Abadia de San Campio

Abadia de San Campio Monovarietal Albariño



Responde fielmente á tradición dos míticos Albariños.

O Albariño co que se elaborou o Abadía de San Campio 2007, vendimado entre o 1 e 0 3 de outubro, procede da selección de uvas das parcelas de Goián (Argallo), o noso viñedo de maior altitude, no cal a humidade é máis baixa, as temperaturas son frescas e a súa maduración máis lenta. Estas condicións proporcionáronnos un viño con grande intensidade aromática varietal, destacando os recordos de froita branca ben madura –mazá golden, pera– apoiados en agradábeis notas cítricas.

De boa amplitude e equilibrio gustativos, resulta un viño ledo, fresco e cunha acidez viva que reforza esa sensación fresca .

O bo equilibrio entre os ácidos e o azucre apórtalle un agradábel tacto final.

É un viño que se mantén na boca longo tempo.


O viño gaña cando se toma a unha temperatura de dez ou doce graos.

 

Galardons