Planta. Tronco do que saen as vides ou bacelos.
- Cereixa:
- Froito que aparece frecuentemente para expresar a cor. En xeral a cor cereixa
é escura, e cando é case negra chámase "picota".
- Clarete:
- Pallete. Viño tinto afroitado e lixeiro no que se macerou moi levemente
o bagaño na fermentación. Consumir pronto. Os afeccionados ingleses denominan
claret o viño tinto de Bordeos.
- Coiro:
- Aroma nobre dalgúns viños tintos procedente da súa crianza reductora na
botella.
- Complexo:
- Viño rico en matices sensoriais, ben harmonizado e elaborado, procedente
dunha variedade que exhibe un bouquet completo e expresivo.
- Corpo:
- Untuosidade, carnosidade, materia e estructura do viño.
- Cortiza:
- Material do que está feita a rolla da botella. En cata, sabor e cheiro desagradable
que se pode detectar nos viños que non teñen a rolla en boas condicións.
- Coupage:
- Termo francés que se emprega para designar a mestura de diferentes vendimas,
mostos ou viños, que poden ser da mesma colleita ou doutros anos.
- Criaderas:
- Nome que se lle dá en español ós bocois en que se realiza a crianza dos
viños de Xerez (Sherry). As criaderas forman varios pisos, amoreados sobre
a última andana que corresponde ás soleras.
- Crianza oxidativa:
- Esta expresión nace da influencia do aire na evolución do viño. A crianza
oxidativa é a producida polo aire que atravesa os poros da madeira, a que
toma o viño almacenado no interior do bocoi ou ben durante as trasfegas. Este
procedemento avellenta rapidamente o viño, adquirindo ademais as substancias
odoríferas e gustativas do carballo.
- Crianza:
- Avellentamento controlado dun viño, en barrica, en bocoi ou en botella.
A crianza implica unha moderada cantidade de osíxeno que facilita a evolución
do viño, así como a presencia da madeira e os seus perfumados aromas de especias.
A crianza do viño en botella é importante para conseguir a súa redondez.
- Cuberto:
- É un tinto de cor moi escura que a penas deixa ver o fondo da copa.
- Chaptalización:
- Adición de azucre ó mosto para o seu enriquecemento e consecución de grado
de alcohol.